Peter Douglas Conyers Walker, nado en Huby (Yorkshire) o 7 de outubro de 1912 e finado en Newtown (Worcestershire) o 1 de marzo de 1984, foi un piloto de automobilismo inglés. Demostrou ser un piloto forte na maioría das disciplinas, pero gostaba máis dos automóbiles deportivos, gañando a carreira das 24 Horas de Le Mans de 1951 e as Nove Horas de Goodwood en 1955. Retirouse efectivamente despois dun accidente en 1956 que o deixou con graves lesións.

Infotaula de personaPeter Walker
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Leeds, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte1 de marzo de 1984 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Worcestershire, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido
Canadá Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-British Racing Motors
-Connaught Engineering Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira en 1935, logo de unirse a Peter Whitehead. Gozou do éxito tanto en carreiras de circuíto como en subidas cun ERA antes da segunda guerra mundial, con vitorias en Brooklands e Donington Park. Ao longo deste período, competiu cos ERA de Whitehead. O seu estilo agresivo e os derrapes convertérono en favorito da multitude e logrou algo de notoriedade. Despois de rematar a guerra, regresou ao deporte.[1][2][3][4][5]

Aínda que xa era competitivo antes da guerra, a experiencia e o estilo agresivo de Walker axudárono a facerse aínda máis exitoso. De feito, foi un dos poucos pilotos que puideron sacar rendemento do ERA tipo E. En 1948, foi capaz de acadar algunhas impresionantes actuacións tanto en subidas como en carreiras de Grand Prix. Unha destas carreiras foi o Gran Premio do Reino Unido, no RAF Silverstone. Con todo, a carreira non fora planificada. Inscribiuse na carreira cun ERA tipo E, pero o fabricante non conseguiu entregar o chasis no tempo, entón Walker usou o seu ERA tipo B máis antigo. Durante a carreira, sobreviviu ás retiradas masivas para terminar no 11º lugar, a 12 voltas do gañador, Luigi Villoresi.[4]

Piloto de Grand Prix editar

No campionato mundial de pilotos de Fórmula 1, Walker estivo presente na primeira carreira, o Gran Premio do Reino Unido de 1950 en Silverstone. De feito, foi un dos primeiros en entrar no evento, no seu propio ERA tipo E. Logo de clasificarse décimo, compartiu a condución con Tony Rolt, entrou en boxes despois de só dúas voltas para cederlle o coche. Desafortunadamente, a demostración de ritmo na cualificación non foi igualada pola súa resistencia, Rolt retirouse co coche na quinta volta por problemas na caixa de cambios. A tempada inaugural da Fórmula Un de Walker acabou alí, xa que non disputou outro Gran Premio nesa tempada.[2][4]

Un mes máis tarde, da súa vitoria no Circuíto de Sarthe, terminou sétimo no Gran Premio do Reino Unido de 1951 nun BRM Type 15 V16 de 1.5 litros sobrealimentado, co seu compañeiro de equipo Reg Parnell no quinto posto. Ambas pernas dos pilotos quedaron tan queimadas pola calor dos motores e os sistemas de escape que incluso camiñar lles resultaba doloroso. Gregor Grant informou: "Parnell e Walker salvaron o día para o automobilismo británico. O seu heroísmo mantendo a súa tarefa mentres sofrían graves queimaduras permitirá aos deseñadores de BRM avanzar e modificar os coches para facelos completamente aptos para a carreira." Desafortunadamente, Walker non correu con BRM de novo.[2][3][5]

Despois de catro anos, regresou á Fórmula Un, correndo dúas veces. A primeira a bordo do Maserati 250F de Stirling Moss, onde se retirou do Grote Prijs van Nederland, con problemas mecánicos. Para a seguinte carreira da tempada, o Gran Premio do Reino Unido de 1955, en Aintree, compartiu un Connaught Type B oficial con Rolt. No que pasou a ser o seu último Gran Premio, o coche retirouse por un fallo no acelerador logo de só 19 das 90 voltas.[6][7]

Sports Car Ace editar

As actuacións de Walker nas subidas chamaron a atención de Lofty England, o xestor do equipo de carreiras de Jaguar, que o recompensou coa condución dun Jaguar XK120 na primeira carreira deste coche recentemente presentado en Silverstone en 1949. Walker rematou en segundo lugar, pero gañou no mesmo evento 12 meses máis tarde, nun XK120 preparada con materiais de aleaxe.[5]

Despois do éxito do XK120, desenvolveron unha versión para carreiras de resistencia, o XK120C ou C-Type e precisaron dun piloto. Contactaron con Walker e con el, Jaguar embarcouse no seu primeiro programa de carreiras destinado a gañar as 24 Horas de Le Mans dunha vez. No primeiro intento, só seis semanas logo de completarse, Walker conseguiu a vitoria pola que é máis lembrado, cando el e o seu copiloto, Whitehead, gañaron a carreira de 1951. Os tres inscritos, enchían os tres primeiros postos despois de catro horas. Con todo, logo de tan só 50 voltas, só quedaba Walker na carreira. A vitoria proporcionoulle á marca de Coventry moita publicidade e recoñecemento.[2][3][4][8]

Aínda convalecente das súas queimaduras do Gran Premio do Reino Unido, Walker referiuse a elas como pouco máis que "un pouco de molestia", chegou a Dundrod para competir cun C-Type no RAC Tourist Trophy. Jaguar ocupou os tres lugares no podio. Walker terminou segundo por detrás de Moss.[5]

"Era rápido no coche e fácil de levarse ben con el, un rapaz normal, por iso sempre o preferín como co-piloto."

Na carreira de 1953, compartiu o seu C-Type oficial con Stirling Moss, a parella liderou nas primeiras etapas ata que apareceron problemas no motor. Moss entrou en boxes na volta 20 e os mecánicos puxéronse a traballar. O problema só se solucionou despois dunha segunda parada, cando os mecánicos cambiaron un filtro de combustible tupido. Moss e Walker terminarían segundos, a catro voltas dos seus compañeiros de equipo gañadores, Rolt e Duncan Hamilton. Este sería o máis próximo que chegaría a estar dunha segunda vitoria en Le Mans.[5][9]

Walker volveuse a emparellar con Moss para as Nove Horas de Goodwood e lideraron comodamente durante as primeiras oito horas, ata que o coche se retirou. O seguinte foi o RAC Tourist Trophy, onde Walker rompería o récord de volta, pero novamente tivo problemas mecánicos e Moss logrou levar o coche a meta en terceiro lugar.[5]

Aínda que permaneceu con Jaguar para 1954, a tempada non foi tan exitosa, a pesar de colaborar con Moss para Le Mans nun Jaguar D-Type, se retiraron na 12ª hora con problemas de freos. Ao final da tempada, England pediu a Walker que estivese dispoñible para as probas previas á tempada, antes da tempada de 1955. Walker non respondeu e uniuse a Aston Martin. Isto non foi un bo movemento, xa que o hat-trick de vitorias de Jaguar en Le Mans estaba a piques de comezar. Un consolo para Walker, foi a súa vitoria nas Nove Horas de Goodwood, unha carreira na que compartiu un Aston Martin DB3S con Dennis Poore.[5]

"Peter era un tipo encantador e creo que se puidera correr a tempada completa en lugar de catro ou cinco veces ao ano, podería ser moi bo. Moitas veces, nos circuítos máis rápidos eran tan ou máis rápido que Moss."

Retirouse en gran parte das carreira logo de chocar cun DB3S en Le Mans en 1956. Cometeu un erro na 16ª hora da carreira, mentres corría forte. Sufriu o que, basicamente, se convertería no accidente que puxo fin a súa carreira. O coche patinou sobre a pista mollada preto da ponte de Dunlop, golpeou contra o muro e finalmente deslizouse boca a abaixo pola pista.[1][2][3][10][11]

Walker fixo unha proba e competiu novamente en 1957. Na primavera, probou por Rob Walker Racing Team, no seu Connaught Type B en Goodwood, e posteriormente pilotou o coche nunha única carreira, o Gran Premio de Siracusa na seguinte tempada. Clasificouse en oitavo lugar a pesar de trompear e calar o coche máis tarde.[12][13]

Retirada editar

Despois da súa retirada do deporte, Walker adicouse a cría de coellos e chinchilas con Lady Ripley por un tempo e ata deseñou un tipo de paso canadense para o gando, pero ambas empresas non chegaron a nada.

Walker morreu o 1 de marzo de 1984, despois de sufrir demencia e pneumonía. É lembrado polos seus pares como Moss, que o describe como un dos "grandes tipos" da súa vida.[1][5]

Rexistro de carreiras editar

Mellores resultados editar

Tempada Series Posición Equipo Coche
1936 Nuffield Trophy[14] Peter Whitehead ERA B-Type
Donington Grand Prix[15] Peter Whitehead ERA B-Type
1949 Silverstone International[16] Peter Walker Jaguar XK120
Goodwood Trophy[17] ERA E-Type
1950 Silverstone International [+2.0][18] 1ºt Peter Walker Jaguar XK120
1951 Les 24 Heures du Mans[19] Peter Walker Jaguar C-Type
RAC Tourist Trophy[20] Jaguar Cars Jaguar C-Type
1952 Hastings Trophy[21] Cooper-ERA
1953 Les 24 Heures du Mans[22] Jaguar Cars Ltd. Jaguar C-Type
BMCLCC Trophy[23] Cooper-ERA
RAC Tourist Trophy[24] Jaguar Cars Ltd. Jaguar C-Type
1954 Silverstone International[25] Ecurie Ecosse Jaguar C-Type
1955 Snetterton International[26] Connaught Engineering Connaught B Type
Goodwood Nine-Hours[27] Aston Martin Aston Martin DB3S

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1950 Peter Walker ERA E-Type ERA 6 en liña GBR
Ret*
MON 500 SUI BEL FRA ITA NC 0
1951 BRM Ltd. BRM P15 BRM V16 SUI 500 BEL FRA GBR
7
ALE ITA ESP NC 0
1955 Stirling Moss Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON 500 BEL NED
Ret
NC 0
Rob Walker Racing Team Connaught Type B Alta 4 en liña GBR
Ret*
ITA
Fonte:[28]
* Indica unidade compartida con Tony Rolt.

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans editar

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1951   Peter Walker   Peter Whitehead Jaguar C-Type S5.0 267
1952   Peter Walker   Stirling Moss Jaguar C-Type S5.0 Ret
(Motor)
1953   Jaguar Cars Ltd.   Stirling Moss Jaguar C-Type S5.0 300
1954   Jaguar Cars Ltd.   Stirling Moss Jaguar D-Type S5.0 92 Ret
(Freos)
1955   Aston Martin Ltd.   Roy Salvadori Aston Martin DB3S S3.0 105 Ret
(Motor)
1956   David Brown   Roy Salvadori Aston Martin DB3S S3.0 175 Ret
(Accidente)

Resultados completos nas 12 Horas de Reims editar

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1954   Jaguar Cars Ltd.   Stirling Moss Jaguar C-Type Ret
(Palier)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Brown, Allen. "Peter Walker". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Peter Walker". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 service, Grandprix.com - First & fastest: The original online F1 news. "Grandprix.com". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Peter Walker Formula 1". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 "Forgotten Hero". Motor Sport magazine archive. febreiro de 1996. p. 52. Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  6. service, Grandprix.com - First & fastest: The original online F1 news. "Grandprix.com". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  7. service, Grandprix.com - First & fastest: The original online F1 news. "Grandprix.com". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  8. "Jaguar XK120C C-Type". Supercars.net (en inglés). 1 de marzo de 2016. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  9. "Stirling Moss Race History: 1953 Le Mans - La Sarthe - stirlingmoss.com". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  10. "1956 24 Hours of Le Mans: Collins and Moss Come Close". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  11. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2015. Consultado o 2015-11-23. 
  12. "1945 Robert Benoist Cup - ChicaneF1.com". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  13. http://www.motorsportmagazine.com/archive/article/march-1996/52/peter -walker
  14. http://www.formula2.net/V1936.10.htm
  15. service, Grandprix.com - First & fastest: The original online F1 news. "Grandprix.com". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  16. "Silverstone International 1949 - Race Results - Racing Sports Cars". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  17. "1949 Goodwood Trophy - ChicaneF1.com". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  18. "Silverstone International - Production Sports over 2000 cc 1950 - Race Results - Racing Sports Cars". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  19. "Le Mans 24 Hours 1951 - Race Results - Racing Sports Cars". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  20. "Tourist Trophy 1951 - Race Results - Racing Sports Cars". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  21. "1952 Formula Libre Races". www.dlg.speedfreaks.org. Consultado o 26 de maio de 2019. 
  22. "Le Mans 24 Hours 1953 - Race Results - Racing Sports Cars". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  23. http://www.teamdan.com/archive/www2/53flibre.html[Ligazón morta]
  24. "Tourist Trophy 1953 - Race Results - Racing Sports Cars". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  25. "Silverstone International 1954 - Race Results - Racing Sports Cars". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  26. "Snetterton International [Formula Libre] 1955 - Racing Sports Cars". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  27. "9 h Goodwood 1955 - Racing Sports Cars". Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  28. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 391. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Small, Steve (1995): The Grand Prix Who's Who