Gran Premio de Europa de 2016
O Gran Premio de Europa 2016 (oficialmente 2016 Formula One Grand Prix of Europe)[1] foi a oitava carreira da tempada 2016. Celebrouse o 19 de xuño de 2016 no Circuíto urbano de Bakú en Bakú, Acerbaixán.[2] Foi o vixésimo terceiro Gran Premio de Europa como unha rolda do Campionato Mundial de fórmula 1. foi a primeira vez que a carreira se celebrou no circuíto e a primeira vez que un Gran Premio se celebrou en Acerbaixán.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 8 de 21 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016. | ||
![]() Trazado do circuíto urbano de Baku. | ||
Data | 16 de xuño de 2016 | |
Nome oficial | 2016 Formula One Grand Prix of Europe[1] | |
Localización | Circuíto urbano de Bakú Bakú, Acerbaixán | |
Percorrido | Circuíto urbano 6,006 km | |
Distancia | 51 voltas, 306´306 km | |
Clima | Seco, nubrado | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Mercedes |
Tempo | 1:42.758 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Mercedes |
Tempo | 1:46.485 na volta 45 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Mercedes |
Segundo | ![]() |
Ferrari |
Terceiro | ![]() |
Force India-Mercedes |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Informe editar
Antecedentes editar
Preparativos editar
A raíz da carreira de 2012, o Gran Premio de Europa en Valencia cesou. Co Gran Premio de Corea cubrindo o incumprimento de contrato, Bernie Ecclestone titular dos dereitos comerciais do deporte, buscou unha carreira para substituílo,[3][4] Logo de explorar a posibilidade de revivir o Gran Premio de Europa en 2015, a carreira incluíuse no calendario de 2016.
Pneumáticos editar
Logo de proporcionar aos equipos o composto ultrabrando para Mónaco e Canadá,[5] o fornecedor de pneumáticos Pirelli trouxo os compostos superbrando, brando e medio para a carreira, a pesar de que o composto ultrabrando está deseñado especificamente para circuítos urbanos.[6] Pirelli explicou a decisión de non proporcionar os pneumáticos ultrabrandos como consecuencia da falta de datos de rendemento dispoñibles no circuíto.[7] Pirelli fixo previamente unha elección de pneumáticos conservadora similar para as primeiras carreiras noutros circuítos.
Carreiras de apoio editar
O circuíto tamén será sede da terceira rolda do campionato das GP2 Series de 2016 como unha carreira de apoio.[8]
Controversia editar
Tralo anuncio inicial da súa reactivación, a carreira foi obxecto de críticas poloa falta de dereitos humanos en Acerbaixán, xa que a carreira se estableceu co apoio financeiro do goberno de Acerbaixán[9], as mesmas críticas que se fixeron na preparación para o Gran Premio de Rusia de 2014 que tamén se estableceu co apoio do goberno e polas acusacións da participación rusa no derribo do Voo 17 de Malaysia Airlines sobre Ucraína.[10] En resposta, os directores de equipo de Red Bull Racing e Mercedes, Christian Horner e Toto Wolff trataron de distanciar o deporte das cuestións políticas.[11]
A carreira, programada para o 19 de xuño, coincidía coa conclusión da 24 Horas de Le Mans de 2016.[12] O piloto de Force India Nico Hülkenberg, que gañou a carreira de 2015 con Porsche, non podería volver e defender o seu título, polo que acusou a Fórmula One Management de programar deliberadamente a carreira en conflito con Le Mans e impedir participar aos pilotos de Fórmula Un.[13]
Clasificacións editar
Cualificación editar
|
Carreira editar |
Posicións logo da carreira editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 "2016 Formula One Grand Prix of Europe". formula1.com (Formula One Management). Consultado o 14 de maio de 2016.
- ↑ "FIA confirms 2016 calendar". formula1.com. Formula One Management. 2 de decembro de 2015. Consultado o 14 de maio de 2016.
- ↑ Sylt, Christian. "Exclusive: Korean GP dropped to make way for race in Azerbaijan". www.independent.co.uk. The Independent. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 15 May 2016.
- ↑ "Formula 1 – Azerbaijan Grand Prix debut delayed until 2016". uk.eurosport.yahoo.com. Reuters. Consultado o 14 de maio de 2016.
- ↑ "Ultrasoft tyres to debut in Monaco". formula1.com (Formula One Administration). 24 de marzo de 2016. Consultado o 17 de maio de 2016.
- ↑ Parkes, Ian (3 March 2016). "Pirelli will not take ultra-soft tyres to inaugural Azerbaijan race". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 17 May 2016.
- ↑ Saunders, Nate (7 March 2016). "No ultra-soft tyre in Baku due to lack of data". ESPN F1 (ESPN). Consultado o 17 de maio de 2016.
- ↑ "GP2 Series 2016 season calendar confirmed". gp2series.com (GP2 Motorsport Limited). 4 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2016. Consultado o 14 de maio de 2016.
- ↑ Collantine, Keith (25 de xullo de 2014). "Unhappy Horner hits out at 'negative focus'". F1 Fanatic (Keith Collantine). Arquivado dende o orixinal o 24 May 2015. Consultado o 14 de maio de 2016.
- ↑ Collantine, Keith (10 de setembro der 2014). "Sirotkin to make F1 practice debut in Russia". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2015. Consultado o 14 de maio de 2016.
- ↑ Baldwin, Alan (22 de agosto de 2014). "F1 has "no argument" with Russia says Ecclestone". reuters.com (Reuters). Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2015. Consultado o 16 de maio de 2016.
- ↑ "2016 FIA WEC Calendar Announced, Mexico Race Added". DailySportsCar. 19 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2017. Consultado o 15 de maio de 2016.
- ↑ Collantine, Keith (2 de febreiro de 2016). "No wonder FOM arranged Baku to clash with Le Mans". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 16 de maio de 2016.
- ↑ Sergio Pérez recibiu unha penalización de cinco posicións na grella de saída por cambiar a caixa de cambios.
- ↑ "2016 Formula 1 Grand Prix of Europe - Qualifying". formula1.com. Formula One World Championship Limited. 18 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2016.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Europa de 2016 |
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 2016 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2016 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 2016 |
Carreira anterior: Gran Premio de Europa de 2012 |
Gran Premio de Europa | Carreira seguinte: Gran Premio de Europa de 2017 |