Tony Rolt

Tony Rolt
Autoraces te Zandvoort. Tony Rolt met zijn Alfa Romeo onderaan de Hunzerug, Bestanddeelnr 902-9012.jpg
Circuíto Park Zandvoort, 7 de agosto de 1948. Tony Rolt no 3.2-litre Aitken-Alfa, fabricado por Peter Aitken (1912–47) baseado no Alfa Romeo 8C bimotore
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 3 (1950, 1953, 1955)
Escudería(s) Connaught (incluídos os privados)
ERA privado
Grandes Premios disputados 3
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1950
Derradeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1955

Maior Anthony Peter Roylance Rolt, MC & Bar, (16 de outubro de 1918 - 6 de febreiro de 2008) foi un piloto de carreiras británico, soldado e enxeñeiro. Un heroe de guerra, Rolt mantivo unha longa conexión co deporte, aínda que entre bastidores. O proxecto Ferguson 4WD no que estivo involucrado deu resultados espectaculares e participou noutros proxectos de enxeñaría. Á súa morte, foi o participante que máis tempo sobreviviu ao primeiro Gran Premio do Campionato Mundial en Silverstone en 1950. Tamén foi un dos últimos vencedores da preguerra, gañou o British Empire Trophy de 1939, con só 20 anos en 1939, foi despois de comezar a súa carreira en 1935, cando tiña 16 anos, nun Morgan de 3 rodas en probas de velocidade. Gañou as 24 Horas de Le Mans de 1953 e participou en tres Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un.[1][2][3]

Inicios e carreiras de preguerraEditar

Rolt naceu en Bordon, Hampshire, e criouse en St Asaph en Denbighshire, Gales. Foi o cuarto fillo do xeneral de brigada Stuart Peter Rolt, e educouse en Eton, onde tivo problemas por ter un coche.[4][5][6]

Comezou a competir estando en Eton, nun Morgan de tres rodas, en 1936, debutou na pista compartindo un Triumph Gloria Vitesse con Jack Elliott nas 24 Horas de Spa, onde a parella terminou undécima, cuarto na súa clase. Conduciu alí porque perdera o permiso de conducir británico por exceso de velocidade pola Denbigh High Street. Ao longo de 1937, correu nun Triumph Dolomite, gañando o Coronation Trophy, antes de adquirir o famoso ERA Remus dos seus excompañeiros en Eton, os principes de Siam, Chula Chakrabongse e Bira Birabongse. Nunha carreira menor en Brooklands, un parafuso caeu do escape do ERA e as chamas comezaron a dar voltas ao redor do colo de Rolt; quitou as luvas, tapou o burato con elas e gañou a carreira. Para 1939, adquiriu outro ERA, gañando inmediatamente a carreira de 200 millas do British Empire Trophy en Donington Park.[5][6][7][8][9][10][11]

Segunda Guerra MundialEditar

Ingresou no Royal Military College de Sandhurst e en 1939 foi destinadao a Brigada de fusileiros. Durante a Segunda Guerra Mundial, Rolt foi tenente da brigada de fusileiros e en 1940 foi enviado a Francia, onde estivo ao mando dun pelotón de recoñecemento. Pronto estivo no medio dos combates e axudou a defender Calais. Os homes que defendían Calais mantiveron durante tres días intentando impedir que a 10ª División Panzer (Wehrmacht) avanzase e, ao facelo, atrasaron o seu ataque a Dunkerque. Foi capturado e feito prisioneiro de guerra ao final da batalla por Calais, xusto antes da evacuación de Dunkerque. Polas súas accións, concedéuselle a Cruz militar: as súas fazañas incluían axudar a un compañeiro ferido mentres disparaba a súa metralleta Bren contra as tropas alemás que avanzaban.[5][6][9][12][13]

Rolt escapou sete veces dos campos de prisioneiros de guerra alemáns, incluíndo Laufen (Oflag VII-C), Biberach (Oflag VB), Posen (Stalag XXI-D), Warburg (Oflag VI-B) e Eichstätt (Oflag VII-B), antes de ser finalmente enviado a unha prisión de máxima seguridade, Oflag IV-C no castelo de Colditz o 14 de xullo de 1943. Nun intento de fuxida, chegou a uns metros da fronteira suíza antes de ser recapturado, o que supuxo o seu traslado á fortaleza de Alemaña Oriental. Polos seus decididos intentos de fuga, Rolt recibiu unha Barra na súa Cruz Militar. A principios de 1944, foi un dos autores intelectuales detrás do audaz plan de fuga dos planeadores, pero na primavera de 1945, o exército estadounidense liberou o castelo, obviando a necesidade de facelo.[4][5][9][10][11][12][13][14][15]

Despois da guerra Rolt renunciou ao seu destino co grao de Maior para desenvolver tecnoloxías automotrices avanzadas.

Andaina nas carreirasEditar

Despois da guerra, Rolt retomou as carreiras cun Alfa Romeo Bimotore, no que obtivo un bo segundo posto no GP de Zandvoort de 1948. Entre 1949 e 1952, comezou unha estreita asociación con Freddie Dixon e Rob Walker, establecendo unha asociación de enxeñaría co primeiro e competindo con Walker nos Delage e Delahaye. En 1950 e 1951, compartiu un Nash-Healey, con Duncan Hamilton, nas dúas ocasións, terminando cuarto e sexto en Le Mans. De 1952 a 1955, Rolt correu cos Connaughts de Walker cos que tivo un enorme éxito nas probas nacionais inglesas, gañando numerosas carreiras de Fórmula 2, Fórmula Libre e handicap. Desafortunadamente, o seu negocio obrigouno a restrinxir as súas carreiras. Ademais, en 1952 chegou o movemento máis significativo da súa andaina nas carreiras; foi invitado a unirse ao equipo Jaguar, ""demostrei que era bastante competitivo en Dundrod, onde de feito superei ao Tipo C máis rápido de Stirling Moss. Despois preguntáronme quen me gustaría como copiloto e dixen que Duncan. Eles dixeron: "Duncan, debes estar tolo!" pero uniuse a min no equipo para 1952 e sempre pilotamos xuntos en carreiras de longa distancia". O seu primeiro Le Mans xuntos foi un desastre para Jaguar, un fallo na xunta da culata provocou unha retirada anticipada.[9][16][17][18]

Carreiras de Gran PremioEditar

Rolt competiu en tres carreiras do Campionato Mundial de Fórmula Un, o Gran Premio do Reino Unido de 1950, 1953 e 1955, pero as tres saídas remataron en retirada. No Gran Premio do Reino Unido de 1950, a primeira rolda do Campionato Mundial de F1, comezou no décimo posto da grella nun ERA que fora clasificado por Peter Walker, pero a caixa de cambios fallou despois de catro voltas. Na carreira de 1953, unha vez máis partiu do décimo posto, pero fallou un palier do seu Connaught despois de 70 voltas. No seu último Gran Premio, compartiu de novo coche con Walker no 1955. No que ía ser a última saída de F1 para ambos pilotos: o seu Connaught comezou 14º e retirouse con problemas de transmisión despois de 18 voltas. Stirling Moss afirma que Rolt estaría entre os mellores pilotos de GP, se correra regularmente.[9][10][11][12][19][20][21]

Chamada ao barEditar

 
Jaguar C-Type, similar ao que Rolt e Hamilton levaron á vitoria en Le Mans

Rolt competiu en todas as carreiras das 24 Heures do Mans de 1949 a 1955, gañando a famosa carreira en 1953 nun Jaguar C-Type compartido con Hamilton. Inicialmente, a parella foi descualificada por practicar nun Jaguar que tiña o mesmo número de carreira que outro coche no circuíto ao mesmo tempo, pero foron readmitidos. O relato de Hamilton converteuse nunha lenda das carreiras de motor: cando o director do equipo Jaguar Lofty England persuadiu aos organizadores para que os deixasen correr, ambos pilotos xa estaban bébedos nun bar próximo. England dixo: ”Por suposto, nunca os deixaría correr borrachos. Xa tiña bastante problemas cando estaban sobrios!” [5][6][12][22][23]

A asociación Rolt / Hamilton continuou en 1954, onde quedaron segundos detrás dun Scuderia Ferrari oficial nun Jaguar D-Type. Malia un incidente durante unha tormenta de sarabia, Rolt deuse conta de que non podía ver correctamente, polo que entrou en boxes a por unha viseira nova, pero como un Ferrari estaba no seu box, o equipo fixoo continuar. Cando Rolt volveu a entrar en boxes á seguinte volta, as lentes estaban "cheas de auga". Saltou do coche para poñerse outra viseira e Hamilton saltou ao coche e arrincou. Con un déficit de catro voltas, o D-Type de Rolt / Hamilton terminou a menos de catro quilómetros do vencedor Ferrari. Tamén acabaron segundos para Jaguar nas 12 heures internationals - Voiture Sport Reims, pero retiráronse das 24 Horas de Le Mans de 1955 mentres corrían na segunda posición. Rolt e a súa esposa, Lois presenciaron a traxedia de Le Mans de 1955 ese ano, que cobrouse máis de 80 vidas despois de que o Mercedes de Pierre Levegh saíse da pista e arrasara aos espectadores. Despois, concentrouse na enxeñaría. A finais de 1956, aínda era membro do equipo oficial de Jaguar, Rolt retirouse das carreiras activas para dedicar os seus esforzos ao programa de desenvolvemento de Ferguson.[5][6][10][11][16][24][25][26]

Como enxeñeiroEditar

Despois da guerra, Rolt volveu formar parte de Rolt Dixon Research, co seu mecánico, Freddie Dixon, para traballar nunha idea que consideraran antes da guerra: as catro rodas motrices. A compañía que formaron tamén foi pioneira no diferencial tipo Ferguson. Isto acabou por provocar o apoio do magnate dos tractores Harry Ferguson e deu lugar ao desenvolvemento do coche Ferguson P99 F1 de catro rodas motrices. Posteriormente, Rolt construíu coches 4WD de carreiras en pista para STP Corporation, e as transmisións Ferguson apareceron no Lotus 56, Novi -Ferguson e STP-Paxton Turbocar Indy Cars de 1964 a 1969.

Posteriormente, Rolt construíu para as 500 Millas de Indianápolis coches 4WD de carreiras en pista para a americana STP Corporation, e as transmisións de Ferguson apareceron no Lotus 56, Novi -Ferguson e STP-Paxton Turbocar] de 1964 a 1969. Co director técnico Claude Hill e o enxeñeiro de proxectos Derek Gardner, Rolt estivo entre os heroes descoñecidos do desenvolvemento das carreiras británicas. Cando Ferguson Development pechou, Rolt fundou FF Developments en 1971, convertendo coches, furgonetas e ambulancias a catro rodas motrices. Durante a década de 1980, os principais fabricantes de automóbiles viron finalmente vantaxes na tecnoloxía de tracción integral e a compañía converteuse nun socio tecnolóxico importante de Ford, Chrysler, Audi, Fiat e General Motors.[4][5][6][10][12][16][21]

En 1994, o negocio vendeuse a Ricardo, que continuou o desenvolvemento de transmisións "intelixentes" usando a experiencia Rolt FFD e Ferguson. Rolt mostrouse inmensamente orgulloso de que os coches deportivos Audi que dominaron os campionato de resistencia das 24 Horas de Le Mans e as American Le Mans Series desde o 2000 usasen transmisións Ricardo.[5]

O tractor F1Editar

 
O Ferguson P99

A principios dos anos sesenta Rolt e FF Developments decidiron que ían construír un coche de carreiras 4WD para demostrar o valor da tecnoloxía de tracción ás catro rodas. Rolt axudou a deseñar e tamén probou o Ferguson P99. Aínda que Rolt era máis que capaz de conducir o coche o suficientemente rápido como proba, Jack Fairman foi chamado para cmpetir con el no Trofeo do Imperio Británico de 1961 e no Gran Premio británico do RAC de 1961 en Aintree, demostrando sen dúbida a tracción ás catro rodas aliada ao sistema de freada Dunlop Maxaret era substancialmente superior en mollado. O P99 correu baixo a bandeira de Rob Walker Racing e converteuse no único coche 4WD que gañou unha carreira de Fórmula Un, cando en mans de Stirling Moss gañou a Copa de Ouro de Oulton Park de 1961. O coche tamén foi o último coche con motor dianteiro en gañar unha carreira de F1. A pesar dunha viaxe á Tasman Series e do éxito nas mans de Peter Westbury, cando gañou o British Hill Climb Championship en 1964, o coche non se volveu a usar moito. Posteriormente, o concepto de tracción ás catro rodas tivo éxito nos Estados Unidos e en 1966 incorporouse ao coche Jensen FF. [4] [6] [11] [12] [16] [21]

Rolt era un home moi reservado, pero tiña un gran encanto e presenza. Tamén tivo a dignidade de esquivar a publicidade persoal e nunca se lle pasou pola cabeza a idea de que fixera algo heroico ao intentar escapar de Colditz. Evitou as reunións de Colditz. Simplemente víao como o seu deber facer intentos de fuga e non tardou en enfatizar que non había nada alegre neses esforzos e diría ”Escapar non era un xogo. Tampouco foi divertido. Era un deber". Disfrutou moito disparando e esquiando. Lois e a súa filla, Nikki, faleceron antes que el, pero sobrevivíronlle a súa outra filla Angela e os seus fillos David e Stuart, o último dos cales competiu en Saloon cars na década de 1970 e exerceu como presidente do British Racing Drivers Club (BRDC). [5] [6]

Foi o último piloto que sobreviviu do Gran Premio inaugural do Campionato do Mundo celebrado en Silverstone; tamén o último membro da prestixiosa BRDC antes da Guerra Mundial, sendo elixido en 1936. [4] [5] [27]

Rexistro de carreirasEditar

traxectoria profesionalEditar

Tempada Series Posición Equipo Coche
1937 Coronation Trophy [10] Triumph Dolomite
1939 British Empire Trophy [28] ERA B-Type
1948 Zandvoort Grand Prix [29] 2nd Alfa Romeo Bimotore
1951 Goodwood Trophy [30] Delage-ERA 15S8
Woodcote Cup [31] Delage-ERA 15S8
1952 BRDC International Trophy [32] HWM-Alta
Richmond Trophy [33] R.R.C. Walker Delage-ERA 15S8
1953 Coronation Trophy [34] R.R.C. Walker Racing Team Connaught-Lea Francis A Type
Snetterton Coronation Trophy [35] R.R.C. Walker Racing Team Connaught-Lea Francis A Type
Les 24 Heures du Mans [36] Jaguar Cars Ltd. Jaguar C-Type
Crystal Palace Trophy [37] R.R.C. Walker Racing Team Connaught-Lea Francis A Type
United States Air Force Trophy [38] R.R.C. Walker Racing Team Connaught-Lea Francis A Type
Bristol MC & LCC Trophy [39] R.R.C. Walker Racing Team Connaught-Lea Francis A Type
Mid-Cheshire MC Formula 2 Race [40] R.R.C. Walker Racing Team Connaught-Lea Francis A Type
Chichester Cup [41] Delage-ERA 15S8
London Trophy [42] R.R.C. Walker Racing Team Connaught-Lea Francis A Type
Lavant Cup [43] R.R.C. Walker Racing Team Connaught-Lea Francis A Type
AMOC Trophy [41] R.R.C. Walker Racing Team Connaught-Lea Francis A Type
BRDC International Trophy [44] R.R.C. Walker Racing Team Connaught-Lea Francis A Type
Madgwick Cup [45] R.R.C. Walker Racing Team Connaught-Lea Francis A Type
1954 Les 24 Heures du Mans [24] Jaguar Cars Ltd. Jaguar D-Type
12 heures internationals – Voiture Sport Reims [25] Jaguar Cars Ltd. Jaguar D-Type
August Bank Holiday Cup [46] R.R.C. Walker Racing Team Connaught-Lea Francis A Type
1955 Silverstone International [47] Jaguar Cars Ltd. Jaguar D-Type

Resultados completos na Fórmula UnEditar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1950 Peter Walker ERA E-Type ERA 6 en liña GBR
Ret*
MON 500 SUI BEL FRA ITA NC 0
1953 RRC Walker Racing Team Connaught A Type Connaught 4 en liña ARX 500 NED BEL FRA GBR
Ret
ALE SUI ITA NC 0
1955 Connaught Engineering Connaught B Type Connaught 4 en liña ARX MON 500 BEL NED GBR
Ret*
ITA NC 0
* Indica unidade compartida con Peter Walker

Resultados completos nas 24 Horas de Le MansEditar

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1949   R.R.C. Walker   Guy Jason Henry Delahaye 135CS S5.0 126 Ret
(Rodamentos)
1950   Healey Motors Ltd.   Duncan Hamilton Nash-Healey E S5.0 250
1951   Healey   Duncan Hamilton Nash-Healey Cupé S5.0 250
1952   Jaguar Ltd.   Duncan Hamilton Jaguar C-Type S5.0 Ret
(Xunta da culata)
1953   Jaguar Cars Ltd.   Duncan Hamilton Jaguar C-Type S5.0 304
1954   Jaguar Cars Ltd.   Duncan Hamilton Jaguar D-Type S5.0 301
1955   Jaguar Cars Ltd.   Duncan Hamilton Jaguar D-Type S5.0 186 Ret
(caixa de cambios)

Resultados completos na Mille MigliaEditar

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Pos. Clase
Pos.
1953   Bill Cannell /Jaguar Cars Ltd.   Len Hayden Jaguar C-Type S+2.0 Ret
(Motor)

Resultados completos nas 24 Horas de SpaEditar

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1936   Jack Elliott Triumph Gloria Vitesse 2.0 11º
1948   Jock Horsfall   André Pilette Aston Martin Speed Model S2.0 Ret.
(Tanque combustible roto)

Resultados completos nas 12 Horas de ReimsEditar

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1954   Jaguar Cars Ltd.   Duncan Hamilton Jaguar D-Type 214

Resultados completos nas 12 Horas de DoningtonEditar

Anor Equipo Co-Pilotoss Coche Clase Pos. Clase
Pos.
1937   J. Elliott   J. Elliott Triumph Ret.
(Motor)

Resultados completos nas 12 Horas de ParísEditar

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Pos. Clase
Pos.
1948   John Heath Alta 2.0 Ret.

NotasEditar

Referencias
  1. "Tony Rolt > F1 News >". Grandprix.com. 7 de febreiro de 2008. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  2. "Family Announcements, Tony Rolt - Funeral Directors and services - Family Announcements Announcements". Thisisannouncements.co.uk. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  3. Allen Brown. "Tony Rolt «". Oldracingcars.com. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Le Mans winner Tony Rolt dies - WEC news". Autosport. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 5,9 Alan Henry. "Obituary: Tony Rolt | Sport". The Guardian. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 "Tony Rolt". The Telegraph. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  7. "Spa 24 Hours 1936". Racing Sports Cars. 7 de decembro de 1936. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  8. "Grand Prix Winners". Theracingline.net. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 "THE GOLDEN ERA OF GP RACING 1934-40 - DRIVERS (R)". Kolumbus.fi. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 "Tony Rolt". ESPN. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 "Tony Rolt: Racing driver and Colditz hero". The Independent. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 "Le Mans winner, Tony Rolt, dies aged 89". Autocar. 8 de febreiro de 2008. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  13. 13,0 13,1 "Tony Rolt Profile - Drivers - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  14. "Great Escapes". Imperial War Museum. 1 de xaneiro de 1944. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2015. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  15. "Four Wheel Drive Racing Cars". 4wdonline.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 3 de cedembro de 2015. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 "Looking back with Tony Rolt | Motor Sport Magazine Archive". Motor Sport. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  17. http://www.racingsportscars.com/results/Le_Mans-1952-06-15.html
  18. "Tony Rolt". Historicracing.com. 18 de xullo de 1953. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  19. "British GP, 1950 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  20. "British GP, 1953 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  21. 21,0 21,1 21,2 "British GP, 1955 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  22. [1][Ligazón morta]
  23. "News - Latest breaking UK news". The Telegraph. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  24. 24,0 24,1 http://www.racingsportscars.com/results/Le_Mans-1954-06-13.html
  25. 25,0 25,1 http://www.racingsportscars.com/results/Reims-1954-07-04.html
  26. http://www.racingsportscars.com/results/Le_Mans-1955-06-12.html
  27. http://www.brdc.co Arquivado 19 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. uk British Racing Drivers 'Club
  28. "theracingline.net". theracingline.net. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  29. "1948 Zandvoort GP". ChicaneF1.com. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  30. "1951 Goodwood Trophy". ChicaneF1.com. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  31. Darren Galpin. "1951 Formula Libre Races". Teamdan.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  32. http://chiancef1.com/race.pl?year=1952&gp+BRDC%20International%20Trophy&r=1&type=final[Ligazón morta]
  33. Darren Galpin. "1952 Formula Libre Races". Teamdan.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  34. http://www.formula1.net/F253_15.htm
  35. http://www.formula1.net/F253_16.htm
  36. http://www.racingsportscars.com/results/Le_Mans-1953-06-14.html
  37. http://www.formula1.net/F253_28.htm
  38. http://www.formula1.net/F253_31.htm
  39. http://www.formula1.net/F253_35.htm
  40. http://www.formula1.net/F253_36.htm
  41. 41,0 41,1 Darren Galpin. "1952 Formula Libre Races". Teamdan.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  42. http://www.formula1.net/F253_45.htm
  43. "Formula 2 1953 - Lavant Cup". Formula2.net. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  44. "Formula 2 1953 - International Trophy". Formula2.net. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  45. "Formula 2 1953 - Madgwick Cup". Formula2.net. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  46. "Formula 1 1954 - August Trophy, 02.08". Formula2.net. 10 de outubro de 2005. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  47. http://www.racingsportscars.com/results/Silverstone-1955-05-07-6119.html

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar