O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2010 é o campionato anual número 61 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Nel están inscritos para competiren doce equipos.
Está programado que conte con 19 Grandes Premios, dando comezo o 14 de marzo co Gran Premio de Bahrain, estando prevista a finalización para o 14 de novembro co Gran Premio de Abu Dabi no Circuíto de Yas Marina.
Foron introducidas pola FIA, ademais, diversas modificacións nas regras, nun intento de reducir custos debido á crise financeira e para mellorar o espectáculo. Novas normas sobre pneumáticos, aerodinámica a prohibición de repostaxes, e un cambio na puntuación entre outras, son algúns dos cambios máis significativos que os regulamentos da Fórmula 1 sufriron desde hai décadas.
Cambios técnicosEditar
- Na reunión da FOTA durante o Gran Premio do Xapón, acordouse o abandono do KERS para o 2010, a pesar da oposición de Williams, que tiña previsto usar unha tecnoloxía alternativa baseada en volantes de inercia.
- Igualmente, acordouse a eliminación dos "tapacubos" (dispositivos que serven para protexer e ter unha mellor saída da enerxía producida polos freos) a partir desta tempada.
- Bridgestone, principal provedor de pneumáticos da Fórmula 1, anunciou ao finalizar a tempada 2009 de Fórmula 1 a súa retirada ao finalizar a tempada 2010, descoñécese quen poderá fornecer os pneumáticos a partir do 2011. Pirelli, Michelin e Goodyear comunicaron que non estaban interesadas en forneceren pneumáticos para a Fórmula 1, pero habería unha pequena posibilidade moi afastada de pneumáticos como Continental ou Firestone. Logo Michelin admitiría que estaba negociando un posible regreso, pero só baixo algunhas condicións.
- Elimínanse as paradas para encher combustible os coches, pero non se eliminan as paradas para cambiar os pneumáticos e para arranxar os danos producidos por algún accidente leve.
- O peso mínimo dos coches a partir desta tempada será de 620 kg, principalmente este cambio débese á eliminación das reposicións en boxes para encher de combustible, xa que os depósitos serán máis grandes.
- O sistema de clasificación cambiará cos novos vehículos: 7 vehículos serán eliminados na primeira rolda, 7 na segunda e quedarán 10 pilotos para a última, na que terá lugar a loita pola pole position. Nas tres roldas o combustible que porán os equipos será mínimo, para poder facer unha volta rápida, debido á eliminación de paradas en carreira.
- Debido a que nesta tempada participarán 24 coches, o sistema de puntuación cambia e queda así:
Posto
|
1º
|
2º
|
3º
|
4º
|
5º
|
6º
|
7º
|
8º
|
9º
|
10º
|
11º
|
12º
|
13º
|
14º
|
15º
|
16º
|
17º
|
18º
|
19º
|
20º
|
21º
|
22º
|
23º
|
24º
|
---|
Puntos
|
25
|
18
|
15
|
12
|
10
|
8
|
6
|
4
|
2
|
1
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
0
|
---|
- Os equipos teñen a posibilidade de ampliaren o chasis 15 cm, polo novo tanque de combustible.
- Os pneumáticos dianteiros serán máis estreitos que os traseiros, para lograr máis estabilidade no coche e máis agarre.
A seguinte táboa mostra os equipos inscritos para o Mundial 2010 de F1. Os primeiros oito están ordenados pola clasificación do campionato de construtores da tempada 2009, máis os catro equipos novos. A FIA ditou no novo regulamento para 2010 que haberá un máximo de trece escuadras con posibilidade de catorce.