Gran Premio de Abu Zabi de 2023

O Gran Premio de Abu Zabi de 2023 (oficialmente coñecido como Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2023) foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 26 de novembro de 2023 no Circuíto de Yas Marina na Illa Yas, unha illa nos arredores de Abu Zabi nos Emiratos Árabes Unidos. A carreira foi a vixésimo segunda e última rolda da tempada 2023, a décimo quinta edición do Gran Premio de Abu Zabi e a décimo quinta vez que a carreira se disputou como unha proba do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.

Emiratos Árabes Unidos Gran Premio de Abu Zabi de 2023
Detalles da carreira[1]
Carreira 22 de 22 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023.
Trazado do circuíto de Abu Zabi.
Trazado do circuíto de Abu Zabi.
Data 26 de novembro de 2023
Nome oficial 2023 Fórmula 1 Etihad Airways Abu Zabi Grand Prix
Localización Illa Yas, Abu Zabi, Emiratos Árabes Unidos
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5,281 km
Distancia 58 voltas, 306,183 km km
ClimaCarreira nocturna
Pole position
Piloto Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT
Tempo 1:23.445
Volta rápida
Piloto Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT
Tempo 1:26.993 na volta 45
Podio
Primeiro Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT
Segundo Charles Leclerc Ferrari
Terceiro George Russell mercedes

Equipos editar

Os nove pilotos de arriba e Zak O'Sullivan (sen imaxe) pilotaron durante a primeira sesión de adestramentos libres.

Os pilotos e os equipos son os mesmos que a lista de inscritos da tempada coa excepción de Daniel Ricciardo, que substituíu a Nyck de Vries na AlphaTauri a partir do Gran Premio de Hungría.[2][3]

Durante a primeira sesión de adestramentos, nove equipos presentaron a pilotos suplentes que non correran en máis de dous Grandes Premios, como esixe o regulamento da Fórmula Un: Théo Pourchaire para Alfa Romeo en lugar de Guanyu Zhou, ,Jack Doohan para Alpine en lugar de Esteban Ocon, Felipe Drugovich para Aston Martin en lugar de Fernando Alonso; Robert Shwartzman para Ferrari en lugar de Charles Leclerc, Oliver Bearman para Haas en lugar de Nico Hülkenberg, Patricio O'Ward para McLaren en lugar de Lando Norris, Frederik Vesti para Mercedes en lugar de Lewis Hamilton, Jake Dennis e Isack Hadjar para Red Bull Racing en lugar de Max Verstappen e Sergio Pérez, respectivamente e Zak O'Sullivan para Williams en lugar de Alexander Albon. Dennis e O'Sullivan fixeron o seu debut na Fórmula Un.[2][4]

Pneus dispoñibles editar

O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (designados como duro, medio e brando, respectivamente), os tres compostos máis brandos da súa gama de pneumáticos secos, para que os equipos os usaran na carreira.[5]

Pneus dispoñibles para Yas Marina
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
 
Duros
(Tipo C3)
 
sans_cadre
Medios
(Tipo C4)
 
Brandos
(Tipo C5)
     
Intermedios
    
      Chuvia

Práctica editar

Celebráronse tres sesións de adestramentos libres no evento. A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 24 de novembro de 2023, ás 13:30 hora local (UTC+4).[1] encabezouna George Russell por diante de Felipe Drugovich e Daniel Ricciardo. A segunda sesión de adestramentos libres celebrouse o mesmo día, ás 17:00 hora local (UTC+4).[1] Encabezada por Charles Leclerc por diante de Lando Norris e Max Verstappen. A sesión foi detida dúas veces: Carlos Sainz perdeu o control do seu coche na curva tres sufrindo un forte choque, e Nico Hülkenberg trompeou contra o muro. A terceira sesión de adestramentos libres celebrouse o 25 de novembro de 2023, ás 14:30 hora local (UTC+4).[1] Encabezouna George Russell por diante de Lando Norris e Oscar Piastri.

Cualificación editar

A Clasificación celebrarase o 25 de novembro de 2023 ás 18:00 hora local (UTC+4).[1]

Clasificación da cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 1   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 1:24.160 1:23.740 1:23.445 1
2 16   Charles Leclerc Ferrari 1:24.459 1:23.969 1:23.584 2
3 81   Oscar Piastri McLaren-Mercedes 1:24.487 1:24.278 1:23.782 3
4 63   George Russell Mercedes 1:24.337 1:24.013 1:23.788 4
5 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 1:24.368 1:23.920 1:23.816 5
6 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 1:24.286 1:24.207 1:23.969 6
7 14   Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 1:24.501 1:24.131 1:24.084 7
8 27   Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 1:24.425 1:24.213 1:24.108 8
9 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 1:24.209 1:24.116 1:24.171 9
10 10   Pierre Gasly Alpine-Renault 1:24.600 1:24.078 1:24.548 10
11 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:24.437 1:24.359 11
12 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 1:24.565 1:24.391 12
13 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:24.405 1:24.422 13
14 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 1:24.298 1:24.439 14
15 3   Daniel Ricciardo AlphaTauri-Honda RBPT 1:24.461 1:24.442 15
16 55   Carlos Sainz Ferrari 1:24.738 16
17 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:24.764 17
18 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 1:24.788 18
19 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 1:25.159 19
107% tempo: 1:30.051
2   Logan Sargeant Williams-Mercedes Sen tempo 20[6]
fonte:[7][8]

Carreira editar

A carreira celebrouse o 26 de novembro de 2023, ás 17:00 hora local (UTC+4), e disputouse durante 58 voltas.[1]

Informe da carreira editar

Ao comezo da carreira, Charles Leclerc desafiou a Max Verstappen polo liderado na primeira curva, pero Verstappen finalmente mantivo o primeiro lugar. Verstappen construíu lentamente unha brecha entre el e Leclerc, deixando que Leclerc mantivera a raia á parella de McLaren.

Máis tarde na carreira, todos os coches que comezaron co pneumático medio entraron en boxes, excepto Yuki Tsunoda, quen liderou brevemente a carreira ata que entrou en boxes na volta 23. George Russell seguiu aguantando o terceiro posto por detrás de Leclerc.

Nas últimas dez voltas da carreira, Sergio Pérez loitou con Lando Norris polo cuarto lugar. Os pilotoss golpearon as rodas e, posteriormente, Pérez recibiu unha sanción de cinco segundos por provocar unha colisión.

Leclerc quedou cómodo no segundo lugar, pero o terceiro lugar de Russell e o noveno posto de Lewis Hamilton foron suficientes para manter á Mercedes por diante do Ferrari por tres puntos no campionato de construtores. Aínda que Carlos Sainz corría na décima posición nese momento, só entrara en boxes unha vez e finalmente volvería a boxes, quedandoo fóra dos puntos.

Coa finalización da carreira, Pérez superou a Russell, pero Russell mantivo unha diferenza de menos de cinco segundos para manterse no terceiro lugar tras as sancións de Pérez. Leclerc baixou a velocidade deliberadamente para darlle a Pérez un rbufo e, finalmente, cedeu o segundo lugar, coa esperanza de que sacase a Russell do terceiro lugar. Aínda así, Russell conseguiu manterse o suficientemente preto de Leclerc, e terminou oficialmente terceiro logo de aplicárselle a penalización a Pérez. O podio final estivo composto por Verstappen, Leclerc e Russell. O terceiro posto de Russell, máis o seu compañeiro de equipo Hamilton, que rematou noveno e Carlos Sainz, que rematou 18º, aseguraron o segundo posto no Campionato de Construtores para Mercedes.[9]

Clasificación da carreira editar

Pos. Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 58 1:27:02.624 1 26[10]
2 16   Charles Leclerc Ferrari 58 +17.993 2 18
3 63   George Russell Mercedes 58 +20.328 4 15
4 11   Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 58 +21.453[11] 9 12
5 4   Lando Norris McLaren-Mercedes 58 +24.284 5 10
6 81   Oscar Piastri McLaren-Mercedes 58 +31.487 3 8
7 14   Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 58 +39.512 7 6
8 22   Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda RBPT 58 +43.088 6 4
9 44   Lewis Hamilton Mercedes 58 +44.424 11 2
10 18   Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 58 +55.632 13 1
11 3   Daniel Ricciardo AlphaTauri-Honda RBPT 58 +56.229 15
12 31   Esteban Ocon Alpine-Renault 58 +1:06.373 12
13 10   Pierre Gasly Alpine-Renault 58 +1:10.370 10
14 23   Alexander Albon Williams-Mercedes 58 +1:13.184 14
15 27   Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 58 +1:23.696 8
16 2   Logan Sargeant Williams-Mercedes 58 +1:27.791 20
17 24   Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 58 +1:29.422 19
18[12] 55   Carlos Sainz Ferrari 57 16
19 77   Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 57 +1 lap 18
20 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 57 +1 lap 17
Volta rápida:   Max Verstappen (Red Bull Racing-Honda RBPT) – 1:26.993 (volta 45)
fonte:[8][13][14]

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  • Os competidores en negra e marcados cun asterisco son os Campións do Mundo de 2023.

Notas editar

Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Abu Dhabi Grand Prix 2023 – F1 Race". Formula1.com. Consultado o 19 de novembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "2023 Abu Dhabi Grand Prix – Entry List" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 24 de novembro de 2023. Consultado o 24 de novembro de 2023. 
  3. "Breaking: Ricciardo to replace De Vries at AlphaTauri from the Hungarian Grand Prix". Formula1.com. 11 de xullo de 2023. Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  4. "The 10 young drivers set to take part in FP1 in Abu Dhabi". Formula1.com. 23 de novembro de 2023. Consultado o 23 de novembro de 2023. 
  5. "A soft landing for the 2023 World Championship". Pirelli.com. 1 de novembro de 2023. Consultado o 11 de novembro de 2023. 
  6. Logan Sargeant non puido establecer un tempo durante a cualificación. Permitíronlle correr a criterio dos comisarios.
  7. "Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2023 – Qualifying". Formula 1. 25 de novembro de 2023. Consultado o 25 de novembro de 2023. 
  8. 8,0 8,1 "Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2023 – Starting Grid". Formula 1. 25 de novembro de 2023. Consultado o 25 de novembro de 2023. 
  9. Kalinauckas, Alex. "F1 Abu Dhabi GP: Verstappen wins 2023 finale as Mercedes secures second". Autosport. 
  10. Inclúe un punto pola volta rápida
  11. Sergio Pérez quedou segundo, pero recibiu unha penalización de cinco segundos por provocar unha colisión con Lando Norris.
  12. Carlos Sainz clasificouse xa que completou máis do 90% da distancia da carreira.
  13. "Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2023 – Race Result". Formula 1. 26 November 2023. Consultado o 26 de novembro de 2023. 
  14. "Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2023 – Fastest Laps". Formula 1. 26 de novembro de 2023. Consultado o 26 de novembro de 2023. 
  15. 15,0 15,1 "Abu Dhabi 2023 – Championship". StatsF1.com. 26 de novembro de 2023. Consultado o 26 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Las Vegas de 2023
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2023
Carreira seguinte:
Gran Premio de Bahrain de 2024
Carreira anterior:
Gran Premio de Abu Zabi de 2022
Gran Premio de Abu Zabi Carreira seguinte:
Gran Premio de Abu Zabi de 2024