Circuíto Internacional de Bahrain
Circuíto Internacional de Bahrain | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 17 de marzo de 2004 |
Outros nomes | Circuíto de Sakhir |
Carreiras | Fórmula 1 Gran Premio de Bahrain e Tests Gran Premio de Sakhir FIA WEC 6 Horas de Bahrain V8 Supercars FIA GT |
Localización | Sakhir, Bahrain |
Capacidade | 70.000[1] espectadores |
Circuíto (2005–2009, 2012-presente) | |
Lonxitude | 5,412 km |
Curvas | 15 (9 dereita, 6 esquerda) |
Volta rápida (2005) | 1:31.447[2] |
Piloto récord | Pedro de la Rosa |
Escudería récord | McLaren |
Récord ano | 2005 |
Circuíto exterior (2020) | |
Lonxitude km | 3´543 |
Curvas | 11 |
Récord tempo | 0:55.504 |
Récord piloto | George Russell |
Récord equipo | Mercedes |
Récord ano | 2020 |
Circuíto endurance (2010) | |
Lonxitude km | 6´299 |
Curvas | 23 |
Récord tempo | 1:58.287 |
Récord piloto | Fernando Alonso |
Récord equipo | Ferrari |
Récord ano | 2010 |
Circuíto orixinal (2004) | |
Lonxitude km | 5´417 |
Curvas | 15 |
Récord tempo | 1:30.252 |
Récord piloto | Michael Schumacher |
Récord equipo | Ferrari |
Récord ano | 2004 |
Circuíto interno | |
Lonxitude km | 2´550 |
Curvas | 8 |
Récord tempo | |
Récord piloto | |
Récord equipo | |
Récord ano | |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Circuíto Internacional de Bahrain (en árabe حلبة البحرين الدولية baraahin al-intarnals wadjaviyaa), máis coñecido como Circuíto de Sakhir, é un autódromo localizado na cidade de Manama, Bahrain, sede do Gran Premio de Bahrein e do Gran Premio de Sakhir de Fórmula 1.
Historia
editarA construción do circuíto para poder albergar unha carreira da tempada de Fórmula 1 foi un obxectivo nacional para Bahrain, impulsado polo príncipe Salman bin Hamad Al Khalifa. O príncipe herdeiro é un gran entusiasta do deporte motor, ao momento que ocupa o cargo de Presidente Honorario da Federación de Automobilismo de Bahrain.
Os organizadores do Gran Premio temeron non chegar a terminar a tempo as construcións necesarias para a realización do evento de 2004, e solicitaron ao mandamáis da F1 Bernie Ecclestone a postergación para o 2005. Ecclestone negouse, e a carreira disputouse a pesar de que o autódromo non estaba terminado na súa totalidade.[3]
En 2007 converteuse no primeiro circuíto de Gran Premio ao que se concedeu o premio a Excelencia unha distinción da FIA, entregado por unha excelente seguridade, Dirección de Carreira, servizos médicos e polos altos estándares de tecnoloxía necesaria para manter estes.[4]
En 2011 o circuíto estaba programado para ser o primeiro GP da tempada. Pero, debido aos disturbios civís no país a carreira tivo que ser cancelada en marzo de 2011. a principios de xuño a FIA anunciou que a carreira ía ser trasladada para o 30 de outubro, na data orixinal para o primeiro GP da India, que se desprazaba a unha data de peche da tempada o 11 de decembro.[5] Pero, dous días máis tarde debido ás preocupacións dos equipos e outros estamentos, os organizadores da carreira cancelaron oficialmente a carreira.
O Gran Premio de Sakhir de 2020 dispouse cunha configuración da pista chamada Circuíto exterior, nunca usada ata ese momento pola Fórmula 1, caracterizada por 11 curvas e unha lonxitude de 3.543 metros. A última vez que a categoría usou unha configuración diferente ocorreu en 2010, con motivo da primeira proba da tempada, o Gran Premio de Bahrain de 2010, cando se utilizou outra configuración de pista, chamada Circuíto Endurance, caracterizado por 24 curvas e unha lonxitude de 6 299 metros, a máis longa de todas as configuracións utilizables do circuíto de Sakhir. Na historia da Fórmula 1 convértese no primeiro circuíto en organizar o Gran Premio válido para o campionato mundial en tres trazados diferentes.
Construción e deseño
editarO circuíto foi deseñado polo arquitecto alemán Hermann Tilke, o mesmo arquitecto que deseñou o Circuíto de Sepang de Malaisia. O contratista principal para o proxecto foi Cybarco-WCT.[6] O circuíto custou aproximadamente 56´2 millóns de dinares de Bahrein[7] (150 millóns de dólares).[8] Conta con seis pistas separadas, incluíndo un óvalo de proba e unha pista para drag.[8]
Un dos eventuais problemas que se temían para as carreiras, tiña que ver con que o circuíto está localizado no medio do deserto, co cal os ventos poderían arrastrar area cara ao trazado e alterar así o funcionamento das máquinas. De todos os xeitos, os organizadores do Gran Premio logran manter a area fóra da pista, mediante a utilización dun adhesivo que se rocía nas areas que rodean o trazado.[9]
A superficie da pista é do tipo de árido grauvaca, enviado a Bahrain desde a canteira de Bayston Hill en Shropshire, Inglaterra. O material da superficie é alabado polos directores de circuítos e pilotos de Fórmula 1 polo alto nivel de grip que ofrece. O mesmo material de árido utilízase no Circuíto de Yas Marina para a Gran Premio de Abu Zabi.[10]
Outras instalacións
editarHai catro circuítos distintos sobre a pista principal.
- Pista do Gran Premio (na figura superior deste artigo).
- Pista interior (na sección media da pista: inclúe as curvas 5 a 12 do circuíto principal, cunha serie de pinzas que unen as curvas 12 e 5)
- Pista exterior (inclúe a totalidade do circuíto, coa excepción das curvas 5 a 12)
- Pista do paddock (inclúe a totalidade do circuíto, coa excepción das curvas 4 a 9)
Existen tamén no autódromo unha recta para picadas e unha pista oval.
-
"Trazado actual" do 2004 ó 2009 e desde 2012
-
"Circuíto no Gran Premio de 2010"
-
Pista Oval visible en Google Earth
-
"Pista interior"
-
"Pista exterior"
-
"Pista do Paddock"
Características
editar- Capacidade espectadores: 70.000
- Lonxitude do circuíto: 5´412 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 57 voltas = 308´238 quilómetros.
- Curvas:15 (6 iesquerda e 9 dereita)
- Configuración aerodinámica: media. Velocidade máxima estimada 322 km/h con DRS, 310 km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 64% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 16% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: kg por volta.
- Cambio de marchas por volta:
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: medio
- Desgaste dos pneumáticos: alto
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 23 segundos (media)
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´38 segundos.
- Marca volta: Pedro de la Rosa - McLaren, 1.31.447 en 2005
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Manama-Sakhir
editarNº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneus. | Tempo | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2004 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:28:34,875 h | 5,417 km | 57 | 209,143 km/h | 4. abril | Bahrain |
2 | 2005 | Fernando Alonso | Renault | Renault | M
|
1:29:18,531 h | 5,417 km | 57 | 207,274 km/h | 3. abril | |
3 | 2006 | Fernando Alonso | Renault | Renault | M
|
1:29:46,205 h | 5,412 km | 57 | 206,018 km/h | 12. marzo | |
4 | 2007 | Felipe Massa | Ferrari | Ferrari | B | 1:33:27,515 h | 5,412 km | 57 | 197,887 km/h | 15. abril | |
5 | 2008 | Felipe Massa | Ferrari | Ferrari | B | 1:31:06,970 h | 5,412 km | 57 | 202,975 km/h | 6. abril | |
6 | 2009 | Jenson Button | Brawn | Mercedes | B | 1:31:48,182 h | 5,412 km | 57 | 201,711 km/h | 26. abril | |
7 | 2010 | Fernando Alonso | Ferrari | Ferrari | B | 1:39:20,396 h | 6,299 km | 49 | 186,272 km/h | 14. marzo | |
– | 2011 | cancelado debido a protestas político | |||||||||
8 | 2012 | Sebastian Vettel | Red Bull | Renault | P | 1:35:10,990 h | 5,412 km | 57 | 201,143 km/h | 22. abril | |
9 | 2013 | Sebastian Vettel | Red Bull | Renault | P | 1:36:00,498 h | 5,412 km | 57 | 192,632 km/h | 21. abril | |
10 | 2014 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:39:42,743 h | 5,412 km | 57 | 185,476 km/h | 6. abril | |
11 | 2015 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:35:05,809 h | 5,412 km | 57 | 186,587 km/h | 19. abril | |
12 | 2016 | Nico Rosberg | Mercedes | Mercedes | P | 1:33:34,696 h | 5,412 km | 57 | 197,634 km/h | 3. abril | |
13 | 2017 | Sebastian Vettel | Ferrari | Ferrari | P | 1:33:53,373 h | 5,412 km | 57 | 196,979 km/h | 16. abril | |
14 | 2018 | Sebastian Vettel | Ferrari | Ferrari | P | 1:32:01,940 h | 5,412 km | 57 | 200,954 km/h | 8. abril | |
15 | 2019 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:34:21,295 h | 5,412 km | 57 | 196,008 km/h | 31. marzo | |
16 | 2020 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 2:59:47,515 h | 5,412 km | 57 | 102,865 km/h | 29. novembro | |
17 | Sergio Pérez | Racing Point | BWT Mercedes | P | 1:31:15,114 h | 3,543 km | 87 | 202,513 km/h | 6. decembro | Sakhir | |
18 | 2021 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:32:03,897 h | 5,412 km | 56 | 197,356 Km/h | 28. marzo | Bahrain |
19 | 2022 | Charles Leclerc | Ferrari | Ferrari | P | 1:37:33,584 h. | 5,412 km | 57 | 189,523 Km/h | 20. marzo | |
20 | 2023 | Max Verstappen | Red Bull | Honda RBPT | P | 1:33:56.736 h. | 5,412 km | 57 | 196,862 Km/h | 5. marzo | |
21 | 2024 | Max Verstappen | Red Bull | Honda RBPT | P | 1:31:44,742 h. | 5,412 km | 57 | 201,743 Km/h | 2. marzo |
Estadísticas da carreira do Gran Premio de Bahrain
editar1Trazado longo
Récords
Piloto: Lewis Hamilton/Sebastian Vettel (4 veces) • País: Alemaña (6) • Construtor: Ferrari (6) • Motor: Mercedes/Ferrari (6 veces) • Pneus.: Pirelli (9) • Máis Podios: Lewis Hamilton (9) • Máis podios sen gañar: Kimi Räikkönen (8) • Poles: Lewis Hamilton/Sebastian Vettel (3 veces) • Voltas rápidas: Nico Rosberg (3)
Notas
editar- ↑ "Bahrain International Circuit". worldofstadiums.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 19 de xuño de 2016.
- ↑ "Race Preview". FIA Communications Department. Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2016. Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ "Bahrain 'tried to stop GP'". BBC News. 25 de marzo de 2004. Consultado o 13 de abril de 2007.
- ↑ "Bahrain named Centre of Excellence by FIA". Formula1.com. 13 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2007. Consultado o 13 de abril de 2007.
- ↑ "F1plus: Bahrain Grand Prix reinstated; race will take place on October the 30th". F1plus.com. 4 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 4 de xuño de 2011.
- ↑ "Cybarco takes on $155 million Bahrain F1 circuit". xak.com. 4 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 4 de xuño de 2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 06 de abril de 2014.
- ↑ 8,0 8,1 "Bahrain International Circuit Info". Bahrain International Circuit. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2007. Consultado o 17 de decembro de 2006.
- ↑ "Schumacher admits sand fear". BBC News. 29 de marzo de 2004. Consultado o 13 de abril de 2007.
- ↑ "From Shropshire to Abu Dhabi GP". BBC. 30 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2009. Consultado o 30 de outubro de 2009.