Gran Premio do Brasil de 2022

O Gran Premio do Brasil de 2022 (oficialmente coñecida como o Fórmula 1 Heineken Grande Prêmio de São Paulo 2022) foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 13 de novembro de 2022 no Autódromo José Carlos Pace en São Paulo, Brasil. A carreira marcou o quincuaxésima edición do Gran Premio do Brasil, e o cuadraxésimo novena vez que a carreira disputouse como unha proba do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950. É a segunda vez que o evento noméase como o Gran Premio de São Paulo, sendo as edicións anteriores o Gran Premio do Brasil.

Gran Premio de Brasil de 2022
Detalles da carreira
Carreira 21 de 22 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2022.
Trazado do circuíto de Interlagos.
Trazado do circuíto de Interlagos.
Data 13 de novembro de 2022
Nome oficial Formula 1 Grande Prêmio de São Paulo 2022
Localización Autódromo José Carlos Pace, São Paulo, Brasil
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´309 km
Distancia 71 voltas, 305´939 km
ClimaAsollado, 23 °C e 50 °C no asfalto, humidade relativa do 74%. Vento 1,3 m/s.
Pole position
Piloto Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari
Tempo 1:11.674
Volta rápida
Piloto George Russell Mercedes
Tempo 1'13.785
Podio
Primeiro George Russell Mercedes
Segundo Lewis Hamilton Mercedes
Terceiro España Carlos Sainz Ferrari

Antecedentes

editar

O evento celebrouse durante a fin de semana do 11 ao 13 de novembro. Foi a vixésimo primeira proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2022. Foi a terceira fin de semana de Gran Premio da tempada 2022 en utilizar o formato Fórmula One sprint.[1]

Preocupacións de seguridade

editar

Tras as eleccións xerais brasileiras de 2022 do 30 de outubro, levantouse a preocupación pola seguridade polos disturbios no país. Algúns brasileiros saíron ás rúas do Brasil para protestar polos resultados electorais que provocaron a interrupción das actividades no país.[2][3][4] Houbo noticias de que os camións loxísticos do equipo da Ferrari que se dirixían ao Autódromo José Carlos Pace desde o Aeroporto de Viracopos foron bloqueados polos manifestantes.[5] A inestabilidade política no Brasil suscita a dúbida de se a FIA decidirá cancelar a rolda ou a carreira seguirá como estaba previsto. Os informes indican que a FIA e o titular dos dereitos da Fórmula 1 Liberty Media están a supervisar a situación para decidir o destino da carreira.[6]

Clasificación do campionato antes da carreira

editar

De cara á fin de semana, os títulos de pilotos e de construtores xa se decidiron no Gran Premio do Xapón e nos Estados Unidos, respectivamente. Max Verstappen lidera o Campionato de Pilotos con 136 puntos por diante do seu compañeiro de equipo Sergio Pérez Mendoza, segundo, e 141 sobre Charles Leclerc, terceiro. Red Bull Racing lidera o Campionato de Construtores diante de Ferrari por 209 puntos e Mercedes por 249 puntos.[7]

Pneus dispoñibles

editar
Pneus dispoñibles para São Paulo
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
 
Duros
(Tipo C2)
 
sans_cadre
Medios
(Tipo C3)
 
Brandos
(Tipo C4)
     
Intermedios
    
      Chuvia

Cualificación

editar

Clasificación da cualificación

editar
Pos. Piloto Construtor Tempos de cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:13.954 1:11.410 1:11.674 1
2 1   Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT 1:13.625 1:10.881 1:11.775 2
3 63   George Russell Mercedes 1:14.427 1:11.318 1:12.059 3
4 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 1:13.106 1:11.377 1:12.263 4
5 55   Carlos Sainz Ferrari 1:14.680 1:10.890 1:12.357 5
6 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 1:14.663 1:11.587 1:12.425 6
7 14   Fernando Alonso Alpine-Renault 1:13.542 1:11.394 1:12.504 7
8 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:13.403 1:11.539 1:12.611 8
9 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-RBPT 1:13.613 1:11.456 1:15.601 9
10 16   Charles Leclerc Ferrari 1:14.486 1:10.950 Sen tempo 10
11 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 1:14.324 1:11.631 11
12 10   Pierre Gasly AlphaTauri-RBPT 1:14.371 1:11.675 12
13 5   Sebastian Vettel Aston Martin Aramco-Mercedes 1:13.597 1:11.678 13
14 3   Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 1:14.931 1:12.140 14
15 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:14.398 1:12.210 15
16 6   Nicholas Latifi Williams-Mercedes 1:15.095 16
17 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 1:15.197 17
18 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 1:15.486 18
19 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-RBPT 1:16.264 19
20 47   Mick Schumacher Haas-Ferrari 1:16.361 20
107% tempo: 1:18.223
Fonte:[8][9]

Cualificación ao Sprint

editar

Clasificación da cualificación ao Sprint

editar
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos Grella
1 63   George Russell Mercedes 24 30:11.307 3 8 1
2 55   Carlos Sainz Ferrari 24 +3.995 5 7 7[10]
3 44   Lewis Hamilton Mercedes 24 +4.492 8 6 2
4 1   Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT 24 +10.494 2 5 3
5 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-RBPT 24 +11.855 9 4 4
6 16   Charles Leclerc Ferrari 24 +13.133 10 3 5
7 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 24 +25.624 4 2 6
8 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 24 +28.768 1 1 8
9 5   Sebastian Vettel Aston Martin Aramco-Mercedes 24 +30.218 13 9
10 10   Pierre Gasly AlphaTauri-RBPT 24 +34.170 12 10
11 3   Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 24 +39.395 14 11
12 47   Mick Schumacher Haas-Ferrari 24 +41.159 20 12
13 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 24 +41.763 17 13
14 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 24 +42.338 18 14
15 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-RBPT 24 +50.306 19 PL[11]
16 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 24 +50.700[12] 15 15
17 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 24 +51.756 6 16
18 14   Fernando Alonso Alpine-Renault 24 +53.985[13] 7 17
19 6   Nicholas Latifi Williams-Mercedes 24 +1:16.850 16 18
Ret 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 12 Bandexa inferior 11 19
Volta rápida:   George Russell (Mercedes) – 1:14.233 (volta 4)
Fonte:[9][14][15]

Carreira

editar

Os primeiros pilotos tiveron un comezo bastante igualado, sendo Lando Norris o único piloto entre os 7 primeiros que gañou unha posición na primeira volta. Na curva 7, Daniel Ricciardo golpeou a parte traseira de Magnussen, facendo trompear o Haas que logo rodou cara a atrás e fixo un segundo contacto co McLaren de Ricciardo, finalizando a carreira de ambos e sacando o coche de seguridade.

A carreira retomouse e ocorreron dous incidentes máis en rápida sucesión, un no que participaron Verstappen e Hamilton, e outro de Norris e Leclerc. Hamilton caeu ata o oitavo lugar, Verstappen e Leclerc tiveron que entrar en boxes pora montar novas ás dianteiras, e Norris continuou na terceira posición, aínda que el e Verstappen recibiron penalizacións de 5 segundos.

Russell tomou unha diferenza de 3 segundos con Sergio Pérez Mendoza despois da primeira rolda de paradas en boxes, con 7 segundos máis para Sainz no terceiro posto e Hamilton no cuarto. Sainz cambiou a unha estratexia de 3 paradas e superou a Pérez para o segundo posto, co piloto de Red Bull Racing tamén superado por Hamilton.

Norris retirouse na volta 53 tras un fallo hidráulico, provocando un coche de seguridade virtual e despois un coche de seguridade real, o que deu a Sainz e Fernando Alonso a oportunidade de facer unha parada en boxes máis barata para montar pneumáticos novos. Cando se reiniciou a carreira, Sainz volveu ao terceiro posto pero non logrou atrapar ao Mercedes, mentres que Alonso pasou do 9º ao 5º. Pérez o único dianteiro con pneumáticos medios, retrocedeu e finalmente rematou sétimo por detrás do seu compañeiro Verstappen. Russell gañou o seu primeiro Gran Premio de Fórmula Un, por diante de Lewis Hamilton no primeiro 1–2 de Mercedes desde o Gran Premio da Emilia-Romaña de 2020 e o seu número 59 na xeral. Carlos Sainz rematou 3º, o seu 9º podio da tempada.

Clasificación da carreira

editar
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 63   George Russell Mercedes 71 1:38:34.044 1 26[16]
2 44   Lewis Hamilton Mercedes 71 +1.529 2 18
3 55   Carlos Sainz Ferrari 71 +4.051 7 15
4 16   Charles Leclerc Ferrari 71 +8.441 5 12
5 14   Fernando Alonso Alpine-Renault 71 +9.561 17 10
6 1   Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT 71 +10.056 3 8
7 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-RBPT 71 +14.080 4 6
8 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 71 +18.690 16 4
9 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 71 +22.552 14 2
10 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 71 +23.552 15 1
11 5   Sebastian Vettel Aston Martin Aramco-Mercedes 71 +26.183 9
12 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 71 +29.325 13
13 47   Mick Schumacher Haas-Ferrari 71 +29.899 12
14 10   Pierre Gasly AlphaTauri-RBPT 71 +31.867[17] PL
15 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 71 +36.016 19
16 6   Nicholas Latifi Williams-Mercedes 71 +37.038 18
17 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-RBPT 70 +1 volta 13
Ret 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 50 Caixa de cambios 6
Ret 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 0 Colisión 8
Ret 3   Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 0 Colisión 11
volta rápida:   George Russell (1'13.785) – (volta 61)
Fonte:[15][18][19]

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Referencias
  1. Barretto, Lawrence (17 de abril de 2022). "How does the F1 Sprint work? The format explained ahead of Imola". formula1.com. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  2. Carvalho, Daniel; Rosati, Andrew (1 de novembro de 2022). "Brazil Protesters Block Roads, Airport as Bolsonaro Stays Silent". Bloomberg News. Consultado o 1 de novembro der 2022. 
  3. "Bolsonaro supporters block Brazil roads for a 2nd day as president refuses to accept election loss". CBS News. 1 de novembro de 2022. Consultado o 1 de novembro de 2022. 
  4. "Brazil election: Bolsonaro supporters block roads after poll defeat". BBC News. 1 de novembro de 2022. Consultado o 1 de novembro de 2022. 
  5. @. (Chío) https://twitter.com/ – vía Twitter.  Falta o |title= (Axuda)
  6. @. (Chío) https://twitter.com/ – vía Twitter.  Falta o |title= (Axuda)
  7. "Mexico City 2022 – Championship". Stats F1. 30 de outubro de 2022. Consultado o 30 de outubro de 2022. 
  8. "Formula 1 Heineken Grande Prêmio de São Paulo 2022 – Qualifying". Formula 1.com. 11 de novembro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  9. 9,0 9,1 "Formula 1 Heineken Grande Prêmio de São Paulo 2022 – Sprint Grid". Formula 1.com. 11 de novembro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  10. Carlos Sainz recibiu unha penalización de cinco postos na grella por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia
  11. Yuki Tsunoda debía comezar 15º, pero obrigárono a comezar a carreira desde o pit lane debido ás modificacións no chan, o alerón dianteiro e o alerón traseiro.
  12. Lance Stroll terminou 12º, pero recibiu unha penalización de dez segundos por unha perigosa manobra co seu compañeiro Sebastian Vettel.
  13. Fernando Alonso terminou 15º na pista, pero recibiu unha penalización de cinco segundos despois do sprint por provocar unha colisión con Esteban Ocon
  14. "Formula 1 Heineken Grande Prêmio de São Paulo 2022 – Sprint". Formula 1.com. 12 de novembro de 2022. Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  15. 15,0 15,1 "Formula 1 Heineken Grande Prêmio de São Paulo 2022 – Starting Grid". Formula 1.com. 12 de novembro de 2022. Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  16. Inclúe un punto pola volta rápida
  17. Pierre Gasly terminou 12º, pero recibiu unha penalización de cinco segundos por exceso de velocidade no carril de boxes.
  18. "Formula 1 Heineken Grande Prêmio de São Paulo 2022 – Race Result". Formula 1.com. 13 de novembro de 2022. Consultado o 13 de novembro de 2022. 
  19. "Formula 1 Heineken Grande Prêmio de São Paulo 2022 – Fastest Laps". Formula 1.com. 13 de novembro de 2022. Consultado o 13 de novembro de 2022. 
  20. 20,0 20,1 "São Paulo 2022 – Championship". Stats F1. 13 de novembro de 2022. Consultado o 13 de novembro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


Carreira anterior:
Gran Premio de México de 2022
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2022
Carreira seguinte:
Gran Premio de Abu Zabi de 2022
Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 2021
Gran Premio de São Paulo Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 2023