Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951
O campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951 foi o segundo campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Tivo oito Grandes Premios no calendario, deu comezo o 27 de maio, e finalizou o 28 de outubro.
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 84 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 27 de maio de 1951 – 28 de outubro de 1951 |
Número de edición | 2 (1951) |
Competición | |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Juan Manuel Fangio |
Datos estatísticos | |
Carreires | 8 |
Resumo do campionato
editarOs novos Ferrari, atmosféricos de 4´5 litros foron un verdadeiro reto para os Alfas, que se achegaban ao final do seu desenvolvemento potencial. E aínda que os Alfas gañaron catro das carreiras europeas, con Fangio gañando o campionato, as tres vitorias de Ferrari significaron o final dos Alfas. BRM fixo a súa aparición en Silverstone.
Os puntos do campionato eran entregados ás 5 primeiras posicións (8, 6, 4, 3, 2). Ademais dábase 1 punto extra pola volta máis rápida. Para o campionato do mundo só contaban os mellores catro resultados das oito carreiras. É preciso ter en conta que nos coches compartidos os puntos dividíanse en partes iguais entre os pilotos, sen importar cantas voltas dera cada condutor ao volante.
Calendario de Grandes Premios de Fórmula 1
editarEquipos e pilotos
editarOs seguintes equipos e pilotos competiron no Campionato Mundial de Pilotos de 1951. A lista non inclúe aqueles equipos que só participaron nas 500 Millas de Indianápolis.
Clasificación do Mundial de Construtores de 1951
editarO primeiro Campionato de Construtores non foi disputado ata 1958.
En 1951 un total de 52 pilotos, repartidos en once equipos, participaron nas carreiras do campionato mundial. Moitos pilotos privados tamén compraron ou alugaron coches de carreiras para participar en carreiras. [5] Non se inclúe carreira das 500 Millas de Indianápolis.
Clasificación do Mundial de Pilotos de 1951
editar
Negra – Pole |
Notas
editar- ↑ Pietsch inscribíuse co Maserati nº 80. Unicamente participou co Maserati na practica, a cualificación e a carreira as fixo co Alfa Romeo nº 78.[1]
- ↑ Behra substituíu secretamente a un enfermo Trintignant para a carreira do Gran premio de Italia. O director do equipo Amédée Gordini non informou aos organizadores da carreira sobre o cambio xa que reduciría a tarifa de saída do equipo. Behra levou incluso o casco do seu compatriota para disimular o cambio.[2][3]
- Referencias
- ↑ "German Grand Prix - Nürburgring, 29 Jul 1951". OldRacingCars. Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ "Jean Behra - Biography". MotorSportMagazine. Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "Seasons - Italy 1951". www.statsf1.com. Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "Formula 1 1951". OldRacingCars. Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ Fight at the Limit - The Formula 1 Chronicle . 2000, p. 25.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951 |