Eugène Martin
Eugène Martin, nado en Suresnes o 24 de marzo de 1915 e finado en Aytre o 12 de outubro de 2006, foi un piloto de carreiras francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Eugène Émile Martin 24 de marzo de 1915 Suresnes, Francia |
Morte | 12 de outubro de 2006 (91 anos) Aytré, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro , piloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un |
Lingua | Lingua francesa |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Traxectoria
editarParticipou en dous Grandes Premios de Fórmula 1, debutando o 13 de maio de 1950. Non logrou puntos de campionato.
Participara en varios grandes premios xa antes da segunga guerra mundial. Gañou o primeiro Gran Premio do Circuíto de Aix les Bains en 1949 cun Jicey-BMW[1] desenvolvido por Jean Caillas.[2]
Na década de 1950 emprendeu unha breve carreira como construtor, traballando no garaxe con sede en París que posuía co seu pai para producir o Martin-Spéciale. O coche foi exhibido no Salón do Automóbil de París de 1952, pero nunca progresou á produción en serie.
Foi un dos últimos pilotos sobreviventes desde esa época ata a súa morte nun hospital preto da súa casa en La Rochelle en 2006[3].
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Automóbiles Talbot-Darracq |
Talbot-Lago T26C-DA | Talbot 6 en liña |
GBR Ret |
MON | 500 | SUI Ret |
BEL | FRA | ITA | NC | 0 |
Notas
editar- ↑ Article about Jicey the French race car designer (fr)
- ↑ "The Jicey of Jean Caillas has been found !" (PDF). jicey.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de maio de 2006. Consultado o 28 de xuño de 2017.
- ↑ "[F1] Deces d'Eugene Martin". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 28 de xuño de 2017 – vía Google Groups.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugène Martin |