Gran Premio do Reino Unido de 2020
O Gran Premio do Reino Unido de 2020 (coñecido oficialmente como o Formula 1 Pirelli British Grand Prix 2020) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 2 de agosto de 2020, no Circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra, Reino Unido. A carreira foi a cuarta rolda da tempada 2020 de Fórmula 1, a septuaxésima quinta (75ª) edición do Gran Premio do Reino Unido, e a quincuaxésimo sexta (56ª) vez que a carreira disputouse no Circuíto de Silverstone.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 4 de 17 [a] no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2020. | ||
![]() Trazado do circuíto de Silverstone. | ||
Data | 2 de agosto de 2020 | |
Nome oficial | 2020 Formula 1 Pirelli British Grand Prix | |
Localización | Circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Reino Unido | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5´891 km | |
Distancia | 52 voltas, 306´332 km | |
Clima | Parcialmente nubrado, 21 °C e 41 °C no asfalto, humidade relativa do 45 %. Vento a 3,4 m/s. | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Mercedes |
Tempo | 1:24.303. | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Red Bull Racing-Honda |
Tempo | 1:27.097 na volta 52 (volta rápida) | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Mercedes |
Segundo | ![]() |
Red Bull Racing-Honda |
Terceiro | ![]() |
Ferrari |
Pneus dispoñibles Editar
Pneus para pista seca | Pneus para mollado | |||
---|---|---|---|---|
Duros (Tipo C1) |
Medios (Tipo C2) |
Brandos (Tipo C3) |
Intermedios |
Chuvia |
Cualificación Editar
Q1 e Q2 Editar
Aínda que había unha 60% de probabilidades de choiva antes da carreira, as tres sesións de cualificación disputáronse en seco. Na primeira quenda, Nicholas Latifi trompeou na súa última volta lanzada, saíndo da lenta da curva 7 (Luffield); o seu tempo anterior só foi suficiente para quedar no último lugar. O seu compañeiro de equipo Williams [George Russell]] está investigado polos comisarios por non desacelerar baixo as bandeiras amarelas. Ao final, os cinco pilotos eliminados na Q1 foron Kevin Magnussen, Antonio Giovinazzi, Kimi Raikkonen, Romain Grosjean e Latifi - como Giovinazzi e Raikkonen non conseguiron pasar da Q1, Alfa Romeo seguiu sendo o único equipo que non alcanzou a Q2 ata ese momento no 2020.
Na Q2 empregáronse dúas estratexias diferentes, cos equipos superiores de Mercedes, Red Bull, Racing Point e un Ferrari, o de Charles Leclerc intentando entrar na Q3 co pneumático de composto medio máis adecuado para a carreira, e os outros equipos usando o composto brando. A principios da sesión, o líder do campionato do mundo Lewis Hamilton trompeou* no mesmo lugar que Latifi uns minutos antes. As bandeiras vermellas foron ondeadas, xa que Hamilton deixara de novo cantidades importantes de grava na pista. Despois de reanudarse a sesión, Hamilton e o seu compañeiro de equipo de Mercedes Valtteri Bottas estableceron tempos un segundo mellos que o resto dos participantes. Non todos os que usaron os pneumáticos medios conseguiron chegar á Q3, Alexander Albon de Red Bull e o piloto de substitución de Racing Point Nico Hülkenberg non o lograron. Lance Stroll no décimo lugar e Pierre Gasly no 11º estableceu o mesmo tempo, pero como Stroll o estableceu primeiro, este último no seu AlphaTauri pasou a Q2. Ao final da sesión, os pilotos eliminados foron Gasly, Albon, Hulkenberg, Daniil Kvyat e Russell.
Q3 Editar
Mentres o coches saían, houbo un incidente no pitlane entre Leclerc, Stroll e o Renault de Daniel Ricciardo, con Stroll queixándose de que Ferrari liberara o seu piloto dun xeito inseguro, os comisarios están a investigar o asunto. No primeiro conxunto de voltas, Hamilton bateu o récord de volta cun 1:24.616, co seu compañeiro de equipo a 0,15 segundos atrás. O piloto británico bateu o seu récord de volta poucos minutos despois, rexistrando un 1:24.303 para asegurarse a pole position, e Bottas acadou o segundo posto, 0,3 segundos atrás. Max Verstappen, un dos últimos en cruzar a liña, foi o terceiro máis rápido, a un segundo da pole position. O resto dos 10 primeiros foron: Leclerc, Lando Norris, Stroll, Carlos Sainz, Ricciardo, Esteban Ocon e Sebastian Vettel no outro Ferrari.
Foi a 91ª pole position de Hamilton e a súa sétima no circuíto de Silverstone.
Clasificación da cualificación Editar
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos de cualificación | Grella | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:25:900 | 1:25:347 | 1:24.303 | 1 |
2 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1:25.801 | 1:25.015 | 1:24.616 | 2 |
3 | 33 | Max Verstappen | Red Bull-Honda | 1:26.115 | 1:26.144 | 1:25.325 | 3 |
4 | 16 | Charles Leclerc | Scuderia Ferrari | 1:26.550 | 1:26.203 | 1:25.427 | 4 |
5 | 4 | Lando Norris | McLaren-Renault | 1:26.855 | 1:26.420 | 1:25.782 | 5 |
6 | 18 | Lance Stroll | Racing Point-BWT Mercedes | 1:26.243 | 1:26.501 | 1:25.839 | 6 |
7 | 55 | Carlos Sainz | McLaren-Renault | 1:26.715 | 1:26.149 | 1:25.965 | 7 |
8 | 3 | Daniel Ricciardo | Renault | 1:26.677 | 1:26.339 | 1:26.009 | 8 |
9 | 31 | Esteban Ocon | Renault | 1:26.396 | 1:26.252 | 1:26.209 | 9 |
10 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:26.469 | 1:26.455 | 1:26.339 | 10 |
11 | 10 | Pierre Gasly | AlphaTauri-Honda | 1:26.343 | 1:26.501 | 11 | |
12 | 23 | Alexander Albon | Red Bull Racing-Honda | 1:26.565 | 1:26.545 | 12 | |
13 | 27 | Nico Hülkenberg | Racing Point-BWT Mercedes | 1:26.327 | 1:26.566 | 13 | |
14 | 26 | Daniil Kvyat | AlphaTauri-Honda | 1:26.774 | 1:26.744 | 19[2] | |
15 | 63 | George Russell | Williams-Mercedes | 1:26.732 | 1:27.092 | 20[3] | |
16 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:27.158 | 14 | ||
17 | 99 | Antonio Giovinazzi | Alfa Romeo Racing-Ferrari | 1:27.164 | 15 | ||
18 | 7 | Kimi Räikkönen | Alfa Romeo Racing-Ferrari | 1:27.366 | 16 | ||
19 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1:27.643 | 17 | ||
20 | 6 | Nicholas Latifi | Williams-Mercedes | 1:27.705 | 18 | ||
107% tempo: | |||||||
Fonte:[4] |
Carreira Editar
clasificación da carreira Editar
Posicións logo da carreira Editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas Editar
- ↑ O estalido da pandemia de COVID-19 viu varios Grandes Premios cancelados ou reprogramados. Publicouse un novo calendario composto por dezasete carreiras, pero a dirección do deporte anunciou que esperaban que o calendario final tivera ata dezaoito carreiras.
- ↑ "2020 Austrian Grand Prix - Preview". press.pirelli.com (en inglés). 3 de xullo de 2020. Consultado o 3 de xullo de 2020.
- ↑ Daniil Kvyat recibiu unha penalización de cinco posicións por un cambio non programado da caixa de cambios.
- ↑ George Russell recibiu unha penalización de cinco posicións por non reducir a velocidade coas bandeiras amarelas.
- ↑ "British GP Qualifying Results". 1 de agosto de 2020. Consultado o 1 de agosto de 2020.
- ↑ Inclúe un punto pola volta rápida.
- ↑ Antonio Giovinazzi rematou décimo segundo, pero recibiu unha penalización de cinco segundos por non frear baixo o coche de seguridade.
- ↑ Nico Hülkenberg cualificouse 13º, pero o seu lugar na grella quedou vacante ao non comezar a carreira.
- ↑ "Formula 1 Pirelli British Grand Prix 2020 – Starting Grid". Formula1.com. 1 de agosto de 2020. Consultado o 1 de agosto de 2020.
- ↑ "Formula 1 Pirelli British Grand Prix 2020 – Race Result". Formula1.com. 2 de agosto de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2020.
Véxase tamén Editar
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Reino Unido de 2020 |
Carreira anterior: Gran Premio de Hungría de 2020 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2020 |
Carreira seguinte: Gran Premio do 70º aniversario |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 2019 |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 2021 |