Alexander Albon
Alexander Albon (27 anos) | |
---|---|
![]() Albon en 2021 | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
Monopraza número | 23 |
Escudería actual | Williams-Mercedes |
Escudería no 2024 | |
Grandes Premios disputados | 63 (62 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 2 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Australia de 2019 |
Posición no 2023 | 10º (1 ptos.) |
Na rede
| |
https://www.alexalbon.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Alexander Albon Ansusinha (tailandés: อเล็กซานเดอร์ อัลบอน อังศุสิงห์), nado en Londres o 23 de marzo de 1996, é un piloto de carreiras tailandés-británico, que compite actualmente na Fórmula 1 para Williams Racing,. Participou no Campionato de Fórmula 2 da FIA de 2018 con DAMS. Logo, pilotou para ART Grand Prix. Asinou con Toro Rosso para a tempada 2019 de Fórmula 1, e foi piloto de Aston Martin Red Bull Racing en Fórmula 1 desde mediados de 2019 ata finais de 2020. en 2021 era o piloto de probas e desenvolvemento de Red Bull. Regresou á Fórmula Un en 2022, pilotando para o Williams.[1] Modelo:TOC limit
TraxectoriaEditar
Albon naceu no Hospital de Portland en Londres, Inglaterra. O seu pai, Nigel Albon, é un expiloto de carreiras que participou na BTCC e na Porsche Carrera Cup. Ao crecer, Albon pasou un tempo na Ipswich School en Ipswich, Suffolk, antes de abandonar a escola para continuar a súa carreira profesional. A relixión de Alexander Albon é o budismo.
Albon comezou a súa carreira competindo con karts moi novo debido ao estímulo do seu pai, Nigel Albon. Logrou o éxito nos karts entre 2006-2010 o que permitíulle entrar no Red Bull Junior Team en 2012[2] pasou aos coches de rodas abertas logrando un asento en EPIC Racing durante a tempada da Eurocup Formula Renault 2.0 2012, terminando na 38ª posición de 49, no seu primeiro ano. Quedou na Fórmula Renault 2.0 dúas tempadas. Asegurandose un asento con KTR, terminando 16º en 2013 e 3º en 2014. En 2015, Albon cambiou ao Campionato de Europa de Fórmula 3, terminando sétimo na xeral. Un ano máis tarde, ART contratou a Albon para correr xunto a Charles Leclerc na GP3 Series[3] terminando segundo no campionato de pilotos só detrás do seu compañeiro de equipo. Albon logrou un asento unha vez máis en ART en 2017.[4] para correr no Campionato de Fórmula 2 da FIA onde rematou na 10ª posición.[5]
Fórmula EEditar
Albon asinou por Nissan e.dams xunto a Sébastien Buemi como un dos seus pilotos para a tempada Fórmula E de 2018-19, pero foi liberado antes do inicio da tempada para pilotar na Fórmula 1 na tempada 2019 para Toro Rosso.[6][7]
Fórmula UnEditar
Debut en Toro Rosso (2019)Editar
O 26 de novembro de 2018, confirmouse que Albon liberárase do seu contrato con Nissan e.dams na Fórmula E logo de rumores de que asinaría con Toro Rosso. O mesmo día, Toro Rosso anunciou que Albon uniríase ao equipo para 2019 xunto a Daniil Kvyat e, así, reiniciar a relación de Albon co Red Bull Junior Team.[7]
Foi o segundo piloto de Tailandia en competir na categoría, despois do Príncipe Bira, que correu na década dos 50.[8] Cun noveno posto en Bahrain, o seu segundo Gran Premio, logrou os seus primeiros puntos neste campionato. Na seguinte carreira, na China, Albon partiu dos boxes despois de sufrir un accidente na práctica, pero conseguiu subir 10 posicións e entrar de novo na zona de puntos na décima posición. Sumou de novo para o campionato cun oitavo posto nas rúas de Mónaco [7] e, máis tarde, en Alemaña (sexto) e Hungría (décimo). [7]
Red Bull (2019-2020)Editar
2019: Promoción a Red BullEditar
A mediados de agosto de 2019, Red Bull Racing confirmou a súa fichaxe. Foi promovido para ocupar o lugar de Pierre Gasly, mentres que el ocupou o seu posto en Toro Rosso. Como mellor resultado obtivo o cuarto posto no GP do Xapón. No GP do Brasil corría en posto de podio cando Lewis Hamilton golpeouno, sacándoo dos puntos. O británico foi sancionado.[9][10] Durante a celebración desta mesma carreira, presentouse como piloto de Red Bull Racing para 2020.[11]
Competiu en nove das 21 carreiras con Red Bull, quedou a un posto de Gasly por tres puntos.
2020Editar
En 2020 competiu xunto a Max Verstappen en Red Bull. Despois de varios resultados que non deron o esperado polo equipo austríaco, o 18 de decembro anunciouse que o piloto mexicano Sergio Pérez ocuparía o seu lugar en 2021, converténdose Albon no piloto de reserva do equipo.
Rexistro de carreirasEditar
Traxectoria profesionalEditar
* Tempada en progreso.
Resultados completos no campionato de Europa da FIA de Fórmula 3Editar
(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 32 | 33 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2015 | Signature | Volkswagen | SIL 1 4 |
SIL 2 6 |
SIL 3 6 |
HOC 1 13 |
HOC 2 8 |
HOC 3 9 |
PAU 1 5 |
PAU 2 7 |
PAU 3 NC |
MNZ 1 21 |
MNZ 2 WD |
MNZ 3 WD |
SPA 1 3 |
SPA 2 16 |
SPA 3 9 |
NOR 1 5 |
NOR 2 2 |
NOR 3 3 |
ZAN 1 7 |
ZAN 2 4 |
ZAN 3 8 |
RBR 1 7 |
RBR 2 5 |
RBR 3 8 |
ALG 1 2 |
ALG 2 12 |
ALG 3 Ret |
NÜR 1 12 |
NÜR 2 14 |
NÜR 3 11 |
HOC 1 11 |
HOC 2 Ret |
HOC 3 2 |
7º | 187 |
Resultados completos nas GP3 SeriesEditar
(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Pos | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | ART Grand Prix | CAT FEA 6 |
CAT SPR 1 |
RBR FEA 2 |
RBR SPR 2 |
SIL FEA 1 |
SIL SPR 14 |
HUN FEA 7 |
HUN SPR 1 |
HOC FEA 4 |
HOC SPR Ret |
SPA FEA 9 |
SPA SPR 10 |
MNZ FEA 6 |
MNZ SPR 2 |
SEP FEA 1 |
SEP SPR 8 |
YMC FEA Ret |
YMC FEA Ret |
2º | 177 |
Resultados completos no campionato da FIA de Fórmula 2Editar
(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2017 | ART Grand Prix | BHR FEA 6 |
BHR SPR 7 |
CAT FEA 5 |
CAT SPR 8 |
MON FEA 4 |
MON SPR 6 |
BAK FEA |
BAK SPR |
RBR FEA 5 |
RBR SPR 2 |
SIL FEA 18 |
SIL SPR 10 |
HUN FEA 8 |
HUN SPR 7 |
SPA FEA 12 |
SPA SPR 18 |
MNZ FEA 14 |
MNZ SPR 8 |
JER FEA 12 |
JER SPR 9 |
YMC FEA 7 |
YMC SPR 2 |
10º | 86 | ||
2018 | DAMS | BHR FEA 4 |
BHR SPR 13 |
BAK FEA 1 |
BAK SPR 13 |
CAT FEA 5 |
CAT SPR 2 |
MON FEA Ret |
MON SPR Ret |
LEC FEA Ret |
LEC SPR 7 |
RBR FEA 5 |
RBR SPR 5 |
SIL FEA 1 |
SIL SPR 7 |
HUN FEA 5 |
HUN SPR 1 |
SPA FEA 5 |
SPA SPR 3 |
MNZ FEA 3 |
MNZ SPR Ret |
SOC FEA 1 |
SOC SPR 3 |
YMC FEA 14 |
YMC SPR 8 |
3º | 212 |
† O piloto non terminou a carreira, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Resultados completos na Fórmula UnEditar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2023 | Williams | Williams FW45 | Mercedes M14 E Performance V6 t | BHR 10 |
SAU Ret |
AUS Ret |
ACE |
MIA |
EMI |
MON |
ESP |
CAN |
AUT |
GBR |
HUN |
BEL |
NED |
ITA |
SIN |
XAP |
QAT |
USA |
MEX |
BRA |
LVG |
ABU |
18º | 1 | |
2022 | Williams | Williams FW44 | Mercedes M13 E Performance V6 t | BHR 13 |
SAU 14† |
AUS 10 |
EMI 11 |
MIA 9 |
ESP 18 |
MON Ret |
ACE 12 |
CAN 13 |
GBR Ret |
AUT 12 |
FRA 13 |
HUN 17 |
BEL 10 |
NED 12 |
ITA |
SIN Ret |
XAP Ret |
USA 13 |
MEX 12 |
BRA 15 |
ABU 13 |
19º | 4 | ||
2020 | Aston Martin Red Bull Racing | Red Bull Racing RB16 | Honda RA620H 1.6 V6 t | AUT 13† |
EST 4 |
HUN 5 |
GBR 8 |
|70º 5 |
ESP 8 |
BEL 6 |
ITA 15 |
TOS 3 |
RUS 10 |
EIF Ret |
POR 12 |
EMI 15 |
TUR 7 |
BAH 3 |
SAK 6 |
ABU 4 |
7º | 105 | |||||||
2019 | Red Bull Toro Rosso Honda | Scuderia Toro Rosso STR14 | Honda RA619H 1.6 V6 t | AUS 14 |
BHR 9 |
CHN 10 |
ACE 11 |
ESP 11 |
MON 8 |
CAN Ret |
FRA 15 |
AUT 15 |
GBR 12 |
ALE 6 |
HUN 10 |
8º | 92 | ||||||||||||
Aston Martin Red Bull Racing | Red Bull Racing RB15 | HUN 5 |
ITA 6 |
SIN 6 |
RUS 5 |
XPN 4 |
MEX 5 |
USA 5 |
BRA 14 |
ABU 6 |
NotasEditar
- ↑ "Williams Racing confirms Latifi & Albon as 2022 driver line up". Williams F1. Consultado o 8 de setembro de 2021.
- ↑ "Introducing Alex Albon...". Red Bull (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 2018-01-22.
- ↑ "Albon enters GP3 with ART". Motorsport.com (en inglés). Consultado o 2018-01-22.
- ↑ "Alexander Albon completes ART 2017 line up – Formula 2". www.fiaformula2.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2017. Consultado o 2018-01-22.
- ↑ "Driver Standings – Formula 2". www.fiaformula2.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2019. Consultado o 2018-01-22.
- ↑ "Nissan signs Albon as Buemi's Formula E teammate". Motorsport.com (en inglés). Consultado o 2018-09-24.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 "Alexander Albon replaces Brendon Hartley at Toro Rosso for 2019 | Formula 1®" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2018.
- ↑ F1, STATS. "Tailandia • STATS F1". www.statsf1.com (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2018.
- ↑ "Hamilton decidió no defenderse de una sanción por chocar con Albon". SoyMotor.com (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2020.
- ↑ "VIDEO: Así perdió Albon su primer podio en F1 con Hamilton". lat.motorsport.com (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2020.
- ↑ Luque, Por Jose Carlos (12 de novembro de 2019). "Alex Albon confirmado como piloto de Red Bull Racing para 2020". Car and Driver (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2020.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexander Albon |