Sebastian Vettel
Sebastian Vettel, nado en Heppenheim o 3 de xullo de 1987[1], é un expiloto de Fórmula 1 alemán. Foi Campión do Mundo, catro veces en 2010, 2011, 2012, e 2013.[2] É un dos pilotos de F1 máis exitosos de todos os tempos e é considerado un grande.
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de xullo de 1987 (37 anos) Heppenheim (Bergstraße), Alemaña | ||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 176 cm | ||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 62 kg | ||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, motorsports competitor (en) | ||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Alemaña | ||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Fórmula 1 (2007–) automobilismo | ||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||
20 de xaneiro de 2016 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||||||||||
Título | Campión do Mundo de Fórmula 1 | ||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | sebastianvettel.de | ||||||||||||||||||||||||||||
|
Vettel comezou a súa carreira na Fórmula Un como piloto de probas para BMW Sauber en 2006, facendo unha única aparición nunha carreira en 2007. Como parte do Red Bull Junior Team, Vettel pilotou para a Scuderia Toro Rosso máis tarde ese ano e mantívose como piloto a tempo completo para 2008. Vettel ascendeu a Red Bull en 2009. Con Red Bull, Vettel gañou catro títulos consecutivos desde 2010 ata 2013, o primeiro dos cales o converteu no campión do mundo máis novo do deporte, establecendo os récords de máis vitorias consecutivas en carreiras (9) e vitorias en carreiras nunha única tempada (13).[3][4] En 2015 firmou pola Scuderia Ferrari para o que correru ata 2020. Fichou por Aston Martin para as tempadas 2021-2022, antes de anunciar os seus plans para retirarse da Fórmula Un a finais da tempada 2022.[5]
Mocidade e vida persoal
editarVettel naceu en Heppenheim, entón Alemaña Occidental fillo de Norbert e Heike Vettel. Ten un irmán máis novo, Fabián, e dúas irmás máis vellas, Melanie, técnico ental, e Stefanie, fisioterapeuta para nenos incapacitados.[6] Vettel dixo nunha entrevista que el era terrible na escola, pero logrou o título de secundaria cunha nota respectable, na escola secundaria Starkenburg Gymnasium en Heppenheim.[7] Tamén mencionou que os seus heroes da infancia eran "Os tres Michaels", que eran Michael Schumacher, Michael Jordan e Michael Jackson. Dixo que quería ser un cantante como Michael Jackson, pero deuse conta de que non podía porque non tiña a voz.[8] Vettel é tamén un fan de The Beatles destacando varios discos, entre eles Abbey Road e a súa canción favorita é "Drive My Car". Nunha entrevista en Top Gear, Vettel confesouse como fan da comedia británica como Little Britain e Monty Python's Life of Brian. Vettel vive en Thurgovia, Suíza, entre outros pilotos de carreiras e é un fan do equipo de fútbol alemán Eintracht Frankfurt. Vettel describiuse a si mesmo como competitivo, privado, e impaciente. Vettel tamén aparece nos anuncios de Head & Shoulders. Na versión alemá de Cars 2, Vettel presenta unha voz en off.
Mantén unha relación con Hanna Sprater, coa que leva desde a infancia. En xaneiro de 2014, Vettel converteuse en pai da súa primeira filla.[9][10]
Vida deportiva
editarVettel comezou no automobilismo aos sete anos, pilotando karts. En 2004, na F-BMW Alemá, venceu 18 de 20 carreiras disputadas e conquistou o título da competición. Nos anos seguintes, Vettel correu na F-3 Europea e pasou a espertar o interese de BMW, onde pasou a realizar probas.
Fórmula Un
editarBMW Sauber (2006–2007)
editar2006
editar- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2006.
Vettel converteuse no terceiro piloto de BMW Sauber no Gran Premio de Turquía de 2006, cando o ex titular Robert Kubica foi convocado para substituír a Jacques Villeneuve no Gran Premio de Hungría de 2006.
No seu debut nas probas, Vettel marcou o mellor tempo na segunda práctica libre do venres antes da carreira.[11] Nese momento, converteuse no piloto máis novo da Fórmula Un en participar na competición nun Gran Premio de fin de semana (19 anos e 53 días), tamén recibiu a súa primeira multa por superar o límite de velocidade no pitlane camiño da pista.[12]
Na súa segunda sesión de probas no Gran Premio de Italia de 2006, estableceu o tempo máis rápido nas dúas sesións de adestramentos do venres, unha fin de semana de carreiras no que todos os coches BMW foron rápidos, co seu predecesor Robert Kubica terminando no podio na carreira.
2007
editar- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2007.
Vettel foi confirmado como piloto de probas de BMW para 2007.[13] Tralo grave accidente do piloto regular de BMW Kubica no Gran Premio do Canadá de 2007 Vettel substituíuno no Gran Premio dos Estados Unidos de 2007.[14] Comezou na sétima posición da grella, terminando na oitava posición logrando o seu primeiro punto no Campionato Mundial e converteuse no piloto máis novo no momento en anotar un punto na Fórmula Un (á idade de 19 anos e 349 días), unha marca en posesión anteriormente de Jenson Button, quen tiña 20 anos e 67 días de idade cando terminou sexto no Gran Premio do Brasil de 2000.[15]
Toro Rosso (2007-2008)
editar2007
editarNa véspera do Gran Premio de Hungría de 2007, Vettel foi confirmado como novo piloto da Scuderia Toro Rosso, en substitución do estadounidense Scott Speed, que saíu tras varios desencontros co equipo.[16] Cobrou aproximadamente 165.000 US $ por terminar a tempada con Toro Rosso.[17] Antes da carreira, tamén se anunciou que Vettel pilotaría para Toro Rosso en 2008,[18] xunto a Sébastien Bourdais.[19]
2008
editarO 14 de setembro de 2008 venceu de forma sorprendente o gran Gran Premio de Italia de 2008, conquistando a primeira vitoria da carreira na categoría e tamén do equipo Toro Rosso.[20][21] Con este feito, converteuse no piloto máis novo en gañar un Gran Premio, con vinte e un anos, tres meses e oito días.[22] Logrou outra marca con só nove meses de carreira na Fórmula 1, converteuse no piloto máis novo en ser multado pola FIA por unha infracción ao pasar do límite de velocidade nos boxes mentres accedía á pista por primeira vez.
Red Bull (2009–2014)
editarAlzouse co campionato de Fórmula 1 de 2010, converténdose no piloto máis novo da historia en ser Campión do Mundo. Campionato que renovou en 2011, 2012 e 2013.
En 2009, Vettel pasa a correr en Red Bull, substituíndo a David Coulthard, que se retirou ao fin da tempada de Fórmula 1 de 2008.
O 19 de abril de 2009, no Gran Premio da China de 2009, conquistou a segunda vitoria na categoría e a primeira do equipo Red Bull.[23][24]
En 1 de novembro, Vettel terminou no segundo posto no campionato Mundial, sendo o piloto máis novo en conseguir tal feito, trala súa vitoria no Gran Premio de Abu Zabi de 2009, ficando só detrás do británico Jenson Button no campionato.[25][26]
En 19 de novembro de 2009, Vettel foi elixido mellor piloto do ano pola revista inglesa "Autosport", nunha votación feita cos xefes de equipo da categoría.[27][28]
O piloto alemán comezou a temporada de 2010 logrando a pole position nas dúas primeiras roldas, no entanto, por problemas no coche, acabou perdendo o liderado, inclusindo a retirada na segunda carreira. A primeira vitoria na temporada veu na terceira carreira, o Gran Premio de Malaisia de 2010, cando superou ao seu compañeiro de equipo Mark Webber, que chegou segundo. O 14 de novembro, Vettel proclamouse campión da categoría, tras vencer na última carreira da tempada, o GP de Abu Zabi.[29] Vettel converteuse no campión máis novo da historia, con 23 anos, 4 meses e 11 días. Vettel tamén se converteu no 1º piloto da historia da Fórmula 1 en ser campión sen liderar o campionato antes da última proba.
O día 24 de febreiro de 2012 o piloto recibiu do presidente da Alemaña, Horst Seehofer, a distinción "Silberne Lorbeerblat" (folla de prata), a máis alta condecoraçión concedida polo goberno alemán aos deportistas, pola conquista do bicampionato.[30]
O 25 de novembro de 2012, tornouse o máis novo tricampión mundial da Fórmula 1, chegando en sexto lugar no GP do Brasil, a última proba da tempada. Vettel logrou o campionato con tres puntos de vantaxe sobre Fernando Alonso, que quedou na segunda posición.[31]
O 27 de outubro de 2013, tornouse o máis novo tetracampión mundial da Fórmula 1, tras ser primeiro no Gran Premio da India, a falta de catro carreiras. Cunha temporada perfecta e sen erros, Vettel foi tetracampión cunha gran vantaxe en relación a Fernando Alonso, que chegou na décima primeira posición.
Durante a fin de semana do Gran Premio do Xapón de 2014, anunciou que deixaba o equipo ao fin da tempada de 2014 antes do termo do seu contrato, que concluiría en 2015.[32]
Ferrari (2015–2020)
editarAston Martin (2021 - 2020)
editarVitorias na Fórmula 1
editar- 2008: Italia (Monza)
- 2009: Abu Dhabi (Yas marina), China (Shangai), Gran Bretaña (Silverstone), Xapón (Suzuka)
- 2010: Brasil (Interlagos), Malaisia (Sepang), Abu Dhabi (Yas marina), Europa (València), Xapón (Suzuka)
- 2011: Australia (Melbourne Grand Prix Circuit), Malaisia (Sepang), Turquía (Istambul Park), España (Montmelo), Mónaco (Montecarlo), Europa (Valencia), Bélxica, Italia (Monza), Singapur (Marina Bay), Corea (Yeongam), India (Buda).
- 2012: Bahrain, Singapur (Marina Bay), Xapón (Suzuka), Corea (Yeongam), India (Buda)
- 2013: Malaisia, Baharain, Canadá, Alemaña, Bélxica, Italia, Singapur, Corea, Xapón, India, Abu Zabi, Estados Unidos, Brasil
- 2015: Malaisia, Hungría e Singapur
Logros
editarEn 2010 alzouse co campionato do mundo converténdose así no piloto máis novo en conseguir este título. En 2011 renovou o campionato e tamén se converteu no bicampión máis novo da historia, en 2012 logrou o seu terceiro campionato polo que tamén é o tricampión máis novo da historia, en 2013 logrou o cuarto campionato consecutivo.
Costumes e Supersticións
editarSebastian Vettel ten o costume de poñerlle nomes de muller aos seus coches, inspirado polos pilotos estadounidenses de bombardeiros da segunda guerra mundial. Declarou: "É importante ter unha estreita relación co coche. Como un barco, un coche debería levar o nome dunha moza porque é sexy".[33] Sábese que na súa primeira temporada na Fórmula 1 púxolle o nome de Julie ao seu STR3. O RB5 do ano seguinte foi alcumado Kate, despois do accidente de Australia, tiveronlle que cambiar o chasis, este foi alcumado Kate’s Dirty Sister (irmá sucia de Kate). Para a súa última montura o RB6 escolleu o nome de Luscious Liz (Seductora Liz). Unha vez cambiado este último, o seu sucesor foi chamado Randy Mandy (Mandy a Cacheira). En 2011, o campión do mundo bautizou ao RB7 como Kinky Kylie (pervertida Kylie). Ao RB8 chamouno Abbey[34] e o RB9 recibiu o nome de Hungry Heidi.[35] O tetracampeon chamou ao RB10 "Suzie", e na súa nova aventura coa Scuderia Ferrari, chamou ao SF15-T "Eva".[36] Para a tempada 2016 Vettel e o seu mecánicos decidiron nomear o seu Ferrari SF16-H Margherita.[37] Para 2017, Vettel decidiu bautizar o seu Ferrari SF70H como "Gina",[38] Loria (2018), Lina (2019),[39] e Lucilla (2020).[40] Tamén ten como superstición pasar unha "Moeda da sorte" polos cordóns dos seus zapatos.[41]
Tempada | Coche | Nome(s) |
---|---|---|
2008 | Toro Rosso STR3 | Julie |
2009 | Red Bull RB5 | Kate e a irmá porca de Kate |
2010 | Red Bull RB6 | Liz a seductora e Randy a cacheira |
2011 | Red Bull RB7 | Kylie a pervertida |
2012 | Red Bull RB8 | Abbey |
2013 | Red Bull RB9 | Heidi a famenta |
2014 | Red Bull RB10 | Suzie |
2015 | Ferrari SF15-T | Eva |
2016 | Ferrari SF16-H | Margherita |
2017 | Ferrari SF70H | Gina |
2018 | Ferrari SF71H | Loria |
2019 | Ferrari SF90 | Lina |
2020 | Ferrari SF1000 | Lucilla |
2021 | Aston Martin AMR21 | Honey Ryder |
2022 | Aston Martin AMR22 |
Rexistro de carreiras
editarTraxectoria profesional
editar* Tempada en progreso.
Resultados completos na Formula BMW ADAC
editar(Carreiras en letra grosa indican pole position, carreiras en cursiva indican a volta rápida.)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Pos | Puntos | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2003 | Eifelland Racing | HOC1 1 Ret |
HOC1 2 2 |
ADR 1 1 |
ADR 2 1 |
NÜR1 1 3 |
NÜR1 2 2 |
LAU 1 6 |
LAU 2 7 |
NOR 1 Ret |
NOR 2 1 |
NÜR2 1 10 |
NÜR2 2 2 |
NÜR3 1 1 |
NÜR3 2 2 |
A1R 1 6 |
A1R 2 8 |
ZAN 1 DNS |
ZAN 2 3 |
HOC2 1 3 |
HOC2 2 1 |
2do | 216 | ||
2004 | ADAC Berlin-Brandenburg e.V. | HOC1 1 1 |
HOC1 2 1 |
ADR 1 2 |
ADR 2 1 |
NÜR1 1 1 |
NÜR1 2 3 |
LAU 1 1 |
LAU 2 1 |
NOR 1 1 |
NOR 2 1 |
NÜR2 1 1 |
NÜR2 2 1 |
OSC 1 1 |
OSC 2 1 |
ZAN 1 1 |
ZAN 2 1 |
BRN 1 1 |
BRN 2 1 |
HOC2 1 1 |
HOC2 2 1 |
1ro | 387 | ||
Fonte:[42]
|
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Récords
editarSebastian Vettel ostenta diversas marcas na Fórmula 1:
Marca | Lograda |
---|---|
Campión do mundo sendo líder do mundial menos carreiras durante a tempada | 2010 (Igualando as marcas de John Surtees e James Hunt) |
Piloto con máis puntos conseguidos nunha tempada[43] | 2013 (397 puntos) |
Maior porcentaxe do total de puntos posibles nunha tempada | 2011 (86´40%) |
Campión do mundo sendo líder do mundial máis carreiras durante a tempada | 2011 (19 carreiras) |
Campión do mundo con maior marxe de puntos respecto ao segundo | 2011 (155 puntos) |
Mellor media de puntos por carreira[44] | 9´54 |
Piloto con máis Poles nunha tempada | 2011 (15) |
Piloto con máis adiantamentos nunha tempada | 2012 (75) |
Piloto máis novo en participar nun Gran Premio[45] | 2006 (25 de agosto de 2006, con 19 anos e 53 días) |
Piloto máis novo en conseguir o tempo máis rápido nunha sesión de Fórmula 1[46] | |
Piloto máis novo en conseguir puntuar na Fórmula 1[47] | Gran Premio dos Estados Unidos de 2007 (17 de xuño de 2007, con 19 anos e 349 días) |
Piloto máis novo en liderar unha carreira de Fórmula 1, por polo menos unha volta[48] | Gran Premio do Xapón de 2007 (30 de setembro de 2007, con 20 anos e 89 días) |
Piloto máis novo en conseguir unha Pole Position en Fórmula 1 | Gran Premio de Italia de 2008 (13 de setembro de 2008, con 21 anos e 72 días) |
Piloto máis novo en subir a un podio na Fórmula 1[49] | Gran Premio de Italia de 2008 (14 de setembro de 2008, con 21 anos e 73 días) |
Piloto máis novo en gañar unha carreira | |
Piloto máis novo en conseguir un dobrete (pole position e vitoria) | |
Piloto máis novo en conseguir un triplo (pole position, vitoria e volta rápida) | Gran Premio do Reino Unido de 2009 (con 21 anos e 353 días) |
Piloto máis novo en conseguir un Grand Chelem (pole position, vitoria e volta rápida liderando
todas as voltas da carreira) |
Gran Premio da India de 2011 (con 24 anos e 119 días) |
Piloto máis novo en gañar un mesmo GP en dúas ocasións | Gran Premio do Xapón en 2009 e 2010 (con 23 anos e 98 días) |
Piloto máis novo en gañar o Campionato do Mundo | 2010 (14 de novembro de 2010, con 23 anos e 135 días) |
Piloto máis novo da historia en gañar dous Campionatos do Mundo | 2011 (9 de outubro de 2011, con 24 anos e 98 días) |
Piloto máis novo da historia en gañar dous Campionatos do Mundo consecutivos | |
Piloto máis novo da historia en gañar tres Campionatos do Mundo | 2012 (25 de novembro de 2012, con 25 anos e 146 días) |
Piloto máis novo da historia en gañar tres Campionatos do Mundo consecutivos | |
Piloto máis novo da historia en gañar catro Campionatos do Mundo | 2013 (27 de outubro de 2013, con 26 anos e 116 días) |
Piloto máis novo da historia en gañar catro Campionatos do Mundo consecutivos | |
Piloto máis novo en ser Subcampión do Mundo | 2009 (1 de novembro de 2009, con 22 anos e 121 días) |
Piloto con máis vitorias consecutivas (nove)[50] | 2013, desde o Gran Premio de Bélxica de 2013 ata o Gran Premio do Brasil de 2013 |
Predecesor: Jenson Button |
Campión da Fórmula 1 2010-2011-2012-2013 |
Sucesor: Lewis Hamilton |
Notas
editar- ↑ "Sebastian Vettel". Formula1.com. Formula One Administration. Consultado o 2 de decembro de 2012.
- ↑ "Vettel beyond reach in India". Federation Internationale de l'Automobile. 27 de outubro de 2013. Consultado o 29 de outubro de 2013.
- ↑ "Wins – Consecutively". Stats F1. Consultado o 12 January 2019.
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome:2
- ↑ "Sebastian Vettel to retire from Formula 1 at the end of the 2022 season". Sky Sports (en inglés). Consultado o 2022-11-20.
- ↑ Schneider, Frank (8 de xullo de 2011). "British Grand Prix 2011: revealed – the real Sebastian Vettel". The Daily Telegraph.
- ↑ "Heldenverehrung: Gymnasium nach Rennfahrer Sebastian Vettel benannt". Der Spiegel. Consultado o 25 de setembro de 2011.
- ↑ "The Secret Life of Sebastian Vettel". Formula One. 17 de marzo de 2010. Consultado o 18 de marzo de 2010.
- ↑ "Sebastian Vettel wird zum ersten Mal Vater" [Sebastian Vettel will be a first time father]. Die Welt (en German) (Thomas Schmid; Axel Springer AG). 10 de decembro de 2013. Consultado o 10 de decembro de 2013.
- ↑ "Exclusive Sebastian Vettel Q&A: Right now, nothing is lost". Formula1.com. 1 de marzo de 2014. Consultado o 1 de marzo de 2014.
- ↑ "2006 Turkish Grand Prix – Fri Prac 2". Formula One. 25 de agosto de 2006. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 1 de xuño de 2007.
- ↑ "Sebastian Vettel". F1 Fanatic. Consultado o 14 de agosto de 2015.
- ↑ "BMW names same drivers for 2007". grandprix.com. 19 de outubro de 2006. Consultado o 1 de xuño de 2007.
- ↑ "Vettel to replace Kubica at Indianapolis". Autosport. 14 de xuño de 2007. Consultado o 14 de xuño de 2007.
- ↑ "Vettel becomes F1's youngest scorer". itv-f1.com. 17 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007.
- ↑ "U.S. driver Scott Speed dropped by Toro Rosso, replaced by Sebastian Vettel". Associated Press. 31 de xullo de 2007. Consultado o 21 de xullo de 2008.
- ↑ "Vettel to earn $165, 000 at STR". flagworld.auto123.com. 1 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2007. Consultado o 1 de agosto de 2007.
- ↑ "Vettel to race for Toro Rosso in 2008". Autosport. 2 de agosto de 2007. Consultado o 2 de agosto de 2007.
- ↑ "Toro Rosso confirm Bourdais for 2008". grandprix.com. 10 de agosto de 2008. Consultado o 10 de agosto de 2008.
- ↑ "Vettel é dominante e leva GP da Itália histórico". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2012. Consultado o 13 de maio de 2017.
- ↑ Folha Online (ed.). "Vettel vence o GP da Itália de F-1; Massa fica em sexto lugar".
- ↑ "Vettel vence em Monza e bate recorde Revista Racing". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 13 de maio de 2017.
- ↑ "Precoce", Vettel chega a segunda vitória na F1".
- ↑ PAZZI, Milton Jr. Vettel vence o GP da China, em dia de dobradinha da RBR
- ↑ "Vettel sobra e fecha o ano com vitória em Abu Dhabi". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2009. Consultado o 4 de novembro de 2009.
- ↑ "Vettel: "É a forma perfeita de terminar temporada"". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2009. Consultado o 4 de novembro de 2009.
- ↑ "Vettel é apontado o melhor piloto do ano por chefes de equipe UOL Esporte".
- ↑ "Chefes de times elegem Vettel como melhor do ano". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2009. Consultado o 04 de xullo de 2017.
- ↑ LOPES, Rafael. Vettel domina em Abu Dhabi, seca Alonso e arranca o título da Fórmula 1 Globoesporte.com
- ↑ UOL Esporte, ed. (24/02/2012). "Vettel recebe a mais alta condecoração esportiva do governo alemão".
- ↑ "Menino precoce, Vettel supera Senna e se torna tri mais jovem da F1". terra.br (en portugués). 25 de novembro de 2012. Consultado o 10 de setembro de 2018.
- ↑ Grandeprêmio, ed. (3 de outubro de 2014). "Red Bull anuncia saída de Vettel no final da atual temporada e escolhe Kvyat como substituto".
- ↑ Allen, James (23 May 2010). "What should Vettel name his car?". Motorsport.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2014. Consultado o 11 March 2014.
- ↑ Gorbe, Daniel (14 de marzo de 2012). "Sebastian Vettel llama 'Abbey' a su nuevo RB8". F1 al día. Consultado o 14 de marzo de 2012.
- ↑ "Vettel ya tiene nombre para su Red Bull RB9: 'Hungry Heidi'". Mundo Deportivo. 14 de marzo de 2013. Consultado o 14 de marzo de 2013.
- ↑ "Vettel names first Ferrari 'Eva'". ESPN F1. 13 de marzo de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2015.
- ↑ "Sebastian Vettel starts 2016 with a Margherita for his new Ferrari car". Skysports F1. 17 de marzo de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2016.
- ↑ "Vettel fährt mit Gina". Bild Sport. 21 de marzo de 2017. Consultado o 21 de marzo de 2017.
- ↑ "Sebastian Vettel names new Ferrari Lina for 2019". ESPN. 14 March 2019. Consultado o 12 de agosto de 2020.
- ↑ "F1, Vettel ha scelto: la nuova Ferrari SF1000: si chiama Lucilla. Tutti i nomi" [F1, Vettel has chosen: the new Ferrari SF1000: it's called Lucilla. All names]. Sky Sport (en italiano). 12 de marzo de 2020. Consultado o 12 de agosto de 2020.
- ↑ "Sebastian Vettel Photos - Spanish F1 Grand Prix" (en inglés). Zimbio.com.
Lucky coin is seen in the shoe of Sebastian Vettel
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomeDriverDBOverview
- ↑ Glenn B. Manishin (22 de xuño de 2010). "Formula One Art & Genius | All-Time F1 Records". F1-grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2011. Consultado o 27 de novembro de 2012.
- ↑ Payá, Rafa (14 de marzo de 2012). "Vettel inicia a defensa do título nunha pista maldita". AS (en castelán). Consultado o 10 de setembro de 2018.
- ↑ "Sebastian Vettel ? Unha biografía curta". redbullreporter.com. 23 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2011. Consultado o 7 xullo de 2011.
- ↑ Lyttle, Kevin (17 de maio de 2012). "Today's race in Montreal gives Austin a glimpse of its F1 future". Statesman.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2013.
- ↑ Jonathan McEvoy (14 de novembro de 2010). "Superman Seb! Youngest F1 champion cried with joy at his triumph for Rede Bull" (en inglés). Daily Mail. Consultado o 7 de xullo de 2011.
- ↑ "Sebastian Vettel: F1 driver profile" (en inglés). Daily Telegraph. 9 de marzo de 2010. Consultado o 7 de xullo de 2011.
- ↑ "I don't have blood, but engine fuel, running through my veins!". redbullreporter.com. 4 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o 25 de abril de 2021.
- ↑ Bellera, Gerard (20 de novembro de 2013). "NÚMEROS HISTÓRICOS E RÉCORDS DO GP DE ESTADOS UNIDOS 2013". Car and Driver the f1 (en español). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2013.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sebastian Vettel |