WilliamsF1
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2017) |
![]() | |
Nome completo | Williams Racing |
---|---|
Bandeira coa que compite | ![]() |
Base en | Grove, Oxfordshire, Reino Unido |
Xefe de Equipo | James Vowles |
Director Técnico | François-Xavier Demaison |
Pilotos | ![]() 23. ![]() | 2.
Pilotos de probas | |
Chasis | FW45 |
Motor | Mercedes F1 M14 E Performance |
Pneumáticos | Pirelli |
Debut | Como equipo Gran Premio de España de 1977 Como construtor Gran Premio da Arxentina de 1978 |
Carreiras | 'Como equipo 795 (790 saídas) Como construtor 784 (782 saídas) |
Campionatos de Construtores | 9 (1980, 1981, 1986, 1987, 1992, 1993, 1994, 1996, 1997) |
Campionatos de Pilotos | 7 (1980, 1982, 1987, 1992, 1993, 1996, 1997) |
Vitorias | 114 |
Pole positions | 128 |
Voltas Rápidas | 133 |
Puntos totais | 0 |
Posición no campionato | 10º (1 pto.) |
Williams Grand Prix Engineering Limited (FWB: WGF1 WGF1), que compite na Fórmula Un como "Williams Racing", é un equipo e construtor británico de Fórmula Un. Fundado e dirixido polo propietario Sir Frank Williams e o enxeñeiro de automoción Patrick Head. O equipo formouse en 1977 logo de dous intentos fracasados de Frank Williams de dirixir dous equipos anteriormente: Frank Williams Racing Cars (1969 a 1975) e Wolf-Williams Racing (1976). Todos os chasis Williams F1 chámanse "FW" e logo un número, sendo o FW as iniciais do dono do equipo, Frank Williams. O equipo logrou grandes éxitos nos anos 80 e 90 e segue sendo un dos grandes equipos da Fórmula 1.
- Non confundir con Frank Williams Racing Cars, formado por Frank Williams en 1967.
A primeira carreira do equipo foi o Gran Premio de España de 1977, onde o novo equipo correu un chasis March para Patrick Nève. Williams comezou a fabricar os seus propios coches ao ano seguinte, e Clay Regazzoni gañou a primeira carreira de Williams no Gran Premio de Gran Bretaña de 1979. No Gran Premio de Gran Bretaña de 1997, Jacques Villeneuve logrou a vitoria número 100 do equipo, facendo de Williams un dos únicos catro equipos da Fórmula Un, xunto á Ferrari, McLaren , e Mercedes en gañar 100 carreiras. Williams gañou nove Campionatos de Construtores entre 1980 e 1997. Este foi un récord ata que Ferrari gañou o seu décimo campionato en 2000. Gañaron o seu primeiro campionato mundial co piloto Alan Jones en 1980. Logo seguíronlle Keke Rosberg en 1982, Nelson Piquet en 1987, Nigel Mansell en 1992, Alain Prost en 1993, Damon Hill en 1996 e Jacques Villeneuve en 1997. Os últimos deses catro campionatos logrounos o equipo xunto cos motores Renault V10 que dominaron os anos 90. O equipo é coñecido por darlle máis importancia ao campionato de construtores. Gañaron 9 títulos de construtores e só 7 de pilotos.
As mellores temporadas da escudaría foron as de 1992 e 1993. Nestas tempadas obtiveron ademais do mundial de construtores, o mundial de pilotos. Os Williams FW14 e o FW15 eran un verdadeiro alarde de electrónica. Parte desa electrónica que utilizaba o equipo foi prohibida pola FIA posteriormente.
A tempada de Fórmula 1 de 1994 ficou marcada pola contratación de Ayrton Senna e a súa morte no Gran Premio de San Marino, ao volante dun Williams. Frank Williams, Patrick Head e Adrian Newey (Os dous últimos deseñadores do coche) foron procesados, máis non foron condenados. David Coulthard e Nigel Mansell remataron ese ano a tempada, e tamén ese ano Damon Hill perdeu o título de pilotos por un punto.
A fase máis vitoriosa da Williams acabou en 1997, en gran parte pola perda dos motores Renault, que retiráronse da Fórmula 1. Nas temporadas de 1998 e 1999 cos motores non-oficiais da Renault, Mecachrome e Supertec respectivamente, Williams conquistou os postos 3° e 5° no campionato de construtores, sen oportunidades de vitoria.
Williams traballou con moitos fabricantes de motores, o máis exitoso con Renault, gañando cinco dos seus nove títulos de construtores coa compañía francesa. Xunto con Ferrari, McLaren, Benetton e Renault, Williams forma parte dun grupo de cinco equipos que gañaron varios campionatos de construtores entre 1979 e 2008 e varios campionatos de pilotos entre 1984 e 2008.
Williams F1 tamén ten intereses comerciais máis alá das carreiras de Fórmula Un. Con sede en Grove, Oxfordshire, Reino Unido, Williams estableceu Williams Advanced Engineering e Williams Hybrid Power que toman a tecnoloxía desenvolvida orixinalmente para a Fórmula Un e a adaptan para aplicacións comerciais. En abril de 2014, Williams Hybrid Power vendeuse a GKN. Williams Advanced Engineering tivo un centro tecnolóxico en Qatar ata que pechouse en 2014.
En maio de 2020, Williams anunciou que buscaban compradores para unha parte do equipo debido ao mal rendemento financeiro en 2019 e que rescindiran o contrato do patrocinador principal ROKiT. O 21 de agosto de 2020, Williams foi adquirida por Dorilton Capital.
Claire Williams e Frank Williams deberán renunciar ás súas funcións de xestión a partir do 7 de setembro de 2020.[3]Modelo:Toc limit
OrixesEditar
- Véxase tamén: Frank Williams Racing Cars e Walter Wolf Racing.
Frank Williams comezou co actual equipo Williams en 1977 despois de que co seu anterior equipo, Frank Williams Racing Cars, non conseguiu o éxito que desexaba. A pesar da promesa dun novo propietario, o millonario canadense Walter Wolf e o reencontro do equipo como Wolf-Williams Racing en 1976, os autos non eran competitivos. Williams deixou o Walter Wolf Racing e trasladouse a cidade de Didcot para reconstruír o seu equipo como "Williams Grand Prix Engineering". Frank recrutou a o novo enxeñeiro Patrick Head para traballar para o equipo, creando a sociedade "Williams-Head".[4]
PropiedadeEditar
Reuters anunciou o 20 de novembro de 2009 que Williams e Patrick Head venderan unha participación minoritaria do equipo a unha sociedade de investimento austríaco liderada por Toto Wolff[5] Quen dixo que era puramente unha decisión comercial.[6]
En febreiro de 2011, Williams F1 anunciou plans para ampliar capital través dunha Oferta pública de venda (OPV) na Frankfurt Stock Exchange (FWB) en marzo de 2011, quedando Sir Frank Williams como accionista maioritario e director do equipo trala OPV.[7]
En febreiro de 2017, a propiedade era a seguinte: Frank Williams (52´25%); Brad Hollinger (14´75%); Patrick Head 9%; 20% no mercado público; e o 4% está a cargo do empregado do fondo fiduciario.[Cómpre referencia]
En 2020, tras máis de 40 anos de participación e a pesar do prestixio acumulado no campo da Fórmula 1, o equipo foi adquirido polo holding financeiro Dorilton Capital, quen comprou o equipo á familia Williams en agosto e presentou a súa nova directiva en setembro de 2020.
Historial de carreiras na Fórmula UnEditar
Motores Ford-Cosworth (1977-1983)Editar
- Véxase tamén: Ford Motor Company e Cosworth.
Tempada de 1977Editar
Williams participou cun March 761 na tempada 1977. O único piloto Patrick Nève apareceu en 11 carreiras ese ano, debutando no Gran Premio de España de 1977. O novo equipo non conseguiu lograr un punto, alcanzando un mellor final de 7º en Italia.[8]
Tempada de 1978Editar
Para a tempada 1978, Patrick Head deseñou o seu primeiro automóbil Williams: o FW06. Williams contratou ao piloto australiano Alan Jones, que vencera en Austria na tempada anterior para un devastado equipo Shadow trala morte do seu piloto principal, Tom Pryce. A primeira carreira de Jones para o equipo foi o Gran Premio da Arxentina de 1978 onde cualificou o único auto de Williams na 14ª posición, pero retirouse logo de 36 voltas cun fallo no sistema de combustible. O equipo logrou os seus primeiros puntos de campionato dúas roldas despois no Gran Premio de Suráfrica de 1978 cando Jones terminou cuarto. Williams conseguiu o seu primeiro podio en Estados Unidos, onde o australiano quedou en segundo lugar, preto de 20 segundos por detrás do Ferrari do futuro piloto de Williams Carlos Reutemann.[9] Williams finalizou a tempada na décima posición no Campionato de Construtores, cuns respectables 16 puntos, mentres que Alan Jones terminou 12º no Campionato de Pilotos. Cara a finais de 1978 Frank Williams recrutou a Frank Dernie para unirse a Patrick Head na oficina de deseño.
Tempada de 1979Editar
Head deseñou o FW07 para a tempada 1979 con Frank Dernie facendo o desenvolvemento aerodinámico. Este foi o primeiro coche con efecto solo, unha tecnoloxía introducida por Colin Chapman e Team Lotus. Williams tamén adheriuse a proposición da Formula One Constructors Association (FOCA) para os equipos presentaran dous coches, polo que contratouse ao piloto suízo Clay Regazzoni.[10] Non foi ata a sétima rolda do campionato, Mónaco, no que conseguiron unha posición dentro dos puntos. Regazzoni estivo preto de lograr a primeira vitoria do equipo pero terminou en segundo lugar, a menos dun segundo por detrás do gañador da carreira Jody Scheckter. A seguinte rolda en Dijon é recordada pola derradeira volta entre René Arnoux e Gilles Villeneuve, pero tamén viu a ambos coches rematar nos puntos por primeira vez, Jones foi o cuarto con Regazzoni sexto.[11] A primeira vitoria do equipo foi no Reino Unido. Cando Regazzoni terminou case 25 segundos por diante do segundo clasificado.
Os grandes éxitos seguiron cando os coches de Williams acabaron primeiro e segundo na seguinte rolda en Hockenheim, Alan Jones, dous segundos por diante de Regazzoni. Jones sumou outras dúas vitorias para conseguir tres vitorias consecutivas, en Österreichring, terminou medio minuto por diante do Ferrari de Gilles Villeneuve e en Zandvoort. Scheckter terminou a racha gañadora de Williams cando gañou na casa co Ferrari en Italia, Regazzoni terminou a terceiro por detrás dos Ferraris. Alan Jones conseguiu outra vitoria na penúltima carreira en Montreal para encabezar unha gran tempada.
Williams mellorou moito no Campionato de Construtores, terminando segundo, oito lugares máis arriba que o ano anterior, e logrando 59 puntos máis. Alan Jones foi o piloto máis próximo ao dúo de Ferrari, Villeneuve e o campión de 1979 Jody Scheckter. Jones logrou 43 puntos, 17 detrás de Scheckter, mentres que o compañeiro de Jones, Regazzoni, estaba a dous lugares detrás del con 32 puntos.
Tempada de 1980Editar
Durante a tempada de 1980, Alan Jones asociouse co arxentino Carlos Reutemann. O equipo comezou ben no campionato, con Jones gañando a primeira rolda da tempada en Arxentina. Jones gañou catro carreiras: Paul Ricard, Brands Hatch, Montreal e a rolda final en Watkins Glen. Jones converteuse no primeiro dos sete pilotos de Williams en gañar o Campionato de Pilotos, 17 puntos por diante do Brabham de Nelson Piquet. Williams tamén gañou o seu primeiro Campionato de Construtores, logrando 120 puntos, case o dobre de Ligier.
Tempada de 1981Editar
O dúo gañou catro carreiras para o equipo Williams na tempada 1981. Alan Jones gañou na primeira rolda en Long Beach e a rolda final en Las Vegas, mentres Carlos Reutemann gañou na segunda rolda en Jacarepaguá e a quinta rolda en Zolder. Williams gañou o título de Construtores por segundo ano consecutivo, logrando 95 puntos, 34 puntos máis que Brabham en segundo lugar.
Tempada de 1982Editar
Alan Jones retirouse da Fórmula Un (aínda que volvería un ano máis tarde para unha única carreira co equipo Arrows). O australiano foi substituído polo piloto finlandés, Keke Rosberg, que non lograra nin un único punto de campionato o ano anterior. Gañou o título de pilotos ese ano malia gañar só unha carreira, o Gran Premio de Suíza de 1982 en Dijon-Prenois. O compañeiro de equipo de Rosberg, Reutemann, terminou no 16º posto logo de abandonar a Fórmula 1 despois de disputar só dúas carreiras da nova tempada. O seu asento ocupouno Mario Andretti para o Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1982 antes de que Derek Daly o ocupara para o resto do ano. O equipo de Williams acabou cuarto no Campionato de Construtores ese ano, 16 puntos detrás do primeiro lugar de Ferrari.
Ao final da tempada, Frank Williams decatouse que para competir nos niveis máis altos da Fórmula 1 precisaba do apoio dun dos principais fabricantes de motores, como Renault ou BMW, que poderían fornecer ao seu equipo cun motor turbo.
Motores Honda (1983-1987)Editar
- Artigo principal: Honda na Fórmula 1.
Tempada de 1983Editar
Frank Williams mirou para Honda, que desenvolvera o seu propio motor turbo V6 co equipo Spirit. Firmouse un acordo entre Honda e Williams a principios de 1983 e o equipo utilizou os motores para a tempada de 1984. Ata entón, para a tempada 1983, Williams continuou usando o motor Ford agás na última carreira do ano en Suráfrica onde Keke Rosberg logrou un alentador quinto lugar. O equipo terminou cuarto no Campionato de Construtores, logrando 36 puntos, incluíndo unha vitoria para Rosberg en Mónaco.
Tempada de 1984Editar
Para a tempada 1984, Patrick Head deseñou o FW09 de estraña forma. Keke Rosberg gañou o Gran Premio de Dallas e conseguiu o segundo na carreira de apertura no Brasil. O compañeiro de equipo de Rosberg, Jacques Laffite, quedou 14º no Campionato de Pilotos con cinco puntos. O equipo terminou sexto con 25´5 puntos, con Rosberg oitavo no Campionato de Pilotos.
Tempada de 1985Editar
En 1985, Head deseñou o FW10, o primeiro chasis do equipo en empregar a tecnoloxía da fibra de carbono na que foi pioneira no equipo de McLaren. O piloto británico Nigel Mansell uniuse ao equipo co seu compañeiro Rosberg. O equipo logrou catro vitorias con Rosberg no Gran Premio de Detroit de 1985 e o Gran Premio de Australia de 1985, e Mansell gañou o Gran Premio de Europa de 1985 e o Gran Premio de Suráfrica de 1985. Williams terminou terceiro no Campionato de Construtores, logrando 71 puntos.
Durante a cualificación para o Gran Premio do Reino Unido de 1985 en Silverstone, Rosberg percorreu o circuíto ultra rápido de 4´719 km en 1:05.591 cunha velocidade media de 259´005 km/h, a volta máis rápida rexistrada no historial de Fórmula Un ata ese momento.
Desde 1985 ata finais da tempada de 1993, os coches de Williams correron coa livrea amarelo, azul e branco de Canon.
Tempada de 1986Editar
En marzo de 1986, Frank Williams enfrontouse ao desafío máis grave da súa vida. Ao regresar ao aeroporto de Niza, Francia, logo das probas previas á tempada no Circuíto Paul Ricard, viuse involucrado nun accidente de tráfico que o deixou paralítico. Non volveu aos boxes por case un ano.[12] Malia a falta de presenza na pista, o equipo de Williams gañou nove Grandes Premios e o Campionato de Construtores e estivo a piques de gañar o Campionato de Pilotos con Nigel Mansell, pero o pneumático traseiro esquerdo do piloto británico rebentou na última rolda da tempada, en Australia, mentres que o seu rival e compañeiro de equipo, Nelson Piquet fixo unha parada pouco despois da retirada de Mansell como precaución. Isto permitiu a Alain Prost defender o seu título con éxito, a pesar de ter nun coche inferior.
Tempada de 1987Editar
A tempada 1987 deu á sociedade Williams-Honda o seu primeiro e único título de Pilotos nas mans de Nelson Piquet. Piquet gañou tres carreiras e logrou 76 puntos, 73 puntos validos (os mellores 11 resultados contabilizados) en relación ao Campionato de Pilotos. O seu compañeiro de equipo Mansell quedou en segundo lugar con seis vitorias e 61 puntos na tempada. O equipo de Williams gañou o Campionato de Construtores por segundo ano consecutivo, logrando 137 puntos, 61 puntos por diante dos seus rivais máis próximos, McLaren. Malia este éxito, Honda finalizou a súa colaboración con Williams ao final de ano en favor de McLaren e continuou con Lotus.
Motores Judd (1988)Editar
Incapaz de lograr un acordo con outro gran fabricante de motores, Williams utilizou o motor atmosférico de Judd para a tempada 1988.[13] Isto deixounos cun déficit de potencia significativo en comparación cos seus rivais con motor turbo. Piquet deixou Williams para unirse a Lotus que mantivo os seus motores Honda para a tempada de 1988, axudado por Satoru Nakajima como piloto número 2 para Piquet. Williams contratou ao italiano Riccardo Patrese para substituír a Piquet. O equipo non gañou unha carreira nesa tempada e terminou sétimo no Campionato de Construtores, logrando 20 puntos. Os momentos máis destacados da tempada foron dous segundos postos de Mansell, no Gran Premio do Reino Unido de 1988 e no Gran Premio de España de 1988. Cando Mansell viuse obrigado a perder dúas carreiras debido a unha enfermidade, foi substituído por Martin Brundle e despois por Jean-Louis Schlesser.
Motores Renault (1989–1997)Editar
- Artigo principal: Renault na Fórmula 1.
O equipo conseguiu un contrato de motores con Renault en 1989. Os motores Renault posteriormente levaron aos pilotos de Williams a outros catro campionatos e a cinco campionatos de construtores ata a saída de Renault da Fórmula Un a finais de 1997. A combinación do potente motor de Renault e os coñecementos de deseño de Adrian Newey levaron a williams a un período particularmente dominante a mediados da década de 1990. Mansell fixo unha tempada récord en 1992, gañando o título en tempo récord e liderando moitas carreiras desde a pole ata o final. Algúns sosteñen que os Williams FW14 B e FW15C foron "os autos máis avanzados tecnoloxicamente que que xamais competiron na Fórmula Un".[14]
Tempada de 1989Editar
A era Renault comezou en 1989, con Riccardo Patrese e Thierry Boutsen ao volante dos dous coches Williams. Boutsen substituíu a Mansell, quen asinara un contrato con Ferrari. O primeiro Gran Premio no Brasil foi un que o equipo preferiría esquecer: Boutsen retirouse cun fallo no motor e Patrese cunha falla no alternador. Williams logrou volver á pista con Boutsen rematando cuarto na seguinte carreira en Italia, logrando o equipo tres puntos. Dúas carreiras máis tarde no Gran Premio de México, o equipo logrou o seu primeiro podio co motor Renault, xa que Patrese quedou segundo, 15 segundos por detrás de Ayrton Senna primeiro. Na seguinte carreira, Patrese volveu quedar segundo, comezando desde o 14º posto da grella, e Boutsen rematou en 6º lugar. Na sexta rolda no Canadá, Williams non só logrou a súa primeira vitoria co motor Renault senón tamén o seu primeiro dobrete, Boutsen quedou primeiro seguido de Patrese segundo. Isto deu ao equipo 15 puntos. Williams quedou segundo no Campionato de Construtores, anotando 77 puntos, 64 puntos por detrás de McLaren. Patrese terminou 3º no Campionato de Pilotos con 40 puntos, 41 puntos por detrás do segundo clasificado Alain Prost. Boutsen terminou quinto no campionato con 37 puntos despois de gañar tamén en Australia. A vitoria de Boutsen deulle a Williams a distinción de gañar tanto o primeiro como o último Gran Premio da década de 1980.
Tempada 1990Editar
Na tempada de 1990, Williams mantivo a Patrese e Boutsen como pilotos do equipo. O equipo anotou 20 puntos menos que o ano anterior e quedou cuarto no Campionato de Construtores dúas posicións por debaixo que en 1989. No Campionato de Pilotos, Boutsen quedou sexto con 34 puntos e Patrese no sétimo con 23 puntos.
Tempada 1991Editar
Boutsen deixou Williams e uniuse á Ligier ao comezo da tempada 1991. O seu substituto foi un Nigel Mansell que regresou, e pasara as dúas tempadas anteriores pilotando para a Ferrari. Williams tamén recrutou ao futuro campión do mundo de 1996, Damon Hill, como piloto de reserva. Williams non conseguiu rematar o primeiro Gran Premio da tempada, o Gran Premio dos Estados Unidos, con ambos pilotos retirándose debido a problemas na caixa de cambios. Patrese volveu á pista co equipo no seguinte Gran Premio en Interlagos, quedando segundo detrás do Ayrton Senna de McLaren. O Gran Premio de San Marino de 1991 viu a ambos os coches retirándose unha vez máis, con Mansell chocando e Patrese sufrindo unha falla eléctrica. O Gran Premio de Mónaco viu a Mansell rematando nos puntos, quedando segundo. Na seguinte carreira, o Gran Premio do Canadá, Williams bloqueou a primeira fila só para que Patrese retrocedese con problemas na caixa de cambios e Mansell retirarase do liderado na última volta debido a un fallo eléctrico. Na seguinte carreira en México, Williams logrou un dobrete, con Patrese rematando primeiro e Mansell rematando segundo. Williams tivo entón unha serie de vitorias, con Mansell gañando o Gran Premio de Francia, cinco segundos por diante do Ferrari de Alain Prost. Mansell gañou de novo no Gran Premio de Gran Bretaña, había catro anos que un británico gañara o Gran Premio, Mansell gañouno en 1987. Tres vitorias consecutivas convertéronse en catro cando Mansell gañou de novo en Alemaña, con Patrese a uns 10 segundos del no segundo lugar. Senna puxo fin á serie de vitorias de Williams gañando en Hungría, rematando cinco segundos por diante de Mansell. Máis tarde, Mansell gañou o Gran Premio de Italia e o Gran Premio de España, mentres que Patrese gañou o Gran Premio de Portugal despois de que a carreira de Mansell quedara estragada por unha parada en boxes marrada na que só se colocaron tres porcas das rodas. Williams terminou segundo no Campionato de Construtores, anotando 125 puntos en total, 14 puntos por detrás de McLaren. Mansell terminou segundo no Campionato de Pilotos con 72 puntos, a 24 puntos de Senna.
Tempada 1992Editar
Williams deu un paso máis para a tempada de 1992, mantendo a súa formación de pilotos de 1991 formada por Patrese e Mansell. Mansell dominou a primeira rolda en Suráfrica, clasificándose na pole position e gañando a carreira por 24 segundos ao seu compañeiro de equipo, Patrese. Nigel Mansell gañou as seguintes catro roldas para Williams, na Cidade de México, Interlagos, Cataluña e Imola, Patrese quedou segundo en todos menos un (o Gran Premio de España en Cataluña, onde se retirou logo de facer un trompo). As cinco vitorias de Mansell nas cinco primeiras carreiras foron un novo récord na Fórmula Un. Senna gañou a seguinte carreira en Mónaco, por diante dos dous coches Williams, que terminaron segundo e terceiro. Na seguinte carreira, no Canadá, os dous coches Williams retiráronse, Mansell saíuse ao entrar na curva final (afirmou que Senna o empuxou) e Patrese tivo un fallo na caixa de cambios. Mansell rexistrou catro vitorias máis nos Gran Premio, incluíndo o Gran Premio do Reino Unido de 1992. (Na rolda final, en Adelaida, os dous coches Williams retiráronse de novo, Mansell despois de que Senna chocase violentamente contra el, e Patrese con problemas eléctricos). Williams gañou o Campionato de Construtores con 164 puntos, 65 puntos máis que o segundo McLaren. Mansell converteuse en campión do mundo, anotando 108 puntos, e Patrese quedou segundo con 56 puntos. Co primeiro posto en nove carreiras, Mansell establecera un novo récord de vitorias dun só piloto nun ano.
A pesar diso, parecía haber un trastorno significativo en Williams para 1993. Alain Prost puxo fin ao seu ano sabático de competición tras o seu despedimento en 1991 pola Scuderia Ferrari, e Williams estaba interesado en traelo. Ao mesmo tempo, co contrato de Ayrton Senna con McLaren estaba rematando, así como o contrato de motor do equipo con Honda, e desde facía tempo expresaba o seu desexo de pilotar unha das máquinas Williams. Patrese decidiu deixar o equipo no medio disto, uníndose a Michael Schumacher en Benetton. Prost eventualmente chegaría a un acordo, e isto provocaría un efecto dominó que chegou máis aló da F1 e tamén ata o PPG IndyCar Series.
Mansell e Prost foran compañeiros de equipo en Ferrari en 1990, e a fricción entre os dous pilotos case levou a Mansell a retirarse da condución despois da tempada. Así, Mansell non tiña ganas de correr con Prost como compañeiro de equipo de novo e decidiu levar a súa experiencia de piloto a outro lugar. Como aconteceu así, un asento abriuse en Newman/Haas Racing na Serie IndyCar cando Michael Andretti, o campión da serie de 1991, uniuse ao Campionato do Mundo de Fórmula Un para 1993 en substitución de Gerhard Berger en McLaren. Mansell, así, asinou para conducir para Newman/Haas xunto ao pai de Michael Mario Andretti.
Como se indicou anteriormente, McLaren tamén estaba perdendo a subministración de motores Honda ao final da tempada de 1992. Senna tiña a esperanza de que o equipo puidese conseguir unha subministración de motores de Renault, e cando non conseguiron convencer a Renault de que o fixera, Senna decidiu achegarse á organización Williams cunha oferta para pilotar o vello vehículo de Patrese e facelo sen cobrar un salario. Non obstante, como parte dos termos do contrato que asinara con Williams, Prost recibiu o poder de veto sobre quen o equipo contrataría como seu compañeiro de equipo. Rexeitou pilotoar xunto a Senna de novo, xa que aínda tiña problemas con el derivados do seu tempo xuntos en McLaren. Senna, que criticou a Prost pola decisión, finalmente volvería a McLaren durante un último ano pilotando máquinas propulsadas por Ford, facéndoo carreira a carreira durante toda a tempada. Mentres tanto, Williams ascendeu a Damon Hill para substituír a Patrese no seu outro asento.
Tempada 1993Editar
O Williams FW15C era un coche extremadamente dominante, con suspensión activa e sistemas de control de tracción máis aló de calquera cousa dispoñible para os outros equipos.[15] Prost gañou no seu debut co equipo en Suráfrica e, como Mansell, dominou o fin de semana, tomando a pole position e rematando un minuto por diante de Senna, que foi segundo. O seguinte Gran Premio, o Gran Premio do Brasil de 1993 viu a Prost chocar co Minardi de Christian Fittipaldi baixo a choiva na volta 29, mentres que Hill logrou o seu primeiro podio, segundo, a 16 segundos de Senna. Prost gañou tres dos catro seguintes Grandes Premios para Williams, e Senna gañou a outra carreira. Prost e Hill máis tarde marcaron un dobrete en Francia: o único dobrete da tempada para Williams. Prost gañou os dous seguintes Grandes Premios en Silverstone e Hockenheim. Hill demostrou ser competitivo especialmente na segunda metade da tempada. Os problemas mecánicos custáronlle a Hill liderar en Gran Bretaña e Alemaña, pero gañou os seguintes tres Grandes Premios en Hungría, o Bélxica e Italia que o levou ao segundo posto da clasificación, ademais de darlle a posibilidade de facerse co título de Pilotos. Despois de Italia, Williams non gañaría un Gran Premio durante o resto da tempada, xa que un mozo, Michael Schumacher gañou a seguinte carreira en Portugal, e Senna levouse os de Xapón e Australia para superar a Hill nos puntos. Williams mantivo o seu título de Construtores, 84 puntos por diante do McLaren, segundo clasificado. Prost logrou o Campionato de Pilotos en Portugal e terminou a tempada 26 puntos por diante do segundo clasificado Senna.
Baseándose na súa vitoria no Campionato do Mundo de 1992, Mansell recibiría o coche número 1 para a tempada de 1993, e o seu compañeiro de equipo portou o número 2. Porén, o paso de Mansell á serie IndyCar significou que o número 1 non fose utilizado, en cambio, o equipo recibiu o número 0, que colocouse no coche de Hill, mentres que a Prost recibiu o número 2.
1993 marcou a última tempada que Williams realizou con Canon como o seu principal patrocinador.
Tempada 1994Editar
Durante a tempada 1994, Williams utilizou o FW16 (desenvolvido durante a pretempada) e o FW16B (con sidepods máis curtos e optimizado para as normas de chan revisadas que se introduciron durante a tempada).
Despois de que Canon deixara o equipo, Williams asinou un contrato coa compañía de tabaco Rothmans International para 1994, e a súa marca homónima converteuse no seu patrocinador principal desde 1994 ata 1997.[16]
A diferenza da tempada de 1992, Williams puido fichar a Ayrton Senna. O poder de veto mencionado anteriormente escrito no contrato de Alain Prost só era válido para a tempada de 1993, polo que Senna podía unirse a Williams para 1994 se así o desexaba. Agora que estaba libre e claro para facelo sen ningún tipo de interferencia, e que McLaren pasaba por máis problemas cos provedores de motores, Senna finalmente puido cumprir o seu desexo de pilotar para o equipo que defendeu dúas veces o campionato de F1. Prost decidiu saír da cima, xa que pouco despois de asinar Senna anunciou a súa retirada do automovilismo.
Dado que este era o mesmo equipo que gañara os dous Campionatos do Mundo anteriores con coches moi superiores, Senna era un favorito natural e presunto para o título na pretempada, co piloto de segundo ano Damon Hill destinado a desempeñar o papel secundario. Entre eles, Prost, Senna e Hill gañaran todas as carreiras en 1993, excepto unha, que gañou Michael Schumacher de Benetton.
Do mesmo xeito que en 1993, os coches de Williams recibiron os números 0 e 2, tras a vitoria de Prost no campionato de 1993 e a posterior retirada. Hill retivo o número 0, mentres que o coche de Senna recibiu o número 2.
As probas de pretempada mostraron que o FW16 tiña velocidade pero era difícil de conducir. A Fédération Internationale de l'Automobile (FIA) prohibira as axudas electrónicas á condución, como a suspensión activa, o control de tracción e o ABS, para facer o deporte máis "humano". Foron estes avances tecnolóxicos sobre os que se construíu o chasis Williams dos anos anteriores. Coa súa eliminación en 1994, Williams non era un coche de bo manexo, como observaron outros pilotos de F1, xa que se viu moi solto na parte traseira. O propio Senna fixera numerosos comentarios de que o Williams FW16 tiña peculiaridades que había que resolver. Era obvio que o FW16, despois dos cambios na normativa que prohibían a suspensión activa e o control de tracción, non mostraba a superioridade dos coches FW15C e Williams FW14B que o precederan. A sorpresa das probas foi Benetton-Ford que era menos potente pero máis áxil que o Williams.
As primeiras catro roldas gañounas Michael Schumacher no Benetton-Ford. Senna logrou a pole nas dúas primeiras carreiras pero non conseguiu rematar ningunha delas. Na terceira carreira, o Gran Premio de San Marino de 1994 en Imola, Senna volveu lograr a pole position, pero estivo implicado nun accidente mortal na segunda curva tras completar seis voltas.[17] As repercusións do accidente mortal de Senna foron graves para o propio equipo, xa que os fiscais italianos intentaron cargar contra o equipo e Frank Williams por homicidio involuntario, un episodio que non rematou ata 2005.[18] Na seguinte carreira en Mónaco, Damon Hill foi o único Williams na grella, como unha mostra de respecto a Senna,[19] e retirouse na primeira volta. Desde a morte de Senna, todos os coches de Fórmula 1 de Williams levaban un 'S' de Senna na súa librea na súa honra e para simbolizar o apoio continuo do equipo ao Instituto Ayrton Senna, pero os coches a partir de 2022 xa non levaran o S de Senna, co CEO Capito dicindo que era hora de "avanzar".[20][21]
Na seguinte carreira en España, Williams trouxo ao piloto de probas David Coulthard como novo compañeiro de equipo de Hill. Hill logrou a primeira vitoria do equipo da tempada, por case medio minuto sobre Schumacher de Benetton, mentres que Coulthard retiraríase por un problema eléctrico. En Montreal, os dous coches Williams terminaron nos puntos por primeira vez nesa tempada, con Hill segundo e Coulthard quinto. En Francia, Nigel Mansell substituíu a Coulthard (na primeira das catro aparicións), a instancias de Renault. En Silverstone, Damon Hill logrou o que non conseguira o seu pai, dúas veces campión do mundo de Fórmula Un Graham Hill, gañar o Gran Premio de Gran Bretaña. Hill pechou a diferenza de puntos con Schumacher, quen foi descualificado do primeiro posto en Spa despois de que os Comisarios atoparan irregularidades no piso do seu Benetton. Foi sancionado para as dúas seguintes carreiras, e Hill aproveitou isto con vitorias en Italia e un dobrete de Williams en Portugal.
A falta de tres carreiras, o campión de 1992 Nigel Mansell regresou á CART (onde concluíra a tempada) para substituír a Coulthard durante o resto da tempada. Mansell recibiría aproximadamente 900.000 libras por carreira, mentres que Hill recibíu 300.000 libras durante toda a tempada, aínda que Hill permaneceu como piloto principal.[22][23]
Schumacher regresou despois da súa suspensión para o Gran Premio de Europa, que gañou por uns 25 segundos, para tomar unha vantaxe de 5 puntos na penúltima rolda no Xapón. A carreira no Xapón celebrouse baixo unha choiva torrencial, con Hill logrando gañar a carreira reiniciada, por tres segundos en total sobre Schumacher, que terminou segundo. Entrando na rolda final en Adelaida, Schumacher lideraba sobre Hill por un só punto. Mansell logrou a pole para Williams, pero tivo un mal comezo que permitiu que Hill e Schumacher loitaran polo liderado e polo título de 1994. A metade da carreira, a necesidade percibida de Schumacher dunha configuración de baixa carga aerodinámica custoulle, xa que perdeu o control e golpeou o muro exterior na quinta curva (fora da vista de Hill). Mentres Schumacher se recuperaba, Hill chegou á volta da curva e intentou adiantar na seguinte curva. Schumacher virou e o contacto resultante (Schumacher no muro e Hill retirándose con suspensión dobrada), fixo que Schumacher fose o campión. Esta colisión foi controvertida. Algúns, como o Patrick Head de Williams, suxeriron que este foi un intento deliberado de Schumacher de sacar a Hill da carreira.[24] Outros, como o entón comentarista da BBC Murray Walker, defenderon a Schumacher, cualificando o accidente de "incidente de carreira". Mentres tanto, Nigel Mansell gañou aquí o último Gran Premio da súa carreira, pilotando o segundo coche Williams.
Williams remataría a tempada como Campión de Construtores por terceiro ano consecutivo, anotando 118 puntos, mentres que Hill terminou segundo no Campionato de Pilotos con 91 puntos.
Temporada 1995Editar
En 1995, Nigel Mansell non foi contratado, Williams favoreceu a Coulthard sobre el para asociarse con Hill. Schumacher, cuxo equipo Benetton cambiara de provedor de motores de Ford por Renault fora da tempada, gañou a primeira rolda en Brasil, sendo Coulthard o segundo. Non obstante, ambos foron descualificados da carreira despois de que se comprobase que Elf fornecera aos seus equipos un tipo de combustible para o que non se proporcionaron mostras á FIA. Así, Gerhard Berger e Ferrari foron declarados vencedores. Schumacher e Coulthard veron as súas posicións restablecidas despois da apelación, aínda que Benetton e Williams non recibiron os puntos dos Construtores. Hill gañou as dúas seguintes carreiras en Arxentina e San Marino e máis tarde gañaría carreiras en Hungaroring e en Adelaida. Hill gañou dúas voltas por diante na pista de Adelaida nunha das vitorias máis dominantes da F1. Coulthard rexistrou a súa única vitoria en 1995 para o equipo Williams en Estoril, antes de mudarse a McLaren.
A racha de campionatos de Williams foi rematada por Benetton, quen elixiu cambiar de provedor de motores de Ford a Renault, o mesmo que Williams. Como tal, Benetton superou a Williams por 29 puntos no Campionato de Construtores. Damon Hill quedou segundo no Campionato de Pilotos, a 33 puntos de Michael Schumacher de Benetton.
Temporada 1996Editar
Para 1996, Williams tiña o coche máis rápido e fiable, o FW18.[25] Coulthard deixara Williams para unirse a Mika Häkkinen en McLaren, e Williams substituíuno polo canadense Jacques Villeneuve, quen gañara o título da serie CART en 1995, mentres que Hill permaneceu co equipo. Schumacher deixou Benetton para unirse á Ferrari. Williams gañou os cinco primeiros Grandes Premios, gañando Hill todos menos un deles. Olivier Panis conseguiría a vitoria na sexta rolda en Mónaco despois de que os dous coches Williams se retiraran. Hill retiraríase por segunda vez consecutiva despois de trompear en España, mentres que o seu compañeiro de equipo, Villeneuve, ocupou o terceiro lugar. Hill e Villeneuve dominaron o seguinte Gran Premio no Canadá, cun dobrete na cualificación e un dobrete final. Williams fixo un segundo dbrete despois de que Hill gañara o Gran Premio de Francia. Villeneuve gañou a súa segunda carreira na F1 en Silverstone despois de que Hill se retirase cun fallo no coxinete da roda na volta 26. Hill gañou o seguinte Gran Premio de Alemaña mentres Villeneuve gañou a carreira despois de Hungría. O Ferrari de Schumacher lograría entón os dous seguintes Grandes Premios en Spa-Francorchamps e Monza. Villeneuve lanzou un desafío polo título de cara á última carreira da tempada no Xapón, pero Hill reafirmou o seu dominio para facerse coa carreira e co título de 1996, mentres que Villeneuve perdeu unha roda e retirouse.
O dominio de Williams foi tal que conseguiran o Campionato de Construtores e só os seus pilotos tiñan unha oportunidade matemática de facerse co título, varias carreiras antes de que concluíse a tempada. Por esa época, Frank Williams anunciou que Hill non volvería asinar despois de que expirase o seu contrato, a pesar dos éxitos de Hill e do eventual Campionato de Pilotos, polo que se uniu a Arrows para 1997. Adrian Newey tiña ambicións como director técnico (máis que só deseñador xefe), pero isto non foi posible en Williams, xa que Patrick Head era fundador e accionista do equipo. McLaren atraeu a Newey, aínda que se viu obrigado a tomar permiso de traballo remunerado durante a maior parte de 1997.
Tempada 1997Editar
Para a que sería a última tempada de Williams-Renault e un coche deseñado coa colaboración de Newey, Frank Williams trouxo o alemán Heinz-Harald Frentzen, quen creara unha boa impresión en Williams durante as súas primeiras tempadas na Fórmula Un. Porén, Frentzen resultou ser unha decepción e só gañou unha carreira en dous anos con Williams, o Gran Premio de San Marino de 1997. Jacques Villeneuve gañou sete carreiras durante 1997, fronte ás cinco vitorias do seu principal rival, Michael Schumacher dun Ferrari rexurdido. Williams tamén logrou o fito de 100 vitorias no Gran Premio do Reino Unido de 1997. Chegando á última rolda da tempada en Xerez, Schumacher lideraba sobre Villeneuve por 1 punto, con todo, na volta 48, Schumacher e Villeneuve chocaron. Schumacher foi descualificado do segundo posto do campionato xa que o accidente foi considerado pola FIA como "evitábel". Williams gañou o título de Construtores por segunda vez consecutiva, anotando 123 puntos. Jacques Villeneuve gañou o Campionato de Pilotos por tres puntos a Michael Schumacher, que mantivo o seu total de puntos a pesar de ser apartado da segunda posición, así, o subcampionato foi para Frentzen con 42 puntos.[26]
Motores Mecachrome (1998)Editar
Tempada 1998Editar
Despois de 1997, o equipo non puido manter o seu dominio na Fórmula 1 xa que Renault finalizou a súa participación exclusiva na Fórmula 1, e Adrian Newey mudouse ao equipo rival McLaren. Williams entón tivo que pagar por motores Mecachrome, que eran vellos motores recuperados de Renault.[27] Isto significaba que o FW20 non só contaba cun paquete aerodinámico moi similar ao seu coche de 1997, senón tamén practicamente o mesmo motor, levando a algúns a comentar que funcionaban co que era practicamente o mesmo coche da tempada anterior, axustado para a normativa de 1998. Houbo cambios no logotipo do patrocinio, xa que Rothmans optou por promover a súa marca Winfield, substituíndo a popular librea azul e branca por unha vermella.[28] Durante 1998, Williams mantivo aos dous pilotos da tempada anterior, a primeira vez desde 1983 que un campión do mundo reinante seguía pilotando para o mesmo equipo. Mentres Ferrari e McLaren loitaban polos títulos dos construtores e pilotos, Williams caeu ao medio do pelotón. O equipo non gañou carreiras e só logrou 3 podios durante a tempada, con Frentzen terminando terceiro na primeira rolda de 1998 en Australia e Villeneuve terminando terceiro en Alemaña e Hungría. Williams terminou terceiro no Campionato de Construtores, anotando 38 puntos, mentres Villeneuve terminou quinto no Campionato de Pilotos con 21 puntos e o seu compañeiro de equipo, o alemán Frentzen, rematou 4 puntos por detrás en sétimo lugar.
Motores Supertec (1999)Editar
Tempada 1999Editar
En 1999, Williams empregou os motores Supertec, que eran unidades remozadas dos Mecachrome-Renault, e unha nova parella de pilotos. Villeneuve mudouse ao novo equipo British American Racing (BAR) e Frentzen marchou ao equipo [[Jordan. O alemán Ralf Schumacher uniuse a Williams no que equivalía a un intercambio de pilotos, xa que Frentzen asumiría o antigo posto de Schumacher en Jordan. Alex Zanardi, un piloto italiano que gañara os dous últimos campionatos da serie CART, tamén se uniu ao equipo despois de que Williams pasara a mellor parte do último ano intentando contratalo. O equipo logrou tres podios, todos de Ralf Schumacher, cos terceiros postos en Australia e Reino Unido e un segundo posto no Gran Premio de Italia de 1999. O equipo rematou quinto no Campionato de Construtores, o máis baixo para Williams na década de 1990; o equipo rematou por detrás de Stewart e Jordan, logrando un total de 35 puntos. Deses puntos, Schumacher anotounos todos, xa que Zanardi, que non tivo un bo rendemento na súa anterior etapa na F1, non puido rematar entre os seis primeiros en ningunha proba. Ao final da tempada, Williams comprou o contrato de Zanardi.
Década de 2000Editar
Motores BMWEditar
Na tempada de Fórmula 1 de 2000 o equipo cambiou de fornecedor de motores, que a partir de entón pasa a ser BMW. Neste ano Williams fixo unha tempada regular logrando 36 puntos e o 3° lugar no campionato de construtores.
Na tempada de Fórmula 1 de 2001 cun coche máis desenvolvido xunto cos motores BMW, o equipo quebra un xexún de 4 anos sen vitorias na F1, coa vitoria de Ralf Schumacher no GP de San Marino, logra 80 puntos e repite o 3° lugar da tempada anterior.
Nas tempadas de 2002 e 2003 conquista o subcampionato de construtores. En 2004, Patrick Head fai un proxecto revolucionario, máis o coche non se mostra competitivo e frustra as expectativas de título do equipo que polo menos cerra a tempada cunha vitoria de Juan Pablo Montoya no GP do Brasil, esa foi a última tempada da dupla Montoya e Ralf co equipo. Para a tempada de Fórmula 1 de 2005 son contratados Mark Webber e Nick Heidfeld, fan unha tempada regular, máis Williams e BMW rematan rompendo o seu contrato.
Motores CosworthEditar
Coa rotura de Williams con BMW, na tempada de Fórmula 1 de 2006 Cosworth convertese no novo fornecedor de motores. O equipo fai unha pésima tempada logrando apenas 11 puntos e o 8° lugar no campionato de construtores. A dupla de pilotos son Mark Webber e Nico Rosberg.
Motores ToyotaEditar
En 2007 asinan un acordo para ter os motores Toyota polo menos ata 2009. Coa asociación con Toyota, o equipo se reergueu do fracaso de 2006, formando unha nova dupla de pilotos con Alexander Wurz substituíndo a Webber, que marchou para RBR, e mantendo ao alemán Nico Rosberg. O ano foi bo, acadando un podio con Wurz, no acidentado GP do Canadá, e un total de 33 puntos e o cuarto lugar no campionato de construtores, despois da descualificación de McLaren. No último GP do ano, o do Brasil, o xaponés Kazuki Nakajima ocupou a praza de piloto titular deixada por Wurz, que anunciara a súa retirada no Gran Premio anterior.
Williams comezou 2008 como a quinta forza da categoría, detrás de Ferrari, McLaren, BMW Sauber e Renault. O inicio foi prometedor, con Nico facendo un podio na estrea da tempada, e Nakajima rematando sexto. Pero na segunda carreira o equipo vai mal con Nico 12° e Nakajima 15°. Nas carreiras seguintes o equipo perdeu posicións con Renault e Toyota e ata con STR e RBR no campionato, e continuou decepcionando ao non pasar o seu mellor resultado de dous sétimos lugares e chegar na maioría das veces debaixo da décima posición. No entanto o equipo conquistou un podio novamente con Nico 2º e Nakajima 8º no histórico primeiro Gran Premio nocturno de Singapur. Ao termo da tempada, o equipo ficou na oitava posición do campionato de construtores con 26 puntos, 17 de Nico e 9 de Nakajima.
En 2009 mantén aos pilotos Rosberg e Nakajima; e como piloto de probas ao alemán Nicolas Hülkenberg, sendo contratado o mozo angolano Ricardo Teixeira. Foi unha tempada consistente e lixeiramente mellor que 2008. Con 34´5 puntos, o equipo terminou en sétimo lugar, aínda que as boas carreiras de Rosberg se contrapuñan coas febles actuacións de Nakajima, que non acadou ningún punto.
O 20 de novembro o equipo anunciou a venda da parte minoritaria do equipo a unha compañía de investimentos austríaca liderada por Toto Wolff.[29][30]
Década de 2010Editar
Para a tempada de 2010 o equipo contratou a Rubens Barrichello, de 37 anos, para pilotar o novo coche cun motor Cosworth, xuntamente co novato piloto alemán Nico Hülkenberg, de 22 anos, campión da GP2 en 2009 e ata entón piloto de probas. Para piloto de probas, foi confirmado o finlandés Valtteri Bottas. O equipo terminou o mundial en sexto lugar no campionato de construtores e Frank Williams chegou a afirmar que o equipo non ficou satisfeito co resultado do modelo FW32.[31]
En 2011 o equipo confirmou a Rubens Barrichello[32] e Pastor Maldonado[32] como pilotos titulares e mantivo a Valtteri Bottas como piloto de probas.[33] A tempada de 2011 foi a peor da historia de Williams, o equipo terminou o campionato detrás de todos os equipos competitivos da categoría, ficando apenas diante das pequenas escudarías HRT, Virgin e Caterham.
Tempadas 2012-2013Editar
Volta aos motores Renault (2012-2013)Editar
- Véxase tamén: Renault na Fórmula 1.
O 4 de xullo de 2011, Williams anunciou que se asociaría co fornecedor de motores Renault que subministrarían os motores do equipo a partir de 2012.[34] O 1 de decembro de 2011, confirmouse que Maldonado manteríase para a tempada 2012 xunto co piloto de reserva Valtteri Bottas, que participou en 15 sesións de prácticas do venres.[35] En xaneiro de 2012 confirmouse que Bruno Senna sería o compañeiro de Maldonado, acabando efectivamente a carreira na F1 de Rubens Barrichello.
Antes da tempada 2012, Patrick Head mudouse do equipo Williams F1 a Williams Hybrid Power Limited, outra filial de Williams Grand Prix Holdings.[36] O equipo tamén anunciou que a súa relación con AT&T terminou de mutuo acordo, e houbo negociacións con outra empresa de telecomunicacións para o patrocinio do nome do equipo.[37] No Gran Premio de España de 2012, Pastor Maldonado logrou a súa primeira vitoria nun Gran Premio, que tamén foi a primeira vitoria de Williams desde o Gran Premio do Brasil de 2004. Ao redor de 90 minutos despois de celebrar esta vitoria, un incendio estalou no garaxe do equipo Williams, danando a FW34 de Bruno Senna e deixando varios feridos.[38] O equipo conseguiu finalmente a oitava posición no Campionato Mundial de Construtores de Fórmula 1.[39]
Claire Williams, filla do director do equipo Frank Williams, foi nomeada subdirectora en marzo de 2013.[40] Maldonado foi retido polo equipo para 2013 e uniuse a Bottas, promovido desde o seu papel como piloto de probas.[41] O equipo loitou ao longo da tempada, a pesar dunha boa clasificación no Gran Premio do Canadá e un lugar no top 10 no Gran Premio dos Estados Unidos, só anotaron cinco puntos no Campionato Mundial de Construtores.[42]
Mentres Williams gozou dunha vitoria na tempada 2012 e puntuou en varias carreiras, non alcanzaron o mesmo nivel que se conseguiu durante o seu dominio na Fórmula Un durante a década de 1990, isto combinado cunha tempada 2013 absolutamente mala levou a Williams a buscar un novo fornecedor de motores para a tempada 2014 e seguintes.
Unidades de potencia de Mercedes-Benz (2014-presente)Editar
- Véxase tamén: Mercedes AMG High Performance Powertrains.
Tempadas 2014-2017Editar
En maio de 2013, Williams asinou un contrato a longo prazo con Mercedes para fornecer motores para o equipo, o fabricante alemán fornécelle motores turbo V6 de 1.6 litros desde o inicio da tempada de 2014.[43] Bottas foi retido como piloto para 2014, e Felipe Massa asinou desde Ferrari para substituír a Maldonado. O equipo tamén deu a coñecer un novo contrato de patrocinio coa marca de bebidas Martini. Como parte do trato, o equipo converteuse en Williams Martini Racing, agás en Bahrain, Rusia e Abu Zabi, onde o equipo é coñecido como Williams Racing por restricións da publicidade das bebidas alcohólicas.[44]
O equipo logrou a súa primeira pole desde 2012, cortesía de Massa en Austria. Foi a única vez que Mercedes foi vencido na pole position durante a tempada 2014. Bottas clasificouse xunto a Massa, tamén foi a primeira vez que o equipo logrou a primeira liña desde o Gran Premio de Alemaña 2003.[45] O equipo gozou dunha repunta no rendemento, incluíndo un dobre podio en Abu Zabi, o que o levou ao terceiro lugar no Campionato de Construtores. Repetiron esta fazaña na tempada 2015, a pesar dunha tempada discreta debido ao rexurdimento de Ferrari.
O equipo entrou na tempada 2016 con Bottas e Massa como pilotos. O ex-piloto da Ferrari Driver Academy Lance Stroll uniuse ao equipo como piloto de desenvolvemento de motores e Alex Lynn converteuse no piloto de reserva xunto a Paul di Resta que foi anunciado o 13 de marzo,[46] trala retirada de Susie Wolff do automobilismo.[47]
En setembro de 2016, Massa anunciou as súas intencións de retirarse da Fórmula Un, co que máis tarde Stroll foi presentado como o seu substituto para 2017.[48] Trala decisión de Nico Rosberg de retirarse, o equipo liberou a Bottas do seu contrato para permitir que ocupase o seu lugar no equipo Mercedes, e Massa volveu ao equipo por un ano.[49]
Massa viuse forzado a retirarse do Gran Premio de Hungría de 2017 debido a unha enfermidade, polo que o equipo anunciou que Paul di Resta correría xunto a Stroll.[50]
2018 - 2019 descenso continuoEditar
O 4 de novembro de 2017, Felipe Massa anunciou a súa decisión de retirarse da F1.[51] Sergey Sirotkin firmou como o seu substituto para 2018,[52] con Robert Kubica como piloto de reserva e desenvolvemento.[53]
Williams loitou durante a tempada 2018, anotando só 7 puntos e rematando o último na clasificación do Campionato de Construtores. Aínda que a fiabilidade do coche parecía boa, estiveron significativamente fóra do ritmo, o seu mellor resultado foi o 8º lugar en Acerbaixán de Lance Stroll. O resto de puntos do equipo foi no gran premio italiano, con Stroll que rematou no 9º posto e Sirotkin anotou o seu primeiro punto de campionato no décimo lugar.
O 27 de febreiro de 2018 Martini anunciou que deixarían Williams e a Fórmula Un ao final da tempada 2018.[54]
O 12 de outubro de 2018, o equipo anunciou que George Russell se uniría ao equipo para a tempada 2019 e o 22 de novembro de 2018 anunciouse que Robert Kubica uniríase a el como o seu compañeiro de equipo.[55][56] O 29 de novembro anunciouse unha colaboración con PKN Orlen, unha empresa líder no mercado dos combustibles e enerxético.[57] O 11 de febreiro de 2019, a empresa de telecomunicacións ROKiT anunciouse como patrocinadora do equipo como parte dun trato de varios anos.[58][59]
Williams perdeuse os primeiros dous días e medio de probas de pretempada en Barcelona porque o FW42 aínda non estaba preparado, o único equipo que sufriu tal revés.[60] Williams comezou a tempada sen ser competitivo. Durante a clasificación no inicio da tempada en Australia, o seu mellor tempo foi case 1,3 segundos máis lento que o competidor máis próximo. Na carreira, Russell e Kubica remataron a dúas e tres voltas do líder respectivamente. O mellor resultado do equipo da tempada chegou no Alemaña, onde Kubica clasificouse décimo, o único punto do equipo co que terminaron esa tempada. Non obstante, este resultado só chegou tras as penalizacións posteriores á carreira para outros pilotos. As actualizacións viñeron durante a tempada coa que o FW42 comezou a poñerse ao día dos seus competidores; Russell chegou a 0,1 segundos de alcanzar a Q2 na clasificación para o Gran Premio de Hungría de 2019 e rematou preto dos puntos co 12º lugar en Brasil. Non obstante, ambos os coches serían eliminados na Q1 en todas as carreiras da tempada. A pesar da falta de rendemento do equipo en comparación co período 2014-2017, confirmouse que Williams ampliou o seu contrato para fornecerse de motores con Mercedes ata 2025.[61]
O 19 de setembro de 2019, Williams anunciou que Kubica decidira deixar o equipo ao final da tempada 2019, uniríase a Alfa Romeo como piloto reserva.[62] O subcampión do Campionato de Fórmula 2 de 2019 Nicholas Latifi foi ascendido do seu papel de piloto reserva para substituír a Kubica na tempada 2020.[63] Jack Aitken substituíu a Latifi como piloto de reserva.[64] En maio de 2020, tras a publicación de importantes perdas en 2019, Williams anunciou a rescisión inmediata do seu contrato de patrocinio con ROKiT.[65]
2020-presente: compra e nova xestiónEditar
Na carreira inicial de 2020, o Gran Premio de Austria de 2020, Latifi acadou o 11º lugar, fóra dos puntos, mentres que na cualificación Russell estaba a só 0,15 segundos de alcanzar a Q2 (Russell retirouse na carreira por un problema de presión de combustible). Na clasificación en mollado para a seguinte carreira, o Gran Premio de Estiria, Russell logrou saír da Q1, a primeira vez que un piloto de Williams o facía desde o [[Gran Premio do Brasil de 2018] ],[Cómpre referencia] e, en condicións esvaradías, clasificouse 12º. Russell comezou a carreira no posto 11, tras a aplicación de penalizacións para outros pilotos.[66]
No Gran Premio de Hungría de 2020, ambos pilotos saíron da Q1 por primeira vez desde o Gran Premio de Italia de 2018. Era a segunda vez que Russell saía da Q1 e a primeira de Latifi que saía da Q1.
O 21 de agosto de 2020, o grupo de investimento estadounidense Dorilton Capital adquiriu Williams por 152 millóns de euros.[67] O importe tamén inclúe a liquidación da débeda da empresa e seguirá funcionando baixo o nome de Williams e manterá a súa base no Reino Unido.[68][69]
A pesar de que se lle ofreceu a oportunidade de seguir como directora do equipo Williams, Claire Williams anunciou a súa saída do equipo a partir da fin de semana do Gran Premio de Italia de 2020. Tras este anuncio, será a primeira vez que o equipo Williams F1 non está baixo o liderado da familia Williams desde a súa creación 43 anos antes. Simon Roberts, que se uniu a Williams procedente de McLaren en maio de 2020, converteuse no director interino do equipo.[70] En decembro de 2020, Williams anunciou que Jost Capito unirase a Williams como novo CEO, con Simon Roberts como director do equipo e informará a Capito.[71]
Durante o Gran Premio de Mónaco de 2021, Williams celebrou a súa saída número 750 nun Gran Premio. Para celebrar a ocasión, Williams presentou un concurso para que os nomes de 100 seguidores de Williams apareceran no seu coche, o Williams FW43B, xunto co número de carreiras desde que comezaron a apoiar a Williams.[72] En xuño de 2021, Roberts deixou o equipo. A maioría das súas responsabilidades foron asumidas por Capito, con François-Xavier Demaison asumindo as súas funcións de liderado na pista.[73]
O Gran Premio de Hungría de 2021 viu a Williams anotar os seus primeiros puntos desde o Gran Premio de Alemaña de 2019 con Robert Kubica, e o seu primeiro dobre de puntos desde o Gran Premio de Italia de 2018. No Gran Premio de Bélxica de 2021, Russell clasificouse en 2º lugar e logrou o primeiro podio de Williams desde o Gran Premio de Acerbaixán de 2017, xa que a carreira detívose despois de que só se completasen dúas voltas en condicións de coche de seguridade, o que permitiu a maioría dos pilotos para manter a súa posición de cualificación. O equipo tamén logrou un segundo dobre punto consecutivo, xa que Latifi rematou noveno.
Resultados de Williams na Fórmula 1Editar
- Artigo principal: Resultados de Williams na Fórmula 1.
- Porcentaxe de vitorias no Campionato de Construtores: 21´4%, 9 de 42 [1978-2019]
- Porcentaxe de vitorias no campionato de pilotos: 16´7%, 7 de 42 [1978-2019]
- Porcentaxe de vitorias: 15´6% 114 de 731 [1978-Abu Zabi 2019]
NotasEditar
- ↑ "Logan Sargeant to drive for Williams Racing in 2023". Williams Racing. 21 de novembro de 2022. Consultado o 21 de novembro de 2022.
- ↑ "Williams confirm Albon for 2023 on new multi-year contract". Formula1.com. 3 August 2022. Arquivado dende o orixinal o 3 de agosto de 2022. Consultado o 3 de agostode 2022.
- ↑ "Williams family to step aside from running of the team after Italian GP". www.formula1.com (en inglés). 3 September 2020. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2020. Consultado o 2020-09-03.
- ↑ "Williams F1 profile". GrandPrix.com. Consultado o 9 de xuño de 2012.
- ↑ Baldwin, Alan (20 de novembro de 2009). "Williams F1 team sells stake to Austrian investor | Reuters". Reuters. Consultado o 15 de marzo de 2010.
- ↑ "Wolff: Value of privateers will rise". Autosport. 20 de novembro de 2009. Consultado o 15 de mmarzo de 2010.
- ↑ "Williams Formula 1 team to float on Frankfurt Stock Exchange". BBC News. 4 de febreiro de 2011. Consultado o 4 de febreiro de 2011.
- ↑ Williams Grand Prix Engineering – 1977 results www.f1db.com. Consultado o 22 de agosto de 2006.
- ↑ "Grand Prix Results: United States GP, 1978". GrandPrix.com. Consultado o 13 de novembro de 2006.
- ↑ Hamilton, Maurice (1998). Frank Williams. Macmillan. p. 80. ISBN 0-333-71716-3.
- ↑ "Grand Prix Results: French GP, 1979". GrandPrix.com. Consultado o 9 de xuño de 2012.
- ↑ Hamilton, Maurice (1998). Frank Williams. Macmillan. pp. 148–153. ISBN 0-333-71716-3.
- ↑ "ITV-F1.com: WilliamsF1 Highs And Lows". ITV F1. ITV. 15 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 15 de maio de 2007.
- ↑ "The changing face of F1". BBC Sport. 28 de febreiro de 2005. Consultado o 12 de xullo de 2006.
- ↑ Saward, Jow (1 de xullo de 1993). "Frank Williams Interview". GrandPrix.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 14 de xullo de 2006.
- ↑ Manishin, Glenn. "After Tamburello". F1-Grandprix.com. Consultado o 13 de xuño de 2006.
- ↑ "1994: Formula One's 'blackest day'". BBC News. 1 de maio de 1994. Consultado o 13 July 2006.
- ↑ "Top designers acquitted on Senna". BBC News. 27 de maio de 2005. Consultado o 13 de xullo de 2007.
- ↑ 'WilliamsF1.com > Seasons > 1994 Arquivado 09 de maio de 2015 en Wayback Machine.. Retrieved 14 de xullo de 2006.
- ↑ "Why 'Senna S' is absent from Williams' latest F1 car". Crash (en inglés). 2022-02-15. Consultado o 2022-02-25.
- ↑ Cleeren, Filip; Noble, Jonathan (15 de febreiro de 2022). "Williams explains decision to remove Senna S logo from 2022 F1 car". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 2022-02-25.
- ↑ Hamilton, Maurice (1998). Frank Williams. Macmillan. p. 244. ISBN 0-333-71716-3.
- ↑ Horton, Roger. "Reflections on a Racing Rivalry". Atlas Autosport (Kaizar). Consultado o 1 de outubro de 2010.
- ↑ 'Ruthless' Schumi blasted. Retrieved 2 de agosto de 2006.
- ↑ Saward, Joe (2 de decembro de 1996). "Review of the year 1996". GrandPrix.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2010.
- ↑ Saward, Joe (1 November 1997). "Review of the year 1997". GrandPrix.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 9 de xuño de 2012.
- ↑ Saward, Joe (1 de xaneiro de 1998). "Mecachrome". GrandPrix.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 14 de xullo de 2006.
- ↑ Saward, Joe (28 de xaneiro de 1998). "Williams FW20". GrandPrix.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 14 de xullo de 2006.
- ↑ Williams vende parte da equipe a companhia de investimentos austríaca Globoesporte.com
- ↑ Williams vende parte das ações[Ligazón morta] Hoje em Dia
- ↑ Ano não agrada Williams, 6ª: "Carro não era bom" Arquivado 06 de decembro de 2010 en Wayback Machine. Tazio
- ↑ 32,0 32,1 http://amigosdavelocidade.uol.com.br/index.php?action=showDetails&id=9350[Ligazón morta]
- ↑ "Williams anuncia contratação de Bottas para piloto de teste". 2010-01-29.[Ligazón morta]
- ↑ "Williams Renault Legendary Partnership Revived for 2012". AT&T Williams (Williams F1). 4 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 4 de xullo de 2011.
- ↑ "Pastor Maldonado Confirmed for 2012 with Valtteri Bottas as Reserve Driver". Williams F1 (Williams Grand Prix Engineering Limited). 1 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2011. Consultado o 1 de decembro de 2011.
- ↑ "Patrick Head Steps Down from WGPH Board of Directors". Williams (Williams F1). 31 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2012. Consultado o 4 de xaneiro de 2012.
- ↑ Baldwin, Alan (4 de xaneiro de 2012). "The Williams Formula One team are seeking a new title sponsor after the termination of their agreement with U.S. telecommunications giant AT&T". Thomson Reuters. Reuters. Consultado o 4 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Spanish Grand Prix 2012: Pastor Maldonado holds off Fernando Alonso to claim historic win for Williams". Telegraph.co.uk. 13 de maio de 2012. Consultado o 5 de febreiro de 2016.
- ↑ "Formula 1 Drivers & Constructors Standings – FIA Formula One World Championship 2012 – ESPN.co.uk". ESPN UK. Consultado o 5 de febreiro de 2016.
- ↑ "Claire Williams becomes deputy principal". Supersport.com. Consultado o 25 de xuño de 2015.
- ↑ Elizalde, Pablo (28 de novembro de 2012). "Williams confirms Valtteri Bottas and Pastor Maldonado for 2013". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 28 de novembro de 2012.
- ↑ "Teams & Drivers – Williams". Formula1.com. Consultado o 30 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Williams move to Mercedes power for 2014". Formula1.com (Formula One Administration). 30 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2014.
- ↑ "Williams unveil Martini as their new sponsor as they head into new season full of hope". Daily Mail. 6 de marzo de 2014. Consultado o 7 de marzo de 2014.
- ↑ Weaver, Paul (21 de xuño de 2014). "Felipe Massa on pole at F1's Austrian GP as Lewis Hamilton spins". The Guardian (Guardian Media Group). Consultado o 13 de decembro de 2014.
- ↑ "Paul di Resta set to be named Williams reserve driver for 2016 season". BBC Sport. 13 de marzo de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2016.
- ↑ Benson, Andrew (11 de novembro de 2015). "Lance Stroll to test for Williams in 2016". BBC Sport. Consultado o 6 de decembro de 2015.
- ↑ "Williams confirms driver line-up for the 2017 season". Williams Grand Prix Engineering. 3 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2016. Consultado o 3 de novembro de 2016.
- ↑ "Bottas to Mercedes, Massa to re-join Williams". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Paul di Resta to replace unwell Felipe Massa in Hungary". BBC Sport (en inglés). 29 de xullo de 2017. Consultado o 5 de novembro de 2017.
- ↑ "Felipe Massa: Williams driver to retire at end of the season". BBC Sport (en inglés). 4 de novembro de 2017. Consultado o 5 de novembro de 2017.
- ↑ Barretto, Lawrence (16/1/2018). "Sergey Sirotkin beats Robert Kubica to 2018 Williams F1 seat". autosport.com. Consultado o 16/1/2018.
- ↑ Barretto, Lawrence (16/1/2018). "Kubica named Williams' reserve driver". Motorsport.com (Motorsport Network). Consultado o 16/1/2018.
- ↑ Barretto, Lawrence (27 de febreiro de 2018). "Martini and Williams to end sponsorship deal". Motorsport.com. Motorsport Network. Consultado o 27 de febreiro de 2018.
- ↑ Collantine, Keith (12 de outubro de 2018). "Russell handed F1 debut in place of Stroll at Williams for 2019". RaceFans. Consultado o 12 de outubro de 2018.
- ↑ "Robert Kubica: Polish driver to make F1 comeback with Williams in 2019". BBC Sport (en inglés). 22 de novembro de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2018.
- ↑ "WILLIAMS MARTINI RACING and PKN ORLEN Announce Partnership". www.williamsf1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2018.
- ↑ "WILLIAMS MARTINI RACING and PKN ORLEN Announce Partnership". www.williamsf1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2018.
- ↑ "ROKiT Enters Formula One as Title Partner of Williams Racing". Williams Racing. 11 de febreiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de febreiro de 2019.
- ↑ "Probas de Fórmula 1 2019: Williams describe o inicio atrasado das probas como "vergoñento"". bbc.co.uk. 20 de febreiro de 2019. Consultado o 21 de maio de 2020.
- ↑ Horton, Phillip (13 de setembro de 2019). "Williams extends Mercedes F1 power unit deal through 2025". motorsportweek.com (Motorsport Media Services Ltd). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2019. Consultado o 13 de setembro de 2019.
- ↑ "Robert Kubica Decides To Leave ROKiT Williams Racing at End of 2019 Season". williamsf1.com. 19 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 19 de setembro de 2019.
- ↑ "Latifi to Williams for 2020: F2 racer replaces Kubica". formula1.com. Formula One World Championship Limited. 28 de novembro de 2019. Consultado o 28 de novembro de 2019.
- ↑ "Aitken joins Williams as reserve driver after leaving Renault". formula1.com. 4 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
- ↑ "Williams could sell F1 team as board announces GBP13m loss in 2019 and split from title sponsor". formula1.com. Formula One World Championship Limited. 29 de maio de 2020. Consultado o 29 de maio de 2020.
- ↑ "Standings". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2021-01-24.
- ↑ "Williams Racing is acquired by Dorilton Capital". www.williamsf1.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2021-04-07. Consultado o 2020-08-21.
- ↑ Murad Ahmed, Samuel Agini (21 de agosto de 2020). "Williams F1 team sold to US investors to secure financial future". Financial Times. Consultado o 21 de agosto de 2020.
- ↑ "Williams F1 team bought by investment firm Dorilton Capital". BBC News. 21 de agosto de 2020. Consultado o 24 de agosto de 2020.
- ↑ "Williams appoint Simon Roberts as Acting Team Principal". www.formula1.com.
- ↑ "Williams name former McLaren boss Jost Capito as new CEO". www.formula1.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Williams Race Calculator". www.williamsf1.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2022. Consultado o 2021-05-10.
- ↑ "Simon Roberts to leave Williams, with CEO Jost Capito taking on Team Principal role". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2021-06-10.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: WilliamsF1 |