Sergio Pérez Mendoza

Sergio Michel Pérez Mendoza, máis coñecido como Sergio "Checo" Pérez, nado en Guadalaxara (Xalisco) o 26 de xaneiro de 1990[1][2], é un piloto de automobilismo mexicano. É piloto de Red Bull Racing, pilotou previamente para Sauber, McLaren, Force India e Racing Point.

Infotaula de personaSergio Pérez Mendoza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Sergio Michel Pérez Mendoza Editar o valor em Wikidata
26 de xaneiro de 1990 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Guadalaxara, México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Altura173 cm Editar o valor em Wikidata
Peso64 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, Castelán mexicano e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaMéxico Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo
Formula One racing (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
2021-Red Bull Racing Editar o valor em Wikidata
Participou en
2010Temporada de GP2 Series de 2010 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAntonio Pérez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina websergioperezf1.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4072101 Facebook: sergioperezf1 Twitter: schecoperez Instagram: schecoperez Youtube: UCw-ipyIc9gUWunmswPRYVAA Editar o valor em Wikidata

Pérez, quen actualmente reside en Schindellegi, Suíza, foi membro da Academia de pilotos de Ferrari ata o ano 2012. Logrou o seu primeiro podio na Fórmula Un no Gran Premio de Malaisia de 2012 con Sauber.

Pérez uniuse a McLaren na tempada 2013, en substitución de Lewis Hamilton quedando como compañeiro de Jenson Button. Deixou o equipo con sede en Woking logo dunha soa tempada con eles, despois de que o equipo decidira asinar ao piloto dinamarqués Kevin Magnussen, deixando a Pérez sen asento.[3][4] En decembro de 2013, anunciouse que Force India contratara a Pérez, nun acordo de 15 millóns de euros.[5] Permaneceu con Force India despois de que entrasen en concurso de acredores no segundo semestre de 2018, e logo da súa conversión como Racing Point F1 Team en 2019.

En 2019, Racing Point asinou con Pérez unha prórroga de tres anos, que duraría ata finais de 2022.[6] Non obstante, máis tarde anunciou que abandonaría o equipo ao final da tempada 2020 e fichou por Red Bull Racing para a tempada 2021.[7]

Gañou o seu primeiro Gran Premio de Fórmula Un no Gran Premio de Sakhir de 2020, batendo a récord de número de saídas antes dunha vitoria de carreira en 190.[8] Tamén gañou o seu primeira pole position na Fórmula 1 no Gran Premio de Arabia Saudita de 2022, batendo o récord de máis carreiras antes dunha primeira pole position en 215.[9] Pérez ten contrato con Red Bull Racing ata o final da tempada 2024.[10]

Traxectoria editar

Inicios editar

Inicia a súa carreira á idade de 6 anos no karting en 1996 demostrando a súa valía no seu 1º ano de competición ao lograr 4 vitorias na categoría infantil e ao final do ano, acadou o subcampionato da categoría.

Na tempada 1997 participou na Categoría Xuvenil (karts), na que foi o piloto máis novo da categoría e obtivo un triunfo, cinco podios e terminou cuarto no campionato.

Ao ano seguinte, volveu competir na categoría Xuvenil, na cal levou oito vitorias e ao final da campaña converteuse no piloto máis novo en proclamarse campión da categoría. Tamén participou nalgunhas carreiras da Shifter 125 c.c. e competiu nunha carreira da Master de Karts en Kadets, na que subiu ao sitio máis alto do podio.

Na tempada 1999 correu na categoría Shifter 80 c.c., na que acumulou tres vitorias e terminou na terceira praza do campionato. Así mesmo, converteuse no piloto máis novo en gañar unha competición na categoría, logo de obter un permiso especial da Federación para poder participar na Shifter 80 c.c.

No ano 2000 concretou o Campionato Shifter 80 c.c. e tamén participou en tres carreiras na categoría Shifter 125 c.c. no Reto Telmex. Con todo, "Checo" non se conformou cos resultados obtidos e na seguinte campaña foi por outro campionato, nesta ocasión o da Shifter 125 c.c. Rexional e de novo foi o piloto máis novo en competir na categoría. Con todos estes logros, o sensacional piloto chamou a atención dos buscadores de talentos da Escuadra Telmex.

Con seis triunfos no 2002, foi nomeado subcampión nacional na categoría Shifter 125 c.c. e participou na carreira mundial de Shifter 80 c.c. nas Vegas, na cal cualificou quinto e terminou no lugar 11, ao competir contra os mellores no seu xénero.

No 2003 foi líder en dous campionatos na Shifter 125 c.c., pero lle retiraron o permiso para as últimas sete carreiras, o cal resultou ser un hándicap nas súas aspiracións polo título. Porén, Sergio terminou o Reto Telmex na terceira posición. Ademais de conquistar o subcampionato na Copa México. Ese mesmo ano, tamén foi invitado para asistir no Shootout de Easy Karts 125, no que competiu contra pilotos de todo o mundo e logrou cualificar no primeiro lugar, para eventualmente levar a bandeira a cadros, á vez que era o piloto máis novo da categoría.

Fórmula Skip Barber editar

O ano 2004 foi quizais un dos máis ocupados de Pérez Mendoza da súa carreira profesional, xa que competiu no Campionato Midwestern e no Nacional da Fórmula Skip Barber, como piloto da Escuadra Telmex. Onde se converteu no piloto máis novo na historia da categoría en subir ao podio. Tamén foi Novato do Ano na Midwestern, logo de terminar na sétima posición, con seis carreiras sen disputar.

Finalizou a campaña da Fórmula Skip Barber Nacional no 11º lugar, cun podio e 77 puntos. Ademais, foi nomeado Novato do Ano na mesma categoría Nacional, con apenas 14 anos de idade.

Sergio acadou cinco podios na Fórmula Skip Barber, catro foron rexionais: en Road America (dous triunfos), Virginia (un triunfo), e Sebring (terceiro), e un nacional: Road America (terceiro). Con todo isto, Pérez Mendoza converteuse no piloto mexicano máis novo en gañar unha carreira no estranxeiro en autos tipo Fórmula, ao superar ao lendario Ricardo Rodríguez e ao ecléctico Carlos Wallace (compañeiro do colexio) neste rubro.

Tamén obtivo o triunfo ao ser invitado a participar nunha competencia da Fórmula Vee, na súa natal Guadalaxara e en sete carreiras finalizou dentro dos 10 primeiros.

Fórmula BMW Alemá editar

No 2005 a Escuadra Telmex decidiu brindarlle a oportunidade ao talentoso piloto mexicano de participar na Fórmula BMW de Alemaña, na cal cun equipo pouco competitivo logrou escalar o segundo sitio do podio no primeiro evento da campaña no cal disputáronse dúas carreiras e na segunda carreira logrou a fazaña baixo choiva, para darlle ao seu equipo o mellor resultado da súa historia.

No 2006, "Checo" militou novamente na Fórmula BMW Alemá obtendo un podio e pechando no top-ten do Campionato.

Fórmula 3 Británica editar

Para a tempada 2007, Sergio recibe a oportunidade de continuar a súa carreira en Europa e toma parte no disputado Campionato da Fórmula 3 Británica na Clase Nacional, onde tivo o forte compromiso de igualar o título obtido por Salvador Durán no 2005, ademais continua como piloto de probas do equipo nacional na Copa mundial de Nacións A1 Grand Prix onde ao final do ano tivo unhas cantas participacións.

Sergio non decepciona nas expectativas depositadas sobre el e gaña a Fórmula 3 Británica clase Nacional fronte ao chinés Cong Fu Chen impondo nova marca de puntos (376) superando ao seu compatriota e último campión mexicano da categoría, Salvador Durán que impuxera a anterior marca con 300 en 2005. Ademais impuxo marca entre os mexicanos gañadores da categoría (Salvador Durán e Fernando Prata) con 14 vitorias, 19 podios, 12 poles e 12 Voltas rápidas. E para non parar en marcas é o Campión máis novo na Fórmula 3 Británica con 17 anos de idade.

GP2 Series editar

Perez únese a Campos Grand Prix para a GP2 Asia Series 2008-09, gañando 2 carreiras e con 26 puntos. En 2009 ficha por Arden International e acaba con 22 puntos no posto 12º. Volve a Campos (renomeado Barwa Addax) para a súa segunda GP2 Asia Series con só 5 puntos, logo na GP2 Series fai unha tempada fanástica con 1 pole, 5 vitorias e segundo posto gañando ao seu compañeiro de equipo Giedo van der Garde e só por detrás de Pastor Maldonado.

Fórmula 1 editar

Sauber (2011 - 2012) editar

2011 editar

 
Pérez pilotando para Sauber no Gran Premio de Malaisia de 2011.

O 4 de outubro de 2010, anunciouse que Pérez competiría na tempada 2011 de Fórmula 1 co equipo Sauber en substitución de Nick Heidfeld. Posteriormente, Sauber anunciou unha asociación co patrocinador de Pérez Telmex.[11] Pérez converteuse no quinto mexicano en competir na Fórmula Un, e o primeiro desde Héctor Rebaque que competiu entre 1977 e 1981. Pérez tamén se converteu en membro do esquema da Ferrari Driver Academy en outubro de 2010.[12]

Pasou a bandeira a cadros no sétimo lugar na súa primeira carreira, o Gran Premio de Australia de 2011, impresionando aos observadores ao deterse para cambiar pneumáticos unha soa vez, converténdose no único piloto na pista en facer menos de dúas paradas.[13] Con todo, ambos automóbiles Sauber foron posteriormente descualificados por infrinxir as regulamentacións técnicas.[14] Pérez non puido repetir o resultado en Malaisia onde as partes da carrozaría do Toro Rosso de Sébastien Buemi saíron voando e danaron o sistema eléctrico do sauber de Pérez, forzando a súa retirad. O Gran Premio da China de 2011 viuno comezar na 12ª posición e tivo problemas durante a carreira e tamén bateu con varios pilotos no camiño cara á 17º posto. Continuou co décimo cuarto posto en Turquía, antes de lograr un noveno lugar en España, por diante do seu compañeiro de equipo Kamui Kobayashi décimo, logrando os seus primeiros puntos na Fórmula Un.

Durante a terceira parte da cualificación para o Gran Premio de Mónaco de 2011, Pérez perdeu o control do seu coche ao saír da sección do túnel do circuíto, trompeou cara á dereita e estrelouse contra a barreira, antes de deslizarse pola chicana e golpear o Barreira TecPro cun forte impacto lateral.[15] Pérez foi visto poñendo as súas mans ao redor da súa cabeza nun intento de protexela xusto antes do impacto final. A sesión suspendeuse, e os comisarios e o persoal médico sacaron a Pérez do seu automóbil. Un portavoz do equipo de Sauber confirmou que Pérez estaba consciente e puido falar despois do accidente, e que fora levado ao centro médico do circuíto.[16] Sufriu unha escordadura na coxa e unha conmoción cerebral, e por razóns médicas non participou na carreira ao día seguinte.[17] Logo de participar na primeira sesión de prácticas do Gran Premio do Canadá de 2011, Pérez non se sentiu o suficientemente ben e decidiu non participar, foi substituído por Pedro de la Rosa.[18]

Pérez regresou para o Gran Premio de Europa de 2011 e terminou undécimo logo de intentar correr a carreira nunha estratexia dunha soa parada. Pérez obtivo a súa mellor posición, sétimo, no Gran Premio do Reino Unido de 2011 e undécimo en Alemaña. Logo dun décimo quinto lugar en Hungría, Pérez retirouse en Bélxica cun fallo na suspensión. Isto foi seguido por unha falla na caixa de cambios mentres corría sétimo en Italia, antes de anotar un punto en Singapur logo de perder o noveno lugar ante Felipe Massa. En Xapón ocupou o oitavo lugar, antes dun décimo sexto lugar en Corea, décimo en India, e un undécimo lugar en Abu Zabi. Pérez terminou décimo sexto no Campionato de Pilotos con catorce puntos. O 28 de xullo, anunciouse que Pérez permanecería con Sauber na tempada de 2012, xunto co seu compañeiro de equipo Kobayashi.[19] O 13 de setembro, Pérez probou para Ferrari como parte da Ferrari Driver Academy nun Ferrari F60, o coche de Ferrari da tempada 2009. Pérez realizou a proba con outro membro da academia Jules Bianchi.[20]

2012 editar

 
Pérez perseguindo a Alonso polo liderado do Gran Premio de Malaisia de 2012, onde logrou o seu primeiro podio na Fórmula Un.

Pérez comezou a tempada co oitavo posto no Gran Premio de Australia de 2012, perdendo varios postos na última volta debido a uns pneumáticos excesivamente desgastados.[21] Na segunda rolda en Malaisia, batallou con Fernando Alonso pola vitoria. Nas últimas voltas da carreira foi capaz de pechar a brecha a 0´5 segundos, pero non foi capaz de pasalo xa que se abriu de par en par na curva 14 e retrocedeu, terminando segundo 2´2 segundos detrás de Alonso. Moitos observadores eloxiaron o desempeño de Pérez durante a carreira malia o seu erro ao final da carreira,[22][23][24] logrando o mellor resultado de Sauber como equipo independente.[25] Na China, Pérez cualificou oitavo a mellor da súa carreira, pero terminou a carreira no undécimo lugar logo de problemas coa estratexia nos pits e tamén co embrague do seu coche.[26]

Terminou fóra dos puntos nas seguintes tres carreiras malia rexistrar a volta rápida en Mónaco[27], antes de que Pérez lograse o seu segundo podio nas carreira no Gran Premio do Canadá de 2012, terminando a carreira en terceiro lugar, habendo comezado décimo quinto.[28]

 
Pérez en camiño ao terceiro lugar no Gran Premio do Canadá de 2012, o seu segundo podio.

No Gran Premio de Europa de 2012, Pérez clasificou en décimo quinto lugar, citando un desequilibrio no manexo e sentindo o coche como "impredicible" como razóns para a diferenza con Kobayashi que quedou no sétimo lugar.[29] Mellorou ao noveno lugar na carreira, pero a mala cualificación foi un problema para o equipo.[30] Na volta 12 do Gran Premio do Reino Unido de 2012, Pérez colisionou con Pastor Maldonado, o que o obrigou a retirarse cunha suspensión rota. Máis tarde criticou ao venezolano, alegando que "preocupa a todo o mundo" antes de agregar, "é un piloto que non sabe que estamos arriscando as nosas vidas e non ten ningún respecto en absoluto".[31] Maldonado recibiu unha dobre penalización en forma de reprimenda e unha multa de 10.000 euros logo da carreira. Máis tarde, Pérez agregou: "Basta con ver as últimas carreiras: arruinou a carreira de Hamilton (en Valencia), arruinou a miña carreira en Mónaco ao facer cousas estúpidas. Non entendo por que os comisarios non toman unha decisión seria con el. Con Pastor non están facendo nada que lle ensine unha lección".[32]

 
Pérez no Gran Premio dos Estados Unidos de 2012

Para o Gran Premio de Alemaña de 2012, Pérez comezou na 17ª posición pero puido abrirse camiño a través da pista, e ao final terminou a carreira no 6º lugar.[33] No Gran Premio de Bélxica de 2012, Pérez chegou á Q3 e clasificouse como o quinto máis rápido. Unha penalización para Maldonado posteriormente promoveu a Pérez á cuarta mellor marca da súa carreira na grella.[34] Na carreira, Pérez viuse obrigado a retirarse na primeira curva da primeira volta logo de que Romain Grosjean causara un espectacular accidente. Grosjean estrelou o seu auto contra Lewis Hamilton, creando un efecto dominou que involucrou a cinco autos. Tamén participaron no accidente, o líder do campionato Fernando Alonso e o compañeiro de equipo de Pérez Kamui Kobayashi.[35] Pérez obtivo o seu terceiro podio no Gran Premio de Italia de 2012. O sábado, non puido clasificarse para a Q3, e foi duodécimo na grella. O domingo, fixo unha campaña de asalto para subir pola pista ata o segundo lugar, adiantando, entre outros a, Kimi Räikkönen, Nico Rosberg, Felipe Massa e Alonso. A diferenza da maioría dos pilotos na pista, Pérez comezou a carreira con pneumáticos duros e cambiou aos medios na volta 29,[36] o que lle permitiu liderar o Gran Premio durante cinco voltas. Como resultado, a sobresaínte xestión de pneumáticos de Pérez e o seu coche levárono ben aos puntos e, finalmente, ao podio. Pérez terminou a tempada en décimo lugar no Campionato de Pilotos con 66 puntos, 6 máis que o seu compañeiro de equipo Kobayashi.[37]

McLaren (2013) editar

O 28 de setembro de 2012, Lewis Hamilton anunciou a súa decisión de saír McLaren para fichar por Mercedes. Posteriormente anunciouse que Pérez fora contratado como substituto de Hamilton.

Force India (2014–2018) editar

 
Pérez no Gran Premio de Bahrain de 2014 onde logrou o seu primeiro podio desde a tempada 2012, co terceiro posto na carreira.

O 12 de decembro de 2013, Pérez tiña o seu volante para Force India en 2014 confirmado.[5]

Racing Point (2019-2020) editar

2019 editar

 
Pérez no Gran Premio de Austria de 2019

Na tempada 2019, Racing Point Force India converteuse en Racing Point, mantendo a Pérez como piloto. No equipo uniuse o antigo piloto de Williams Lance Stroll. Racing Point viu 2019 como unha tempada de transición, e gran parte do traballo no coche dese ano viuse interrompido polos eventos administrativos do ano anterior. A un grande inicio de tempada, incluíndo un sexto posto en Acerbaixán, seguiuno unha serie de oito carreiras sen puntos, a máis longa da súa carreira. Isto incluíu o Gran Premio de Alemaña afectado pola choiva, onde caeu no inicio da carreira mentres o seu compañeiro de equipo Stroll liderou brevemente a carreira e finalmente terminou cuarto.

Do mesmo xeito que en 2018, Pérez saíu moito mellor durante a segunda metade da tempada. Excepto pola retirada en Singapur debido a unha fuga de aceite, anotou puntos en todas as carreiras despois do descanso estival, incluíndo un gran sexto lugar en Bélxica. Moitos destes puntos chegados proviñan de posicións iniciais baixas na grella, incluíndo un 7º lugar no Italia despois de comezar o 18º, o 8º en Xapón desde os postos 17º e 10º, nos Estados Unidos despois de comezar desde o pit lane. Rematou a tempada no décimo posto do campionato con 52 puntos, comodamente por diante do seu compañeiro Stroll.

2020 editar

 
Pérez conducindo en Barcelona en 2020 durante as probas de pretempada

Pérez asinara unha extensión de contrato con Racing Point, para quen estaba destinado a seguir correndo ata finais de 2022.[38] Tres días antes do Gran Premio do Reino Unido de 2020, deu positivo en SARS-CoV-2 coronavirus que causa COVID-19. Debido a isto, non puido participar no Gran Premio de Gran Bretaña. Foi substituído temporalmente por Nico Hülkenberg. Confirmouse que tamén se perdería o Gran Premio do 70º aniversario, xa que volveu dar positivo en COVID-19.[39] Despois de dar negativo para o COVID-19 despois do Gran Premio do 70º aniversario, Pérez volveu correr no Gran Premio de España, clasificouse cuarto e rematou a carreira na quinta posición.[40][41] En setembro de 2020, Pérez anunciou que deixaría Racing Point a finais da tempada de 2020.[42] Sería substituído por Sebastian Vettel xa que Racing Point pasaría a ser Aston Martin para a tempada 2021.[43]

Pérez logrou o seu noveno podio de F1 no Gran Premio de Turquía. Despois de clasificarse terceiro baixo a choiva, Pérez superou a Max Verstappen e pasou de terceiro a segundo, só por detrás do seu compañeiro de equipo Lance Stroll, comezando con pneumáticos de choiva e cambiando por pneumáticos intermedios na volta 10 de 58. Pérez herdou o liderado despois de que Stroll fixera unha parada en boxes, e na volta 37 foi superado por Lewis Hamilton para liderar. O podio foi Hamilton, Pérez e Sebastian Vettel.[44][45] Pérez foi terceiro na maior parte do Gran Premio de Bahrain despois de comezar quinto, pero un problema eléctrico do MGU-K produciuse a falta dunhas poucas voltas, o que obrigou a deterse e retirar o coche con chamas que saian da unidade de potencia.

Desde que Pérez anunciou a súa saída de Racing Point houbo apoio dos medios para el, con The Race dicindo que sería unha "gran inxustiza se Pérez non estivese na grella de 2021".[46] O expiloto de F1 convertido en comentarista e experto de Sky Sports F1 Martin Brundle tamén se fixo eco de pensamentos similares na súa revisión da columna en liña do Gran Premio de Turquía de 2020 onde Pérez quedou segundo e suxeriu que Pérez "debería estar no radar de Red Bull Racing" para asociarse con Max Verstappen en lugar de Alexander Albon.[47]

Pérez gañou a súa primeira carreira no Gran Premio de Sakhir, converténdose no gañador número 110 da carreira da Fórmula 1. Na primeira volta, Pérez foi golpeado por Leclerc e pasou do 2º posto ao 18º e último. Na volta 64 tomou o liderado e gañou a carreira por diante de Esteban Ocon e do seu compañeiro Stroll. Esta foi a primeira vitoria para un piloto mexicano desde que Pedro Rodríguez gañou o Gran Premio de Bélxica de 1970 50 anos antes.[48] [49]

Red Bull (2021–) editar

 
Pérez no Gran Premio de Austria de 2021

Pérez correu para Red Bull Racing en 2021, substituíndo a Alexander Albon, que foi degradado ao papel de piloto reserva e probador.[50] e coa colaboración de Max Verstappen.[51]

No Gran Premio de Bahrain de 2021, Pérez debutou co equipo Red Bull Racing rematando no 5º lugar. Durante a cualificación do sábado quedou 11º.[52] Durante a volta de formación para a carreira, o seu coche apagouse por un fallo eléctrico. Conseguiu restablecer o seu RB16B antes de ter que comezar a carreira desde o pitlane.[53]

No Gran Premio da Emilia-Romaña de 2021, Pérez clasificouse na primeira fila en 2º lugar, a só 0,035 segundos do polesitter Lewis Hamilton, superando ao seu compañeiro de equipo Max Verstappen na P3.[54] Era a primeira vez que comezaba na primeira fila dunha carreira.

No Gran Premio de Acerbaixán de 2021, Pérez clasificouse no 7º lugar, comezando no 6º lugar debido a unha penalización na grella para Lando Norris.[55][56] Na carreira fixo unha boa saída, subindo ata o 3º lugar na volta 8. Na xanela de parada en boxes, pasou a Lewis Hamilton para ocupar o 2º lugar. Mantívose nesta posición durante a maior parte da carreira, Pérez pasou á cabeza tras un fallo de pneumáticos do seu compañeiro de equipo Max Verstappen na volta 47. Co reinicio da carreira na volta 50, mantívose no liderado durante as dúas últimas voltas, para facerse coa segunda vitoria da súa carreira e a primeira con Red Bull.[57]

No Gran Premio de Francia de 2021, Pérez clasificouse no 4º lugar, comezando por detrás do piloto de Mercedes Valtteri Bottas. Na carreira, conservou os seus pneumáticos ata a volta 24. Debido aos seus pneumáticos máis frescos, pasou a Bottas para ocupar o 3º lugar na volta 49. Foi a primeira vez na súa carreira que lograba podios en fins de semana consecutivos.[58]

No Gran Premio de Estiria de 2021, Pérez clasificouse no quinto lugar, comezando no cuarto posto detrás do Lando Norris de McLaren tras unha penalización a Valtteri Bottas. Pasou cedo a Norris pero perdeu unha posición ante Bottas tras unha lenta parada en boxes. Incapaz de superar aos Mercedes, Pérez cambiou de estratexia e entrou en boxes a montar pneumáticos novos e perseguiu a Bottas nos tramos finais. Recuperou 20 segundos de desvantaxe para atrapar a Bottas na última volta, pero non puido superar o seu rival polo 3º posto consecutivo no podio e rematou só a medio segundo no 4º lugar.

De camiño á grella no Gran Premio de Bélxica de 2021, Pérez estrelouse tras derrapar contra as barreiras de Les Combes. O coche de Pérez foi arranxado a tempo para o comezo da carreira, aínda que tivo que comezar por detrás.[59] Finalmente, con todo, a carreira foi marcada con bandeira vermella despois de só dúas voltas baixo o coche de seguridade, o que resultou nun 20º lugar, aínda que posteriormente ascendeu ao 19º debido a unha penalización a Lance Stroll.

No Gran Premio de Turquía, quedou terceiro para conseguir outro podio.[60]

No Gran Premio dos Estados Unidos, Pérez tivo un dos seus fins de semana máis competitivos da tempada, superando aos Mercedes de Valtteri Bottas e comezando terceiro por detrás do seu compañeiro Verstappen e do outro Mercedes de Lewis Hamilton, antes de rematar na mesma posición, aínda que a máis de 42 segundos do eventual gañador Verstappen, debido a un fallo na bebida na primeira volta.

Na súa carreira na casa en México, Pérez logrou o seu terceiro podio consecutivo, por primeira vez na súa carreira. Nos tramos finais da carreira, puido meter presión a Lewis Hamilton polo 2º lugar, pero non puido pasar a Hamilton antes da bandeira a cadros.

2022: Top 3 do campionato editar

 
Pérez no Gran Premio de Austria de 2022

Pérez permaneceu en Red Bull durante a tempada 2022.[61] En maio de 2022, pouco despois da súa vitoria en Mónaco, anunciouse que Pérez permanecería co equipo ata o final da tempada 2024.[62]

O debut no Gran Premio de Bahrain foi decepcionante, os dous Red Bulls vense obrigados a retirarse a poucas voltas do final da carreira por problemas de combustible[63]. Na clasificación para o Gran Premio de Arabia Saudita Pérez conquista a súa primeira pole position na Fórmula 1 vencendo ao Ferrari de Charles Leclerc por só 25 milésimas[64], aínda que finalizou na cuarta posición da carreira. O primeiro podio da tempada chegou en Australia, onde rematou en segunda posición por detrás do monegasco de Ferrari. En Imola Pérez quedou segundo, completando un dobrete de Red Bull desde o Gran Premio de Malaisia de 2016[65]. Despois dun cuarto posto en Miami, Pérez volveu ao podio no Gran Premio de España, quedando en segundo lugar detrás do seu compañeiro de equipo. No seguinte Gran Premio de Mónaco clasificouse na terceira posición pero grazas á súa estratexia en boxes logrou adiantar aos dous pilotos de Ferrari e conseguiu así a súa terceira vitoria da súa carreira, a primeira dese ano.[66] Converténdose no primeiro piloto norteamericano en gañar en Mónaco desde 1981 con Gilles Villeneuve.

Tras a vitoria no Gran Premio de Mónaco, anúnciase a extensión do contrato de Pérez ata finais de 2024[67]. Despois de clasificarse segundo, Pérez logrou a súa cuarta vitoria na súa carreira no Gran Premio de Singapur, mantendo tamén o liderado durante toda a carreira [68]. Na fase final, a pesar de tres podios máis, non puido manter a segunda posición na clasificación de pilotos e terminou terceiro con 305 puntos, a só 3 puntos de Charles Leclerc.

2023 editar
 
Pérez durante o Gran Premio de Austria de 2023.

Pérez tamén confirmouse para a tempada 2023 xunto con Verstappen. O inicio do campionato foi moi positivo para o mexicano, o suficiente para indicar que podería loitar polo título xunto co seu compañeiro de equipo, nas 5 primeiras carreiras gañou 2 veces (en Arabia Saudita e Azerbaixán), gañou un Sprint (de novo en Bakú) e quedou segundo dúas veces, tamén partindo desde a pole dúas veces (en Jeddah e en Miami). Pero despois dun comezo tan brillante, as súas actuacións foron facéndose cada vez menos convincentes, tanto que tivo dificultades para chegar á Q3 durante a cualificación. No resto do campionato do mundo, de feito, só chegou ao podio outras 5 veces (2 segundos e 3 terceiros), ademais de cometer unha serie de erros que lle valeron tamén varias críticas, sobre todo cando se compara co rendemento de Verstappen moito máis consistente. A pesar destas dificultades, ao final da tempada aínda logrou quedar segundo na clasificación de pilotos, o seu mellor resultado na Fórmula 1, con 285 puntos (menos da metade dos do seu compañeiro, que se converteu en campión do mundo por terceira vez consecutiva), permitindo así a Red Bull lograr o dobrete "primeiro-segundo" no campionato mundial de pilotos por primeira vez na súa historia.

Resumo da súa carreira deportiva editar

Tempada Series Equipo Carreiras Gañadas Poles V/Rápidas Podios Puntos Posición
2004 Skip Barber National Championship Telmex Racing 14 0 0  –  – 77 11º
2005 Formula BMW ADAC Team Rosberg 19 0 0 0 1 37 14º
2006 Formula BMW ADAC ADAC Berlin-Brandenburg 18 0 0 0 2 112
2006–07 A1 Grand Prix A1 Team Mexico 2 0 0 0 0 35† 10º†
2007 British Formula Three – National Class T-Sport 21 14 14 0 19 376
2008 British Formula Three T-Sport 22 4 0 1 7 195
2008–09 GP2 Asia Series Campos Grand Prix 11 2 0 1 3 26
2009 GP2 Series Arden International 20 0 0 1 2 22 12º
2009–10 GP2 Asia Series Barwa Addax Team 4 0 0 0 0 5 15º
2010 GP2 Series Barwa Addax Team 20 5 1 5 7 71
2011 Fórmula 1 Sauber F1 Team 19 0 0 0 0 14 16º
2012 Fórmula 1 Sauber F1 Team 20 0 0 1 3 66 10º
2013 Fórmula 1 Vodafone McLaren Mercedes 19 0 0 1 0 49 11º
2014 Fórmula 1 Sahara Force India Formula 1 Team 19 0 0 1 1 59 10º
2015 Fórmula 1 Sahara Force India Formula 1 Team 19 0 0 0 1 78
2016 Fórmula 1 Sahara Force India Formula 1 Team 21 0 0 0 2 101
2017 Fórmula 1 Sahara Force India Formula 1 Team 20 0 0 1 0 100
2018 Fórmula 1 Sahara Force India Formula 1 Team 12 0 0 0 1 62
Racing Point Force India F1 Team 9 0 0 0 0
2019 Fórmula 1 SportPesa Racing Point F1 Team 21 0 0 0 0 52 10º
2020 Fórmula 1 SportPesa Racing Point F1 Team 16 1 0 0 2 125
2021 Fórmula 1 Red Bull Honda 22 1 0 2 5 190
2022 Fórmula 1 Red Bull RBPT 22 2 1 3 12 305
2023 Fórmula 1 Red Bull RBPT 22 2 2 2 9 285
2024 Fórmula 1 Red Bull RBPT 3 0 0 0 2 46* 3º*

† Inclúe puntos anotados por outros pilotos.

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Escudería Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 Posto Puntos
2011 Sauber F1 Team Sauber C30 Ferrari 056 2.4 V8 AUS
DSC
MAL
Ret
CHN
17
TUR
14
ESP
9
MON
NTS
CAN
Les
EUR
11
RU
7
ALE
11
HUN
15
BEL
Ret
ITA
Ret
SIN
10
XPN
8
RCO
16
IND
10
ABU
11
BRA
13
16º 14
2012 Sauber F1 Team Sauber C31 Ferrari 056 2.4 V8 AUS
8
MAL
2
CHN
11
BAH
11
ESP
Ret
MON
11
CAN
3
EUR
9
RU
Ret
ALE
6
HUN
14
BEL
Ret
ITA
2
SIN
10
XPN
Ret
COR
11
IND
Ret
ABU
15
USA
11
BRA
Ret
10º 66
2013 Vodafone McLaren Mercedes McLaren MP4-28 Mercedes FO 108Z 2.4 V8 AUS
11
MAL
9
CHN
11
BAH
6
ESP
9
MON
16†
CAN
11
RU
20†
ALE
8
HUN
9
BEL
11
ITA
12
SIN
8
COR
10
XPN
15
IND
5
ABU
9
USA
7
BRA
6
11º 49
2014 Sahara Force India F1 Team Force India VJM07 Mercedes PU106A Hybrid 1.6 V6 t AUS
10
MAL
NTS
BAH
3
CHN
9
ESP
9
MON
Ret
CAN
11†
AUT
6
RU
11
ALE
10
HUN
Ret
BEL
8
ITA
7
SIN
7
XPN
10
RUS
10
USA
Ret
BRA
15
ABU
7
10º 59
2015 Sahara Force India F1 Team Force India VJM08 Mercedes PU106B Hybrid 1.6 V6 t AUS
10
MAL
13
CHN
11
BHR
8
ESP
13
MON
7
CAN
11
AUT
9
78
Force India VJM08B RU
9
HUN
Ret
BEL
5
ITA
6
SIN
7
XPN
12
RUS
3
USA
5
MEX
8
BRA
12
ABU
5
2016 Sahara Force India F1 Team Force India VJM09 Mercedes PU106C Hybrid 1.6 V6 t AUS
13
BHR
16
CHN
11
RUS
9
ESP
7
MON
3
CAN
10
EUR
3
AUT
17†
GBR
6
HUN
11
ALE
10
BEL
5
ITA
8
SIN
8
MAL
6
XPN
7
USA
8
MEX
10
BRA
4
ABU
8
101
2017 Sahara Force India F1 Team Force India VJM10 Mercedes M08 EQ Power+ 1.6 V6 t AUS
7
CHN
9
BHR
7
RUS
6
ESP
4
MON
13
CAN
5
ACE
Ret
AUT
7
GBR
9
HUN
8
BEL
17†
ITA
9
SIN
5
MAL
6
XPN
7
USA
8
MEX
7
BRA
9
ABU
7
100
2018 Sahara Force India F1 Team Force India VJM11 Mercedes M09 EQ Power+ 1.6 V6 t AUS
11
BHR
16
CHN
12
AZE
3
ESP
9
MON
12
CAN
14
FRA
Ret
AUT
7
GBR
10
ALE
7
HUN
14
62
Racing Point Force India F1 Team BEL
5
ITA
7
SIN
16
RUS
10
XPN
7
USA
8
MEX
Ret
BRA
10
ABU
8
2019 SportPesa Racing Point F1 Team Racing Point RP19 Mercedes M10 EQ Power+ 1.6 V6 t AUS
13
BHR
10
CHN
8
ACE
6
ESP
15
MON
12
CAN
12
FRA
12
AUT
11
GBR
17
ALE
Ret
HUN
11
BEL
6
ITA
7
SIN
Ret
RUS
7
XPN
8
MEX
7
USA
10
BRA
9
ABU
7
10º 52
2020 BWT Racing Point F1 Team Racing Point RP20 Mercedes M11 EQ Performance 1.6 V6 t AUT
6
EST
6
HUN
7
GBR
70º
ESP
5
BEL
10
ITA
10
TOS
5
RUS
4
EIF
4
POR
7
EMI
6
TUR
2
BAH
18†
SAK
1
ABU
Ret
125
2021 Aston Martin Red Bull Red Bull RB 16B Honda RA621H 1.6 V6 t BHR
5
EMI
11
POR
4
ESP
5
MON
4
ACE
1
FRA
3
EST
4
AUT
6
GBR
16
HUN
Ret
BEL
19
NED
8
ITA
5
RUS
9
TUR
3
USA
3
MEX
3
BRA
4
QAT
4
SAU
Ret
ABU
15†
190
2022 Red Bull Racing Red Bull RB18 Red Bull RBPTH001 V6 t BHR
19†
SAU
4
AUS
2
EMI
23
MIA
4
ESP
2
MON
1
ACE
2
CAN
Ret
GBR
2
AUT
Ret5
FRA
4
HUN
5
BEL
2
NED
5
ITA
6
SIN
1
XAP
2
USA
4
MEX
3
BRA
75
ABU
3
305
2023 Oracle Red Bull Racing Red Bull RB19 Honda RBPTH001 1.6 V6 t BHR
2
SAU
1
AUS
5
ACE
11
MIA
2
EMI
C
MON
16
ESP
4
CAN
6
AUT
32
GBR
6
HUN
3
BEL
2
NED
4
ITA
2
SIN
8
XAP
Ret
QAT
10
USA
45
MEX
Ret
BRA
42
LVG
3
ABU
4
285
2024 Oracle Red Bull Racing Red Bull RB20 Honda V6 t BHR
2
SAU
2
AUS
5
XAP
CHN
MIA
EMI
MON
CAN
ESP
AUT
GBR
HUN
BEL
NED
ITA
ACE
SIN
USA
MEX
BRA
LVG
QAT
ABU
3º* 46*

Notas editar

  1. "ESPN/How Sergio Perez rode his lifelong sponsorship to Formula One success". ESPN. ESPN. 28 de xaneiro de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021. 
  2. "McLaren Racing - Heritage - Sergio Pérez". mclaren. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2020. Consultado o 4 de decembro de 2020. 
  3. "Perez to leave McLaren at end of 2013". Formula1.com (Formula One Administration). 13 de novembro de 2013. Consultado o 16 de novembro de 2013. 
  4. "McLaren confirm Magnussen and Button for 2014". Formula1.com (Formula One Administration). 14 de novembro de 2013. Consultado o 16 de novembro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 "Perez joins Hulkenberg at Force India for 2014 F1 season". Autosport.com (Haymarket Publications). 12 de decembro de 2013. Consultado o 12 de decembro de 2013. 
  6. "Checo Announced!". SportPesa Racing. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2019. 
  7. Smith, Luke (18 de decembro de 2020). "Sergio Perez replaces Albon at Red Bull for 2021 Season". Autosport.com. Consultado o 18 de decembro de 2020. 
  8. "Sakhir GP Facts & Stats: Sergio Perez breaks record for longest wait for first F1 win". formula1. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  9. "'It feels amazing' says Perez, after becoming first Mexican pole-sitter in F1 history". Formula 1. 26 de marzo de 2022. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  10. "Continuing The Checo Charge". Red Bull. Consultado o 31 de maio de 2022. 
  11. Elizalde, Pablo (4 de outubro de 2010). "Sauber signs Perez for 2011 season". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  12. Noble, Jonathan (8 de outubro de 2010). "Perez joins Ferrari young driver scheme". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  13. Holt, Sarah (27 de marzo de 2011). "Sebastian Vettel beats Lewis Hamilton in Australian GP". BBC Sport (BBC). Consultado o 27 de marzo de 2011. 
  14. Rae, Richard (27 de marzo de 2011). "Sauber disqualified after Sergio Perez impresses". BBC Sport (BBC). Consultado o 10 de abril de 2011. 
  15. Pugmire, Jerome (28 de maio de 2011). "Perez not seriously hurt in Monaco GP crash". USA Today (David Hunke; Gannett Company). Consultado o 28 de maio de 2011. 
  16. Elizalde, Pablo (28 de maio de 2011). "Perez conscious, talking after crash". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 28 de maio de 2011. 
  17. Elizalde, Pablo (28 de maio de 2011). "Perez ruled out of Monaco GP". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 28 de maio de 2011. 
  18. Benson, Andrew (10 de xuño de2011). "Sergio Perez to miss rest of Canadian Grand Prix". BBC Sport (BBC). Consultado o 10 de xuño de 2011. 
  19. "Kobayashi and Perez to stay at Sauber in 2012". formula1.com (Formula One Administration). 28 de xullo de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2011. 
  20. "The Ferrari Driver Academy according to Perez and Bianchi". Scuderia Ferrari (Ferrari). 15 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2011. Consultado o 4 de outubro de 2011. 
  21. "Australian GP: Race". Sauber F1 Team (Sauber F1). 18 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2012. Consultado o 18 de abril de 2012. 
  22. "Alonso holds off stellar Perez for Sepang victory". Formula1.com (Formula One Administration). 25 de marzo de 2012. Consultado o 18 de abril de 2012. 
  23. Spurgeon, Brad (25 de marzo de 2012). "In Malaysia, Alonso Wins Race but Perez Wins Stardom". The New York Times (Arthur Ochs Sulzberger, Jr.; The New York Times Company). Consultado o 18 de abril de 2012. 
  24. "Alonso rains on McLaren parade as Perez auditions". Crash.net (Crash Media Group). 25 de marzo de 2012. Consultado o 18 de abril de 2012. 
  25. "Alonso Wins in Rainy Malaysia, Petrov 16th". RIA Novosti (Russian News and Information Agency). 25 de marzo de 2012. Consultado o 18 de abril de 2012. Perez recorded his best-ever F1 finish and Sauber's best as an independent constructor, but could have won when he homed in on Alonso, only to run wide and lose time six laps from the finish. 
  26. Strang, Simon (15 de abril de 2012). "Sauber duo disappointed with Chinese Grand Prix result after qualifying promise". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 18 de abril de 2012. En realidade, creo que fora mellor cunha estratexia de tres paradas, pero nunca se sabe. As paradas en boxes como tal foron boas, pero en ambas perdín tempo na saída porque tivemos un problema co embrague. Con todo, isto é unha carreira e farémolo mellor a próxima vez. 
  27. "Monaco GP: Race". Sauber F1 Team (Sauber F1). 27 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2023. Consultado o 11 de xuño de 2012. 
  28. "Podium a 'great boost' says Pérez". FIA.com (Federation Internationale de l'Automobile). 10 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2012. Consultado o 11 de xuño de 2012. 
  29. "Europe Saturday quotes: Sauber". Autosport (Haymarket Publications). 23 de xuño de 2012. Consultado o 1 de decembro de 2012. For me the car's balance wasn't good in qualifying, and the car felt a bit unpredictable. 
  30. Elizalde, Pablo (24 de xuño de 2012). "Sergio Perez laments Sauber's poor qualifying form in Valencia". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 12 de novembro de 2012. 
  31. Noble, Jonathan; Tremayne, Sam (8 de xullo de 2012). "Angry Perez tells FIA to act on Maldonado after British Grand Prix accident". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  32. Migoni, Luis. "Double Penalty for Maldonado after Peréz crash". FIA. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2012. Consultado o 8 de xullo de 2012. 
  33. Benson, Andrew (22 de xullo de 2012). "Fernando Alonso wins tense race at Hockenheim". BBC Sport (BBC). Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  34. "Perez 'not too happy' despite personal best". Crash.net (Crash Media Group). 1 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2012. Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  35. "Race – Button wins after first-corner carnage in Spa". Formula1.com (Formula One Group). 2 de setembro de 2012. Consultado o 12 de novembro de 2012. 
  36. "Hamilton supreme at Monza, as Perez shines again". Formula1.com (Formula One Administration). 9 de setembro de 2012. Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  37. "Brazilian GP: Race". Sauber F1 Team (Sauber F1). 25 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2013. Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  38. "Perez signs three-year contract extension with Racing Point". Formula One. 30 de agosto de 2019. Consultado o 5 de xaneiro de 2020. 
  39. "70th Anniversary Grand Prix: Nico Hulkenberg to stand in for Sergio Perez again". BBC.com. 7 de agosto de 2019. Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  40. "Sergio Perez: Racing Point driver to return at Spanish Grand Prix after negative Covid-19 test". BBC Sport. 13 de agosto de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2020. 
  41. "Perez/Kvyat Spanish GP penalties first in FIA crackdown on F1 blue flags". Autosport. 17 de agosto de 2020. Consultado o 17 de agosto de 2020. 
  42. "Sergio Perez reveals he is leaving Racing Point at the end of 2020 in shock announcement". 9 de setembro de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  43. "Aston Martin deal gives Vettel last laugh over Ferrari". ESPN.com (en inglés). 10 de setembro de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2020. 
  44. "Turkish Grand Prix 2020 - F1 Race". www.formula1.com. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  45. "Standings". www.formula1.com. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  46. "Pérez deixar a F1 no seu apoxeo sería unha gran inxustiza". www.youtube.com. Consultado o 4 de xaneiro 2021. 
  47. "Martin Brundle: Un traicionero GP de Turquía leva a un gran impulso para Lewis Hamilton". Sky Sports. 
  48. "Sergio Perez takes sensational maiden win in Sakhir GP as tyre mix-up ruins Russell's charge". www.formula1.com. 6 de decembro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2020. 
  49. "Sakhir 2020 - Lap by lap". www.statsf1.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2021. 
  50. Pryson, Mike (4 de xaneiro de 2021). "Former Red Bull F1 Driver Alex Albon Gets a New Ride for 2021". Autoweek (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2021. Consultado o 15 de abril de 2021. 
  51. "Perez to partner Verstappen at Red Bull in 2021, as Albon becomes reserve driver". formula1.com (en inglés). Liberty Media. 18 de decembro de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2020. 
  52. "What the teams said – Qualifying in Bahrain". Formula 1 (en inglés). 27 de marzo de 2021. Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  53. "'I thought that was it' – Perez shocked to recover to P5 after car failure on formation lap". Formula 1. 28 de marzo de 2021. Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  54. "What the teams said - Qualifying in Emilia Romagna". Formula 1 (en inglés). 17 de abril de 2021. Consultado o 17 de abril de 2021. 
  55. "Standings". Formula1. Consultado o 6 de xuño de 2021. 
  56. "Standings". Formula1. Consultado o 6 de xuño de 2021. 
  57. "2021 Azerbaijan Grand Prix race report and highlights: Perez beats Vettel to Baku victory after Verstappen crashes out from lead late on". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2021. 
  58. "Paul Ricard weekend 'wasn't as good as I hoped' says Perez, despite second straight Red Bull podium". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  59. Woodhouse, Jamie (29 de agosto de 2021). "Sergio Perez crashes out before Belgian Grand Prix". PlanetF1 (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2021. 
  60. "Perez happy after "intense race" in Turkey". www.gpblog.com (en inglés). Consultado o 10 de outubro de 2021. 
  61. "Checo Re-Signs For 2022 Season". Red Bull. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2021. Consultado o 27 de agosto de 2021. 
  62. "Continuing The Checo Charge". Red Bull. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2022. Consultado o 31 de maio de 2022. 
  63. Franco Nugnes (22 marzo 2022). "Debacle Red Bull: la RB18 colpita dal fattore K".  Texto "https://it.motorsport.com/f1/news/f1-debacle-red-bull-la-rb18-colpita-dal-fattore-k/9224337/" ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |site= ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |acceso= ignorado (Axuda); Falta a |url= (Axuda)
  64. Franco Nugnes (26 marzo 2022). "GP Arabia Saudita: Perez beffa le Ferrari in qualifica".  Texto "https://it.motorsport.com/f1/news/gp-arabia-saudita-perez-beffa-le-ferrari-in-qualifica/9342555/" ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |site= ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |acceso= ignorado (Axuda); Falta a |url= (Axuda)
  65. "Assolo di Verstappen a Imola, doppietta Red Bull nel GP dell'Emilia Romagna: disastro Ferrari". 24 de abril de 2022.  Texto "https://www.fanpage.it/sport/motori/assolo-di-verstappen-a-imola-doppietta-red-bull-nel-gp-dellemilia-romagna-disastro-ferrari/" ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |autore= ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |acceso= ignorado (Axuda); Falta a |url= (Axuda)
  66. Roberto Valenti (29 de maio de 2022). "Perez vince a Monaco una gara “folle” sul fronte strategie".  Texto "https://f1grandprix.motorionline.com/formula-1-perez-vince-a-monaco-una-gara-folle-sul-fronte-strategie/" ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |site= ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |acceso= ignorado (Axuda); Falta a |url= (Axuda)
  67. "Ufficiale, Perez rinnova: in Red Bull fino al 2024". 31 de maio de 2022.  Texto "https://www.formulapassion.it/motorsport/formula-1/f1-team/ufficiale-perez-red-bull-2024-620175.html" ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |autore= ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |site= ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |acceso= ignorado (Axuda); Falta a |url= (Axuda)
  68. "Singapore - La diretta Vittoria magistrale di Perez Ma il messicano e a rischio penalità". 2 de outubro de 2022.  Parámetro descoñecido |site= ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |acceso= ignorado (Axuda)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar