Philippe Étancelin

Philippe Étancelin, nado o 28 de decembro de 1896, e finado o 13 de outubro de 1981, foi un piloto de automobilismo do Grand Prix francés que se uniu ao novo circuíto de Fórmula Un nos seus inicios.

Modelo:BiografíaPhilippe Étancelin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Philippe Jean Armand Étancelin Editar o valor en Wikidata
28 de decembro de 1896 Editar o valor en Wikidata
Ruán, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte13 de outubro de 1981 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Neuilly-sur-Seine, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaQ110366336 Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm8910960 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Nado en Rouen, Seine-Maritime, en Normandía, traballaba como comerciante no inverno e competía nas carreiras de automóbiles durante o verán.[1]

A súa esposa, Suzanne, serviu como súa xefe de equipo. Os seus tres fillos quedaban nunha escola en Rouen mentres viaxaba co seu marido a carreiras de todo o mundo. Ela comunicábase con Étancelin a través da lingua de signos francesa mentres corría ao redor da pista.[Cómpre referencia] Suzanne díxolle a un xornalista que Étancelin comprou un coche de carreiras para celebrar o nacemento da súa segunda filla, Jeanne Alice. Non tiña intención de competir co coche senón simplemente usalo polo pracer de conducir polo campo. A parella unha vez levouna a unha velocidade de 201 km/h. Logo de dous anos de automobilismo recreativo, Étancelin decidiu participar nunha carreira.[2] By this time he had won the Marne Grand Prix three times.</ref>

Empezou a competir cun Bugatti privado en 1926, eparticipando en carreiras e subidas.[3] A súa primeira vitoria foi no Gran Premio de Marne en Reims en 1927,[3] o mesmo ano logrou un terceiro posto na Coppa Florio en Saint-Brieuc.[3] Repetiu a súa vitoria en Reims en 1929, por diante de Zenelli e do seu amigo Marcel Lehoux, facendo un pleno de Bugatti no podio.[3] Étancelin conseguiu unha vitoria no Grand Prix de la Baule e no Prix de Conseil General en Antibes.[3]

Alcumado "Phi Phi",[3] Étancelin tamén logrou unha vitoria para Bugatti no Gran Premio de Alxeria de 1930, seguido de Lehoux. No Gran Premio de Francia, derrotou ao Bentley de Henry Birkin e gañou en Grenoble o Circuíto de Dauphine, e un terceiro posto en Lión.[3]

Comezou a tempada de 1931 nun Bugatti, quedando detrás de Czaykowski no Gran Premio de Casablanca en Anfa.[3] Gañou no Circuit d'Esterel Plage en Saint-Raphaël. Nas carreiras importantes, corrían coas regras da Fórmula Libre a unha duración de 10 horas, compartía unidade con Lehoux. Abandonaron no Gran Premio de Italia de 1931 e no Gran Premio de Francia de 1931. Logo de que Étancelin cambiase a Alfa Romeo ao final do ano, quedou cuarto no Gran Premio de Marne e gañou o Dieppe Grand Prix de catro horas, por diante do Bugatti de Czaykowski e o Delage de Earl Howe. Engadiu vitorias en Grenoble e no Comminges Grand Prix en St. Gaudens.[3]

Aínda que Étancelin era un piloto privado destacado, foi derrotado constantemente polos equipos oficiais en 1932, logrando só unha vitoria, o Picardie Grand Prix en Peronne.[3]

En 1933, o Alfa de Étancelin perdeu por pouco o décimo quinto premio anual do[4] "Grand Prix" francés (organizado polo Automóbil Club Francés no Montlhery Autodrome preto de París[4]) tras unha carreira "furiosa"[3] co Maserati de Giuseppe Campari, perdendo o liderado na última volta da carreira de 500 km.[4] Con todo, Étancelin gañou o segundo "Grand Prix" de Picardy consecutivo, por diante dun "formidable"[3] Raymond Sommer, e logrou un segundo lugar detrás dun igualmente formidable Tazio Nuvolari no Gran Premio de Nîmes, e unha vitoria sobre Jean-Pierre Wimille no Gran Premio de Marne.[3]

A nova fórmula de 750 quilogramos trouxo as Silver Arrows de Mercedes e Auto Union. Étancelin cambiou a un Maserati 8CM,[3] logrando segundos lugares en Casablanca, Montreux e Niza, cun Dieppe. Compartiu un Alfa con Luigi Chinetti para gañar en Le Mans.[3]

A tempada 1935 de Étancelin non foi mellor, con só un terceiro posto en Tunisia. Foi unha dura competencia para o Mercedes de Rudolf Caracciola no Gran Premio de Mónaco no pequeno Maserati de 3.7 litros, pero sufriu un fallo nos freos e chegou cuarto.[3] Pilotando un Maserati para o equipo Subalpina, tivo un espectacular accidente no Gran Premio de Suíza en Berna, e o seu coche quedou envolto en chamas, pero non sufriu lesións.

Participou cun dos novos Maseratis de 4´4 litros en 1936, foi superado polos participantes alemáns, sufrindo retiradas en case todas as carreiras. Gañou só o "Gran Premio de Pau", e foi "contra uns modestos rivais".[3] Negociou as 100 voltas en 3 horas e 21 minutos e 22 segundos.[5] En outubro, Étancelin clasificou no sexto lugar na copa Vanderbilt, que correuse sobre 480 km preto de Westbury, Nova York. Nesta época gañou o Grand Prix de Marne tres veces.[1]

Mantívose fóra das carreiras en 1937, e regresou en 1938 para compartir nun novo Talbot con Chinetti en Le Mans, pero non conseguiu ningunha vitoria. Para 1939, colocou o seu Talbot terceiro en Pau, tras Hermann Lang e Manfred von Brauchitsch. Tamén logrou un cuarto lugar no Gran Premio de Francia.[3]

Étancelin participou na primeira carreira automobilísticade celebrada en Francia na posguerra, e non terminou no Bois de Boulogne nun Alfa.[3] Non conseguiu obter un dos poucos coches novos ata 1948, cando comprou un Talbot de 4½ litros e colocouno segundo no Albi Grand Prix, detrás de Luigi Villoresi nun Maserati. A súa tempada de 1949 viuno no segundo lugar no Gran Premio de Marsella (tras Fangio), no Gran Premio de Europa no Autódromo Nazionale Monza (tras Alberto Ascari) e no Gran Premio de Checoslovaquia en Brno (tras Peter Whitehead) nun Ferrari. Ademais, gañou o Gran Premio de París en Montlhéry.[3]

Étancelin participou en doce Grandes Premios do Mundial de Fórmula Un, debutando o 13 de maio de 1950. Logrou un total de tres puntos de campionato. O seu quinto lugar no Gran Premio de Italia de 1950 converteuno no piloto máis vello en conseguir puntos de campionato.

En 1953, logo de ser terceiro no Grand Prix de Rouen e nas 12 Horas de Casablanca, decidiu retirarse.[3] O goberno de Francia outorgoulle a Lexión de Honra en recoñecemento pola súa contribución ao deporte das carreiras automobilísticas que se estendeu durante catro décadas. Ètancelín mantivo o seu interese polas carreiras, facendo aparicións ocasionais no automobilismo histórico ata 1974.[3]

Morreu en Neuilly-sur-Seine en 1981.

Principais vitorias profesionais:

Resultados completos no Campionato de Europa

editar

(clave) (Carreiras en grosa indican pole position)

Ano Equipo Construtor 1 2 3 4 5 Pos Puntos
1931 Private entry Bugatti ITA
Ret
FRA
Ret
BEL 34= 21
1932 Private entry Alfa Romeo ITA FRA
Ret
ALE 16= 21
1935 Scuderia Subalpina Maserati BEL ALE
Ret
SUI
Ret
ITA
Ret
ESP 17 34
1936 Private entry Maserati MON
Ret
ALE SUI
Ret
ITA 18= 28
1938 Talbot-Darracq Talbot FRA
Ret
ALE SUI ITA 24= 29
1939 Talbot-Darracq Talbot BEL FRA
4
ALE SUI 16= 28

Resultados completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1950 Philippe Étancelin Talbot-Lago T26C Talbot
Straight-6
GBR
8
MON
Ret
500 SUI
Ret
ITA
5
18º 3
Automobiles Talbot-Darracq Talbot-Lago T26C DA BEL
Ret
Philippe Étancelin FRA
5 *
1951 Philippe Étancelin Talbot-Lago T26C DA Talbot 6 en liña SUI
10
500 BEL
Ret
FRA
Ret
GBR ALE
Ret
ITA ESP
8
NC 0
1952 Escuderia Bandeirantes Maserati A6GCM Maserati 6 en liña SUI 500 BEL FRA
8
GBR ALE NED ITA NC 0
* Indica unidade compartida con Eugène Chaboud
  1. 1,0 1,1 "World's Best Drivers Vie For $60,000 In Cup Race", Washington Post, 12 de outubro de 1936, p.X15.
  2. "Vite! Vite! To Victory, Or-", Edwardsville, Illinois 'Intelligencer, March 13, 1939, p.5.
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 3,19 3,20 3,21 Twite, Mike. "Etancelin: Twenty Years Behind the Wheel", in Northey, Tom, general editor. The World of Automobiles (London: Orbis, 1974), Volume 6, p616.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Campari Wins Paris Auto Race", The New York Times, 12 de xuño de 1933, p.22.
  5. "Wins Grand Prix", Olean, New York Times Herald, 2 de marzo de 1936, p.13.

Véxase tamén

editar