Gran Premio do Reino Unido de 1950
O Gran Premio de Inglaterra de 1950 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 13 de maio de 1950 no circuíto de Silverstone, Silverstone, Inglaterra . Foi o quinto Gran Premio do Reino Unido, e o terceiro que se celebrou en Silverstone despois da reanudación trala segunda guerra mundial. Foi a primeira carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un na era moderna. A carreira, disputada sobre 70 voltas, foi gañada polo italiano Giuseppe Farina para Alfa Romeo logo de saír na 'pole position' fixo un tempo de 2:13:23.6, cunha velocidade media de 146´378 quilómetros / h. Luigi Fagioli terminou segundo no outro Alfa Romeo e Reg Parnell terceiro no Alfa Romeo.
Nome oficial | The Royal Automobile Club Grand Prix d'Europe Incorporating The British Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Reino Unido |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950 |
Distancia do evento | 70 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Silverstone (Silverstone) 52°04′30″N 1°01′00″O / 52.075, -1.0167 |
Lonxitude | 5,891 km |
País | Reino Unido |
Data | 13 de maio de 1950 |
Competición | |
Primeiro posto | Nino Farina |
Pole position | Nino Farina |
Volta máis rápida | Nino Farina |
Informe
editarCelebrada o 13 de maio no circuíto de Silverstone, e tamén designado como o Gran Premio de Europa de 1950, esta primeira carreira do Campionato do Mundo contou coa presenza de O rei Xurxo VI, a raíña Isabel, a Princesa Margarita e Earl e Lady Mountbatten de Birmania.
Participantes
editarEn total, competiron 22 pilotos, 21 cualificáronse para a carreira, e 11 clasificáronse. Os números 7 e 13 non se asignaron. O equipo oficial de Alfa Romeo chegou ao circuíto con catro 158s os de Fangio, Farina, Fagioli e o do piloto local Reg Parnell. Ferrari decidiu non tomar parte, pero un puñado de Maserati, un deles fabricado para o piloto monegasco Louis Chiron. A Scuderia Ambrosiana preparou dous coches, os de David Hampshire e David Murray, a escudería de Enrique Platé participou con dous pilotos de orixe aristocrática, o Príncipe Bira de Siam e o Baron Toulo de Graffenried. Joe Fry participou cun Maserati privado e a Scuderia Milano con Felice Bonetto, pero non chegou a tempo. Estes coches competiron coa cor vermella italiana. Talbot-Lago enviou dous coches da fábrica francesa coa tradicional cor azul pálido para ser utilizados por Yves Giraud-Cabantous e Eugène Martin. Outros Talbot privados participaron con Louis Rosier, Felipe Etancelin e o belga Johnny Claes, nun auto amarelo. O resto da grella estaba formada por maquinaria local, que incluía catro ERAs e dous Altas, co tradicional verde British Racing.
A carreira
editarFarina foi o máis rápido na clasificación e os outros tres Alfas siron xunto a el na primeira fila. A segunda fila fomouse co "B. Bira" nun Maserati e os dous Talbot de fábrica. De acordo coa norma do momento, o resto da grella consistía en fileiras de catro e tres alternos, ata a sexta fila. Felice Bonetto foi o único piloto que non tomo parte na cualificación e non tomará parte na carreira. O 13 de maio 21 pilotos de 9 países estiveron representados no antigo aeroporto de Silverstone, 4 de Francia, 2 de Italia, e un de Bélxica, Irlanda, Mónaco, Arxentina, Tailandia e Suíza. O Reino Unido estivo representado por 9 pilotos. A carreira atraeu 200.000 espectadores. No inicio da carreira, Farina tomou a dianteira con Fagioli e Fangio na procura. Nas primeiras voltas pasáronse entre eles varias veces para manter a todos entretidos. Fangio retirouse con problemas de motor e polo tanto Farina venceu a Fagioli por 2´5 segundos con Parnell no terceiro lugar a pesar de golpear a unha lebre durante a carreira. O máis próximo rival foi Giraud-Cabantous con dúas voltas perdidas, Bira que se retirou cun problema de combustible. Crossley e Murray loitaron na parte posterior, antes de retirarse, Graffenried fíxoo na volta 34, mentres que Quirón foi degradado ao papel de espectador 10 voltas antes. Giuseppe Farina liderou 63 voltas (1-9, 16-37 e 39-70). Luigi Fagioli 6 voltas (10-15). Juan Manuel Fangio liderou unha volta (38). Joe Fry conduciu o coche nº 10 as primeiras 45 voltas, entón Brian Shawe Taylor relevouno durante 19 voltas para un total de 64 voltas, distancia 297´536 quilómetros. Peter Walker conduciu o coche nº 9 dúas voltas, entón Tony Rolt e levouno 3 voltas máis, un total de 5 voltas, unha distancia de 23´245 quilómetros.
Equipos e pilotos
editar† Entrada cancelada antes da carreira
Clasificación
editarCualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | Giuseppe Farina | Alfa Romeo | 1:50.8 | - |
2 | 3 | Luigi Fagioli | Alfa Romeo | 1:51.0 | + 0.2 |
3 | 1 | Juan Manuel Fangio | Alfa Romeo | 1:51.2 | + 0.4 |
4 | 4 | Reg Parnell | Alfa Romeo | 1:52.2 | + 1.4 |
5 | 21 | Príncipe Bira | Maserati | 1:52.6 | + 1.8 |
6 | 14 | Yves Giraud-Cabantous | Talbot-Lago-Talbot | 1:53.4 | + 2.6 |
7 | 17 | Eugène Martin | Talbot-Lago-Talbot | 1:55.4 | + 4.6 |
8 | 20 | Toulo de Graffenried | Maserati | 1:55.8 | + 5.0 |
9 | 15 | Louis Rosier | Talbot-Lago-Talbot | 1:56.0 | + 5.2 |
10 | 9 | Peter Walker | ERA | 1:56.6 | + 5.8 |
11 | 19 | Louis Chiron | Maserati | 1:56.6 | + 5.8 |
12 | 8 | Leslie Johnson | ERA | 1:57.4 | + 6.6 |
13 | 12 | Bob Gerard | ERA | 1:57.4 | + 6.6 |
14 | 16 | Philippe Étancelin | Talbot-Lago-Talbot | 1:57.8 | + 7.0 |
15 | 11 | Cuth Harrison | ERA | 1:58.4 | + 7.6 |
16 | 6 | David Hampshire | Maserati | 2:01.0 | + 10.2 |
17 | 24 | Geoff Crossley | Alta | 2:02.6 | + 11.8 |
18 | 5 | David Murray | Maserati | 2:05.6 | + 14.8 |
19 | 23 | Joe Kelly | Alta | 2:06.2 | + 15.4 |
20 | 10 | Joe Fry | Maserati | 2:07.0 | + 16.2 |
21 | 18 | Johnny Claes | Talbot-Lago-Talbot | 2:08.2 | + 17.4 |
NP | 22 | Felice Bonetto | Maserati | - | - |
Carreira
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | Giuseppe Farina | Alfa Romeo | 70 | 2:13:23.6 | 1 | 9 |
2 | 3 | Luigi Fagioli | Alfa Romeo | 70 | + 2.6 | 2 | 6 |
3 | 4 | Reg Parnell | Alfa Romeo | 70 | + 52.0 | 4 | 4 |
4 | 14 | Yves Giraud-Cabantous | Talbot-Lago-Talbot | 68 | + 2 voltas | 6 | 3 |
5 | 15 | Louis Rosier | Talbot-Lago-Talbot | 68 | + 2 voltas | 9 | 2 |
6 | 12 | Bob Gerard | ERA | 67 | + 3 voltas | 13 | |
7 | 11 | Cuth Harrison | ERA | 67 | + 3 voltas | 15 | |
8 | 16 | Philippe Étancelin | Talbot-Lago-Talbot | 65 | + 5 voltas | 14 | |
9 | 6 | David Hampshire | Maserati | 64 | + 6 voltas | 16 | |
10 | 10 | Joe Fry Brian Shawe Taylor |
Maserati | 64 | + 6 voltas | 20 | |
11 | 18 | Johnny Claes | Talbot-Lago-Talbot | 64 | + 6 voltas | 21 | |
Ret | 1 | Juan Manuel Fangio | Alfa Romeo | 62 | Fuga aceite | 3 | |
NC | 23 | Joe Kelly | Alta | 57 | Non clasificado | 19 | |
Ret | 21 | Prince Bira | Maserati | 49 | Sen combustible | 5 | |
Ret | 5 | David Murray | Maserati | 44 | Motor | 18 | |
Ret | 24 | Geoff Crossley | Alta | 43 | Transmisión | 17 | |
Ret | 20 | Toulo de Graffenried | Maserati | 36 | Motor | 8 | |
Ret | 19 | Louis Chiron | Maserati | 26 | Embrague | 11 | |
Ret | 17 | Eugène Martin | Talbot-Lago-Talbot | 8 | Presión aceite | 7 | |
Ret | 9 | Peter Walker Tony Rolt |
ERA | 5 | Caixa cambio | 10 | |
Ret | 8 | Leslie Johnson | ERA | 2 | Compresor | 12 |
Voltas rápidas en carreira
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza | Volta | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | Giuseppe Farina | Alfa Romeo | 1:50.6 | - | 2 | 1 |
2 | 14 | Yves Giraud-Cabantous | Talbot-Lago-Talbot | 1:53.4 | + 2.8 | 41 | |
3 | 15 | Louis Rosier | Talbot-Lago-Talbot | 1:55.4 | + 4.8 | 10 | |
4 | 16 | Philippe Étancelin | Talbot-Lago-Talbot | 1:57.4 | + 6.8 | 31 | |
5 | 18 | Johnny Claes | Talbot-Lago-Talbot | 2:08.8 | + 18.2 | 29 |
Posicións despois da carreira
editarPos | Piloto | Puntos |
---|---|---|
1 | Giuseppe Farina | 9 |
2 | Luigi Fagioli | 6 |
3 | Reg Parnell | 4 |
4 | Yves Giraud-Cabantous | 3 |
5 | Louis Rosier | 2 |
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos. Só os 4 mellores resultados contan para o campionato.
Notas
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Reino Unido de 1950 |
Carreira anterior: Non |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1950 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1950 |
Carreira anterior: Non |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1951 |
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tomáronse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 2007-06-05.