Gran Premio dos Estados Unidos de 1980

O Gran Premio dos Estados Unidos de 1980 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 5 de outubro de 1980 no circuíto de Watkins Glen de Watkins Glen, Nova York. Foi a 14ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1980. Esta carreira tamén se coñece como o Gran Premio do leste dos Estados Unidos co fin de distinguila da Gran Premio do oeste dos Estados Unidos, celebrada o 30 de marzo de 1980 en Long Beach (California).

Flag of the United States.svg Gran Premio de Estados Unidos de 1980
Detalles da carreira
Carreira 14 de 14 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1980.
Trazado do circuíto de Watkins Glen
Trazado do circuíto de Watkins Glen
Data 5 de outubro 1980
Nome oficial XXIII Toyota United States Grand Prix
Localización Circuíto de Watkins Glen
Watkins Glen, Nova York, Estados Unidos
Percorrido Circuíto permanente
5´435 km
Distancia 59 voltas, 320´670 km
ClimaNubrado e seco con temperaturas ata de 12 °C; velocidade do vento 13 km/h[1]
Pole position
Piloto Italia Bruno Giacomelli Alfa Romeo
Tempo 1:33.291
Volta rápida
Piloto Australia Alan Jones Williams-Ford
Tempo 1:34.068 na volta 44
Podio
Primeiro Australia Alan Jones Williams-Ford
Segundo Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Williams-Ford
Terceiro Francia Didier Pironi Ligier-Ford

Foi a última carreira da tempada 1980 de Fórmula Un. A carreira foi o 30 Gran Premio dos Estados Unidos, e o 20º e último durante nove anos, que se celebrou en Watkins Glen. A carreira disputouse sobre 59 voltas ao circuíto de 5´435 quilómetros para unha distancia total de carreira de 321 quilómetros.

A carreira foi gañada polo novo campión do mundo, o piloto australiano Alan Jones, pilotando un Williams FW07B. Foi a quinta vitoria de Jones da tempada oficial e o sexto dos sete Grandes Premios (incluíndo España e Australia) que ía gañar nesa tempada. Jones gañou por catro segundos sobre o seu compañeiro de equipo o arxentino Carlos Reutemann con piloto francés Didier Pironi terminando terceiro no seu Ligier JS11 / 15.

Resumo da carreiraEditar

A primeira tempada no Campionato de Frank Williams como escudaría e a undécima como propietario, terminou cunha nova vitoria do líder do equipo e novo campión do mundo de pilotos Alan Jones, este foi o último Gran Premio que se celebrou na histórica pista de Watkins Glen nos outeiros ao pé de Seneca Lake. A desaparición de Glen produciuse logo e que os intentos de rexurdir a pista demostraron non ser suficientes, as zonas de seguridade quedaron pequenas para as novas velocidades, e a asistencia non era a que fora, ata esta carreira estivera en dúbida ata xusto un mes antes.

No fin de semana do último Gran Premio da tempada a gran sorpresa foi a clasificación do Alfa Romeo do italiano Bruno Giacomelli, que foi o máis rápido nas sesións do venres e sábado, cunha media de 208´502 km/h. O italiano logrou a única pole das súas 69 carreiras, e a primeira para Alfa Romeo desde 1951, logrouna por tres cuartos de segundo sobre un grupo formado por Nelson Piquet no Brabham, Carlos Reutemann no Williams, Elio de Angelis no Lotus e Jones no segundo Williams.

O día da carreira ameazaba choiva, pero non apareceu. Alain Prost, que completaba a súa primeira tempada de F1, sufría os efectos dun accidente na cualificación do sábado, e foi substituído despois da warmup polo holandés Jan Lammers. Ao comezo, Giacomelli saíu ben e lideraba na primeira curva. Jones pasou desde a quinta posición da grella ata a segunda posición entrando na curva un, pero non puido manter a súa progresión. Trompeou sobre a terra, recompúxose e continuou, terminando a primeira volta no décimo cuarto lugar.

Ao final da volta, Giacomelli abrira unha brecha con Piquet, seguido de Reutemann, Didier Pironi, de Angelis e Héctor Rebaque. En dúas voltas máis, o Alfa adiantouse dous segundos e medio. Mentres tanto, Jones estaba loitando para remontar, e na volta 7, xa estaba detrás do McLaren de John Watson, tratando de tomar o sétimo lugar. Watson mantívoo baixo control ata a décima volta, cando logrou pasalo, Jones foise a por de Angelis e Pironi.

Giacomelli seguiu marcando un ritmo uniforme, e a súa vantaxe era de dez segundos na volta 21, Reutemann ameazaba a Piquet, cuxos pneumáticos estaban empezando a desfalecer. Jones alcanzara a De Angelis, e na seguinte volta, estaba quinto.

A presión de Reutemann, e o aumento da falta de adherencia do Brabham, provocaron que finalmente Piquet, na volta 26, fixera un trompo na primeira curva. Na saída de pista danou un faldrón, e retirouse logo de chegar aos boxes. Tres voltas máis tarde, Jones pasou a Pironi poñéndose terceiro, o Ligier tamén sufría o desgaste dos pneumáticos.

O único coche entre Jones e o líder agora era o do seu compañeiro de equipo Reutemann, pero co campionato de pilotos xa en mans de Jones, non habería ordes de equipo. Pero o arxentino tiña subviraxe provocado polo desgastado pneumático dianteiro esquerdo, e Jones pasouno facilmente na volta 30 e puxo a súa mirada en Giacomelli, agora con 12 segundos de vantaxe. O Alfa Romeo vermello e branco correu ata deterse no inicio da volta 32 con problemas eléctricos. Unha vez á cabeza, Jones foi máis e máis rápido, para rematar facendo un 1:34.068 na volta 44, mellor que o seu tempo de cualificación.

Cando Watson entrou en boxes para substituír un amortecedor roto do seu McLaren, o favorito do público Mario Andretti entrou en posición de puntos. Un xogo de pneumáticos novos permitiu a René Arnoux capturar e pasar ao americano, pero unha faldrón roto freou o Renault, e Andretti foi capaz de recuperar o sexto posto para lograr o seu único punto da tempada.

O equipo Williams celebrou a culminación dun ano cun dobrete. A carreira viu non só o final das carreiras de Fórmula Un en Watkins Glen, tamén foi o último Gran Premio dos ex campións mundiais Emerson Fittipaldi e Jody Scheckter e a última carreira de Mario Andretti para Colin Chapman e Lotus.

ClasificaciónEditar

CualificaciónEditar

Pos Piloto Construtor Tempo Difereza
1 23   Bruno Giacomelli Alfa Romeo 1:33.291 -
2 5   Nelson Piquet Brabham-Ford 1:34.080 + .789
3 28   Carlos Reutemann Williams-Ford 1:34.111 + .820
4 12   Elio de Angelis Lotus-Ford 1:34.185 + .894
5 27   Alan Jones Williams-Ford 1:34.216 + .925
6 16   René Arnoux Renault 1:34.839 + 1.548
7 26   Didier Pironi Ligier-Ford 1:34.971 + 1.680
8 6   Héctor Rebaque Brabham-Ford 1:35.166 + 1.875
9 7   John Watson McLaren-Ford 1:35.202 + 1.921
10 22   Andrea de Cesaris Alfa Romeo 1:35.235 + 1.954
11 11   Mario Andretti Lotus-Ford 1:35.343 + 2.052
12 25   Jacques Laffite Ligier-Ford 1:35.421 + 2.130
13 8   Alain Prost McLaren-Ford 1:35.988 + 2.697
14 21   Keke Rosberg Fittipaldi-Ford 1:36.332 + 3.041
15 50   Rupert Keegan Williams-Ford 1:36.750 + 3.459
16 31   Eddie Cheever Osella-Ford 1:36.908 + 3.607
17 9   Marc Surer ATS-Ford 1:37.001 + 3.710
18 2   Gilles Villeneuve Ferrari 1:37.040 + 3.749
19 20   Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 1:37.088 + 3.797
20 29   Riccardo Patrese Arrows-Ford 1:37.405 + 4.114
21 4   Derek Daly Tyrrell-Ford 1:37.923 + 4.632
22 3   Jean-Pierre Jarier Tyrrell-Ford 1:37.966 + 4.675
23 1   Jody Scheckter Ferrari 1:38.149 + 4.858
24 30   Jochen Mass Arrows-Ford 1:38.526 + 5.535
25 14   Jan Lammers Ensign-Ford 1:38.532 + 5.541
NSC 43   Mike Thackwell Tyrrell-Ford 1:51.102 + 17.811
NSC 51   Geoff Lees Williams-Ford - -

CarreiraEditar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 27   Alan Jones Williams-Ford 59 1:34:36.05 5 9
2 28   Carlos Reutemann Williams-Ford 59 +4.21 segs 3 6
3 25   Didier Pironi Ligier-Ford 59 +12.57 segs 7 4
4 12   Elio de Angelis Lotus-Ford 59 +29.69 segs 4 3
5 26   Jacques Laffite Ligier-Ford 58 +1 volta 12 2
6 11   Mario Andretti Lotus-Ford 58 +1 volta 11 1
7 16   René Arnoux Renault 58 +1 volta 6
8 9   Marc Surer ATS-Ford 57 +2 voltas 17
9 50   Rupert Keegan Williams-Ford 57 +2 voltas 15
10 21   Keke Rosberg Fittipaldi-Ford 57 +2 voltas 14
11 1   Jody Scheckter Ferrari 56 +3 voltas 23
NC 7   John Watson McLaren-Ford 50 +9 voltas 9
Ret 2   Gilles Villeneuve Ferrari 49 Accidente 18
NC 3   Jean-Pierre Jarier Tyrrell-Ford 40 +19 voltas 22
Ret 30   Jochen Mass Arrows-Ford 36 Transmisión 24
Ret 23   Bruno Giacomelli Alfa Romeo 31 Eléctrico 1
Ret 5   Nelson Piquet Brabham-Ford 25 Trompo 2
Ret 6   Héctor Rebaque Brabham-Ford 20 Motor 8
Ret 31   Eddie Cheever Osella-Ford 20 Suspensión 16
Ret 29   Riccardo Patrese Arrows-Ford 16 Trompo 20
Ret 14   Jan Lammers Ensign-Ford 16 Dirección 25
Ret 20   Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 15 Suspensión 19
Ret 4   Derek Daly Tyrrell-Ford 3 Trompo 21
Ret 22   Andrea de Cesaris Alfa Romeo 2 Accidente 10
NTS 8   Alain Prost McLaren-Ford Lesionado 13
NSC 43   Mike Thackwell Tyrrell-Ford
NSC 51   Geoff Lees Williams-Ford

Líderes por voltaEditar

Posicións logo da carreiraEditar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados das 7 primeiras carreiras e os 5 mellores resultados das últimas 7 carreiras contan para o campionato de pilotos. Números sen paréntesis son puntos no Campionato; os números entre paréntesis son os puntos totais anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1980
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1980
Carreira seguinte:
Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1981
Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1979
Gran Premio dos Estados Unidos Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1989

NotasEditar

  • Rob Walker (xaneiro de 1981). "22nd United States Grand Prix: Final Round". Road & Track, 110-113.

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar