Gran Premio de Italia de 2016


O Gran Premio de Italia de 2016, oficialmente coñecido como o Il Gran Premio d'Italia Heineken 2016 é unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 4 de setembro de 2016, no Autodromo Nazionale Monza en Monza, Italia. Foi a décimo cuarta carreira do campionato de 2016, o oitenta e sete Gran Premio de Italia e o sesaxésimo quinto Gran Premio de Italia celebrado en Monza.

Italia Gran Premio de Italia de 2016
Detalles da carreira
Carreira 14 de 21 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016.
Trazado do circuíto de Monza.
Trazado do circuíto de Monza.
Data 4 de setembro 2016
Nome oficial Gran Premio de Italia
Localización Circuíto de Monza, Monza,Italia
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´793 km
Distancia 53 voltas, 306´720 km
ClimaAsollado, temperatura 29 °C e 37 °C no asfalto, humidade relativa 45%. Vento a 5 km/h.
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:21.135
Volta rápida
Piloto España Fernando Alonso McLaren-Honda
Tempo 1:25.340 na volta 51
Podio
Primeiro Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Segundo Lewis Hamilton Mercedes
Terceiro Alemaña Sebastian Vettel Ferrari

O piloto de Mercedes Lewis Hamilton vai comezar a carreira liderando o Campionato do Mundo de Pilotos por nove puntos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Nico Rosberg. No Campionato Mundial de Construtores, Mercedes mantén unha vantaxe de cento oitenta e un puntos. Red Bull Racing colócase segundo e Ferrari terceira.

Informe editar

Antecedentes editar

Pneumáticos editar

Pirelli fornecera aos equipos cos compostos medio, brandos e superbrandos. Pirelli prevé que a diferenza entre os diferentes compostos sería menos dun segundo por volta, coas diferenzas entre brando e superbrando ao redor de 0,7 segundos, e a diferenza entre brando e medio aproximadamente 0,9 segundos.[1]

Carreira editar

Saíu mal Lewis Hamilton e o liderado foi para Nico Rosberg na primeira curva. Seguido moi de cerca polos dous Ferraris, con Sebastian Vettel por diante de Kimi Räikkönen. Valtteri Bottas é cuarto. Xusto por detrás do finlandés aparecen Daniel Ricciardo e Lewis Hamilton. na 2ª volta Fernando Alonso é noveno por detrás de Felipe Massa. Carlos Sainz, ocupa a décimo cuarta praza e vai en busca e captura de Pascal Wehrlein. No grupo de cabeza de carreira, Lewis Hamilton recuperou unha praza ao adiantar limpamente ao Red Bull de Daniel Ricciardo. Na 7ª volta abandona Nasr, o piloto de Sauber retirase do GP de Italia, tras sufrir un toque con Palmer. Na 10ª volta a clasificación é a seguinte Rosberg, Vettel, Räikkönen, Bottas, Hamilton, Ricciardo, Pérez, Massa, Verstappen e Alonso.

Hamilton logra adiantar a Bottas na seguinte volta, aínda que informa de problemas cos pneumáticos. Na volta 14 Valtteri Bottas, Max Verstappen e Fernando Alonso deciden entrar en boxes para cambiar os seus pneumáticos, Fernando Alonso fixo unha mala parada e reincorporouse na décimo oitava praza e, na volta de quecemento, dá conta de Esteban Ocon e métese décimo sétimo. Carlos Sainz, pola súa banda, é undécimo aínda que non realizou a súa parada en boxes. Na volta 17 Sebastian Vettel entra a boxes reincorporouse na terceira praza, xusto por diante de Kimi Räikkönen e detrás de Lewis Hamilton. Na 20º volta a situación de carreira era, Rosberg, Hamilton, Vettel, Räikkönen, Bottas, Ricciardo, Grosjean, Pérez, Verstappen e Massa.

Na volta 26 entra Rosberg ao garaxe. O piloto alemán desfaise do pneumático brando e monta o composto medio. O de Mercedes reincorpórase á carreira na segunda praza, por detrás de Hamilton. na volta seguinte Hamilton copialle a estratexian, reincorpórase á carreira na cuarta praza, por detrás dos dous Ferraris de Vettel e Räikkönen. na volta 29 abandona Wehrlein, a través da radio, o equipo Manor pídelle ao seu piloto que pare o Fórmula 1 e retire o contacto. Na 30º volta a clasificación é a seguinte, Rosberg, Vettel, Räikkönen, Hamilton, Bottas, Ricciardo, Verstappen, Massa, Hulkenberg e Alonso (10º).

Na volta 33 Sergio Pérez arrebátalle a décima praza a Fernando Alonso. Xusto detrás do español, o seu rival máis inmediato é o seu compañeiro de equipo, Jenson Button. Na volta seguinte Sebastian Vettel, segundo, decide entrar boxes e montar o composto brando para chegar ata o final. O de Ferrari reincorpórase ao GP de Italia na quinta posición, unha volta máis tarde Kimi Räikkönen, que ocupaba a segunda posición virtual, entra en boxes e monta o mesmo que Sebastian Vettel. O finlandés incorpórase á carreira na sexta praza, por detrás de Max Verstappen. na 39 abandona Kvyat. O piloto ruso súmase á lista de abandonos, que completan Nasr, Palmer e Wehrlein. Na 40ª volta a clasificación é Rosberg, Hamilton, Vettel, Räikkönen, Bottas, Ricciardo, Pérez, Verstappen, Massa e Hulkenberg. Dez voltas máis tarde a clasificación provisional é 1º Rosberg, seguido de Hamilton, Vettel, Räikkönen, Ricciardo, Bottas, Verstappen, Pérez, Massa e Hulkenberg. Fernando Alonso é décimo cuarto, por delante de Carlos Sainz.

Nico Rosberg conseguiu a sétima vitoria da tempada, a nº 21 da súa traxectoria deportiva. Completan o podio do GP de Italia: Lewis Hamilton, segundo, e Sebastian Vettel que se outorgou o bronce da décimo cuarta carreira da tempada 2016 de Fórmula 1, na volta 51 Fernando Alonso logra facer a volta rápida con 1'25.340.

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:21.854 1:21.498 1:21.135 1
2 6   Nico Rosberg Mercedes 1:22.497 1:21.809 1:21.613 2
3 5   Sebastian Vettel Ferrari 1:23.077 1:22.275 1:21.972 3
4 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:23.217 1:22.275 1:21.972 4
5 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:23.264 1:22.499 1:22.388 5
6 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1:23.158 1:22.638 1:22.389 6
7 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1:23.229 1:22.857 1:22.411 7
8 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:23.439 1:22.922 1:22.814 8
9 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:23.259 1:22.951 1:22.836 9
10 21   Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 1:23.386 1:22.856 1:23.184 10
11 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:23.489 1:22.967 11
12 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:23.421 1:23.092 17[2]
13 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1:23.783 1:23.273 12
14 94   Pascal Wehrlein MRT-Mercedes 1:23.760 1:23.315 13
15 22   Jenson Button McLaren-Honda 1:23.666 1:23.399 14
16 55   Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 1:23.661 1:23.496 15
17 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 1:23.825 16
18 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:23.956 18
19 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:24.087 19
20 30   Jolyon Palmer Renault 1:24.230 20
21 20   Kevin Magnussen Renault 1:24.436 21
107% tempo: 1:27.583
31   Esteban Ocon MRT-Mercedes Sen tempo 22[3]
Fonte:[4]

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 6   Nico Rosberg Mercedes 53 1:17:28.089 2 25
2 44   Lewis Hamilton Mercedes 53 +15.070 1 18
3 5   Sebastian Vettel Ferrari 53 +20.990 3 15
4 7   Kimi Räikkönen Ferrari 53 +27.561 4 12
5 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 53 +45.295 6 10
6 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 53 +51.015 5 8
7 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 53 +54.236 7 6
8 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 53 +1:04.954 8 4
9 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 53 +1.05.617 11 2
10 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 53 +1:18.656 9 1
11 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 52 +1 volta 17
12 22   Jenson Button McLaren-Honda 52 +1 volta 14
13 21   Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 52 +1 volta 10
14 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 52 +1 volta 12
15 55   Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 52 +1 volta 15
16 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 52 +1 volta 19
17 20    Kevin Magnussen Renault 52 +1 volta 21
18 31   Esteban Ocon MRT-Mercedes 51 +2 voltas 22
Ret 26   Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 36 Batería 16
Ret 94   Pascal Wehrlein MRT-Mercedes 26 Fuga aceite 13
Ret 30   Jolyon Palmer Renault 7 Danos por colisión 20
Ret 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 6 Danos por colisión 18
Fonte:[5]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. "Italian Grand Prix technical preview". Consultado o 2016-09-01. 
  2. Romain Grosjean recibiu unha penalización de cinco posicións por un cambio da caixa de cambios non programado.
  3. Esteban Ocon non puido establecer un tempo de volta na cualificación. A súa participación na carreira foi a criterio dos comisarios.
  4. "Qualifying". formula1.com. Formula One World Championship Limited. 3 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2016. 
  5. "2016 Italian Grand Prix Race – Preliminary Classification". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 4 September 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2016. Consultado o 04 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 2016
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2016
Carreira seguinte:
Gran Premio de Singapur de 2016
Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 2015
Gran Premio de Italia Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 2017