Abrir o menú principal
Robert Manzon
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of France.svg Francia
Anos en activo 1950-1956
Escudería(s) Gordini, Ferrari inc. privado
Grandes Premios disputados 29 (28 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 2
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Mónaco de 1950
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1956


Robert Manzon, nado o 12 de abril de 1917 e finado o 19 de xaneiro de 2015, foi un piloto de carreiras francés. Participou en 29 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutou o 21 de maio de 1950. Conseguiu dous podios, e anotou un total de 16 puntos no campionato. No momento da súa morte, Manzon era o último piloto vivo que participou na primeira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 en 1950.

AndainaEditar

Manzon comezou a súa carreira como mecánico e logo da Segunda Guerra Mundial empezou a competir inicialmente cun Cisitalia D46. Logrou un contrato co equipo Gordini para 1948, Manzon ocupou o terceiro lugar no Gran Premio de Xenebra de 1948 e gañou algunhas carreiras de menor importancia aínda que a súa máquina non foi sempre fiable.[1] Continuou con Gordini na nova era da Fórmula Un, sumou puntos no Gran Premio de Francia de 1950, e terminou sexto no Campionato do Mundo de Pilotos en 1952, logrando o terceiro lugar no Gran Premio de Bélxica de 1952. Deixou Gordini en 1953 e uniuse ao equipo de Louis Rosier, que facía campaña cos Ferraris. Posteriormente, logrou o seu segundo podio no Gran Premio de Francia de 1954 ao volante dun Ferrari 625.[1]

Logo Manzon volveu ao equipo Gordini, pero atopou pouco éxito en probas do Campionato do Mundo. Fóra do Campionato, gañou o Gran Premio de Nápoles de 1956 e unha carreira de autos deportivos en Pescara.[1]

Manzon morreu na súa casa no sur de Francia o 19 de xaneiro de 2015 a idade de 97 anos.[2] foi último participante vivo da tempada 1950 de Fórmula Un.

Resultados completos na Fórmula UnEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Obituary: Former grand prix driver Robert Manzon 1917-2015". Autosport. 20 January 2015. Consultado o 20 xaneiro 2015. 
  2. "Formula One: French driver Robert Manzon, the last of the racers from F1's first season in 1950, dies at 97". ABC Australia. 20 January 2015. Consultado o 20 xaneiro 2015. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar