Pierre Gasly
Pierre Gasly (24 anos) | |
---|---|
![]() Gasly en 2019 | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
Monopraza número | 10 |
Escudería actual | Alpha Tauri-Honda |
Escudería no 2022 | |
Grandes Premios disputados | 64 |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 1 |
Podios | 2 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 2 |
Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Malaisia de 2017 |
Posición no 2021 | |
editar |
Pierre Gasly (nado o 7 de febreiro de 1996 en Rouen) é un piloto de carreiras francés que actualmente compite na Fórmula Un baixo bandeira francesa, competindo para Scuderia AlphaTauri. En 2014 foi subcampión das Formula Renault 3.5 Series e en 2016 campión das GP2 Series. Pilotou un Team Mugen con motor Honda no Campionato Super Fórmula de 2017. Fixo o seu debut na Fórmula 1 no Gran Premio de Malaisia de 2017.[1]
Trasladouse a Red Bull Racing en 2019, antes de volver tras intercambiarse con Alexander Albon de Toro Rosso entre as carreiras de Hungría e [[Gran Premio de Bélxica de 2019 | de Bélxica] con Daniil Kvyat como compañeiro.[2] Gasly obtivo a súa primeira vitoria na Fórmula Un no Gran Premio de Italia de 2020 pilotando para AlphaTauri.
CarreiraEditar
KartingEditar
Gasly entrou no karting en 2006, cando terminou décimo quinto no campionato Minime francés,[3] antes de que terminase cuarto o ano seguinte.[4] No 2008 pasou ao Campionato Francés de Cadetes,[5] antes de trasladarse á escena internacional en 2009. Trasladouse á categoría KF3, permanecendo ata finais de 2010, cando terminou como subcampión no Campionato Europeo CIK-FIA.[6]
Fórmula RenaultEditar
Na tempada 2011 do campionato de F4 francés, Gasly fixo o seu debut nun monopraza, tomando parte na categoría de 1.6 litros do Campionato de F4 francés.[7] Terminou terceiro detrás dos seus futuros rivais na Eurocup Matthieu Vaxivière e Andrea Pizzitola con sete podios, incluíndo vitorias en Spa, Albi e Le Castellet.[8]
Gasly pasou á Fórmula Renault de 2 litros en 2012, uníndose ao R-Ace GP na Eurocopa de Fórmula Renault 2.0.[9] Terminou décimo, puntuando en seis carreiras, incluíndo podios en Spa e Nürburgring.[10] tamén fixo sete saídas na Formula Renault 2.0 Northern European Cup co mesmo equipo, logrando un podio en Nürburgring.
En 2013, Gasly fchou por Tech 1 Racing.[11] Logrou cinco podios, así como vitorias en Moscova, Hungaroring e Le Castellet.[6][12] Tomou unha vantaxe de once puntos sobre Oliver Rowland na carreira final no Circuíto de Barcelona-Cataluña, e finalmente adxudicouse o título co terceiro e sexto lugar; o último resultado foi como resultado dunha colisión con Rowland pola que recibiu un drive-throught de penalización.[13]
O piloto saltou as Formula Renault 3.5 Series en 2014, onde foi contratado por Arden baixo o programa de desenvolvemento Red Bull Junior Team. Terminou a tempada como subcampión detrás doutro Red Bull Junior Carlos Sainz, Logrando oito podios nas dezasete carreiras.
Serie GP2Editar
Gasly fixo a súa estrea nas GP2 series en 2014 no circuíto de Monza na carreira soporte de Italia, substituindo ao piloto de Caterham Racing Tom Dillmann, que tiña compromisos noutras series de carreiras e non puido participar na competición. As carreiras da serie de GP2 para ese fin de semana.[14] Logo participou nas probas de postempada, pilotando para DAMS e o 8 de xaneiro de 2015 asinaron co equipo francés para competir xunto ao piloto británico Alex Lynn, como piloto de desenvolvemento do Equipo Williams F1.[15] Malia lograr tres pole positions e catro podios, Gasly experimentou unha tempada desigual, incluíndo provocar colisións en Bahrain, Spa e Yas Marina (que provocou que a carreira fora cancelada), terminou oitavo, dous lugares detrás do seu compañeiro de equipo Lynn. En xaneiro de 2016, anunciouse que Gasly cambiaría aos recentemente chegados Prema Powerteam xunto ao subcampión da Tempada 2015 da Fórmula 3 europea e novato na GP2 Antonio Giovinazzi
Fórmula UnEditar
O 30 de setembro de 2015, Gasly presentouse como piloto reserva d Red Bull.[16][17]
Toro Rosso (2017 -)Editar
O 26 de setembro de 2017, Toro Rosso anunciou que Gasly faría a súa debut na Fórmula 1 no Gran Premio de Malaisia de 2017, substituindo a Daniil Kvyat en varias carreiras.[1]
Super Fórmula Xaponesa e Fórmula EEditar
En febreiro de 2017, Piers anunciouse como piloto da Super Fórmula Xaponesa no Team Mugen xunto a Naoki Yamamoto.[18] logrou vitorias en Motegi e Autopolis.
En xullo de 2017, Gasly substituíu a Sébastien Buemi no Renault e.dams para o ePrix de Nova York, debido a que o suízo competía nas 6 Horas de Nürburgring do Campionato Mundial de Resistencia.[19] Finalizou sétimo e cuarto respectivamente. O francés obtivo o sétimo posto na primeira carreira e o cuarto posto na segunda carreira.
Rexistro de carreirasEditar
Traxectoria profesionalEditar
* Tempada en progreso.
Resultados completos na Formula Renault 3.5 SeriesEditar
(Clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | Arden Motorsport | MNZ 1 3 |
MNZ 2 5 |
ALC 1 9 |
ALC 2 2 |
MON 1 7 |
SPA 1 2 |
SPA 2 4 |
MSC 1 18 |
MSC 2 2 |
NÜR 1 20 |
NÜR 2 8 |
HUN 1 2 |
HUN 2 3 |
LEC 1 2 |
LEC 2 2 |
XER 1 6 |
XER 2 4 |
2º | 192 |
Resultados completos nas GP2 SeriesEditar
(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | Caterham Racing | BHR FEA |
BHR SPR |
CAT FEA |
CAT SPR |
MON FEA |
MON SPR |
RBR FEA |
RBR SPR |
SIL FEA |
SIL SPR |
HOC FEA |
HOC SPR |
HUN FEA |
HUN SPR |
SPA FEA |
SPA SPR |
MNZ FEA 17 |
MNZ SPR Ret |
SOC FEA 11 |
SOC SPR 11 |
YMC FEA 21 |
YMC SPR 18 |
29º | 0 |
2015 | DAMS | BHR FEA Ret |
BHR SPR 22 |
CAT FEA 7 |
CAT SPR 3 |
MON FEA 14 |
MON SPR 10 |
RBR FEA 13 |
RBR SPR 6 |
SIL FEA 4 |
SIL SPR 3 |
HUN FEA 2 |
HUN SPR 8 |
SPA FEA 19 |
SPA SPR Ret |
MNZ FEA Ret |
MNZ SPR 12 |
SOC FEA 2 |
SOC SPR 5 |
BHR FEA 6 |
BHR SPR 7 |
YMC FEA 5 |
YMC SPR C |
8º | 110 |
2016 | Prema Racing | CAT FEA 3 |
CAT SPR 2 |
MON FEA 15 |
MON SPR 13 |
BAK FEA Ret |
BAK SPR 2 |
RBR FEA Ret |
RBR SPR 7 |
SIL FEA 1 |
SIL SPR 7 |
HUN FEA 1 |
HUN SPR 7 |
HOC FEA DSC |
HOC SPR 6 |
SPA FEA 1 |
SPA SPR 4 |
MNZ FEA 4 |
MNZ SPR 2 |
SEP FEA 11 |
SEP SPR 3 |
YMC FEA 1 |
YMC SPR 9 |
1º | 219 |
† Piloto que non finalizou a carreira, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Resultados completos na Super FormulaEditar
(Carreiras en letra grosa indican pole position)
ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos.DC | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2017 | Team Mugen | SUZ 10 |
OKA 19 |
OKA 7 |
FUJ 5 |
MOT 1 |
AUT 1 |
SUG 2 |
SUZ |
SUZ |
2º* | 33* |
* Tempada en progreso.
Resultados completos na Fórmula EEditar
(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016–17 | Renault e.dams | Spark-Renault Z.E 16 | HKG | MAR | BNA | MEX | MON | PAR | BER | BER | NYC 7 |
NYC 4 |
MTR | MTR | 16º | 18 |
Resultados completos na Fórmula 1Editar
(Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)
* Tempada en progreso.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Toro Rosso confirma a Gasly para as próximas carreiras". Motorsport.com (en inglés). 26 de setembro de 2017. Consultado o 26 de setembro de 2017.
- ↑ "Albon replaces Gasly at Red Bull from Spa". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 2019-08-12.
- ↑ "Championnat de France – Minime 2006". driverdb.com (Driver Database). Consultado o 20 de outubro de 2013.
- ↑ "Championnat de France – Minime 2007". driverdb.com (Driver Database). Consultado o 20 de outubro de 2013.
- ↑ "Championnat de France – Cadet 2008". driverdb.com (Driver Database). Consultado o 20 de outubro de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 David, Gruz (20 de setembro de 2013). "Leading the new French generation: Pierre Gasly". Paddock Scout. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2019. Consultado o 20 de outubro de 2013.
- ↑ "Drivers 2011". Autosport Academy. French F4 Championship. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2011. Consultado o 29 de outubro de 2011.
- ↑ Allen, Peter (20 de outubro de 2013). "Weekend Review: Bortolotti pecha a tempada de F2 de forma dominante". Paddock Scout. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2013.
Pierre Gasly gañou ambas carreiras, dándolle a terceira posición na clasificación final detrás de Andrea Pizzitola.
- ↑ "New boys and old hands raring to go". Eurocup Formula Renault 2.0 (Renault Sport). 27 de abril de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2013.
- ↑ Allen, Peter (11 de xaneiro de 2013). "13 drivers to watch in 2013". Paddock Scout. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2013.
- ↑ Khorounzhiy, Valentin (29 de xaneiro de 2013). "Gasly switches to Tech 1 for second year in the Eurocup". Paddock Scout. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2013.
- ↑ Musker, Ant (20 de outubro de 2013). "Gasly takes championship lead with controlled race one victory". Paddock Scout. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2013.
- ↑ Musker, Ant (20 de outubro de 2013). "Gasly crowned champion as Ocon wins final race". Paddock Scout. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2019. Consultado o 20 de outubro de 2013.
- ↑ Costa, Massimo (31 de agosto de 2014). "Gasly debutta a Monza con Caterham". ItaliaRacing.net (en Italian) (Inpagina). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2014. Consultado o 7 de setembro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2015. Consultado o 30 de setembro de 2017.
- ↑ "Pierre Gasly named official Red Bull reserve driver". espn.co.uk (ESPN). Consultado o 10 de outubro der 2015.
- ↑ "ABOUT PIERRE". Red Bull Racing. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2017. Consultado o 9 de marzo de 2017.
- ↑ Gasly confirmed at Mugen for 2017 Super Formula season - Darshan Chokhani, Motorsport.com, 13 de febreiro de 2017
- ↑ "Renault e.dams confirms Gasly as Buemi replacement for New York FE". 10 de xullo de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2017.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pierre Gasly |