Giancarlo Fisichella

Giancarlo Fisichella

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Italia Italia
Anos en activo 19962009
Escudería(s) Minardi, Jordan, Benetton, Sauber, Renault, Force India, Ferrari
Grandes Premios disputados 231 (229 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 3
Podios 19
Pole positions 4
Voltas rápidas 2
Primeiro GP Gran Premio de Australia de 1996
Primeira vitoria Gran Premio do Brasil de 2003
Derradeira vitoria Gran Premio de Malaisia de 2006
Derradeiro GP Gran Premio de Abu Dabi de 2009

Giancarlo Fisichella, nado en Roma o 14 de xaneiro de 1973, é un piloto de Fórmula 1

Traxectoria editar

Persoal editar

No aspecto persoal, Fisicherlla é residente en Montecarlo, pesa 71 kg e mide 1'70 metros e está solteiro malia que ten un fillo.

Profesional editar

Dende o 1984 ata o 1988, o italiano, competiu en karts, pero xa no 1989 comezaba a despuntar, quedando 2º no karting de Europa e 4º no karting Internacional. Ao ano seguinte quedou en quinta posición no karting de 100 cc de Italia.

No 1991 debutou na Fórmula Alfa pero sen conseguir gran resultado. Do 1992 ao 1994 debutou na Fórmula 3000, dedicándose no ano 1995 á DTM.

 
Giancarlo Fisichella pilotando un Jordan en Indianápolis no 2002.

Comezou na Fórmula 1 no 1996 en Minardi, conseguiu unha 17ª praza e ningún punto, retirouse a media tempada e foi substituído por Giovanni Lavaggi. Ao ano seguinte debutou con Jordan logrando unha oitava praza no Mundial, onde se subiu por primeira vez ao podio.

No ano 1998 trasladuse a Benetton e nesa mesma escudería e ese mesmo ano conseguiu a súa primeira pole position. En Benetton permaneceu catro tempadas, as tres últimas bastantes distintas da primeira, pois non acadaba moi bos resultados. Logo Reanult comprou a Benetton e Fisichella non se conservou como piloto oficial.

A súa mellor tempada realizouna no ano 2000, onde, pese á pouca competitividade do seu monopraza, logrou tres podios, no Brasil, no Canadá e Mónaco, que o levaron a lograr a súa mellor clasificación, cun sexto posto final.

No Mundial do 2001 tivo unha discreta actuación cun podio, no Brasil, e outras dúas carreiras entre os puntos. Antes da temporada, Flavio Briatore, o xefe do equipo, xa anunciou que non continuaría en Benetton e no 2002 estreouse en Jordan despois duns anos sen estar nesa escudaría.

Estivo en Jordan até o 2004, ano no que se foi para a Sauber, conseguindo nela un 11º posto con 22 puntos. Este ano 2005 está en Renault, de novo baixo o mando de Flavio Briatore e ten de compañeiro ao español Fernando Alonso.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar