Abrir o menú principal

Circuíto de Silverstone

Circuíto de Silverstone
Plano do Circuíto
Circuit Silverstone 2011.svg
Datos
Inauguración Setembro de 1947
Outros nomes "Home of British Motor Racing"[1]
Arena Grand Prix Circuit (2011–presente),
Carreiras FIA Fórmula 1: British Grand Prix
FIM MotoGP: British Grand Prix
FIA World Endurance Championship 6 Horas de Silverstone
FIA World Rallycross Championship World RX of Great Britain
FIM Campionato do mundo de Superbikes
European Le Mans Series
Campionato de Europa de Fórmula 2
FIA International Formula 3000
Campionato Británico de Turismos
Campionato Británico de Fórmula 3
British GT
British Superbike Championship
Silverstone Classic
Localización Flag of the United Kingdom.svg Northamptonshire e Buckinghamshire, Reino Unido
Coordenadas 52°4′43″N 1°1′1″O / 52.07861, -1.01694
Capacidade 150.000 espectadores
Trazado actual (2011 – presente)
Lonxitude km 5´891 km.[2]
Curvas 18
Récord tempo 1:27.369
Récord piloto Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton
Récord equipo Mercedes
Récord ano 2019
Circuíto Arena Grand Prix (2010)[3]
Lonxitude km 5´901 km.
Curvas 18
Récord tempo 1:30.874
Récord piloto España Fernando Alonso
Récord equipo Ferrari
Récord ano 2010
Circuíto Bridge Grand Prix (1997-2009)
Lonxitude km 5´141 km.
Curvas 17
Récord tempo 1:18.739
Récord piloto Alemaña Michael Schumacher
Récord equipo Ferrari
Récord ano 2004
Circuíto Internacional
Lonxitude km 3´619 km.
Curvas 10
Circuíto Nacional
Lonxitude km 2´638 km.
Curvas 6
Circuíto Stowe
Lonxitude km 1´281 km.
Curvas 5
Vista do Circuíto
Vista da recta do hangar


O circuíto de Silverstone é un autódromo localizado en Silverstone, Inglaterra, no que se disputa o Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1. O primeiro Gran Premio da historia correuse alí, nun aeródromo inactivo desde a Segunda Guerra Mundial. As tres pistas de engalaxe, trazadas no clásico formato triangular da época, aínda poden apreciarse dentro do circuíto.

O Gran Premio do Reino Unido rotou entre os circuítos de Silverstone, Aintree e Brands Hatch entre os anos 1955 e 1986, pero realizase permanentemente en Silverstone desde 1987. Parte do autódromo atópase en Northamptonshire e a restante en Buckinghamshire.

O 30 de setembro de 2004, o presidente do British Racing Drivers Club, Jackie Stewart, anunciou que a carreira non sería incluída no calendario provisional de 2005, e aínda que finalmente fose corrida, a mesma non se realizaría en Silverstone.[4] No entanto, o 9 de decembro do mesmo ano alcanzouse un acordo con Bernie Ecclestone, dono do a Fórmula 1, segundo o cal o Gran Premio continuaría disputandose en Silverstone ata 2009, despois Donington Park converteríase no novo hóspede. Pero, os arrendatarios de Donington Park sufriron problemas económicos. Como resultado o BRDC asinou un contrato de 17 anos con Ecclestone para celebrar o Gran Premio de Gran Bretaña en Silverstone.[5]

O circuítoEditar

Silverstone está construído sobre unha base de bombardeiros da Real Forza Aérea, RAF Silverstone da Segunda Guerra Mundial, que abriu as súas portas en 1943. As tres pistas de aterraxe do aeródromo, no clásico formato en triángulo da Segunda Guerra Mundial, atópanse dentro do contorno da pista actual.

Silverstone foi utilizado por primeira como pista de carreiras por un grupo de amigos que improvisou unha carreira en setembro de 1947. Un dos seus membros, Maurice Geoghegan, vivía na veciña vila de de Silverstone e era consciente de que o aeródromo estaba deserto. El e outros once pilotos correron sobre un circuíto de dúas millas, durante o curso da cal o propio Geoghegan atropelou unha ovella que se extraviou no campo de aviación. A ovella morreu e o coche dado de baixa, como consecuencia deste feito a carreira chegou a ser coñecida informalmente como o Gran Premio do Cordeiro.[6]

O ano seguinte, o Real Automóbil Club fixo un contrato de arrendamento co aeródromo e dispúxose dun circuíto de carreiras máis formal. As dúas primeiras carreiras disputáronse nas propias pistas, con longas rectas separadas por pechadas curvas en horquilla, ca pista marcada por balas de palla. Pero, para o mitin do International Trophy de 1949, decidiuse cambiar á pista perimetral. Esta disposición utilizouse para os grandes premios de 1950 e 1951. En 1952 a liña de saída trasladouse da recta da granxa á rectas que une as curvas Woodcote e Copse, e esta disposición mantívose practicamente sen cambios durante os 38 anos seguintes. Para o 1975 introduciuse unha chicana para tratar de reducir as velocidades na poderosa curva Woodcote (aínda que MotoGP utilizou o circuíto sen a chicana ata 1986), e a ponte da curva desviouse sutilmente en 1987.

A pista someteuse a un redeseño importante entre as carreiras de 1990 e 1991, transformando a pista ultra rápida (onde nos seus últimos anos todas as curvas tomábanse en cuarta ou quinta velocidade, dependendo da transmisión do vehículo, fóra diso a chicana Bridge, polo xeral tomábase en 2ª velocidade) nunha pista máis técnica. A primeira carreira de F1 da pista reformada foi quizais o máis memorable dos últimos anos, Nigel Mansell volvía fronte do seu público. Á súa volta da vitoria a boxes Mansell ata atopou tempo para recoller ao seu rival Ayrton Senna e levouno sentado no seu coche logo de que o McLaren de Senna quedara sen combustible na última volta da carreira.

Trala morte de Senna e Roland Ratzenberger en Imola en 1994, moitos circuítos de Gran Premio modificáronse co fin de reducir a velocidade e aumentar a seguridade dos pilotos. Como consecuencia disto a entrada á recta do Hangar desde a curva Stowe modificouse en 1995 a fin de facer a súa entrada menos perigosa. Ademais, a curva da Abadía foi modificada para facer unha chicana tan só 19 días antes do GP de 1994.

CaracterísticasEditar

  • Capacidade espectadores: 150.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´891 quilometros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 52 voltas = 306´332 quilometros. 18 curvas en total.
  • Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 320 km/h con DRS, 301 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 66% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 9% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: 2´4 kg por volta (alto).
  • Cambio de marchas por volta: 48 por volta / 2.496 por carreira.
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: baixo
  • Desgaste dos pneumáticos: medio/alto
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 25 segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´38 segundos.
  • Marca volta: Lewis Hamilton - Mercedes, 1:27.369 en 2019

Planos do circuítoEditar

GaleríaEditar

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de SilverstoneEditar

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1950   Giuseppe Farina Alfa Romeo 2:13:23,600 h 4,649 km 70 146,378 km/h 13 de maio   Reino Unido
1951   José Froilán González Ferrari 2:42:18,200 h 4,649 km 90 154,677 km/h 14 de xullo
1952   Alberto Ascari Ferrari 2:44:11,000 h 4,711 km 85 146,337 km/h 19 de xullo
1953   Alberto Ascari Ferrari 2:50:00,000 h 4,711 km 90 149,644 km/h 18 de xullo
1954   José Froilán González Ferrari 2:56:14,000 h 4,711 km 90 144,351 km/h 17 de xullo
1956   Juan Manuel Fangio Ferrari 2:59:47,000 h 4,711 km 101 158,795 km/h 14 de xullo
1958   Peter Collins Ferrari 2:09:04,200 h 4,711 km 75 164,248 km/h 19 de xullo
1960   Jack Brabham Cooper-Climax 2:04:24,600 h 4,711 km 77 174,944 km/h 16 de xullo
1963   Jim Clark Lotus-Climax 2:14:09,600 h 4,711 km 82 172,765 km/h 20 de xullo
1965   Jim Clark Lotus-Climax 2:05:25,400 h 4,711 km 80 180,292 km/h 10 de xullo
1967   Jim Clark Lotus-Climax 1:59:25,600 h 4,711 km 80 189,345 km/h 15 de xullo
1969   Jackie Stewart Matra-Ford 1:55:55,600 h 4,711 km 84 204,814 km/h 19 de xullo
1971   Jackie Stewart Tyrrell Racing-Ford 1:31:31,500 h 4,711 km 68 210,007 km/h 17 de xullo
1973   Peter Revson McLaren-Ford 1:29:18,500 h 4,711 km 67 212,054 km/h 14 de xullo
1977   James Hunt McLaren-Ford 1:31:46,060 h 4,719 km 68 209,807 km/h 16 de xullo
1979   Clay Regazzoni Williams-Ford 1:26:11,170 h 4,719 km 68 223,395 km/h 14 de xullo
1981   John Watson McLaren-Ford 1:26:54,800 h 4,719 km 68 221,526 km/h 18. xullo
1983   Alain Prost Renault 1:24:39,780 h 4,719 km 67 224,069 km/h 16 de xullo
1985   Alain Prost McLaren-TAG-Porsche 1:18:10,436 h 4,719 km 65 235,425 km/h 21 de xullo
1987   Nigel Mansell Williams-Honda 1:19:11,780 h 4,778 km 65 235,291 km/h 12 de xullo
1988   Ayrton Senna McLaren-Honda 1:33:16,367 h 4,778 km 65 199,782 km/h 10 de xullo
1989   Alain Prost McLaren-Honda 1:19:22,131 h 4,780 km 64 231,265 km/h 16 de xullo
1990   Alain Prost Ferrari 1:18:30,999 h 4,780 km 64 233,775 km/h 15 de xullo
1991   Nigel Mansell Williams-Renault 1:27:35,479 h 5,226 km 59 211,209 km/h 14 de xullo
1992   Nigel Mansell Williams-Renault 1:25:42,991 h 5,226 km 59 215,828 km/h 12 de xullo
1993   Alain Prost Williams-Renault 1:25:38,189 h 5,226 km 59 216,030 km/h 11 de xullo
1994   Damon Hill Williams-Renault 1:30:03,640 h 5,057 km 60 202,144 km/h 10 de xullo
1995   Johnny Herbert Benetton-Renault 1:34:35,093 h 5,057 km 61 195,683 km/h 16 de xullo
1996   Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:33:00,874 h 5,072 km 61 199,576 km/h 14 de xullo
1997   Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:28:01,665 h 5,140 km 59 206,703 km/h 13 de xullo
1998   Michael Schumacher Ferrari 1:47:12,450 h 5,140 km 60 172,600 km/h 12 de xullo
1999   David Coulthard McLaren-Mercedes 1:32:30,144 h 5,140 km 60 200,038 km/h 11 de xullo
2000   David Coulthard McLaren-Mercedes 1:28:50,108 h 5,140 km 60 208,296 km/h 23 de abril
2001   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:25:33,770 h 5,141 km 60 216,231 km/h 15 de xullo
2002   Michael Schumacher Ferrari 1:31:45,015 h 5,141 km 60 201,649 km/h 7 de xullo
2003   Rubens Barrichello Ferrari 1:28:34,554 h 5,141 km 60 208,875 km/h 20 de xullo
2004   Michael Schumacher Ferrari 1:24:42,700 h 5,141 km 60 218,403 km/h 11 de xullo
2005   Juan Pablo Montoya McLaren-Mercedes 1:24:29,588 h 5,141 km 60 218,969 km/h 10 de xullo
2006   Fernando Alonso Renault 1:25:51,927 h 5,141 km 60 215,469 km/h 11 de xuño
2007   Kimi Räikkönen Ferrari 1:21:43,074 h 5,141 km 59 222,630 km/h 8 de xullo
2008   Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 1:39:09,440 h 5´141 km 60 186´585 km/h 6 de xullo
2009   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:22:49,328 h 5´141 km 60 223´386 km/h 21 de xuño
2010   Mark Webber Red Bull-Renault 1:24:38,200 h 5´901 km 52 217´457 km/h 11 de xullo
2011   Fernando Alonso Ferrari 1:28:41,196 h 5´891 km 52 207´598 km/h 10 de xullo
2012   Mark Webber Red Bull-Renault 1:25:11.288 h 5´891 km 52 215´683 km/h 8 de xullo
2013   Nico Rosberg Mercedes 1:32:59,456 h 5´891 km 52 198´076 km/h 30 de xuño
2014   Lewis Hamilton Mercedes 2:26:52.094 h 5´891 km 52 215´091 km/h 6 de xullo
2015   Lewis Hamilton Mercedes 1:31:27.729 h 5´891 km 52 200´957 km/h 5 de xullo
2016   Lewis Hamilton Mercedes 1:34:55.831 h 5´891 km 52 193´530 km/h 10 de xullo
2017   Lewis Hamilton Mercedes 1:21:27.430 h 5´891 km 52 221´201 km/h 16 de xullo
2018   Sebastian Vettel Ferrari 1:27.29.784 h 5´891 km 52 210´065 km/h 8 de xullo
2019   Lewis Hamilton Mercedes 1:21:08.452 h 5´891 km 52 226´420 km/h 14 de xullo

Récord: Alain Prost (5 veces)

NotasEditar

  1. "BTCC heading for the Home of British Motor Racing | Racecar – Motorsport News". Racecar. 2009-08-13. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 2010-07-05. 
  2. "British GP". FIA.com. Federation Internationale de l'Automobile. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2013. Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  3. "New Silverstone circuit gets green light for 2010 British Grand Prix". Silverstone Circuit (British Racing Drivers' Club). 2010-02-11. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2010. Consultado o 2010-02-11. 
  4. "''British GP set for axe''". Itv-f1.com. 1 de outubro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2005. Consultado o 2010-07-05. 
  5. "Silverstone seals British GP deal''". BBC News. 2004-12-09. Consultado o 2010-07-05. 
  6. Tibballs, Geoff (2001). Motor Racing's Strangest Races. London: Robson Books. pp. 123–124. ISBN 978-1-86105-411-1. 

Véxase taménEditar