Abrir o menú principal
Nürburgring
Plano do Circuíto
Circuit Nürburgring-2013-GP.svg
Datos
Carreiras
Localización Alemaña Nürburg, Alemaña
Lonxitude 5´148 km
Curvas 16
Volta rápida (2004) 1:29.468
Piloto Record Alemaña Michael Schumacher
Escudería Record Ferrari
Coordenadas 50°20′08″N 6°56′51″L / 50.33556, -6.94750
Vista do Circuíto
Vista

Nürburgring é un autódromo situado ao redor do pobo e castelo medieval de Nürburg nas montañas Eifel, Alemaña. Considerado como o circuíto máis difícil e esgotador do mundo, coñéceselle como Grüne Hölle ou "inferno verde", apelativo inventado polo piloto de Fórmula 1 Jackie Stewart.

Índice

Historia e característicasEditar

O circuíto orixinal concibiuse como lugar de probas das marcas alemás de automóbiles. A construción do circuíto, deseñado por Otto Creutz, iniciouse en setembro de 1925. Nesta época existía un único trazado de 28.3 km de 6.7 m de ancho e estaba formado por dúas seccións, a sección sur, Südschleife, de 7.5 km, e a sección norte, Nordschleife, de 22.8 km. O primeiro Campionato Mundial de Motociclismo disputouse nesta pista o 19 de xuño de 1927 e un mes máis tarde, o primeiro Gran Premio de Alemaña.

En 1929 utilizouse por última vez o circuíto completo en competicións internacionais. Os pilotos que conseguiron recordar cada curva e gañar foron chamados Ringmeister ("mestre do anel"), como Rudolf Caracciola, Tazio Nuvolari e Bernd Rosemeyer.

As competicións de Fórmula 1 iniciáronse en 1951 e desde o principio incluíron o Gran Premio de Alemaña (en 1959 disputouse en AVUS, en Berlín). Xurdiron novos Ringmeister, talles como Alberto Ascari, Juan Manuel Fangio, Stirling Moss, John Surtees, Jackie Stewart e Jacky Ickx. A finais dos anos 1960, a pista era cada vez máis perigosa debido ao aumento constante de velocidade dos Fórmula 1, polo que en 1970 o Gran Premio de Alemaña mudouse temporalmente ao Hockenheimring mentres se reconstruía a sección norte. Elimináronse obstáculos e instaláronse barreiras de seguridade, pero isto foi suficiente por poucos anos. Desde 1976, a pista xa non cumpría coas novas regulacións de seguridade e, polas súas dimensións, tampouco se adaptaba o espectáculo en televisión - era imposible cubrir o percorrido enteiro mediante cámaras de televisión. Un accidente case fatal de Niki Lauda, un dos maiores opoñentes ao circuíto, precipitou a saída do Nürburgring das competencias de Fórmula 1.

Entre 1981 e 1984, reconstruíuse o circuíto, en parte sobre o antigo trazado, cunha lonxitude reducida a 4,5 km. Este foi completado en 1984 co que a Fórmula 1 regresou a Nürburgring ese ano, en 1985 e logo desde 1995. Chamouse Gran Premio de Europa pero tamén Gran Premio de Luxemburgo. En 1999 as choivas intermitentes fixeron que moitos fanáticos cresen que a "pantasma do Nordschleife" volvera - durante uns minutos unha zona da pista estaba absolutamente mollada, e a outra totalmente seca.

O Nordschleife utilízase en competicións especiais, como as 24 horas de Nürburgring, e como pista de probas. Ademais calquera persoa pode pagar para correr nela co seu automóbil, sexa un turismo de baixa potencia ou un superdeportivo.

 
Mapa de ambos circuítos ca sección do actual Grand-Prix en negro

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de NürburgringEditar

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
Nürburgring Nordschleife
1951   Alberto Ascari Ferrari 3:23:03,300 h 22´810 km 20 134´801 km/h 29. xullo   Alemaña
1952   Alberto Ascari Ferrari 3:06:13,300 h 22´810 km 18 132´288 km/h 3. agosto
1953   Giuseppe Farina Ferrari 3:02:25,000 h 22´810 km 18 135´047 km/h 2. agosto
1954   Juan Manuel Fangio Mercedes GP 3:45:45,800 h 22´810 km 22 133´366 km/h 1. agosto
1956   Juan Manuel Fangio Ferrari 3:38:43,700 h 22´810 km 22 137´656 km/h 5. agosto
1957   Juan Manuel Fangio Maserati 3:30:38,300 h 22´810 km 22 142´943 km/h 4. agosto
1958   Tony Brooks Vanwall 2:21:15,000 h 22´810 km 15 145´338 km/h 3. agosto
1961   Stirling Moss Lotus-Climax 2:18:12,400 h 22´810 km 15 148´538 km/h 6. agosto
1962   Graham Hill BRM 2:38:45,300 h 22´810 km 15 129´312 km/h 5. agosto
1963   John Surtees Ferrari 2:13:06,800 h 22´810 km 15 154´222 km/h 4. agosto
1964   John Surtees Ferrari 2:12:04,800 h 22´810 km 15 155´429 km/h 2. agosto
1965   Jim Clark Lotus-Climax 2:07:52,400 h 22´810 km 15 160´542 km/h 1. agosto
1966   Jack Brabham Brabham-Repco 2:27:03,000 h 22´810 km 15 139´606 km/h 7. agosto
1967   Denis Hulme Brabham-Repco 2:05:55,700 h 22´835 km 15 163´200 km/h 6. agosto
1968   Jackie Stewart Matra-Ford 2:19:03,200 h 22´835 km 14 137´943 km/h 4. agosto
1969   Jacky Ickx Brabham-Ford 1:49:55,400 h 22´835 km 14 174´498 km/h 3. agosto
1971   Jackie Stewart Tyrrell-Ford 1:29:15,700 h 22´835 km 12 184´191 km/h 1. agosto
1972   Jacky Ickx Ferrari 1:42:12,300 h 22´835 km 14 187´676 km/h 30. xullo
1973   Jackie Stewart Tyrrell-Ford 1:42:03,000 h 22´835 km 14 187´961 km/h 5. agosto
1974   Clay Regazzoni Ferrari 1:41:35,000 h 22´835 km 14 188´824 km/h 4. agosto
1975   Carlos Reutemann Brabham-Ford 1:41:14,100 h 22´835 km 14 189´474 km/h 3. agosto
1976   James Hunt McLaren-Ford 1:41:42,700 h 22´835 km 14 188´586 km/h 1. agosto
Nürburgring Grand-Prix-Kurs
1984   Alain Prost McLaren-TAG-Porsche 1:35:13,284 h 4´542 km 67 191´751 km/h 7. outubro   Europa
1985   Michele Alboreto Ferrari 1:35:31,337 h 4´542 km 67 191´147 km/h 4. agosto   Alemaña
1995   Michael Schumacher Benetton-Renault 1:39:59,044 h 4´556 km 67 183´180 km/h 1. outubro   Europa
1996   Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:33:26,473 h 4´556 km 67 196´007 km/h 28. abril
1997   Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:31:27,843 h 4´556 km 67 200´244 km/h 28. setembro   Luxemburgo
1998   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:32:14,789 h 4´556 km 67 198´545 km/h 27. setembro
1999   Johnny Herbert Stewart-Ford 1:41:54,314 h 4´556 km 66 177´034 km/h 26. Setembro   Europa
2000   Michael Schumacher Ferrari 1:42:00,307 h 4´556 km 67 179´541 km/h 21. Maio
2001   Michael Schumacher Ferrari 1:29:42,724 h 4´556 km 67 204´143 km/h 24. Xuño
2002   Rubens Barrichello Ferrari 1:35:07,426 h 5´146 km 60 194´742 km/h 23. xuño
2003   Ralf Schumacher Williams-BMW 1:34:43,622 h 5´148 km 60 195´633 km/h 29. xuño
2004   Michael Schumacher Ferrari 1:32:35,101 h 5´148 km 60 200´160 km/h 30. maio
2005   Fernando Alonso Renault 1:31:46,648 h 5´148 km 59 198555 km/h 29. maio
2006   Michael Schumacher Ferrari 1:35:58,765 h 5´148 km 60 193´081 km/h 7. maio
2007   Fernando Alonso McLaren-Mercedes 2:06:26,358 h 5´148 km 60 146´567 km/h 22. xullo
2009   Mark Webber Red Bull-Renault 1:36:43,310 h 5´148 km 60 191´599 km/h 12. xullo   Alemaña
2011   Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 1:37:30,224 h 5´148 km 60 190´059 km/h 24. xullo
2013   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:41.14.711 h 5´148 km 60 182´896 km/h 7. xullo

Record Nordschleife: J.M.Fangio/J.Stewart (3 Veces); Record GP-Kurs: M.Schumacher (5 Veces)

 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar