Lista de escuderías campioas do mundo de Fórmula 1
O Campionato do Mundo de Construtores de Fórmula 1 é outorgado pola Federación Internacional do Automóbil (FIA) á escudería de Fórmula 1 con máis éxito, que é determinada por un sistema de puntuación baseado no posto final dos seus pilotos nos Grandes Premios durante a tempada. O primeiro Campionato de Construtores foi disputado en 1958, e foi para Vanwall.
As diferentes combinacións de monopraza/motor son consideradas para competir no Campionato. Os puntos son calculados pola suma de tódolos pilotos dese construtor en tódalas carreiras. Até o Campionato de 1979 a meirande parte das tempadas viron como só contribuía o piloto con máis puntos en cada carreira.
O Campionato de Construtores concedeuse por primeira vez, como a Copa Internacional para Fabricantes de F1, en 1958 a Vanwall.[1] Dos 170 construtores que entraron nun Gran Premio de F1,[2] un total de 15 gañaron o Campionato nas súas 62 tempadas. Ferrari ten o récord de maior número de vitorias no Campionato do Mundo de Construtores, gañando o título en 16 ocasións. Williams está na segunda posición con nove campionatos de construtores e McLaren e Mercedes están na terceira posición con oito títulos.[3][4] Mercedes ten o récord de títulos de construtores consecutivos con sete entre as tempadas 2014 e 2020.[5]
Só cinco países teñen construtores gañadores: Reino Unido (33 campionatos con 10 construtores diferentes), Italia (16 con Ferrari), Alemaña (8 con Mercedes), Austria (4 con Red Bull) e Francia (3 con dous construtores). Con todo, todos os títulos austríacos, franceses e alemáns viron os coches gañadores deseñados e fabricados (agás Matra en 1969 e dirixidos por equipos con sede no Reino Unido.
Todos os títulos agás 17 gañárose por chasis deseñados e construídos no Reino Unido.[6] Só en dez ocasións un piloto da escudería gañadora non acadou o Campionato de Pilotos nesa tempada. [4] Entre os pilotos que contribuíron con polo menos un único punto ao título de construtores, Lewis Hamilton contribuíu ao máximo con oito títulos de construtores, consecutivamente con Mercedes, que é o actual campión.
Por tempada
editarNotas
editar- * - Indica que o piloto gañou o Campionato de Pilotos.
Por escuderías
editarEscudería | Total | Tempadas |
---|---|---|
Ferrari | 16 | 1961, 1964, 1975-1977, 1979, 1982-1983, 1999-2004, 2007-2008 |
Williams | 9 | 1980-1981, 1986-1987, 1992-1994, 1996-1997 |
McLaren | 8 | 1974, 1984-1985, 1988-1991, 1998 |
Mercedes | 2014-2021 | |
Lotus | 7 | 1963, 1965, 1968, 1970, 1972-1973, 1978 |
Red Bull | 6 | 2010, 2011, 2012, 2013, 2022, 2023 |
Cooper | 2 | 1959-1960 |
Brabham | 1966-1967 | |
Renault | 2005-2006 | |
Vanwall | 1 | 1958 |
BRM | 1962 | |
Matra | 1969 | |
Tyrrell | 1971 | |
Benetton | 1995 | |
Brawn | 2009 |
Notas
editar- As escuderías en letra grosa compiten no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016.
Por nacionalidade
editarPaís | Títulos | Construtores | Construtores por nome (títulos) |
---|---|---|---|
Reino Unido | 33 | 10 | Williams (9), McLaren (8), Lotus (7), Brabham (2), Cooper (2), Vanwall (1), BRM (1), Tyrrell (1), Benetton (1), Brawn (1) |
Italia | 16 | 1 | Ferrari (16) |
Alemaña | 8 | 1 | Mercedes (8) |
Austria | 6 | 1 | Red Bull (6) |
Francia | 3 | 2 | Renault (2), Matra (1) |
Récords
editar- Máis Campionatos de Construtores: Ferrari - 16 (1961, 1964, 1975-1977, 1979, 1982-1983, 1999-2004, 2007-2008)
- Máis Campionatos de Construtores consecutivos: Mercedes - 8 (2014-2021)
- Máis Campionatos de Construtores para un fabricante de motores: Ferrari - 16
(1961, 1964, 1975-1977, 1979, 1982-1983, 1999-2004, 2007-2008)
Notas
editar- ↑ Hughes, Peter (1 de agosto de 2018). "Vanwall’s constructors’ championship in ’58 changed Grand Prix racing forever". Autoweek. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "F1 Stats Zone – Results by Team". Sky Sports. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "Constructors' Championships". ChicaneF1. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 Diepraam, Mattijs (3 de novembro de 2019). "European & World Champions". 8W. Consultado o 18 de setembro de 2020.
- ↑ "Statistics Constructors – World Champion titles consecutively". StatsF1. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ Barretto, Lawrence (26 de xuño de 2013). "Motorsport Valley – the home of Formula 1" (en inglés). BBC Sport. Consultado o 2020-08-20.
- ↑ Só están detallados os pilotos que contribuíran con puntos. Os números dos monoprazas se indican cando o piloto mantivo o mesmo dorsal durante todo o campionato (os dorsáis dos pilotos suplentes están indicados entre parénteses).
- ↑ Só se mostran os puntos que contan para o Campionato de Construtores.
- ↑ Só están detallados os pilotos que contribuíran con puntos. Os números dos monoprazas se indican cando o piloto mantivo o mesmo dorsal durante todo o campionato (os dorsáis dos pilotos suplentes están indicados entre parénteses).
- ↑ Só se mostran os puntos que contan para o Campionato de Construtores.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lista de escuderías campioas do mundo de Fórmula 1 |
Outros artigos
editar- Lista de pilotos campións do mundo de Fórmula 1
- Sistemas de puntuación da Fórmula 1
- Lista de escuderías de Fórmula 1