Sauber F1
![]() | |
Nome completo | Sauber F1 Team |
---|---|
Bandeira | ![]() |
Baseada en | Hinwil, Zürich, Suíza |
Tempadas en activo | 26 (1993-2018) |
Número de pilotos | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Debut | Gran Premio de Suráfrica de 1993 |
Carreiras | 465 (462 saídas)[N 1] |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 1[N 2] |
Pole positions | 1[N 3] |
Voltas Rápidas | 5[N 4] |
Puntos totais | 865[N 5] |
Derradeiro GP | Gran Premio de Abu Zabi de 2018 |
Alfa Romeo Sauber F1 Team, é un equipo suízo de Fórmula 1. Fundado nos anos 70 por Peter Sauber, evolucionou das subidas de montaña á World Sports Car Championship ata chegar á Fórmula 1 en 1993. A firma suíza de investimentos Longbow Finance S.A. é a actual propietaria maioritaria de Sauber.
Logo de non gañar ningú Gran Premio como un independente, o equipo vendeuse a BMW en 2005, e competiu como BMW Sauber de 2006 a 2009, logrando unha vitoria. Ao final da tempada 2009, con todo, BMW retirouse da Fórmula Un e o futuro do equipo permaneceu incerto durante varios meses, ata que vendeuse de novo a Peter Sauber e logrou unha participación para 2010. Con todo, debido ao Acordo da Concordia, o equipo permaneceu como "BMW Sauber" para a tempada 2010.[1][2] En marzo de 2010, Peter Sauber anunciou plans para cambiar o nome do equipo durante a tempada, pero a FIA anunciou que tería que esperar ata o final da tempada para cambiar o seu nome.[3] Ao comezo da tempada de Fórmula 1 de 2011, o equipo deixou a BMW do seu nome.
Peter Sauber vendeu a súa participación de control do 66,6% no equipo, o resto pertencente á CEO Monisha Kaltenborn tamén se vende. Ela foi unha figura principal no equipo desde a retirada de BMW.[4]
O equipo vendeuse durante a tempada 2016 á firma de investimentos Longbow Finance. Pascal Picci asumiu o papel de Peter Sauber como presidente da xunta e presidente, Kaltenborn permaneceu como director do equipo e CEO de Sauber.[5]
Automóbiles deportivosEditar
Peter Sauber comezou a construír coches deportivos na década de 1970. Logo de usar os motores turbocharged V8 de Mercedes nos anos 80, o seu equipo converteuse no equipo oficial da fábrica de Mercedes-Benz, revivindo a lenda das frechas de prata. Gañaron as 24 horas de Le Mans e o Campionato Mundial de Sports Prototipos de 1989 e 1990, competindo contra Jaguar e Porsche. Entre outros, pilotos como Heinz-Harald Frentzen, Michael Schumacher, Karl Wendlinger, Jochen Mass, Jean-Louis Schlesser e Mauro Baldi correron para Sauber.
Sauber participou noutras series de carreiras antes da súa participación na Fórmula Un, incluíndo o Campionato de Sportscar de Suíza e o Campionato do Mundo de Sportscar. O primeiro coche de Sauber, o C1, construíuse en 1970. Sauber, en sociedade con Mercedes, gañou a carreira das 24 horas de Le Mans en 1989 e o Campionato de Sports Prototipos en 1989 e 1990 co Sauber C9 e Mercedes-Benz C11, respectivamente.
Sauber tamén construíu unha versión do Grupo 5 do BMW M1
Fórmula UnEditar
Inicios con Mercedes e Cosworth (1993 - 1996)Editar
Sauber comezou a competir con motores Mercedes durante as tempadas 1993 e 1994, pero despois de que Mercedes mercara parte de McLaren deixáronlles de proporcionar motores e Sauber chegou a un acordo para montar motores Cosworth durante as tempadas 1995 e 1996.
Sauber con Ferrari (1997 - 2004)Editar
O equipo mantiña estreitos vínculos con Ferrari, de xeito que moitos o consideraban un "terreo de probas" da escudería italiana. Sauber utilizaba motores deseñados por Ferrari, e caixas de cambio construídas por Sauber Petronas Engineering que eran practicamente idénticas as utilizadas pola escuadra do cavallino rampante.
O equipo suízo, anos atrás, licenciaba practicamente todos os compoñentes que se podian licenciar das máquinas de Ferrari, e ata tiña a varios enxeñeiros desta escudería no seu persoal. Moitos destacaron as notorias similitudes entre os chasis de Sauber e Ferrari, aínda que non existen acusacións oficiais respecto deste tema. (A FIA establece que cada equipo debe deseñar o seu propio chasis).
En resposta a todo iso, o equipo suízo resaltou o feito de que a escudería investiu unha importante cantidade de diñeiro nun túnel de vento a Hinwil, e nunha supercomputadora de alto rendemento destinada a mellorar a aerodinámica das súas actuacións.
Nos últimos tempos, os vínculos de Sauber con Ferrari víronse debilitados. O equipo de Peter Sauber aliñouse coas outras escuderías con respecto aos cambios de regulamento que se expuxeron ao final da tempada 2004. Por outra banda, dise que o equipo unirase ao Grand Prix World Championship, a categoría "paralela" á F1 planeada para os próximos anos.
Cambio de propietario (2005 - 2009)Editar
Ao non gañar ningún Gran Premio como independente, o equipo foi vendido a BMW en 2005, aínda que decidiu manter o nome por respecto aos fans, traballadores e ata o mesmo Peter Sauber , que continuou cun papel de asesor no novo equipo dirixido por BMW. O novo nome da escuadra é BMW Sauber. Competiu como BMW Sauber desde 2006 ata 2009, anotando unha vitoria. Ao final da tempada 2009, BMW retirouse da Fórmula 1 e o futuro do equipo foi incerto durante varios meses, ata que foi vendido de novo a Peter Sauber e aceptado para competir en 2010.
Retorno (2010 - 2015)Editar
Despois de que BMW anunciase a súa retirada da Fórmula 1 ao final da tempada 2009 Peter Sauber recomprou o equipo. Con todo, debido a problemas co Acordo da Concordia, o equipo mantívose como "BMW Sauber" para a tempada 2010. En marzo de 2010, Peter Sauber anunciou plans para cambiar o nome do equipo durante a tempada, pero a FIA anunciou que tería que esperar ata o final da tempada para cambiar o seu nome. O equipo confirmou a utilización dos motores Ferrari e que o xaponés Kamui Kobayashi ía ser un dos pilotos da tempada, xunto con Pedro Martínez de la Rosa. A finais de tempada Pedro Martínez de la Rosa foi substituído por Nick Heidfeld.
Na tempada 2011 os pilotos foron Kamui Kobayashi e Sergio Pérez. Pilotos que continuaronn na tempada 2012.
O 23 de novembro de 2012, anunciouse que Nico Hülkenberg, Esteban Gutiérrez e Robin Frijns eran os novos pilotos do equipo para a tempada 2013; Hülkenberg e Gutiérrez, como parte do equipo de carreiras, e Frijns como piloto de reserva.[6] O coche do equipo para o tempada será o C32, presentouse en Hinwil o 2 de febreiro de 2013.[7] As cores foron cambiadas e o coche é agora gris, similar aos coches de Sauber na década de 1990.[8]
Venda a Longbow Finance S.A (2016-presente)Editar
- 2016
O 23 de xullo de 2015, Sauber confirmou que Ericsson e Nasr continuarian en 2016.[9]
O 20 de xullo de 2016 anunciouse que a firma suíza de investimentos Longbow Finance comprara as accións de Peter Sauber e Monisha Kaltenborn na compañía, o que converteu a Longbow Finance no único propietario de Sauber. Pascal Picci tomou o papel de Peter Sauber como presidente do consello e presidente. Monisha Kaltenborn permaneceu como director de equipo e CEO de Sauber. Á adquisición de Longbow Finance seguiu unha serie de especulacións sobre o futuro de Sauber. O equipo estivera en problemas financeiros durante anos antes do cambio de propiedade, a miúdo non podendo pagar os salarios aos membros do equipo a tempo.[5][10]
Durante a tempada, o equipo só anotou puntos nunha ocasión. O noveno posto de Felipe Nasr no Gran Premio do Brasil de 2016, anotou dous puntos para o equipo, terminou décimo no Campionato de Construtores, un punto por diante de Manor.[11]
- 2017
O 11 de novembro de 2016, Sauber anunciou que Ericsson permanecería co equipo en 2017.[12] O 16 de xaneiro de 2017, o equipo anunciou a contratación de Pascal Wehrlein, substituíndo a Nasr.[13] Logo Wehrlein lesionouse nun accidente na Carreira de Campións de 2017, o terceiro piloto de Ferrari Antonio Giovinazzi tomou o seu lugar para a primeira proba de inverno.[14] Malia que Wehrlein estaba en condicións de participar no Mundial de Fórmula 1 para o Gran Premio de Australia de 2017, retirouse logo de participar nas dúas primeiras sesións de práctica, Giovinazzi substituíuno o resto do fin de semana de carreiras.[15] Giovinazzi substituíu de novo a Wehrlein para a seguinte carreira en China.[16] Días antes do Gran Premio de Acerbaixán de 2017, confirmouse que a primeira directora feminina do equipo de F1, Monisha Kaltenborn, deixaría do equipo. Foi substituída polo ex xefe do equipo Renault, Frédéric Vasseur.
Asociación con Alfa Romeo (2018-)Editar
- Artigo principal: Alfa Romeo F1.
En abril de 2017, confirmouse que Sauber poñería fin ao seu contrato con Ferrari e comezaría un novo contrato coa Honda.[17] No entanto, o 27 de xullo de 2017 anunciouse que Sauber cancelara a súa asociación prevista con Honda para 2018 por "razóns estratéxicas".[18] O día seguinte, Sauber confirmou o seu novo contrato multianual con Ferrari para motores actualizados a partir de 2018.[19] O 29 de novembro de 2017, Sauber anunciou que asinaran un contrato de asociación técnica e comercial multi-anual con Alfa Romeo, polo que o equipo denominarase "Alfa Romeo Sauber F1 Team" para a tempada de 2018.[20]
O 2 de decembro de 2017 anunciouse que Charles Leclerc e Marcus Ericsson pilotarían para o equipo en 2018.[21] Tatiana Calderón foi promovida a pilotos de probas, fora a piloto de desenvolvemento para o equipo en 2017.[22]
Resultados nas carreirasEditar
- Artigo principal: Resultados de Sauber na Fórmula 1.
(Grosa indica campionatos gañados.)
Resultados na Fórmula 1 | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ano | Nome | Coche | Motor | Pneu. | Nº | Pilotos | Puntos | Pos. |
Sauber | ||||||||
1993 | Team Sauber F1 | C12 | Sauber 2175 3.5 V10 | G | 29. 30. |
Karl Wendlinger JJ Lehto |
12 | 7º |
1994 | Broker Sauber Mercedes Sauber Mercedes[N 6] |
C13 | Mercedes 2175B 3.5 V10 | G | 29. 29. 29. 30. |
Karl Wendlinger Andrea de Cesaris JJ Lehto Heinz-Harald Frentzen |
12 | 8º |
1995 | Red Bull Sauber Ford | C14 | Ford ECA Zetec-R 3.0 V8 | G | 29. 29. 30. |
Karl Wendlinger Jean-Christophe Boullion Heinz-Harald Frentzen |
18 | 7º |
1996 | Red Bull Sauber Ford | C15 | Ford JD Zetec-R 3.0 V10 | G | 14. 15. |
Johnny Herbert Heinz-Harald Frentzen |
11 | 7º |
1997 | Red Bull Sauber Petronas | C16 | Petronas SPE-01 3.0 V10 | G | 16. 17. 17. 17. |
Johnny Herbert Nicola Larini Gianni Morbidelli Norberto Fontana |
16 | 7º |
1998 | Red Bull Sauber Petronas | C17 | Petronas SPE-01D 3.0 V10 | G | 14. 15. |
Jean Alesi Johnny Herbert |
10 | 6º |
1999 | Red Bull Sauber Petronas | C18 | Petronas SPE-03A 3.0 V10 | B | 11. 12. |
Jean Alesi Pedro Diniz |
5 | 8º |
2000 | Red Bull Sauber Petronas | C19 | Petronas SPE-04A 3.0 V10 | B | 16. 17. |
Pedro Diniz Mika Salo |
6 | 8º |
2001 | Red Bull Sauber Petronas | C20 | Petronas 01A 3.0 V10 | B | 16. 17. |
Nick Heidfeld Kimi Räikkönen |
21 | 4º |
2002 | Red Bull Sauber Petronas | C21 | Petronas 02A 3.0 V10 | B | 7. 8. 8. |
Nick Heidfeld Felipe Massa Heinz-Harald Frentzen |
11 | 5º |
2003 | Red Bull Sauber Petronas | C22 | Petronas 03A 3.0 V10 | B | 9. 10. |
Nick Heidfeld Heinz-Harald Frentzen |
19 | 6º |
2004 | Red Bull Sauber Petronas | C23 | Petronas 04A 3.0 V10 | B | 11. 12. |
Giancarlo Fisichella Felipe Massa |
34 | 6º |
2005 | Sauber Petronas | C24 | Petronas 05A 3.0 V10 | M
|
11. 12. |
Jacques Villeneuve Felipe Massa |
20 | 8º |
BMW Sauber | ||||||||
2006 | BMW Sauber F1 Team | F1.06 | BMW P86/6 2.4 V8 | M
|
16. 17. 17. |
Nick Heidfeld Jacques Villeneuve Robert Kubica |
36 | 5º |
2007 | BMW Sauber F1 Team | F1.07 | BMW P86/7 2.4 V8 | B | 9. 10. 10. |
Nick Heidfeld Robert Kubica Sebastian Vettel |
101 | 2º |
2008 | BMW Sauber F1 Team | F1.08 | BMW P86/8 2.4 V8 | B | 3. 4. |
Nick Heidfeld Robert Kubica |
135 | 3º |
2009 | BMW Sauber F1 Team | F1.09 | BMW P86/9 2.4 V8 | B | 5. 6. |
Robert Kubica Nick Heidfeld |
36 | 6º |
Sauber | ||||||||
2010 | BMW Sauber F1 Team[N 7] | C29 | Ferrari 056 2.4 V8 | B | 22. 22. 23. |
Pedro de la Rosa Nick Heidfeld Kamui Kobayashi |
44 | 8º |
2011 | Sauber F1 Team | C30 | Ferrari 056 2.4 V8 | P | 16. 17. 17. |
Kamui Kobayashi Sergio Pérez Pedro de la Rosa |
44 | 7º |
2012 | Sauber F1 Team | C31 | Ferrari 056 2.4 V8 | P | 14. 15. |
Kamui Kobayashi Sergio Pérez |
126 | 6º |
2013 | Sauber F1 Team | C32 | Ferrari 056 2.4 V8 | P | 11. 12. |
Nico Hülkenberg Esteban Gutiérrez |
57 | 7º |
2014 | Sauber F1 Team | C33 | Ferrari 059/3 1.6 V6t | P | 21. 99. |
Esteban Gutiérrez Adrian Sutil |
0 | 10º |
2015 | Sauber F1 Team | C34 | Ferrari 060 1.6 V6t | P | 9. 12. |
Marcus Ericsson Felipe Nasr |
36 | 8º |
2016 | Sauber F1 Team | C35 | Ferrari 061 1.6 V6t | P | 9. 12. |
Marcus Ericsson Felipe Nasr |
2 | 10º |
2017 | Sauber F1 Team | C36 | Ferrari 061 1.6 V6t | P | 9. 36. 94. |
Marcus Ericsson Antonio Giovinazzi Pascal Wehrlein |
5 | 10º |
2018 | Alfa Romeo Sauber F1 Team | C37 | Ferrari 063 1.6 V6 t | P | 9. 16. |
Marcus Ericsson Charles Leclerc |
48 | 8º |
* Tempada en progreso.
MonoprazasEditar
A seguinte galería mostra os diferentes modelos que usou Sauber Mercedes na Fórmula 1.
- 1993-1997
- 1998-2003
- 2004-2012
- 2013-2017
- 2018-
NotasEditar
- ↑ Elizalde, Pablo; Noble, Jonathan (31 de xaneiro de 2010). "BMW Sauber to retain name for now". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 31 de xaneiro de 2010.
- ↑ "FIA Formula One World Championship – Entry List". fia.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 3 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2010. Consultado o 3 de marzo de 2010.
- ↑ Noble, Jonathan (16 de marzo de 2010). "Sauber poised to request name change". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 17 de marzo de 2010.
- ↑ Elizalde, Pablo (16 de maio de 2012). "Peter Sauber transfers third of Group Sauber stake to CEO Monisha Kaltenborn". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 16 de maio de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Noble, Jonathan (20 de xullo de 2016). "Sauber F1 team announces change of ownership". Motorsport.com (Motorsport Network). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2016.
- ↑ Benson, Andrew (23 de novembro de 2012). "Mexican Esteban Gutierrez signs on at Sauber". BBC Sport (BBC). Consultado o 23 de novembro de 2012.
- ↑ "February launch for new Sauber". Formula1.com (Formula One Administration). 3 de xaneiro de 2013. Consultado o 4 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Swiss launch for new-look Sauber C32". Formula1.com (Formula One Administration). 2 de febreiro de 2013. Consultado o 2 de febreiro de 2013.
- ↑ "Extensions of contracts with Marcus Ericsson and Felipe Nasr". Sauber F1 Team. 23 de xullo de 2015. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ Kalinauckas, Alex (20 de xullo de 2016). "ANALYSIS: KALTENBORN REMAINS AT THE HELM AS SAUBER SECURES F1 FUTURE WITH NEW BACKERS". James Allen on F1 (James Allen). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2016.
- ↑ "2016 Constructors Standings". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Ericsson to stay at Sauber for 2017". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 21 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2016.
- ↑ "Wehrlein joins Sauber for 2017 season". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Giovinazzi to test for Sauber in place of Wehrlein". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 24 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de febreiro de 2017.
- ↑ Noble, Jonathan (25 de marzo de 2017). "Australian GP: Sauber F1's Pascal Wehrlein replaced by Giovinazzi". Autosport.com. Consultado o 25 de marzo de 2017.
- ↑ "Preview – 2017 Formula One Heineken Chinese Grand Prix & Gulf Air Bahrain Grand Prix". Sauber F1 Team. 3 de abril de 2017. Consultado o 6 de abril de 2017.
- ↑ "Honda confirms Sauber F1 engine deal for 2018". 30 de abril de 2017. Consultado o 30 de abril de 2017.
- ↑ "Sauber cancels planned Honda partnership". GPUpdate.net (en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2017.
- ↑ "Sauber confirms new Ferrari engine deal". ESPN.com. Consultado o 28 de xullo de 2017.
- ↑ "Alfa Romeo to return to F1 with Sauber". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés) (Formula One World Championship Limited). 29 de novembro de 2017. Consultado o 29 de novembro de 2017.
- ↑ "Sauber confirm Leclerc & Ericsson, as Alfa Romeo livery revealed". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2 de decembro de 2017.
- ↑ "Tatiana Calderón becomes Test Driver of the Alfa Romeo Sauber F1 Team". Sauber F1 Team. 6 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 6 de marzo de 2018.
ReferenciasEditar
- ↑ A cifra total inclúe 70 carreiras nas que o equipo competiu como BMW Sauber.
- ↑ O equipo gañou a súa única carreira como BMW Sauber.
- ↑ O equipo logrou a súa única pole position como BMW Sauber.
- ↑ A cifra total inclúe 2 voltas rápidas logradas como BMW Sauber.
- ↑ O reconto total inclúe os puntos obtidos como BMW Sauber.
- ↑ Sauber dropped Broker as title sponsor mid-season.
- ↑ BMW remained in the team's official title due to issues with the Concorde Agreement.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sauber F1 |
BibliografíaEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxinaoficial (en inglés) (en alemán)
- Sauber team profile on BBC Sport
- Sauber team page on skysports.com