Gran Premio de Bélxica de 1956
O Gran Premio de Bélxica de 1956 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 3 de xuño de 1956 no Circuíto de Spa-Francorchamps en Spa, Bélxica. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de Pilotos 1956.
Nome oficial | XVIII Grote Prijs Van Belgie |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Bélxica |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1956 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) 50°26′14″N 5°58′17″L / 50.437222222222, 5.9713888888889 |
Lonxitude | 7,003 km |
País | Bélxica |
Data | 3 de xuño de 1956 |
Competición | |
Primeiro posto | Peter Collins |
Pole position | Juan Manuel Fangio |
Volta máis rápida | Stirling Moss |
Informe
editarLogo da primeira xornada de adestramentos do xoves, Fangio estaba na pole cun tempo de case 5 segundos máis rápido que Moss no segundo lugar. Estes tempos non se melloraron coas condicións de mollado do venres e as condicións de vento do sábado.
Estaba chovendo cando a carreira comezou, Fangio fixo unha mala saída e quedou no quinto lugar e Moss na cabeza. Pero na volta 3 Fangio xa estaba en segundo lugar, logo de pasar a Behra, Collins e a Castellotti. Na quinta volta xa ía líder e na volta 10 xa tiña unha vantaxe de 8 segundos sobre Moss, con Collins terceiro, nunha pista xa seca. Collins acadou o segundo lugar, cando Moss perdeu unha das rodas traseiras, no ascenso despois da ponte de Eau Rouge. Foi capaz de frear con seguridade e correr de volta a boxes e facerse cargo do coche de Perdisa. Retomou en sexto lugar, pero a unha volta dos líderes. Collins tomou o liderado definitivo cando Fangio perdeu a súa transmisión na volta 24. Unha dura batalla polo segundo posto entre Behra e Frere terminou cando o motor Behra comezou a fallar. Isto permitíulle a Moss acadar á terceira posición, despois de pasar a Schell anteriormente. Moss terminou a carreira cun ritmo vertixinoso, pero os dous líderes estaban demasiado lonxe para compensar a diferenza.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 8 | Peter Collins | Ferrari | 36 | 2:40:00.3 | 3 | 8 |
2 | 6 | Paul Frère | Ferrari | 36 | +1:51.3 | 8 | 6 |
3 | 34 | Cesare Perdisa Stirling Moss |
Maserati | 36 | +3:16.6 | 9 | 2 3 |
4 | 10 | Harry Schell | Vanwall | 35 | +1 volta | 6 | 3 |
5 | 22 | Luigi Villoresi | Maserati | 34 | +2 voltas | 11 | 2 |
6 | 20 | André Pilette | Ferrari | 33 | +3 voltas | 16 | |
7 | 32 | Jean Behra | Maserati | 33 | +3 voltas | 4 | |
8 | 24 | Louis Rosier | Maserati | 33 | +3 voltas | 10 | |
Ret | 2 | Juan Manuel Fangio | Ferrari | 23 | Transmisión | 1 | |
Ret | 12 | Maurice Trintignant | Vanwall | 11 | Sistema combustible | 7 | |
Ret | 30 | Stirling Moss | Maserati | 10 | Roda | 2 | |
Ret | 4 | Eugenio Castellotti | Ferrari | 10 | Transmisión | 5 | |
Ret | 28 | Piero Scotti | Connaught-Alta | 10 | Motor | 12 | |
Ret | 26 | Horace Gould | Maserati | 2 | Caixa de cambios | 15 | |
Ret | 36 | Paco Godia | Maserati | 0 | Accidente | 13 |
Posicións logo da carreira
editarPos | Piloto | Puntos | |
---|---|---|---|
8 | 1 | Peter Collins | 11 |
1 | 2 | Stirling Moss | 11 |
2 | 3 | Jean Behra | 10 |
2 | 4 | Juan Manuel Fangio | 9 |
1 | 5 | Pat Flaherty | 8 |
- Nota: Só as cinco primeiras posicións están na lista.
Notas
editar- Pole position: Juan Manuel Fangio - 4:09.8
- Volta rápida: Stirling Moss - 4:14.7
- Líderes por volta: Stirling Moss 4 voltas (1-4); Juan Manuel Fangio 19 voltas (5-23); Peter Collins 13 voltas (24-36).
- Unica aparición nun Gran premio para Piero Scotti.
- Derradeira aparición nun Gran Premio para: Paul Frère.
- Primeira vez: Peter Collins (vitoria e líder de volta); Harry Schell (puntos); Paul Frère (podio).
- Unidade compartida: Coche 34: Perdisa (13 voltas) e Moss (23 voltas).
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bélxica de 1956 |
Carreira anterior: 500 Millas de Indianápolis de 1956 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1956 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1956 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1955 |
Gran Premio de Bélxica | Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1958 |