Gran Premio de Rusia de 2015
O Gran Premio de Rusia de 2015, (oficialmente 2015 Formula 1 Russian Grand Prix en ruso Гран-при России 2015 года) foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 11 de outubro de 2015 no Circuíto urbano de Sochi, na cidade de Sochi no Krai de Krasnodar, Rusia. Nesta carreira Mercedes proclamouse gañador do Campionato do Mundo de Construtores a falta de catro carreiras para o fin da tempada.
Nome oficial | 2015 Formula 1 Russian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Rusia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Sochi (Adlersky City District (en) ) 43°24′30″N 39°57′56″L / 43.4083, 39.9656 |
Lonxitude | 5,848 km |
País | Rusia |
Data | 11 de outubro de 2015 |
Competición | |
Primeiro posto | Lewis Hamilton |
Pole position | Nico Rosberg |
Volta máis rápida | Sebastian Vettel |
Resumo
editarCarreira
editarCarlos Sainz foi autorizado a correr aínda que non logrou marcar un tempo na cualificación, permitiuselle comezar desde o final da grella.[1] Ao comezo, Rosberg pilotou lonxe de Hamilton, mentres na parte traseira do peloton na curva 2, Nico Hülkenberg trompeou, golpeou a Verstappen e Ericcson, Hulkenberg e Ericcson quedaron fora no acto, mentres que Verstappen sufriu unha picada. Saíu o coche de seguridade. Cando a carreira púxose en marcha de novo, Rosberg reportou problemas co acelerador. Cometeu un erro na curva 2, e varios outros antes de retirarse na volta 8, entregando o liderado da carreira ao líder do campionato, Lewis Hamilton.[2] Na volta 10, Pastor Maldonado superou a Jenson Button para poñerse décimo, mentres que Hamilton foi ampliando a súa vantaxe sobre o segundo clasificado, Bottas. Unha segunda aparición do coche de seguridade produciuse na volta 12, cando Romain Grosjean trompeou nacurva 3, golpeando espectacularmente a parede antes de quedar esnaquizado nun lado da pista. Grosjean saíu ileso, pero o seu coche sufriu graves danos. Cunha gran cantidade de restos na pista, o coche de seguridade mantívose ata a volta 17.
Hamilton ampliou a súa vantaxe sobre Bottas a 7´5 segundos na volta 24 con Vettel tamén achegándose ao finlandés. Logo de que varios pilotos optaran por entrar boxes durante a segunda saída do coche de seguridade, a maioría dos pilotos da parte dianteira decidiron entrar en boxes a partir da volta 25. Carlos Sainz cruzou a liña branca ao saír do pit lane, recibindo cinco segundos de penalización que cumpriría na súa segunda parada. Bottas foi o primeiro dos pilotos de cabeza que entrar en boxes na volta 27, saíndo en tráfico. Isto permitiu a Sebastian Vettel compensar tempos saíndo da súa parada en boxes por diante de Bottas na volta 31. Unha volta máis tarde, Räikkönen entrou tamén, saíndo xusto detrás de Bottas. Hamilton, líder da carreira entrou outra volta máis tarde, conservando a súa vantaxe e sen incidentes. Na volta 37, Räikkönen utilizou o DRS para poñerse por diante de Bottas polo quinto posto, só para que o piloto de Williams retomara a posición na seguinte curva.[2][3]
Unha parada en boxes cedo durante a saída do coche de seguridade puxera a Sergio Pérez arriba no terceiro lugar, con Daniel Ricciardo atrás en cuarto. Na volta 43, Ricciardo, Bottas e Räikkönen todos recortaran distancia con Pérez, que estaba tratando de manter con vida os seus gastados pneumáticos. Na volta 45, Bottas utilizou o DRS para adiantar a Ricciardo no Red Bull. Unha volta máis tarde, Räikkönen tratou de seguir o seu exemplo, só para sairse, tendo que ceder a posición de novo a Ricciardo. Na volta 47, Carlos Sainz retirouse logo de trompear na pista, perdendo o seu alerón traseiro. Cando un comisario recuperou un á da pista en plena carreira, case foi atropelado por Sebastian Vettel que chamouno "un ruso moi valente".[2][3] Despois de ser pasado por Raikkonen na volta 49, Daniel Ricciardo tivo que retirarse cun fallo na suspensión. O final da volta 52 viu a Valtteri Bottas poñerse por diante de Pérez no terceiro lugar, con Räikkönen facendo o mesmoa continuación. Con todo, só algunhas curvas máis tarde na última volta da carreira, os dous chocaron, o que obrigou a Bottas a retirarse e causando graves danos no Ferrari de Raikkonen. Pérez logrou o terceiro lugar e logrou primeiro podio de Force India da tempada. Na parte dianteira, Hamilton acadou a súa novena vitoria da tempada, por diante de Vettel, que agora era o seu rival máis próximo no campionato.[2][3][4]
Poscarreira
editarRäikkönen foi degradado do quinto ao oitavo lugar e anotou só catro puntos en lugar de dez, isto asegurou o campionato de construtores para Mercedes. O piloto de McLaren Fernando Alonso recibiu cinco segundos de penalización por exceder os límites da pista, permitindo que o Toro Rosso de Max Verstappen quedara décimo.[5] Cando se lle preguntou pola colisión con Bottas, Kimi Räikkönen dixo: "O meu parecer non cambiou. Houbo algunhas discusións. Gustaríame volver facelo mañá de novo, non cambia a historia..."[6]
Clasificación
editarCualificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:38.343 | 1:37.500 | 1:37.113 | 1 |
2 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:38.558 | 1:37.672 | 1:37.433 | 2 |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:38.448 | 1:38.194 | 1:37.912 | 3 |
4 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:38.598 | 1:38.402 | 1:37.965 | 4 |
5 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:39.207 | 1:38.224 | 1:38.348 | 5 |
6 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:39.250 | 1:38.727 | 1:38.659 | 6 |
7 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:39.617 | 1:38.914 | 1:38.691 | 7 |
8 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Mercedes | 1:39.056 | 1:38.754 | 1:38.787 | 8 |
9 | 33 | Max Verstappen | Toro Rosso-Renault | 1:39.411 | 1:39.119 | 1:38.924 | 9 |
10 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 1:39.574 | 1:39.005 | 1:39.728 | 10 |
11 | 26 | Daniil Kvyat | Red Bull-Renault | 1:39.580 | 1:39.214 | 11 | |
12 | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 1:40.042 | 1:39.323 | 12 | |
13 | 22 | Jenson Button | McLaren-Honda | 1:39.739 | 1:39.763 | 13 | |
14 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Mercedes | 1:39.724 | 1:39.811 | 14 | |
15 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:38.926 | 1:39.895 | 15 | |
16 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 1:40.144 | 20[7] | ||
17 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:40.660 | 16 | ||
18 | 28 | Will Stevens | Marussia-Ferrari | 1:43.693 | 17 | ||
19 | 53 | Roberto Merhi | Marussia-Ferrari | 1:43.804 | 19[8] | ||
107% tempo: 1:45.227 | |||||||
20 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso-Renault | Sen tempo | 18[9] | ||
Fonte:[10] |
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar- Texto en negra indica que aínda ten posibilidades matemáticas de converterse en Campión do Mundo. Mercedes logra o seu 2º campionato do mundo de construtores.
|
|
- Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editar- ↑ "Carlos Sainz cleared to race at F1 Russian GP despite harrowing crash". The Guardian. 11 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Tyers, Alan (11 de outubro de 2015). "Russian Grand Prix 2015: Lewis Hamilton wins, gets matey with Vladimir Putin". The Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Butler, Michael (11 de outubro de 2015). "F1: Russian Grand Prix – as it happened". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015.
- ↑ Johnson, Daniel (11 de outubro de 2015). "Russian Grand Prix 2015: Lewis Hamilton at his very best to secure crucial win". The Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015.
- ↑ Benson, Andrew (11 de outubro de 2015). "Lewis Hamilton wins incident-packed Russian Grand Prix". BBC. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015.
- ↑ Barretto, Lawrence (22 de outubro de 2015). "Kimi Raikkonen would repeat Russian GP move on Valtteri Bottas". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015.
- ↑ Fernando Alonso recibiu unha sanción de 35 posicións por usar novos compoñentes no seu motor.
- ↑ Roberto Merhi, recibiu unha sanción de 20 posicións, por usar novos compoñentes no seu motor.
- ↑ Carlos Sainz non tomou parte na cualificación logo dun grande accidente durante os terceiros libres, máis tarde os comisarios permitironlle competir, recibiu unha penalización de 20 posicións por diversos cambios no motor e a caixa de cambios.
- ↑ "Qualifying". Formula1.com. Formula One Administration. 26 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2015. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ Kimi Räikkönen, terminou 5º, pero foi sancionado con 30 segundos ao seu tempo final por chocar con Valtteri Bottas.
- ↑ Fernando Alonso, terminou 10º, pero foi sancionado con 5 segundos ao seu tempo final por exceder os límites da pista.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Rusia de 2015 |
Carreira anterior: Gran Premio do Xapón de 2015 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2015 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 2015 |
Carreira anterior: Gran Premio de Rusia de 2014 |
Gran Premio de Rusia | Carreira seguinte: Gran Premio de Rusia de 2016 |