Gran Premio de Australia de 2018
O Gran Premio de Australia de 2018 (oficialmente 2018 Fórmula 1 Rolex Australian Grand Prix) e unha carreira de Fórmula 1 que se celebrara o 25 de marzo de 2018 no Circuíto Albert Park en Melbourne. Sera a 82ª carreira na historia do Gran Premio de Australia, que remontase á 100 Miles Road Race de 1928, e a vixésimo terceira vez que a carreira disputouse no Circuíto Melbourne. Sera a primeira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2018 e disputouse sobre cincuenta e oito voltas ao Circuíto de Albert Park.
Nome oficial | Formula 1 2018 Rolex Australian Grand Prix |
---|---|
Nome na lingua orixinal | (en) Formula 1 2018 Rolex Australian Grand Prix |
Tipo | Gran Premio de Australia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2018 |
Distancia do evento | 58 |
Localización e Datas | |
Localización | Melbourne Grand Prix Circuit (City of Port Phillip (en) ) 37°50′59″S 144°58′06″L / -37.849722222222, 144.96833333333 |
Lonxitude | 5,278 km |
País | Australia |
Data | 25 de marzo de 2018 |
Competición | |
Primeiro posto | Sebastian Vettel (Scuderia Ferrari) |
Pole position | Lewis Hamilton (01:21,164) |
Volta máis rápida | Daniel Ricciardo (01:25,945) |
Outro | |
Páxina web oficial | grandprix.com.au… |
Informes
editarAntecedentes
editarA carreira marcará o debut en competición do dispositivo de protección de cabina "halo", despois de dezaoito meses de rigorosas probas.[1]
Pneumáticos dispoñibles
editarO fornecedor de pneumáticos proporcionou aos equipos compostos brandos, superbrandos e ultrabrandos.[2]
Para pista seca | De chuvia | |||
---|---|---|---|---|
Ultrabrandos |
Superbrandos |
Brandos |
Intermedios |
Chuvia |
Sistema DRS
editarNa semana previa ao Gran Premio, os oficiais confirmaron a inclusión dunha terceira zona de DRS.[3] O punto de detección da terceira zona sitúase no achegamento á chicana das curvas 11-12 co punto de activación na saída da curva 12. As zonas DRS existentes non cambiaron de anos anteriores, posicionadas na recta principal e na recta entre as curvas 2 e 3.[4]
Clasificación
editarNa súa primeira volta na terceira parte da cualificación Valtteri Bottas estrelouse e danou a súa caixa de cambios. Como resultado, recibiu unha sanción de cinco postos e comezou o décimo quinto. Lewis Hamilton logrou a pole, Kimi Räikkönen cualificou segundo, Sebastian Vettel terceiro. Ricciardo cualificou cuarto pero comezou sétimo. Verstappen, Magnussen, Grosjean comezaron cuarto, quinto e sexto. Hülkenberg comezou oitavo, mentres que Sainz e Alonso comezaron noveno e décimo.
Carreira
editarDespois do comezo, os tres primeiros quedaron no mesmo orde que comezaron mentres Verstappen perdeu un lugar con Magnussen no inicio. Na volta 9 Verstappen trompeou e caeu a oitavo. Isto significou que os dez primeiros eran Hamilton, Räikkönen, Vettel, Magnusson, Grosjean, Ricciardo, Hülkenberg, Verstappen, Sainz e Alonso. Quedaron nesa orde ata a primeira parada en boxes. Na volta 18 Räikkönen entrou en boxes. Na volta 19 Hamilton parou e saíu diante de Räikkönen. Verstappen parou na volta 20. Na volta 22 Magnussen retirouse cunha roda solta. Na volta 24 Grosjean retirouse do sétimo co mesmo problema que o seu compañeiro Magnussen. Isto provocou o coche de seguridade virtual. Na volta 26 parou Vettel. Saíu diante de Hamilton. Mercedes calculou mal a marxe entre Vettel e Hamilton antes da parada en boxes de Vettel. Logo da primeira rolda de boxes, Vettel lideraba con Hamilton segundo e Räikkönen terceiro. Na volta 27 saíu o coche de seguridade. O coche de seguridade chegou ao final da volta 31. Isto deixou aos dez primeiros na orde seguinte Vettel, Hamilton, Räikkönen, Ricciardo, Alonso, Verstappen, Hülkenberg, Bottas, Vandoorne e Sainz. Ningún dos dez primeiros entrou en boxes de novo. Preto do final Ricciardo puxo a Räikkönen baixo presión, mentres que na batalla polo cuarto e quinto posto Alonso resistiu a presión de Verstappen. Vettel gañou, Hamilton chegou segundo e Räikkönen completou o podio en terceiro lugar. O resto dos dez primeiros foi Ricciardo, Alonso, Verstappen, Hülkenberg, Bottas, Vandoorne e Sainz.
Clasificación
editarCualificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempo cualificación | Grella | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:22.824 | 1:22.051 | 1:21.164 | 1 |
2 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:23.096 | 1:22.507 | 1:21.828 | 2 |
3 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:23.348 | 1:21.944 | 1:21.838 | 3 |
4 | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:23.483 | 1:22.416 | 1:21.879 | 4 |
5 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:23.494 | 1:22.897 | 1:22.152 | 8[5] |
6 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:23.909 | 1:23.300 | 1:23.187 | 5 |
7 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1:23.671 | 1:23.468 | 1:23.339 | 6 |
8 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 1:23.782 | 1:23.544 | 1:23.532 | 7 |
9 | 55 | Carlos Sainz | Renault | 1:23.529 | 1:23.061 | 1:23.577 | 9 |
10 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1:23.686 | 1:22.089 | Sen tempo | 15[6] |
11 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Renault | 1:23.597 | 1:23.692 | 10 | |
12 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Renault | 1:24.073 | 1:23.853 | 11 | |
13 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:24.344 | 1:24.005 | 12 | |
14 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 1:24.464 | 1:24.230 | 13 | |
15 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 1:24.503 | 1:24.786 | 14 | |
16 | 28 | Brendon Hartley | Scuderia Toro Rosso-Honda | 1:24.532 | 16 | ||
17 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:24.556 | 17 | ||
18 | 16 | Charles Leclerc | Sauber-Ferrari | 1:24.636 | 18 | ||
19 | 35 | Sergey Sirotkin | Williams-Mercedes | 1:24.922 | 19 | ||
20 | 10 | Pierre Gasly | Scuderia Toro Rosso-Honda | 1:25.295 | 20 | ||
107% tempo: 1:28.621 | |||||||
Fonte:[7] |
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Abu Zabi de 2017 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2018 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bahrain de 2018 |
Carreira anterior: Gran Premio de Australia de 2017 |
Gran Premio de Australia | Carreira seguinte: Gran Premio de Australia de 2019 |
Notas
editar- ↑ "Halo impact becoming clearer to F1 teams". Speedcafe. 21 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2017. Consultado o 8 de marzo de 2018.
- ↑ Howard, Tom (14 de marzo de 2018). "Pirelli reveals tyre selections for Australian Grand Prix". Speedcafe. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2020. Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ Cooper, Adam (21 de marzo de 2018). "Australian GP: Melbourne gets third DRS zone for 2018 F1 opener". Autosport (Motorsport Network). Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Howard, Tom (21 de marzo de 2018). "New DRS zone added to Albert Park F1 circuit". Speedcafe. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Daniel Ricciardo recibiu unha sanción de tres postos pola falta de desaceleración adecuada dunha bandeira vermella durante a práctica libre.
- ↑ Valtteri Bottas recibiu unha penalización de cinco postos na grella por cambiar a caixa de cambios.
- ↑ "2018 Formula 1 Rolex Australian Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 24 de marzo de 2018. Consultado o 24 de marzo de 2018.
- ↑ "2018 Formula 1 Rolex Australian Grand Prix – Race". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 25 de marzo de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Australia de 2018 |
Ligazóns externas
editar- http://www.grandprix.com.au/ páxina oficial