Gran Premio de Alemaña de 1954
O Gran Premio de Alemaña de 1954 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 1 de agosto de 1954 no circuíto de Nürburgring Nordschleife. Foi a sesta carreira da tempada de Fórmula Un de 1954. Foi o 17º Gran Premio de Alemaña -xa que a carreira se celebrou por primeira vez en 1926- e o 16º que se celebrou no complexo de circuítos de Nürburgring. A carreira gañouna o campión do mundo de 1951, o piloto arxentino Juan Manuel Fangio pilotando un Mercedes-Benz W196. Os pilotos do Ferrari 625 Mike Hawthorn (nun coche compartido con José Froilán González) e Maurice Trintignant terminaron segundo e terceiro coa Scuderia Ferrari.
Nome oficial | XVII Großer Preis von Deutschland |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Alemaña |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1954 |
Distancia do evento | 22 |
Localización e Datas | |
Localización | Nürburgring (Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz) 50°20′08″N 6°56′51″L / 50.335555555556, 6.9475 |
Lonxitude | 5,148 km |
País | Alemaña |
Data | 1 de agosto de 1954 |
Competición | |
Primeiro posto | Juan Manuel Fangio |
Pole position | Juan Manuel Fangio |
Volta máis rápida | Karl Kling |
Informe
editarA carreira alargouse de 18 a 22 voltas, levando ó Gran Premio de Alemaña ata unha distancia de aproximadamente 500 quilómetros, distancia utilizada pola maioría dos Grandes Premios de Fórmula Un do momento. Mercedes levou a Nürburgring a súa nova versión do W196 con rodas descubertas para Fangio, Kling e Hermann Lang, logo da derrota de Mercedes en Silverstone dos seus coches aerodinámicos Hans Herrmann conduciu un áxil W196. Na cualificación Fangio logrou a pole position por diante de Hawthorn, pero a práctica viuse empañada pola morte do piloto oficial de Maserati Onofre Marimón. Ao entrar no Wehrseifen, leve xiro á dereita / forte xiro á esquerda, o Maserati 250F de Marimón non puido negociar a curva seguiu costa abaixo e caeu por un terraplén, o coche deu un salto mortal e el morreu no acto. O compañeiro de equipo de Marimón Luigi Villoresi retirouse da carreira, como o fixo Ken Wharton de Owen Racing con Maserati pero o terceiro coche do equipo de Sergio Mantovani iniciou a carreira. Stirling Moss clasificou terceiro no seu Maserati 250F privado por diante de Hans Herrmann (Mercedes-Benz W196), González e Paul Frère (Gordini T16).
Fangio e Karl Kling lideraban a carreira nos seus dous Mercedes. Hawthorn retirouse anticipadamente cun eixo roto, do mesmo xeito que Moss, Frère e o piloto privado de Maserati Roberto Mieres. Hermann Lang, unha das estrelas antes da guerra das "frechas de prata" de Mercedes saíuse na súa última aparición nun Gran Premio logo de dez voltas. González comezou no terceiro posto, pero estaba tan alterado pola morte de Marimón que foi chamado logo de 16 voltas para ser substituído por Hawthorn, quen saíu en persecución do Mercedes. Acadou o segundo posto cando Kling entrou en boxes e lanzouse a unha persecución sen descanso trás Fangio. Nas últimas voltas da carreira, o orballo obrigouno a frear e ocupou segundo por diante de Trintignant. Kling terminou cuarto por diante de Mantovani, o último piloto en percorrer a distancia de carreira, conseguindo algúns puntos para un entristecido Maserati. Kling conseguiu o punto da volta rápida.
Só dez dos 23 cualificados terminaron esta carreira esgotadora. Cun tempo de 3 h 45' 45,8" foi a carreira máis longa (non Indy 500) da historia do campionato de F1, ata o Gran Premio do Canadá de 2011, que durou pouco máis de catro horas. A vitoria levou a Fangio máis arriba no campionato, con máis do dobre dos puntos do seu rival máis próximo, González. Unha vitoria na próxima carreira no Gran Premio de Suíza podía darlle o seu segundo campionato.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 18 | Juan Manuel Fangio | Mercedes | 22 | 3:45:45.8 | 1 | 8 |
2 | 1 | José Froilán González Mike Hawthorn |
Ferrari | 22 | +1' 36.5 | 5 | 3 3 |
3 | 2 | Maurice Trintignant | Ferrari | 22 | +5' 08.6 | 7 | 4 |
4 | 19 | Karl Kling | Mercedes | 22 | +6' 06.5 | 23 | 4 |
5 | 7 | Sergio Mantovani | Maserati | 22 | +8' 50.5 | 15 | 2 |
6 | 4 | Piero Taruffi | Ferrari | 21 | +1 volta | 13 | |
7 | 15 | Harry Schell | Maserati | 21 | +1 volta | 14 | |
8 | 25 | Louis Rosier | Ferrari | 21 | +1 volta | 11 | |
9 | 24 | Robert Manzon | Ferrari | 20 | +2 voltas | 12 | |
10 | 9 | Jean Behra | Gordini | 20 | +2 voltas | 9 | |
Ret | 14 | Prince Bira | Maserati | 18 | Dirección | 19 | |
Ret | 21 | Hermann Lang | Mercedes | 10 | Trompo | 13 | |
Ret | 11 | Clemar Bucci | Gordini | 8 | Roda | 16 | |
Ret | 22 | Theo Helfrich | Klenk-BMW | 8 | Motor | 21 | |
Ret | 20 | Hans Herrmann | Mercedes | 7 | Fuga combustible | 4 | |
Ret | 10 | Paul Frère | Gordini | 4 | Roda | 6 | |
Ret | 3 | Mike Hawthorn | Ferrari | 3 | Transmisión | 2 | |
Ret | 8 | Roberto Mieres | Maserati | 2 | Fuga combustible | 17 | |
Ret | 16 | Stirling Moss | Maserati | 1 | Rodamento roda | 3 | |
Ret | 12 | André Pilette | Gordini | 0 | Suspensión | 20 | |
NTS | 6 | Onofre Marimón | Maserati | Accidente mortal | 8 | ||
NTS | 5 | Luigi Villoresi | Maserati | Retirado | 10 | ||
NTS | 17 | Ken Wharton | Maserati | Retirado | 22 |
Posicións logo da carreira
editarPos | Piloto | Puntos | |
---|---|---|---|
1 | Juan Manuel Fangio | 36 1⁄7 | |
2 | José Froilán González | 17 9⁄14 | |
3 | Maurice Trintignant | 15 | |
1 | 4 | Mike Hawthorn | 10 9⁄14 |
3 | 5 | Karl Kling | 10 |
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os cinco mellores resultados contan para o campionato.
Notas
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Alemaña de 1954 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1954 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1954 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Suíza de 1954 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1953 |
Gran Premio de Alemaña | Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1956 |