Abrir o menú principal

Gran Premio do Reino Unido de 1951

O Gran Premio do Reino Unido de 1951 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 14 de xullo de 1951 no circuíto de Silverstone, Silverstone, Inglaterra. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1951. A carreira, disputada sobre 90 voltas foi a primeira vitoria de José Froilán González, e tamén a primeira de moitas para o equipo Ferrari. Tanto o equipo como o piloto tamén lograron a súa primeira pole position durante o fin de semana. Juan Manuel Fangio terminou segundo nun Alfa Romeo e Luigi Villoresi terceiro en Ferrari.

Flag of the United Kingdom.svg Gran Premio de Reino Unido de 1951
Detalles da carreira
Carreira 5 de 8 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951.
Trazado do circuíto de Silverstone1950-51
Trazado do circuíto de Silverstone1950-51
Data 14 de xullo de 1951
Nome oficial IV RAC British Grand Prix
Localización Circuíto de Silverstone, Northamptonshire, Reino Unido
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´649 km
Distancia 90 voltas, 408´410 km
ClimaAmornado, seco
Pole position
Piloto Flag of Argentina.svg José Froilán González Ferrari
Tempo 1:43.4
Volta rápida
Piloto Italia Giuseppe Farina Alfa Romeo
Tempo 1:44.0 na volta 2
Podio
Primeiro Flag of Argentina.svg José Froilán González Ferrari
Segundo Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Alfa Romeo
Terceiro Italia Luigi Villoresi Ferrari

Índice

InformeEditar

José Froilán González foi un segundo máis rápido que Juan Manuel Fangio na clasificación, logrando a primeira pole position da súa carreira. Tamén foi a primeira pole position para o equipo Ferrari, e a primeira no Campionato do Mundo (con exclusión das carreiras das 500 Millas de Indianápolis), non marcada por un Alfa Romeo. Nino Farina e Alberto Ascari cualificaron en terceira e cuarta posición, completando a primeira fila. González e Fangio saíron disparados case en paralelo desde a primeira fila da grella, seguidos de cerca polos outros Alfa Romeo e Ferraris. O piloto de Alfa Romeo Felice Bonetto, que saíu na sétima posición, foi o primeiro home na primeira curva, co Ferrari de González en segunda posición. González tomou o liderado de Bonetto na segunda volta, seguido de Fangio. Os BRM de Reg Parnell e Peter Walker foron en persecución dos líderes. O equipo chegara no último minuto, e non participara nas practicas, nin sequera clasificou para a súa primeira carreira, saíndo nas posicións 19 e 20. Na volta 6, Fangio comezou a achegarse a González, ó que lle pasou na recta na volta 10, e aos poucos comezou a afastarse. O Maserati de John James converteuse no primeiro retirado da carreira na volta 23 cun problema no radiador, pero pronto se lles uniron Luís Quirón, compañeiro de equipo en Maseratti, o Ferrari de Alberto Ascari e Farina. Farina detívose na curva da Abadía logo de 75 voltas co embrague patinandolle e o seu motor en chamas. Farina stablecera a volta rápida na volta 38, cun tempo de 1 minuto 44 segundos, cunha velocidade media de 99´99 quilómetros por hora, asegurando un punto ese fin de semana. González volveu tomar a dianteira na volta 39 cun adiantamento na curva Becketts. Mantivo a súa vantaxe durante o resto da carreira (con exclusión dunha volta, cando entrou en boxes xusto antes de que o fixera Fangio). Os pilotos de BRM Parnell e Walker seguían correndo, a pesar de que estaban sufrindo queimaduras nas mans e nos pés, finalmente, acabarían quinto e sétimo respectivamente. González logrou a súa primeira vitoria e a de Ferrari nunha carreira do Campionato do Mundo por 51 segundos. Foi a primeira carreira do Campionato Mundial (con exclusión da Indy 500), que non foi gañado por un Alfa Romeo. Con todo un Alfa aínda estaba en segundo lugar, o de Fangio, campión ao final da tempada. Luigi Villoresi levou ao segundo Ferrari ao podio despois de terminar en terceiro lugar, dúas voltas atrás. Bonetto e Parnell foron os outros dous anotadores de puntos na carreira, acabando en cuarta e quinta posición respectivamente. Ao final resultou que, González competira cun chasis e un motor máis vello que os dos seus compañeiros de equipo, Villoresi e Ascari.[1]

ClasificaciónEditar

CualificaciónEditar

Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 12   José Froilán González Ferrari 1:43.4
2 2   Juan Manuel Fangio Alfa Romeo 1:44.4 + 1.0
3 1   Nino Farina Alfa Romeo 1:45.0 + 1.6
4 11   Alberto Ascari Ferrari 1:45.4 + 2.0
5 10   Luigi Villoresi Ferrari 1:45.8 + 2.4
6 3   Consalvo Sanesi Alfa Romeo 1:50.2 + 6.8
7 4   Felice Bonetto Alfa Romeo 1:52.0 + 8.6
8 14   Peter Whitehead Ferrari 1:54.6 + 11.2
9 22   Louis Rosier Talbot-Lago-Talbot 1:56.0 + 12.6
10 8   Bob Gerard ERA 1:57.0 + 13.6
11 18   Duncan Hamilton Talbot-Lago-Talbot 1:57.2 + 13.8
12 9   Brian Shawe-Taylor ERA 1:58.2 + 14.8
13 23   Louis Chiron Talbot-Lago-Talbot 2:00.2 + 16.8
14 25   Johnny Claes Talbot-Lago-Talbot 2:05.8 + 22.4
15 15   David Murray Maserati 2:06.0 + 22.6
16 17   Philip Fotheringham-Parker Maserati 2:13.2 + 29.8
17 16   John James Maserati 2:17.0 + 33.6
18 23   Joe Kelly Alta 2:18.4 + 35.0
19 7   Peter Walker BRM Sen tempo
20 6   Reg Parnell BRM Sen tempo

CarreiraEditar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/retirada Grella Puntos
1 12   José Froilán González Ferrari 90 2:42:18.2 1 8
2 2   Juan Manuel Fangio Alfa Romeo 90 +51.0 2 6
3 10   Luigi Villoresi Ferrari 88 +2 voltas 5 4
4 4   Felice Bonetto Alfa Romeo 87 +3 voltas 7 3
5 6   Reg Parnell BRM 85 +5 voltas 20 2
6 3   Consalvo Sanesi Alfa Romeo 84 +6 voltas 6
7 7   Peter Walker BRM 84 +6 voltas 19
8 9   Brian Shawe-Taylor ERA 84 +6 voltas 12
9 14   Peter Whitehead Ferrari 83 +7 voltas 8
10 22   Louis Rosier Talbot-Lago-Talbot 83 +7 voltas 9
11 8   Bob Gerard ERA 82 +8 voltas 10
12 18   Duncan Hamilton Talbot-Lago-Talbot 81 +9 voltas 11
13 25   Johnny Claes Talbot-Lago-Talbot 80 +10 voltas 14
Ret 1   Nino Farina Alfa Romeo 75 Embrague 3 1
NC 23   Joe Kelly Alta 75 Non clasificado 18
Ret 11   Alberto Ascari Ferrari 56 Caixa de cambios 4
Ret 17   Philip Fotheringham-Parker Maserati 46 Fuga de aceite 16
Ret 15   David Murray Maserati 45 Motor 15
Ret 23   Louis Chiron Talbot-Lago-Talbot 41 Freos 13
Ret 16   John James Maserati 23 Radiador 17

Posicións logo da carreiraEditar

Pos Piloto Puntos
  1   Juan Manuel Fangio 21
  2   Nino Farina 15
  2 3   Luigi Villoresi 12
  5 4   José Froilán González 11
  2 5   Lee Wallard 9
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os catro mellores resultados contan para o campionato.

NotasEditar

  1. "GRAND PRIX RESULTS: BRITISH GP, 1951". grandprix.com. Consultado o 1 April 2012. 

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-05. 

Ligazóns externasEditar


Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1951
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1951
Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1951
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1950
Gran Premio do Reino Unido Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1952