Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2000
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2000 é o campionato anual número 51 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 17 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 12 de marzo, e rematou o 22 de outubro.
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 23 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 12 de marzo de 2000 – 22 de outubro de 2000 |
Número de edición | 51 (2000) |
Competición | |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Michael Schumacher |
Campionato do Mundo de Construtores | Scuderia Ferrari |
Datos estatísticos | |
Carreires | 17 |
Resumo da tempada
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Pilotos e construtores
editarOs seguintes equipos e pilotos competiron no Campionato Mundial de 2000.
† Todos os motores son de 3.0 litros, e configuración V10.
Cambios nos equipos
editar- Logo de ser comprado por Ford, o equipo Stewart foi renombrado Jaguar Racing , cos motores do equipo rebautizados como Cosworths.
- Williams pasou aos motores BMW, en substitución das unidades Supertec da tempada anterior.
- Os motores supertec de Benetton foron rebautizados como Playlife V10 para a tempada 2000.
- Logo da saída do equipo do deseñador de motores Brian Hart, Arrows utilizou motores Supertec.
- Os Ford V10 utilizados porMinardi foron rebautizado como motores Fondmetal, en deferencia á contribución financeira de Gabriele Rumi co equipo.
- BAR asinou un acordo con Honda para utilizar os seus motores para a tempada 2000.
Cambios de pilotos
editar- Cambio de equipos
- Jean Alesi pasou de Sauber a Prost.
- Rubens Barrichello deixou Stewart para asinar por Ferrari, en substitución de Eddie Irvine.
- O subcampión da tempada 1999 Eddie Irvine deixou Ferrari para fichar polo recentemente creado equipo Jaguar.
- Mika Salo asinou por Sauber logo de curtos períodos como substituto en BAR e Ferrari en 1999.
- Jarno Trulli pasou de Prost a Jordan, logo da retirada de Damon Hill.
, Entran na Fórmula Un
- Jenson Button fixo o seu debut con Williams logo de vencer ao piloto de probas do equipo Bruno Junqueira nunha proba 'man a man'.
- O campión da Fórmula 3000 de 1999 Nick Heidfeld acadou un asento con Prost, logo de ser piloto de probas en McLaren.
- Gastón Mazzacane foi promovido a un posto titular en Minardi no ano 2000, logo de pasar a tempada anterior como piloto de probas.
, Deixan a Fórmula Un
- O campión da tempada 1996 Damon Hill retirouse da Fórmula Un ao final da tempada de 1999 logo de axudar a Jordan a acadar o terceiro posto no campionato de construtores.
- Olivier Panis deixou Prost para converterse no piloto de probas de McLaren.
- Stéphane Sarrazin , que pilotara un Minardi no Gran Premio do Brasil de 1999, converteuse no piloto de probas de Prost.
- O piloto de Arrows en 1999 Toranosuke Takagi abandonou a Fórmula Un para pilotar para Nakajima Racing na Fórmula Nippon, onde gañou o título da tempada 2000.
- Alex Zanardi foi retirado por Williams para a tempada 2000 en favor de Jenson Button, para logo regresar ao campionato CART.
, Regresaron á Fórmula Un
- Jos Verstappen asinou por Arrows no ano 2000 logo dun ano fora da Fórmula Un. Pilotara por última vez para Stewart no Gran Premio do Xapón de 1998.
, Cambios a metade de tempada
- O piloto de probas do equipo Jaguar Luciano Burti fixo o seu debut en competición en Austria, en substitución do enfermo Eddie Irvine.
Resultados e clasificacións
editarGrandes Premios
editarPilotos
editar
|
Negra – Pole |
Construtores
editarPos | Construtor | Coche nº |
AUS |
BRA |
SMR |
RU |
ESP |
EUR |
MON |
CAN |
FRA |
AUT |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
USA |
XPN |
MAL |
Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Ferrari | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 5 | 1 | Ret | 1 | Ret | Ret | Ret | 2 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 170 |
4 | 2 | Ret | 4 | Ret | 3 | 4 | 2 | 2 | 3 | 3 | 1 | 4 | Ret | Ret | 2 | 4 | 3 | |||
2 | McLaren-Mercedes | 1 | Ret | Ret | 2 | 2 | 1 | 2 | 6 | 4 | 2 | 1 | 2 | 1 | 1 | 2 | Ret | 2 | 4 | 152 |
2 | Ret | DSC | 3 | 1 | 2 | 3 | 1 | 7 | 1 | 2 | 3 | 3 | 4 | Ret | 5 | 3 | 2 | |||
3 | Williams-BMW | 9 | 3 | 5 | Ret | 4 | 4 | Ret | Ret | 14 | 5 | Ret | 7 | 5 | 3 | 3 | Ret | Ret | Ret | 36 |
10 | Ret | 6 | Ret | 5 | 17 | 10 | Ret | 11 | 8 | 5 | 4 | 9 | 5 | Ret | Ret | 5 | Ret | |||
4 | Benetton-Playlife | 11 | 5 | 2 | 11 | 7 | 9 | 5 | 3 | 3 | 9 | Ret | Ret | Ret | Ret | 11 | Ret | 14 | 9 | 20 |
12 | 7 | Ret | 9 | 9 | 10 | 12 | Ret | 9 | Ret | 10 | Ret | 11 | 13 | 5 | 10 | Ret | 7 | |||
5 | BAR-Honda | 22 | 4 | Ret | 5 | 16 | Ret | Ret | 7 | 15 | 4 | 4 | 8 | 12 | 7 | Ret | 4 | 6 | 5 | 20 |
23 | 6 | 9 | 12 | Ret | 8 | Ret | Ret | 8 | Ret | Ret | Ret | 14 | 12 | 6 | 6 | 9 | Ret | |||
6 | Jordan-Mugen-Honda | 5 | Ret | 3 | Ret | 17 | 6 | Ret | 10 | Ret | 7 | Ret | Ret | 6 | 6 | Ret | 3 | Ret | Ret | 17 |
6 | Ret | 4 | 15 | 6 | 12 | Ret | Ret | 6 | 6 | Ret | 9 | 7 | Ret | Ret | Ret | 13 | 12 | |||
7 | Arrows-Supertec | 18 | Ret | 8 | Ret | Ret | Ret | 6 | Ret | Ret | Ret | Ret | 6 | 16 | 16 | Ret | Ret | 12 | Ret | 7 |
19 | Ret | 7 | 14 | Ret | Ret | Ret | Ret | 5 | Ret | Ret | Ret | 13 | 15 | 4 | Ret | Ret | 10 | |||
8 | Sauber-Petronas | 16 | Ret | NTS | 8 | 11 | Ret | 7 | Ret | 10 | 11 | 9 | Ret | Ret | 11 | 8 | 8 | 11 | Ret | 6 |
17 | DSC | NTS | 6 | 8 | 7 | Ret | 5 | Ret | 10 | 6 | 5 | 10 | 9 | 7 | Ret | 10 | 8 | |||
9 | Jaguar-Cosworth | 7 | Ret | Ret | 7 | 13 | 11 | Ret | 4 | 13 | 13 | 11 | 10 | 8 | 10 | Ret | 7 | 8 | 6 | 4 |
8 | Ret | Ret | 10 | 12 | 13 | 11 | 9 | Ret | Ret | 7 | Ret | Ret | 8 | Ret | 11 | 7 | Ret | |||
10 | Minardi-Fondmetal | 20 | 8 | Ret | Ret | 14 | 14 | Ret | Ret | 16 | 15 | 8 | Ret | 15 | 14 | 9 | 12 | Ret | Ret | 0 |
21 | Ret | 10 | 13 | 15 | 15 | 8 | Ret | 12 | Ret | 12 | 11 | Ret | 17 | 10 | Ret | 15 | 13 | |||
11 | Prost-Peugeot | 14 | Ret | Ret | Ret | 10 | Ret | 9 | Ret | Ret | 14 | Ret | Ret | Ret | Ret | 12 | Ret | Ret | 11 | 0 |
15 | 9 | Ret | Ret | Ret | 16 | EX | 8 | Ret | 12 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 9 | Ret | Ret | |||
Pos | Construtor | Coche nº |
AUS |
BRA |
SMR |
RU |
ESP |
EUR |
MON |
CAN |
FRA |
AUT |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
USA |
XPN |
MAL |
Puntos |
Notas
editar- Para manter os baixos custos, a configuración do motor V10 fíxose obrigatoria no 2000, para que os construtores de motores non desenvolvesen e experimentasen con outras configuracións. A configuración V10 foi ao máis popular desde a prohibición dos motores con turbocompresor en 1989, e ningunha outra configuración fora utilizada desde 1998.
- Nesta tempada bateuse a marca de menor número de pilotos que competiron nunha soa tempada, con só un cambio de piloto (Luciano Burti en substitución dun enfermo Eddie Irvine en Austria) pondo o total de 23 (similar á tempada 2002). Este récord mantívose ata o 2008, onde non houbo cambios de piloto.
- Referencias
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2000 |