Consalvo Sanesi
Consalvo Sanesi, nado en Terranuova Bracciolini (Arezzo) o 28 de marzo de 1911, e finado en Milán o 28 de xullo de 1998, foi un piloto de automobilismo italiano.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1911 Terranuova Bracciolini, Italia (pt) | ||||||||||||||||
Morte | 28 de xullo de 1998 (87 anos) Milán, Italia | ||||||||||||||||
Lugar de sepultura | cemiterio monumental de Milán | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Traxectoria
editarFoi piloto de probas de Alfa Romeo F1 despois da segunda guerra mundial, e competiu en carreiras cos coches Alfa Romeo Tipo 158/159 no período anterior a creación do Campionato Mundial de Fórmula Un.[1] Competiu en cinco Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, debutando o 3 de setembro de 1950. Aínda que, na súa época, a súa experiencia cos autos significaba que era a miúdo un dos homes máis rápidos na pista de carreiras, dalgunha maneira isto raramente se traduciu en bos resultados. Logrou só 3 puntos de campionato. Atopou o éxito nas carreiras de automóbiles deportivos, continuando ata mediados da década de 1960.
En 1953, logrou a velocidade media máis rápida da etapa da Mille Miglia, 181´5 km/h, superando a grandes pilotos como Nino Farina e Juan Manuel Fangio, pero nesta ocasión o seu automóbil rompeu e non conseguiu rematar.[2] Un ano máis tarde gañou na súa clase a Carreira Panamericana.
Sanesi participou cun Alfa Romeo na carreira Panamericana de novembro de 1954 en México. Na clase europea de turismo da carreira liderou cun tempo total de 8 horas, 29 minutos e 24 segundos. Foi superado polos seus compatriotas italianos de Alfa Romeo, Sergio Mantovani e Mario Della Favera.[3] Un par de días despois Sanesi logrou unha vantaxe de 17 minutos no seu coche, co Alfa Romeo acadando as primeiras cinco posicións da división de coches de turismo europeos.[4]
Deixou as carreiras de primeira liña tras sufrir un accidente case mortal durante a carreira das 12 horas de Sebring, cando tras un choque, o seu Alfa Romeo Giulia TZ estalou en chamas. Só as accións rápidas e valentes de Jocko Maggiocommo, un compañeiro piloto que miraba a carreira ao bordo da pista, que se meteu nás chamas e sacou a Sanesi, salváronlle a vida. Sanesi foi emparellado co piloto Roberto Bussinello no evento.[5]
Maggiacomo recibiu o premio "Gentleman of the Road" (cabaleiro da pista) en novembro de 1964 polo seu esforzo no rescate de Sanesi. Maggiacomo foi o propietario da tenda de velocidade de Jocko en Poughkeepsie, Nova York. A mención presentouna o Milan Automobile Club.[6]
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Scuderia Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 158 | Alfa Romeo 8 en liña |
GBR | MON | 500 | SUI | BEL | FRA | ITA Ret |
NC | 0 | |
1951 | Scuderia Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 159 | Alfa Romeo 8 en liña |
SUI 4 |
500 | BEL Ret |
FRA 10 |
GBR 6 |
ALE | ITA | ESP | 12º | 3 |
Notas
editar- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 332. ISBN 0851127029.
- ↑ "Public Proving Ground". TIME. 4 de maio de 1953. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2012. Consultado o 2007-04-05.
- ↑ Hill Pacing Mexican Auto Race By 39 Seconds After 657 Miles, New York Times, 21 de novembro de 1954, Page S1.
- ↑ Co-Pilot Is Killed In Mexican Event, New York Times, 23 de novembro de 1954, Page 31.
- ↑ Race Drivers Picked, New York Times, 18 de marzo de 1964, Page 51.
- ↑ Italians Honor U.S. Mechanic, New York Times, o de novembro de 1964, Page 10.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Consalvo Sanesi |