Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015

Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA de 2015
Previo: 2014 Vindeiro: 2016
Índice: Carreiras por país | Carreiras por tempada

O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 foi a 66ª tempada de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Competiron dez equipos e vinte e dous pilotos, que disputaron dezanove Grandes Premios, comezando o en Australia o 15 de marzo e terminando en Abu Zabi o 29 de novembro.

Lewis Hamilton, logrou o seu 3º Campionato do mundo de pilotos.
Mercedes logrou o seu 2º Campionato do mundo de construtores consecutivo co F1 W06 Hybrid.

Lewis Hamilton gañou o campionato de pilotos que defendía logo de conseguir o seu segundo título no Gran Premio de Abu Zabi de 2014[1] O seu equipo, Mercedes, comezou a tempada como defensor do campionato de construtores, logo de lograr o seu primeiro título de campión no Gran Premio de Rusia de 2014.[2]

O calendario contou con dous cambios significativos; o primeiro foi o regreso do Gran Premio de México, que se celebrou por primeira vez desde 1992, mentres que o Gran Premio de Alemaña foi eliminado en última instancia, logo de non conseguir finanzación, deixando ao país sen unha proba do Campionato do Mundo por primeira vez en cincuenta e cinco anos.

A tempada 2015 viu a introdución do "Teito de Custos", unha serie de medidas de redución de custos negociados pola FIA en 2013.[3]

Hamilton conseguiu o seu terceiro campionato de pilotos a falta de tres carreiras para o fin da tempada. O subcampión foi o seu compañeiro de equipo Nico Rosberg, 59 puntos por detrás, con Sebastian Vettel de Ferrari terceiro, outros 44 puntos máis atrás. Mercedes asegurou o título de construtores de 2015 no Gran Premio de Rusia, por diante de Ferrari e Williams, e terminou a tempada cunha marca de 703 puntos. Hamilton gañou o Trofeo Pole da FIA, logo de lograr once poles na tempada e o Premio DHL á volta rápida. Ferrari gañou o primeiro Premio Pit Stop DHL.

Equipos e pilotos editar

Os seguintes equipos e pilotos participaron no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015.

Equipo Foto Construtor Chasis Motor Pneu. Piloto Roldas Piloto probas
  Scuderia Ferrari   Ferrari SF15-T Ferrari 059/4[4] P 5
7
  Sebastian Vettel
  Kimi Räikkönen
todas
Todas
  Sahara Force India F1 Team   Force India-Mercedes VJM08
VJM08B[5]
Mercedes PU106B Hybrid P 11
27
  Sergio Pérez
  Nico Hülkenberg
Todas
Todas
  Lotus F1 Team   Lotus-Mercedes E23 Hybrid Mercedes PU106B Hybrid P 8
13
  Romain Grosjean
  Pastor Maldonado       
Todas
Todas
30   Jolyon Palmer
  Manor Marussia F1   Marussia-Ferrari MR03B[6][7] Ferrari 059/3[8][9] P 28
98
53
  Will Stevens
  Roberto Merhi
  Alexander Rossi
Todas
1–12, 15, 19
13–14, 16–18
42     Fabio Leimer
  McLaren Honda   McLaren-Honda MP4-30 Honda RA615H Hybrid P 20
14
22
   Kevin Magnussen
  Fernando Alonso
  Jenson Button
1
2–19
Todas
  Mercedes AMG Petronas F1 Team           Mercedes F1 W06 Hybrid Mercedes PU106B Hybrid P 6
44
  Nico Rosberg
  Lewis Hamilton
Todas
Todas
  Infiniti Red Bull Racing   Red Bull-Renault RB11 Renault Energy F1-2015 P 3
26
  Daniel Ricciardo
  Daniil Kvyat
Todas
Todas
    Sauber F1 Team   Sauber-Ferrari C34 Ferrari 059/4[4] P 9
12
  Marcus Ericsson
  Felipe Nasr
Todas
todas
36   Raffaele Marciello       
  Scuderia Toro Rosso   Toro Rosso-Renault STR10 Renault Energy F1-2015 P 33
55
  Max Verstappen
  Carlos Sainz
Todas
Todas
  Williams Martini Racing   Williams-Mercedes FW37 Mercedes PU106B Hybrid P 19
77
  Felipe Massa
  Valtteri Bottas
Todas
Todas
41   Susie Wolff
Fontes:[10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][20][21][22][23]

Notas:

‡ – Will Stevens e Roberto Merhi foron incluídos na primeira rolda en Australia, pero aínda que tanto eles como Marussia estaban presentes, non competiron porque o equipo non puido completar os seus coches a tempo para a carreira.

Novos equipos editar

En decembro de 2013, a FIA anunciou a súa intención de abrir a grella a máis equipos, buscando o que denominou "equipos competitivos" dispostos a comprometerse co campionato ata a tempada 2020.[24] Recibíronse tres solicitudes, incluíndo unha oferta de Gene Haas, copropietario do equipo Stewart-Haas Racing da NASCAR Sprint Cup Series unha solicitude de Romanía,[25] en conxunto co exdirector de Jordan, Midland, Spyker, Force India HRT Colin Kolles,[26][27] e unha terceira de Zoran Stefanovic, un enxeñeiro aeroespacial serbio que xa o intentara na tempada 2010 e 2011 baixo o nome de Stefan GP.[28] O proceso de licitación atrasouse, a FIA só estaba buscando un equipo para agregar á grella, pero que o as dúas primeiras ofertas eran igualmente viables.[26] Haas F1 foi o candidato elixido,[29][30] pero Haas aprazou a súa participación ata a tempada 2016.[31] Bernie Ecclestone anunciou que o equipo romanés, chamado Forza Rossa Racing, fora aceptado,[32][33] pero o equipo non se incluíu na lista provisional de inscritos para a tempada 2015.[34]

Cambios de equipos editar

 
McLaren renovou a súa relación co fabricante xaponés Honda, vinte e tres anos despois de competir por última vez xuntos. Na foto, o McLaren MP4 / 6, un dos últimos coches construídos por McLaren que utilizaron un motor Honda, no Gran Premio dos Estados Unidos de 1991.
  • Honda regresou á Fórmula Un como fornecedor de motores, proporcionando a McLaren un motor V6 e o paquete de Sistema de Recuperación de Enerxía, poñendo fin á asociación de 20 anos do equipo con Mercedes.[35] Honda xa fornecera previamente a McLaren desde a tempada 1988 ata 1992, cando Honda terminou o seu programa de fornecemento de motores. A compañía volveu ao deporte como fornecedor de motores na tempada 2000, forneceu a British American Racing e Jordan Grand Prix os motores ata que comprou o equipo BAR na tempada 2006 para competir como construtor, ata a tempada 2008. Ademais do contrato con McLaren, Honda anunciou a súa vontade de fornecer a outros equipos.
  • Lotus cambiou de fornecedor de motores, poñendo fin á súa asociación con Renault en favor dun acordo con Mercedes.[36] Isto puxo fin a unha participación de 20 anos de Renault co equipo con base en Enstone, logo de ser o provedor de motores para Benetton desde 1995, e sendo o dono do equipo de 2002 a 2010.
  • Logo do Gran Premio de Rusia de 2014, Marussia entrou en concurso de acredores, a falta das tres últimas carreiras da tempada 2014. O equipo apareceu brevemente na lista provisional de inscritos baixo o nome " Manor F1", pero en novembro de 2014, os administradores anunciaron que o equipo deixaba a competición e pechaba.[37] Pero o equipo salvouse da liquidación, en febreiro de 2015, cando asegurouse un novo investimento e o equipo deixou o concurso logo de alcanzar un acordo cos acredores.[38] O equipo volveu participar como Manor Marussia e rexistrado como un equipo británico, en lugar de ruso.
  • Os activos de Caterham F1 foron vendidos nunha poxa polos administradores durante as carreiras de apertura da tempada,[39][40][41] e non foron incluídos na lista de inscritos definitiva publicada para a carreira inaugural.

Cambios de pilotos editar

 
Sebastian Vettel de Red Bull Racing, abandonou o equipo co que gañou catro campionatos mundiais de pilotos ao final da tempada 2014, para fichar por Ferrari

Cambios a metade de tempada editar

Outros cambios editar

Seguindo as recomendacións do informe do accidente de Jules Bianchi no Gran Premio do Xapón de 2014, a hora de inicio de 5 carreiras adiantarase unha hora, xa que as carreiras téñense que iniciar como mínimo 4 horas antes do anoitecer. Polo tanto, os Grandes Premios de Australia, Malaisia, China, Xapón e Rusia comezarán unha hora antes que en 2014.[62]

Lista de carreiras planificadas editar

Os seguintes dezanove grandes premios están programados para levarse a cabo en 2015.[63]

Rolda Grand Prix Nat.                          Circuíto                      Data
1 Gran Premio de Australia   Melbourne Grand Prix Circuit, Melbourne 15 de marzo
2 Gran Premio de Malaisia   Circuíto Internacional de Sepang, Kuala Lumpur 29 de marzo
3 Gran Premio da China   Circuíto Internacional de Shanghai, Shanghai 12 de abril
4 Gran Premio de Bahrain   Circuíto Internacional de Bahrain, Sakhir 19 de abril
5 Gran Premio de España   Circuíto de Cataluña, Barcelona 10 de maio
6 Gran Premio de Mónaco   Circuíto de Mónaco, Monte Carlo 24 de maio
7 Gran Premio do Canadá   Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal 7 de xuño
8 Gran Premio de Austria   Red Bull Ring, Spielberg 21 de xuño
9 Gran Premio do Reino Unido   Circuíto de Silverstone, Silverstone 5 de xullo
10 Gran Premio de Hungría   Hungaroring, Budapest 26 de xullo
11 Gran Premio de Bélxica   Circuíto de Spa-Francorchamps, Stavelot 23 de agosto
12 Gran Premio de Italia   Autodromo Nazionale Monza, Monza 6 de setembro
13 Gran Premio de Singapur   Circuíto urbano de Singapur, Singapur 20 de setembro
14 Gran Premio do Xapón   Circuíto de Suzuka, Suzuka 27 de setembro
15 Gran Premio de Rusia   Circuíto urbano de Sochi, Sochi 11 de outubro
16 Gran Premio dos Estados Unidos   Circuíto das Américas, Austin, Texas 25 de outubro
17 Gran Premio de México   Autódromo Hermanos Rodríguez, Cidade de México 1 de novembro
18 Gran Premio do Brasil   Autódromo José Carlos Pace, São Paulo 15 de novembro
19 Gran Premio de Abu Dhabi   Circuíto de Yas Marina, Abu Dabi 29 de novembro
Fonte:[63]

Cambios editar

Cambios no calendario editar

  • O Gran Premio de México volve ao calendario da Fórmula Un por primeira vez desde a tempada 1992.
  • O Gran Premio de Alemaña tiña que disputarse en Nürburgring, de conformidade co acordo de reparticición de carreiras que se estableceu entre o circuíto de Nürburgring e o de Hockenheimring en 2008.[64] Nürburgring acollera a carreira en 2013 polo que tocáballe acollela de novo en 2015, pero foi deixada fóra da axenda provisional,[65] deixando o acordo de repartición de carreiras nun punto morto.[66][67] Con ningún circuíto disposto a acoller a carreira,[68][69] o evento foi finalmente cancelado, deixando ao país fora do calendario de Grandes Premios por primeira vez desde 1960.[70]
  • O Gran Premio da India foi cancelado por segundo ano consecutivo tras disputas fiscais entre a FIA e o goberno de Uttar Pradesh.[71]
  • O Gran Premio de Corea estaba programado para regresar ao calendario de Fórmula Un logo de ser eliminado en 2014, pero o plan foi abandonado en última instancia.[72]

Cambios no regulamento editar

Regulamento Técnico editar

  • O número de motores que pode usar un piloto nunha tempada reducirase de cinco en 2014 a catro en 2015.[73]
  • As normas relativas ao desenvolvemento do motor que se introduciron na tempada 2014 cambiarán, a FIA confirmou que o regulamento non establece prazos para o desenvolvemento do motor, negando así a interpretación anterior que fixaba o 28 de febreiro como o último día para os cambios.[74]
  • Logo da reacción aos "feos" deseños dos morros da tempada 2014, a FIA modificou as normas que rodean o deseño dos morros para a tempada 2015. Os morros serán máis baixos que en 2014, conservando unha sección mínima, pero deben diminuír un punto a velocidade lineal, prohibindo de feito as espectaculares formas de dedo vistos en 2014 en favor dunhas formas máis graduais. Ademais, o deseño do morro debe ser simétrico e en consonancia coa liña central do coche, prohibindo así os deseños máis exóticos, como o de "dobre cabeiro" utilizado por Lotus no chasis E22.[75]
  • O peso mínimo dos vehículos foi aumentado a 702 kg.
  • A prohibición dos sistemas de suspensión dianteiras e traseiras interconectadss (Fric) aplicadas no medio da tempada de 2014 formalizouse. Non pode haber transferencia entre as suspensións dianteira e traseira, o que era habitual nos últimos anos, en practicamente todos os equipos, para manter a altura do coche constante en curvas e freadas, mellorar a estabilidade do monopraza e o desgaste das rodas.
  • Os paneis anti-intrusión en ambos lados da célula de supervivencia estendéronse cara a arriba ata o bordo da bañeira e á beira da cabeza do piloto.
  • Logo dos problemas financeiros que pasaron os equipos Marussia e Caterham en 2014, a FIA aprobou o uso do chasis cas especificacións de 2014 en 2015 para estes equipos que recibiron unha dispensa para competir cos seus vellos chasis.

Regulamento Deportivo editar

  • A prohibición parcial de comunicacións entre os pits e os coches introducida no Gran Premio de Singapur de 2014 ampliarase para incluír unha prohibición xeral sobre o intercambio de información técnica entre o equipo e o piloto, como os axustes específicos de consumo de combustible.[76]
  • Xa non se premiara con puntos dobres a carreira final do campionato.
  • Tralo grave accidente de Jules Bianchi Durante o Gran Premio do Xapón de 2014 presentarase un novo procedemento chamado coche de seguridade virtual (VSC), que obriga aos pilotos a reducir a velocidade para que coincida coa que se indique nas pantallas dos seus volantes. O procedemento poderá iniciarse cando ondeen as dobres bandeiras amarelas en calquera sección dun circuíto no que os competidores e os comisarios poidan estar en perigo, pero as circunstancias non sexan tan perigosas como para xustificar a saída do coche de seguridade real. As letras VSC (Virtual Safety Car) leranse nos paneis dos comisarios de posto e os pilotos non poderán entrar en pits salvo para cambiar pneumáticos. Cando acabe o perigo informarase aos equipos e entre 10 e 15 segundos despois, o cartel VSC cambiará a verde para que continúe a carreira.
  • Foron modificados os procedementos do coche de seguridade. Se anula a idea de facer novas saídas con cada coche de seguridade real que salga, e xa non terá que esperar a que todos os dobrados recuperen a posición para volver ao pit lane.[63]
  • Se suspéndese unha carreira (bandeira vermella), os coches xa non aliñaranse na grella, no seu lugar procederan a saír lentamente pola rúa de boxes. A saída de boxes pecharase e o primeiro coche en chegar á rúa de boxes procedera á saída cos outros facendo cola por detrás na orde en que chegaron, sen importar a posición na carreira ou a situación do garaxe. Circunstancias aínda máis graves poderían requirir deter os coches de inmediato na pista.[63]
  • Se o equipamento ou persoal do equipo permanecen na pista logo do sinal de quince segundos antes do inicio da volta de formación, o piloto do coche en cuestión debe comezar a carreira desde o pit lane. Se o piloto non o fai, recibirá unha penalización dun stop and go de dez segundos.[63]
  • A substitución dunha unidade de potencia completa xa non dará lugar a unha penalización. En cambio, as sancións aplicaranse de forma acumulativa para os compoñentes individuais da unidade de potencia. Se un piloto non pode cumprir as sancións con posicións na grella, non se acumulan para o seguinte Gran Premio, senón que se transforman en sancións de tempo nesa mesma carreira.
  • Os comisarios poden sancionar agora con 10 segundos e non cinco, as pequenas infraccións de carreira.
  • Se un coche regresa á pista logo da parada en boxes de forma perigosa será castigado automaticamente cun stop and go de dez segundos. Aplicaranse outras sancións se os comisarios cren que o piloto é consciente disto e trata de pilotar o coche sen telo en conta.[63]
  • Os procedementos de cualificación foron modificados para atender os diferentes tamaños das grellas de saída; se cualifican vinte e catro coches na carreira, serán eliminados sete logo da de cada un dos dous primeiros segmentos de cualificación; se cualifican vinte e dous coches, serán eliminados seis logo de cada segmento da cualificación e así sucesivamente se cualifican menos coches.
  • A partir do Gran Premio de Bélxica, prohibiuse a comunicación por radio dos enxeñeiros cos pilotos no comezo da carreira, como para a configuración do mapa de torque recomendado ou para a aceleración óptima. Esta restrición engadiuse á prohibición parcial da radio implementada ao final da tempada anterior.[77]
  • Aos pilotos xa non se lles permitiu cambiar o deseño do seu casco durante a tempada.[78]

Pneumáticos editar

Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.

Desde 2011, Pirelli e o fornecedor de pneumáticos do campionato oficial de F1.

Os 6 compostos de pneumáticos fornecidos por Pirelli para a tempada 2014 de Fórmula 1
Nome do composto Cor Banda de rodamento Condicións de condución Tipo seco* Adherencia Lonxevidade
Super Brando Vermello   Slick Seco Opción Máis adherencia Menos duradeiro
Brando Amarelo   Slick Seco Prime/Option Medio Médio
Medio Branco   Slick Seco Prime/Option Medio Médio
Duro Laranxa   Slick Seco Prime Menos adherencia Máis duradeiro
Intermedio Verde   Sucos Mollado (auga non estancada) x x x
Chuvia Azul   Sucos Mollado (auga estancada) x x x

* Pirelli designa 2 tipos de pneumáticos secos para cada Gran Premio. O máis brando é chamado "option" e o máis duro "prime".

Compostos AUS
 
MAL
 
CHN
 
BHR
 
ESP
 
MON
 
CAN
 
AUT
 
GBR
 
HUN
 
BEL
 
ITA
 
SIN
 
XAP
 
RUS
 
USA
 
MEX
 
BRA
 
ABU
 
Option Brando Medio Brando Brando Medio Super Brando Super Brando Super Brando Medio Brando Brando Brando Super Brando Medio Super Brando Brando Brando Brando Super Brando
Prime Medio Duro Medio Medio Duro Brando Brando Brando Duro Medio Medio Medio Brando Duro Brando Medio Medio Medio Brando
Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio Intermedio
Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia Chuvia
Pneu. que foi utilizado no Gran Premio.
Pneu. que non foi utilizado no Gran Premio.

Resultados editar

Grandes Premios editar

# Gran Premio Pole position Volta rápida Piloto gañador Escudería gañadora Informe
1   Gran Premio de Australia   Lewis Hamilton   Lewis Hamilton   Lewis Hamilton   Mercedes Informe
2   Gran Premio de Malaisia   Lewis Hamilton   Nico Rosberg   Sebastian Vettel   Ferrari Informe
3   Gran Premio da China   Lewis Hamilton   Lewis Hamilton   Lewis Hamilton   Mercedes Informe
4   Gran Premio de Bahrain   Lewis Hamilton   Kimi Räikkönen   Lewis Hamilton   Mercedes Informe
5   Gran Premio de España   Nico Rosberg   Lewis Hamilton   Nico Rosberg   Mercedes Informe
6   Gran Premio de Mónaco   Lewis Hamilton   Daniel Ricciardo   Nico Rosberg   Mercedes Informe
7   Gran Premio do Canadá   Lewis Hamilton   Kimi Räikkönen   Lewis Hamilton   Mercedes Informe
8   Gran Premio de Austria   Lewis Hamilton   Nico Rosberg   Nico Rosberg   Mercedes Informe
9   Gran Premio do Reino Unido   Lewis Hamilton   Lewis Hamilton   Lewis Hamilton   Mercedes Informe
10   Gran Premio de Hungría   Lewis Hamilton   Daniel Ricciardo   Sebastian Vettel   Ferrari Informe
11   Gran Premio de Bélxica   Lewis Hamilton   Nico Rosberg   Lewis Hamilton   Mercedes Informe
12   Gran Premio de Italia   Lewis Hamilton   Lewis Hamilton   Lewis Hamilton   Mercedes Informe
13   Gran Premio de Singapur   Sebastian Vettel   Daniel Ricciardo   Sebastian Vettel   Ferrari Informe
14   Gran Premio do Xapón   Nico Rosberg   Lewis Hamilton   Lewis Hamilton   Mercedes Informe
15   Gran Premio de Rusia   Nico Rosberg   Sebastian Vettel   Lewis Hamilton   Mercedes Informe
16   Gran Premio dos Estados Unidos   Nico Rosberg [79]   Nico Rosberg   Lewis Hamilton   Mercedes Informe
17   Gran Premio de México   Nico Rosberg   Nico Rosberg   Nico Rosberg   Mercedes Informe
18   Gran Premio do Brasil   Nico Rosberg   Lewis Hamilton   Nico Rosberg   Mercedes Informe
19   Gran Premio de Abu Zabi   Nico Rosberg   Lewis Hamilton   Nico Rosberg   Mercedes Informe

Pilotos editar

Puntuación: os puntos outórganse aos 10 finalistas clasificados.

Posición                             10º 
Puntos 25 18 15 12 10 8 6 4 2 1
Pos Piloto AUS
 
MAL
 
CHN
 
BHR
 
ESP
 
MON
 
CAN
 
AUT
 
RU
 
HUN
 
BEL
 
ITA
 
SIN
 
XPN
 
RUS
 
USA
 
MEX
 
BRA
 
ABU
 
Puntos
1   Lewis Hamilton 44 1 2 1 1 2 3 1 2 1 6 1 1 Ret 1 1 1 2 2 2 381
2   Nico Rosberg 6 2 3 2 3 1 1 2 1 2 8 2 17† 4 2 Ret 2 1 1 1 322
3   Sebastian Vettel 5 3 1 3 5 3 2 5 4 3 1 12† 2 1 3 2 3 Ret 3 4 278
4   Kimi Räikkönen 7 Ret 4 4 2 5 6 4 Ret 8 Ret 7 5 3 4 8 Ret Ret 4 3 150
5   Valtteri Bottas 77 NTS 5 6 4 4 14 3 5 5 13 9 4 5 5 12† Ret 3 5 13 136
6   Felipe Massa 19 4 6 5 10 6 15 6 3 4 12 6 3 Ret 17 4 Ret 6 DSC 8 121
7   Daniil Kvyat 26 NTS 9 Ret 9 10 4 9 12 6 2 4 10 6 13 5 Ret 4 7 10 95
8   Daniel Ricciardo 3 6 10 9 6 7 5 13 10 Ret 3 Ret 8 2 15 15† 10 5 11 6 92
9   Sergio Pérez 11 10 13 11 8 13 7 11 9 9 Ret 5 6 7 12 3 5 8 12 5 78
10   Nico Hülkenberg 27 7 14 Ret 13 15 11 8 6 7 Ret Ret 7 Ret 6 Ret Ret 7 6 7 58
11   Romain Grosjean 8 Ret 11 7 7 8 12 10 Ret Ret 7 3 Ret 13† 7 Ret Ret 10 8 9 51
12   Max Verstappen 33 Ret 7 17† Ret 11 Ret 15 8 Ret 4 8 12 8 9 10 4 9 9 16 49
13   Felipe Nasr 12 5 12 8 12 12 9 16 11 NTS 11 11 13 10 20† 6 9 Ret 13 15 27
14   Pastor Maldonado 13 Ret Ret Ret 15 Ret Ret 7 7 Ret 14 Ret Ret 12 8 7 8 11 10 Ret 27
15   Carlos Sainz 55 9 8 14 Ret 9 10 12 Ret Ret Ret Ret 11 9 10 Ret 7 13 Ret 11 18
16   Jenson Button 22 11 Ret 13 NTS 16 8 Ret Ret Ret 9 14 14 Ret 16 9 6 14 14 12 16
17   Fernando Alonso 14 Ret 12 11 Ret Ret Ret Ret 10 5 13 18† Ret 11 11 11 Ret 15 17 11
18   Marcus Ericsson 9 8 Ret 10 14 14 13 14 13 11 10 10 9 11 14 Ret Ret 12 16 14 9
19   Roberto Merhi 98 NPP 15 16 17 18 16 Ret 14 12 15 15 16 13 19 0
20   Alexander Rossi 53 14 18 12 15 18 0
21   Will Stevens 28 NPP NTS 15 16 17 17 17 Ret 13 16 16 15 15 19 14 Ret 16 17 18 0
22   Kevin Magnussen 20 NTS 0
Pos Piloto AUS
 
MAL
 
CHN
 
BHR
 
ESP
 
MON
 
CAN
 
AUT
 
RU
 
HUN
 
BEL
 
ITA
 
SIN
 
XPN
 
RUS
 
USA
 
MEX
 
BRA
 
ABU
 
Puntos
Lenda
Cor Resultado
Ouro Gañador
Prata 2º posto
Bronce 3º posto
Verde Remata nos puntos
Azul Non remata nos puntos
Non se califica (NC)
Púrpura Non remata (Ret)
Vermello Non se califica (NSC)
Non se precalifica (NSPC)
Negro Descualificado (DSC)
Branco Non tomou a saída (NTS)
Carreira cancelada (C)
Azul claro Prácticas só (PS)
Piloto de probas dos venres (PP)
(desde 2003 en diante)
En branco Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)

Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
† Pilotos que non terminaron o Gran Premio,
pero se clasificaron ao completar máis do 90%
da distancia de carreira.

Construtores editar

Pos Construtor Pil AUS
 
MAL
 
CHN
 
BHR
 
ESP
 
MON
 
CAN
 
AUT
 
RU
 
HUN
 
BEL
 
ITA
 
SIN
 
XPN
 
RUS
 
USA
 
MEX
 
BRA
 
ABU
 
Puntos
1   Mercedes 6 ROS 2 3 2 3 1 1 2 1 2 8 2 17† 4 2 Ret 2 1 1 1 703
44 HAM 1 2 1 1 2 3 1 2 1 6 1 1 Ret 1 1 1 2 2 2
2   Ferrari 5 VET 3 1 3 5 3 2 5 4 3 1 12 2 1 3 2 3 Ret 3 4 428
7 RAI Ret 4 4 2 5 6 4 Ret 8 Ret 7 5 3 4 8 Ret Ret 4 3
3   WilliamsMercedes 19 MAS 4 6 5 10 6 15 6 3 4 12 6 3 Ret 17 4 Ret 6 DSC 8 257
77 BOT NTS 5 6 4 4 14 3 5 5 13 9 4 5 5 12† Ret 3 5 13
4   Red BullRenault 3 RIC 6 10 9 6 7 5 13 10 Ret 3 Ret 8 2 15 15† 10 5 11 6 187
26 KVY NTS 9 Ret 9 10 4 9 12 6 2 4 10 6 13 5 Ret 4 7 10
5   Force IndiaMercedes 11 PER 10 13 11 8 13 7 11 9 9 Ret 5 6 7 12 3 5 8 12 5 136
27 HÜL 7 14 Ret 13 15 11 8 6 7 Ret Ret 7 Ret 6 Ret Ret 7 6 7
6   LotusRenault 8 GRO Ret 11 7 7 8 12 10 Ret Ret 7 3 Ret 13† 7 Ret Ret 10 8 9 78
13 MAL Ret Ret Ret 15 Ret Ret 7 7 Ret 14 Ret Ret 12 8 7 8 11 10 Ret
7   Toro RossoRenault 33 VES Ret 7 17† Ret 11 Ret 15 8 Ret 4 8 12 8 9 10 4 9 9 16 67
55 SAI 9 8 14 Ret 9 10 12 Ret Ret Ret Ret 11 9 10 Ret 7 13 Ret 11
8   SauberFerrari 9 ERI 8 Ret 10 14 14 13 14 13 11 10 10 9 11 14 Ret Ret 12 16 14 36
12 NAS 5 12 8 12 12 9 16 12 NTS 11 11 13 10 20† 6 9 Ret 13 15
9   McLarenHonda 14 ALO Ret 12 11 Ret Ret Ret Ret 10 5 13 18† Ret 11 11 11 Ret 15 17 27
20 MAG NTS
22 BUT 11 Ret 13 NTS 16 8 Ret Ret Ret 9 14 14 Ret 16 9 6 14 14 12
10   Manor MarussiaFerrari 28 STE NPP NTS 15 16 17 17 17 Ret 13 16† 16 15 15 19 14 Ret 16 17 18 0
53 RSI 14 18 12 15 18
98 MER NPP 15 16 17 18 16 Ret 14 12 15 15 16 13 19
Pos Construtor Pil AUS
 
MAL
 
CHN
 
BHR
 
ESP
 
MON
 
CAN
 
AUT
 
RU
 
HUN
 
BEL
 
ITA
 
SIN
 
XPN
 
RUS
 
USA
 
MEX
 
BRA
 
ABU
 
Puntos
Lenda
Cor Resultado
Ouro Gañador
Prata 2º posto
Bronce 3º posto
Verde Remata nos puntos
Azul Non remata nos puntos
Non se califica (NC)
Púrpura Non remata (Ret)
Vermello Non se califica (NSC)
Non se precalifica (NSPC)
Negro Descualificado (DSC)
Branco Non tomou a saída (NTS)
Carreira cancelada (C)
Azul claro Prácticas só (PS)
Piloto de probas dos venres (PP)
(desde 2003 en diante)
En branco Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)

Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
† Coches que non terminaron o Gran Premio,
pero se clasificaron ao completar
máis do 90% da distancia de carreira.

Notas editar

  1. Benson, Andrew (23 novembro 2014). "Lewis Hamilton gaña o campionato mundial en Abu Zabi". BBC Sport (BBC). Consultado o 23 novembro 2014. 
  2. Allen, James (12 outubro 2014). "Hamilton wins, Rosberg errs, Mercedes clinch constructors' title in Sochi". James Allen on F1 (James Allen). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 14 outubro 2014. 
  3. Straw, Edd (9 de decembro de 2013). "Formula 1 to introduce budget cap in 2015". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 12 de decembro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 Nugnes, Franco (17 de xullo de 2014). "Ferrari test 059/4 Power Unit". Omnicorse (Franco Nugnes). Consultado o 11 de abril de 2015. 
  5. "Friday's FIA Press Conference". 3 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2015. Consultado o 9 de xullo de 2015. VM: Well, all of us have been eagerly awaiting the British Grand Prix and the launch of our new B-spec car. 
  6. Collantine, Keith (12 de marzo de 2015). "Manor F1 car appears in Australia". F1 Fanatic (Keith Collantine). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2015. 
  7. "MANOR MARUSSIA F1 TEAM PARTNERS WITH AIRBNB. Helping race fans around the globe feel at home anywhere". 4 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2015. Consultado o 6 de xuño de 2015. 
  8. "Manor F1 Team on provisional 2015 entry list". ESPN Sport UK. 5 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 2014-11-05. Consultado o 5 de novembro de 2014. 
  9. Anderson, Ben; Noble, Jonathan (20 de febreiro de 2015). "Manor F1 team agrees to use 2014 Ferrari engines". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 20 de febreiro de 2015. 
  10. "Renault Energy F1-2015: Media Guide" (PDF). Renault Sport. Renault. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de febreiro de 2015. Consultado o 29 de xaneiro de 2015. 
  11. "Mercedes provide early look at 2015 car". Grand Prix 247. Consultado o 29 de xaneiro de 2015. 
  12. "McLaren". formula1.com. Formula One Administration. Consultado o 28 de febreiro de 2015. 
  13. "2015 Australian Grand Prix – Entry List" (PDF). FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 12 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de marzo de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2015. 
  14. "Grid overview: Formula 1 teams of 2015". GP Update (GP Update). 7 de marzo de 2015. Consultado o 21 de marzo de 2015. 
  15. "2015 Malaysian Grand Prix – Entry List" (PDF). FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 26 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de marzo de 2015. Consultado o 26 de marzo de 2015. 
  16. "2015 Chinese Grand Prix – Entry List" (PDF). FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 9 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de abril de 2015. Consultado o 9 de abril de 2015. 
  17. "2015 Spanish Grand Prix – Entry List". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 7 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de maio de 2015. Consultado o 8 de maio de 2015. 
  18. "2015 Hungarian Grand Prix – Entry List". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 23 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2015. Consultado o 23 de xullo de 2015. 
  19. "2015 Singapore Grand Prix – Entry List". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 17 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2015. Consultado o 17 de setembro de 2015. 
  20. "2015 Japanese Grand Prix – Entry List". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 24 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 24 de setembro de 2015. 
  21. "2015 United States Grand Prix – Entry List". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 22 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2015. 
  22. "2015 Mexican Grand Prix – Entry List". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 29 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2015. 
  23. "2015 Brazilian Grand Prix – Entry List". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 12 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2015. 
  24. Collantine, Keith (11 de decembro de 2013). "FIA invites "competitive" new teams to enter F1". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 12 de decembro de 2013. 
  25. "Premieră pentru România. Vom avea echipă de Formula 1: "Proiectul este 100% privat, nu există implicarea Guvernului"" [Premiere for Romania: "We have a team in Formula 1; the project is 100% privately owned, with no government involvement"] (en Romanian). Gândul. 8 de xuño de 2014. 
  26. 26,0 26,1 Cooper, Adam (28 de febreiro de 2014). "FIA delays its decision on new F1 team". Adam Cooper's F1 Blog (WordPress). Consultado o 1 de marzo de 2014. 
  27. Cooper, Adam (16 de xaneiro de 2014). "Romanian project applies for 2015 F1 entry". Adam Cooper's F1 Blog (WordPress). Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  28. Rencken, Dieter; Noble, Jonathan (16 de xaneiro de 2014). "NASCAR team boss Gene Haas plans new Formula 1 squad for 2015". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  29. Gluck, Jeff (14 de abril de 2014). "Gene Haas: No reason U.S.-based Formula One team can't succeed". USA Today Sports. Consultado o 15 de abril de 2015. 
  30. Noble, Jonathan (11 de abril de 2014). "Gene Haas granted Formula 1 entry for 2015 season". Autosport.com. Haymarket Media. Consultado o 11 de abril de 2014. 
  31. "Haas confirms debut will be in 2016". ESPN. 4 de xuño de 2014. Consultado o 4 de xuño de 2014. 
  32. Noble, Jonathan (6 de abril de 2014). "Formula 1 could have two new teams in 2015 - Bernie Ecclestone". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 7 de abril de 2014. They will be accepted," he said about the Haas entry. "We have also accepted another team as well. 
  33. "FIA WMSC statement, Marrakech, 11 de abril de 2014". FIA.com. Fédération Internationale de l'Automobile. 11 April 2014. Consultado o 11 de abril de 2014. 
  34. "2015 FIA F1 World Championship - Entry List" (en inglés). Federation Internationale de l'Automobile. 5 de marzo de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2015. 
  35. Collantine, Keith (16 de maio de 2013). "Honda confirm F1 return with McLaren in 2015". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 16 de maio de 2013. 
  36. Anderson, Ben (9 de outubro de 2014). "Lotus confirms Mercedes engine switch". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 9 de outubro de 2014. 
  37. Noble, Jonathan (7 de novembro de 2014). "Marussia Formula 1 team closes doors, staff made redundant.". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 7 de novembro de 2014. 
  38. Benson, Andrew (4 de febreiro de 2015). "Marussia team could make Formula 1 return this season". BBC Sport. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  39. "Caterham Formula 1 team's assets put up for sale by administrators". Autosport. Consultado o 5 de febreiro de 2015. 
  40. Benson, Andrew (5 de febreiro de 2015). "Caterham hopes fade as team's remaining assets go up for sale". BBC Sport. Consultado o 5 de febreiro de 2015. 
  41. "Caterham assets to be auctioned off". GPUpdate. GPUpdate. 5 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2015. 
  42. "McLaren-Honda announces Fernando Alonso and Jenson Button for 2015". McLaren.com (McLaren). 11 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 2015-07-12. Consultado o 11 de decembro de 2014. 
  43. Galloway, James (11 de decembro de 2014). "McLaren retain Jenson Button as partner for returning Fernando Alonso in 2015". skysportsf1.com (BSkyB). Consultado o 12 de decembro de 2014. 
  44. Elizalde, Pablo (3 de marzo de 2015). "Alonso to miss Australian Grand Prix". Motorsport.com (Motorsport.com, Inc.). Consultado o 3 de marzo de 2015. 
  45. "Welcome Sebastian – Vettel and Raikkonen 2015 driver pairing". Ferrari (Ferrari). 20 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2015. Consultado o 20 de novembro de 2014. 
  46. "New Team Driver Line Up For 2015". Infiniti Red Bull Racing. 4 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2015. Consultado o 4 de outubro de 2014. 
  47. Freemann, Glenn (28 de novembro de 2014). "Carlos Sainz Jr joins Max Verstappen at Toro Rosso for F1 2015". Autosport.com (Autosport.com). Consultado o 28 de novembro de 2014. 
  48. "Verstappen to race for Toro Rosso in 2015". GPUpdate.net. 18 August 2014. Consultado o 18 de agosto de 2014. 
  49. "Jean-Eric Vergne becomes test driver for the Scuderia". Ferrari.com. 19 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 2015-01-23. Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  50. "Sauber F1 team signs ex-Caterham driver Marcus Ericsson for 2015". Autosport (Haymarket Publications). 1 de novembro de 2014. Consultado o 1 de novembro de 2014. 
  51. "Sauber F1 Team announces Felipe Nasr as its driver for 2015". Sauber. 5 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2014. 
  52. "Ferrari sign Esteban Gutierrez as test driver". BBC Sport. 15 de decembro de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2014. 
  53. Noble, Jonathan (26 de marzo de 2015). "Adrian Sutil becomes Williams Formula 1 reserve driver". Autosport.com. Haymarket Media. Consultado o 26 de marzo de 2015. 
  54. "Will Stevens secures Manor Formula 1 race seat". autosport.com. 25 de febreiro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  55. Freeman, Glenn (9 de marzo de 2015). "Roberto Merhi to race for Manor F1 team in Australian Grand Prix". Autosport.com. Haymarket Media Group. Consultado o 9 de marzo de 2015. 
  56. "Jules Bianchi's promising F1 career ends in tragedy after earlier hopes of joining Ferrari's ranks". abc.net.au. Australian Broadcasting Corporation. 17 de xullo de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2015. 
  57. "Jules Bianchi's prognosis unclear after F1 crash". Sydney Morning Herald. AFP. 7 de outubro de 2014. Consultado o 7 de marzo de 2015. 
  58. Collantine, Keith (7 de outubro de 2014). "Bianchi suffered brain injury in crash". F1 Fanatic. Keith Collantine. Consultado o 7 de marzo de 2015. 
  59. "Indy Lights – Max Chilton". Indycar.com. 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  60. "Kobayashi joins Japanese Super Formula for 2015". ESPN F1. ESPN. 31 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2015. Consultado o 9 de febreiro de 2015. 
  61. "American racing driver Alexander Rossi to make F1 debut this weekend". 16 de setembro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2015. 
  62. "Formula 1 races to start early after Jules Bianchi crash". BBC Sport. 20 de xaneiro de 2015. Consultado o 20 de xaneiro de 2015. 
  63. 63,0 63,1 63,2 63,3 63,4 63,5 "World Motor Sport Council 2014 – Doha". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 3 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 3 de decembro de 2014. 
  64. "Hockenheim handed reprieve". PlanetF1.com. 1 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2011. Consultado o 10 de marzo de 2010. 
  65. "German GP at Nürburgring still uncertain". GPUpdate (JHED Media BV). 13 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2016. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 
  66. "Hockenheim says 'nothing fixed' for 2015". GPUpdate (GPUpdate). 15 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 15 de xaneiro de 2015. 
  67. Galloway, James (21 de xaneiro de 2015). "Bernie Ecclestone says German GP not certain to take place in 2015". Sky Sports F1 (British Sky Broadcasting Plc). Consultado o 22 de xaneiro de 2015. 
  68. "Hockenheim rules out hosting German GP". GP Update (GP Update). 17 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2016. Consultado o 20 de marzo de 2015. 
  69. "Nürburgring will not stage German GP". GPUpdate (JHED Media BV). 19 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2015. Consultado o 20 de marzo de 2015. 
  70. "Germany dropped from 2015 calendar". formula1.com. 20 de marzo de 2015. Consultado o 20 de marzo de 2015. 
  71. "Ecclestone rules out 2015 Indian GP". The Hindu. 22 de agosto de 2014. Consultado o 6 de febreiro de 2015. 
  72. Benson, Andrew (6 de xaneiro de 2015). "Korea dropped from 2015 calendar". BBC Sport (BBC). Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 
  73. Collins, Sam (5 March 2013). "Renault RS34 – the future of Formula 1". Racecar Engineering (Chelsea Magazines Ltd.). Consultado o 1 May 2013. 
  74. Saward, Joe (8 July 2014). "Changing the F1 engines of today". joeblogsf1. WordPress. Consultado o 9 July 2014. 
  75. Noble, Jonathan; Scarborough, Craig (20 June 2014). "Formula 1 chiefs move to avoid ugly noses in 2015". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 21 June 2014. 
  76. "FIA postpones radio clampdown until 2015". SpeedCafe.com. 19 September 2014. Consultado o 20 September 2014. 
  77. "Lewis Hamilton fears starts will be made even worse by F1 rule change". Telegraph. Consultado o 18 agosto 2015. 
  78. Noble, Jonathan (18 febreiro 2015). "F1 helmet design changes in-season to be banned". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 18 febreiro 2015. 
  79. Rosberg logrou a pole position, logro suspenderse a Q3, foron usados os tempos da Q2

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar