En automobilismo de competición Fórmula serve para distinguir cada unha das varias formas de monoprazas de carreiras con rodas abertas. A orixe do termo atópase na nomenclatura adoptada pola FIA para todas as súas regulacións de monoprazas logo da segunda guerra mundial, ou formulæ. As máis coñecidas destas fórmulas son a Fórmula Un, a Dúas e a Tres. O uso común da "formula racing" (carreiras de fórmula) abarca outra serie de monoprazas, como a GP2 Series, que substituíu a Fórmula 3000 (que á súa vez fora o substituto da Fórmula Dúas).

Categorías como a Fórmula Tres e GP2 descríbense como alimentadoras de fórmula, refírese á súa posición por baixo da Fórmula Un na clasificación do automobilismo de monoprazas. Hai dúas formas principais nas carreiras de fórmula: a fórmula aberta que permite optar entre diferentes chasis e/ou motores, e a fórmula regulada ou "específica" que se basea nun só fornecedor para os chasis e motores. A Fórmula 3 é un exemplo dunha fórmula aberta, mentres que a Fórmula BMW é unha fórmula regulada. Tamén hai algunhas excepcións nestas dúas formas, como a Fórmula Ford onde hai unha fórmula de chasis aberto, pero é unha fórmula restrinxida a unha única marca de motor.

Esta táboa mostra os niveis de formulæ. Tamén podería ser un exemplo na andaina dun piloto de carreiras. Neste artigo, divídense estas fórmulas en 5 niveis e enuméranse e describen as fórmulas desaparecidas.

Zona Nivel 1 Nivel 2 Nivel 3 Nivel 4 Nivel 5
Mundo Fórmula 1 GP2 Series GP3 Series
Fórmula E
- -
Europa - Fórmula Renault 3.5 - Fórmula 3
Auto GP
Fórmula 4
Fórmula Renault 2.0
Norte América IndyCar Series Indy Lights - Pro Mazda Championship USF2000
Xapón Super Fórmula - - Fórmula 3 Xaponesa Fórmula 4 Xapón

Europa

editar
 
Mark Webber na tempada 2012 no Red Bull RB8
 
Giedo van der Garde durante o Gran Premio do Reino Unido de GP2 de 2011
 
Daniel Ricciardo e Alexander Rossi durante unha carreira da World Series by Renault de 2011 en Paul Ricard
 
Adrien Tambay en Mugello no 2011
 
Chris Vlok durante o Gran Premio de Hungría do 2012 European F3 Open
 
Dan Wheldon durante o Indy 500 de 2011
 
Mario Romancini durante a carreira das Indy Lights de 2009 en Milwaukee Mile
 
Heamin Choi durante a carreira de 2009 da Pro Mazda en Mazda Raceway Laguna Seca

Nivel 1 – Fórmula 1

editar
Artigo principal: Historia da Fórmula Un.

No proceso de reactivación dos Grandes Premios despois do final da segunda guerra mundial, a Comisión Sportive Internationale da FIA foi a responsable de definir as normas estandarizadas da Fórmula 1 (F1) en 1946. A primeira carreira que se disputou coa regulamentación moderna da Fórmula Un fóra de campionato foi o Gran Premio de Turín en setembro de 1946. Os primeiros pilotos de campionato mundial recoñecidos oficialmente o foron en 1947 e o Campionato Mundial de Fórmula 1 foi inaugurado en 1950. Este foi o primeiro exemplo de fórmula de carreiras.

Nivel 2 - GP2 Series e WSR

editar

GP2 Series

editar
Artigo principal: GP2 Series.

A GP2 presentouse en 2005 por Bernie Ecclestone e Flavio Briatore logo da longa interrupción da antesala da F1, a Fórmula 3000. Deseñada para facer as carreiras máis baratas e para que sexa o campo de adestramento perfecto para a entrada na F1, os equipos de GP2 recibiron o mandato de utilizar o mesmo provedor de chasis, de motor e de pneumáticos polo que a verdadeira capacidade do piloto reflectiríase. En 2012, a GP2 e a GP2 Asia Series combináronse para facer unha gran serie de GP2, que contiña catro Grandes Premios de Asia xunto ás carreiras europeas de renome.

Formula Renault 3.5

editar
Artigo principal: World Series by Renault.

En 2003, o máximo expoñente da Fórmula Renault era a Fórmula Renault V6 Eurocup, que repaldaba aos ETCC e os "Super Racing Weekends" FIA GT. Logo de só dúas tempadas Renault fusionou a serie coas World Series by Nissan para formar o World Series by Renault (WSR), que respaldaba os Grandes Premios de Fórmula 1. Parte desta serie son Formula Renault 3.5 e Formula Renault 2.0. A Fórmula Renault 1.6 foi presentada en 2011 e agora chámase Campionato Francés de Fórmula 4 .

Nivel 3 - GP3 e Fórmula E

editar

GP3 Series

editar
Artigo principal: GP3 Series.

As GP3 Series foron presentadas por Bruno Michel en 2010 como antesala para a GP2. Ata o momento, tres pilotos competeron en Fórmula 1 logo da GP3 - o campión da tempada 2010 Esteban Gutiérrez con Sauber, o campión de 2011 Valtteri Bottas con Williams e Jean-Eric Vergne con Toro Rosso.

Fórmula E

editar
Artigo principal: Fórmula E.

A Fórmula E é unha competición internacional que utiliza monoprazas eléctricos. As series foron creadas no ano 2012. A tempada inaugural foi a 2014-2015. Un total de 11 circuítos urbanos de 11 cidades diferentes acolleron esta serie na súa primeira tempada. Pequín, Putrajaya, Punta do Leste, Buenos Aires, Miami, Long Beach, Mónaco, Berlín, Moscova e Londres son esas 10 grandes urbes que albegaron os "e-prix" en 2014 e 2015.

Nivel 4 - Fórmula 3 e Auto GP

editar

Fórmula 3

editar
Artigo principal: Fórmula 3.

A Fórmula Tres ten unha longa historia, con polo menos dez campionatos activos en todo o mundo. Foi creada pola FIA en 1905 como o punto de entrada de baixo custo á fórmula de monoprazas de carreiras. En 1959, foi substituído por unha fórmula técnica similar chamada Fórmula Júnior, a Fórmula Tres foi reintroducida en 1964.[1] Como outras fórmulas FIA, a F3 é unha clase aberta que permite a opción de chasis e motores. Os Campionatos principais son a Campionato Europeo de Fórmula 3, o EuroFormula Open e a Formula 3 Cup.

Auto GP

editar
Artigo principal: Auto GP.

As raíces das Auto GP World Series remóntanse a 1999, e a serie italiana de Fórmula 3000. Nun primeiro momento, realizáronse case todas as carreiras en Italia, pero a serie expandiuse rapidamente por Europa. En 2001, a serie converteuse na Fórmula 3000 Europea e en 2004 Superfund converteuse no patrocinador principal, planeando a creación da serie Fórmula Superfund. Pero, foi retirado o financiamento e a serie foi cancelada. Polo tanto, Coloni Motorsport restableceu a Fórmula 3000 italiana e no 2006 ampliouse á Euroseries 3000. En 2010, a primeira xeración de coches Grand Prix A1 substituíron os chasis Lola F3000 e adoptouse o nome de Auto GP.

Nivel 5 - Formula Renault 2.0

editar
Artigo principal: World Series by Renault.

Ver: Formula Renault 3.5

América do Norte

editar

Nivel 1 - IndyCar Series

editar
Artigo principal: IndyCar Series.

O IZOD IndyCar Series é o nivel principal das carreiras americanas de rodas abertas. A serie, creada polo propietario do Indianapolis Motor Speedway Tony George, presentouse en 1996 como o "Indy Racing League" (IRL). Foi creada como unha alternativa máis barata ao campionato CART (máis tarde "Champ Car World Series"), que se baseaba en maquinaria cara e pilotos estranxeiros. En 2008, as dúas series fusionáronse para formar a Serie IndyCar. A Serie IndyCar non é unha fórmula aberta. A liga especifica os fabricantes de chasis, motor e pneumáticos, que se cambian cada tres anos. Na actualidade, todos os equipos funcionan con chasis Dallara e pneumáticos Firestone e poden elixir entre un motor Honda ou Chevrolet. O campionato de 2013 contén seis óvalos, tres autódromos e sete circuítos urbanos.

Nivel 2 - Indy Lights

editar
Artigo principal: Firestone Indy Lights.

O actual Firestone Indy Lights é a antesala para as IndyCar Series, como a a GP2 na F1. As Indy Lights orixinais (coñecidas como "American Racing Series") actuaron como un circuíto de desenvolvemento para a CART desde 1986 ata 2001. En 2001, as Toyota Atlantic series foron igualmente eficaces na achega de novos pilotos, polo que CART cancelou as Indy Lights. A serie actual foi fundada en 2002 pola Indy Racing League. Nun principio tiveron problemas para atraer aos pilotos e algunhas carreiras tiñan menos de dez participantes. Con todo, coa introdución de máis circuítos en 2005 e un aumento en premios en 2006, pilotos como Marco Andretti e Phil Giebler foron atraídos para competir no campionato Indy Lights a tempo parcial, ampliando a vinte ou máis coches en varias ocasións en 2007. Na actualidade, o número de pilotos reduciuse de novo con só nove pilotos que compiten toda a tempada e outros oito pilotos correndo tres ou menos carreiras .

Nivel 4 - Pro Mazda Championship

editar
Artigo principal: Pro Mazda Championship.

O Pro Mazda Championship presentado por Cooper Tires foi unha serie de desenvolvemento de pilotos de carreiras desde 2011, cando pasou a ser regulada pola Indy Racing League, aínda que a serie orixinal comezou en 1991 como o Star Mazda Championship. Os pilotos utilizan actualmente coches Fórmula Mazda construídos por Star Race Cars con 250 CV motor rotativo Mazda Renesis e pneumáticos Cooper .

Nivel 5 - U.S. F2000

editar

Cooper Tires presents the U.S. F2000 National Championship powered by Mazda é unha variación americana da Fórmula Ford. A serie foi inicialmente fundada por Dan Andersen e Mike Foschi en 1990 e tiña máis de 60 participantes por carreira. En 2001, a serie foi vendida a Jon Baytos que introduciron unha serie de controvertidos cambios nas regras que levaron a serie fóra de aliñación das clases SCCA similares, o que levou a unha redución na participación e ao final da serie en 2006. En 2010, a serie regresou baixo o liderado de Andersen coa intención de levara a F2000 o seu status como unha fórmula de formación de pilotos para as fórmula superiores nos Estados Unidos.

Xapón

editar

Nivel 1 - Super Fórmula

editar
Artigo principal: Súper Fórmula.
 
Koudai Tsukakoshi durante a carreira da Fórmula Nippon de 2012 en Twin Ring Motegi
 
Yuji Kunimoto na carreira All Japan F3 en Twin Ring Motegi

A Super Fórmula, tamén coñecida como Formula Nippon, pódese ver como a Fórmula 1 xaponesa. Comezou como a serie xaponesa de Fórmula 2000 en 1973 e seguiu usando as regulación da Fórmula 2, logo de que a Fórmula 2 europea terminara en 1984. En 1987, a serie pasou ás normas da Fórmula 3000, así que as regulacións xaponesas e europeas quedaron unificadas outra vez. Pero, en 1996, a serie internacional da Fórmula 3000 converteuse nun formato para reducir os custos e a fórmula xaponesa separouse, pasándose a chamar Fórmula Nippon. Ata hai pouco, a Fórmula Nippon era unha fórmula aberta, o chasis fornecíano Lola, Reynard e G-Force, mentres que Mugen-Honda fornecía a maioría dos motores. Pero, en 2001/02 G-Force e Reynard retiráronse e a serie seguiu unha vez máis o exemplo da F3000 en converterse nunha fórmula de control. En 2006, as regulacións cambiaron drasticamente, o chasis foi substituído e os motores provistos por Toyota e Honda tiñan as mesmas especificacións que os motores utilizados na IndyCar Series de 2005.

Nivel 4 - All-Japan Formula Three Championship

editar

O All-Japan Formula Three Championship' serie comezou en 1979 e en 1981, converteuse nunha serie nacional. Actualmente, os pilotos montan chasis Dallara e pneumáticos Hankook. Os motores fornéceos Toyota-TOM'S, Mugen-Honda, Toda Racing e ThreeBond.

Nivel 5 - Formula Challenge Japan

editar
Artigo principal: Formula Challenge Japan.

O Formula Challenge Japan (FCJ) é promovido como un proxecto de desenvolvemento de novos pilotos en forma conxunta por Honda, Toyota e Nissan. Substitúe á Formula Dream. A primeira tempada foi no 2006 e foi a continuación da finada Formula Dream. Cada participante ten que ser menor de 26 anos de idade e posuír unha licenza de carreiras Nacional A, pero sen correr anteriormente en Fórmula Tres ou superior. Os coches montan un chasis Tatuus, pneumáticos Dunlop e un motor de 2.0 L. de 200 CV, similar á un coche de Fórmula Renault 2.0. A partir de 2009, a serie e soporte da Fórmula Nippon.

Series de Fórmula por debaixo do Nivel 5

editar
 
Felipe Nasr durante unha carreira de Formula BMW de 2009 en Spa-Francorchamps
 
Roger Orgee durante unha carreira da Formula Ford 1600 de 2012 en Castle Combe

Series que xa non existen

editar
 
Ivan Samarin no seu coche de Fórmula 2 de 2010
 
Michael Ammermüller durante unha carreira da International Formula Master en 2008
 
O equipo dos Países Baixos durante unha carreira da A1 Grand Prix de 2009 en Kyalami
 
Tottenham Hotspur durante unha carreira da Superleague Formula de 2008 en Donington Park
 
Presentación da Formula Asia V6 en Hong Kong en 2006

As series de Fórmula que poderían clasificarse entre os niveis 1 e 5 (ver a parte superior da páxina), pero actualmente desaparecidas, descríbense a continuación.

Fórmula Dúas (1947-85, 2009-12)

editar
Artigo principal: Fórmula 2.

As regulacións da Fórmula 2 definíronse por primeira vez en 1947 como unha forma de clase B por baixo da Fórmula Un.[2] non era raro que algunhas carreiras de Fórmula Un incluíran unha serie de participantes de F2 na mesma pista e os equipos do campionato do mundo das tempadas de 1952 a 1953 comprenden exclusivamente coches de F2 por razóns de custo. A F2 tiña un historial irregular ata a inauguración do Campionato de Europa de Fórmula Dúas en 1967. A F2 é unha fórmula aberta que permite o uso de calquera chasis que cumpra as normas establecidas; apóiase así na década de 1970, cun chasis de Tecno, March Engineering, Toleman, Ralt, Matra e outros. O campionato europeo funcionou continuamente ata a creación do seu sucesor, a Fórmula 3000, en 1985. En 2008 a FIA anunciou a volta da Fórmula Dúas en 2009 na forma da Campionato FIA de Fórmula Dúas. Esta serie suspendeuse logo da tempada 2012.

Formula 3000 (1985-2004)

editar
Artigo principal: Internacional Formula 3000.

A Formula 3000 foi creada pola FIA en 1985 para converterse no último paso para os pilotos antes de entrar en Fórmula 1. A Fórmula Dúas chegara a ser demasiado cara e foi dominado polos automóbiles de fábrica con motores de fábrica. A Fórmula 3000 ofreceu carreiras máis rápidas, máis baratas e máis abertas. A serie comezou como unha fórmula aberta, pero en 1986 os pneumáticos se estandarizaron, seguido polos motores e chasis en 1996. A serie durou ata o 2004 e foi substituída en 2005 polas GP2 Series.

Fórmula Master Internacional ( 2005-09 )

editar
Artigo principal: Fórmula Master Internacional.

A Fórmula Master Internacional, tamén coñecida como Fórmula Súper 2000, foi concibida para competir coa Fórmula Tres. Comezou en 2005 como 3000 Pro Series, organizada por Peroni Promoción. MTC fíxose cargo en 2006 e converteuno nunha serie de apoio á WTCC. Os pilotos utilizaban coches de segunda man de Fórmula 2000 fabricados por Tatuus propulsados por un motor Honda K20A de 250 CV.

A1 Grand Prix ( 2005-09 )

editar
Artigo principal: A1 Grand Prix.

O A1 Grand Prix (A1GP) era a única competición no seu xénero no que os competidores unicamente representaban ao seu país en lugar de a si mesmos ou a un equipo, o formato era o usual na maioría das series de carreiras de fórmula. Como tal, foi ascendido a miúdo como a "Copa Mundial do Deporte Motor". Ademais, a serie atraeu a un número igual de (ex ou futuros) pilotos de Fórmula 1 e IndyCar Series. O concepto foi fundado polo Xeque Al Maktoum de Dubái en 2004, pero vendeuse á FIA en 2005. As carreiras leváronse a cabo na tradicional parada da tempada de Fórmula 1, o inverno do hemisferio norte. Entre 2005 e 2009 participaron 29 países dos cinco continentes.

Superleague Formula (2008-11)

editar
Artigo principal: Superleague Formula.

A Superleague Formula foi fundada por Alex Andreu e Robin Webb e presentouse co patrocinio da asociación de equipos de fútbol. Os pilotos utilizaban motores V12 de 750 CV. Na cualificación, o vínculo co fútbol tamén estaba presente, a serie utilizaba un sistema baseado nunha fase de grupos e utilizábase o formato de rolda como nalgúns torneos de fútbol. Outra característica única da Superleague Formula era a Super Final, a quenda de cinco voltas entre os seis mellores pilotos dun fin de semana. En 2010, a serie ofreceu a bolsa de premios máis importante no automobilismo europeo co premio para o campión fixado nun 1 000 000 de euros. En teoría, era posible que un piloto gañara ata 2´2 millóns de euros ao longo da tempada. Todo isto foi feito para dar aos pilotos a oportunidade de gañarse a vida cos deportes de motor. Para o 2011, o vínculo co fútbol desvanecíase con máis da metade dos equipos non relacionados cos equipos de fútbol, e a serie foi cancelada a final da tempada.

Dream Formula (1999-2005)

editar
Artigo principal: Dream Formula.

Ver: Formula Challenge Japan

Fórmula V6 Asia ( 2006-09 )

editar
Artigo principal: Fórmula V6 Asia.

Fórmula V6 Asia (Renault) foi presentada en 2006 para dar oportunidades aos pilotos do sueste asiático no automobilismo internacional. Karun Chandhok, por exemplo, gañou o Campionato 2006 e foi premiado cunha proba nun coche World Series by Renault en Paul Ricard. Os pilotos corrían con chasis Tatuus, un motor V6 Renault 3.5L e pneumáticos Michelin.

Véxase tamén

editar
  1. British F3 Champions From motorsportsetc.com. Retrieved on August 28, 2007.
  2. Formula Two Arquivado 11 de outubro de 2007 en Wayback Machine. From formula2.net. Retrieved on August 28, 2007.

Ligazóns externas

editar