Abrir o menú principal

Gran Premio da China de 2017

(Redirixido desde "Gran Premio de China de 2017")

O Gran Premio de China de 2017 oficialmente 2017 Formula 1 Heineken Chinese Grand Prix foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 9 de abril de 2017 no Circuíto Internacional de Xangai da China. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un 2017, e marca o décimo cuarta vez que o Gran Premio da China disputouse como unha rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1.

Flag of the People's Republic of China.svg Gran Premio da China de 2017
Detalles da carreira
Carreira 2 de 20 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017.
Trazado do circuíto de Xangai.
Trazado do circuíto de Xangai.
Data 9 de abril de 2017
Nome oficial 2017 Formula 1 Chinese Grand Prix
Localización Circuíto Internacional de Xangai
Xangai, China
Percorrido Circuíto permanente
5´451 km
Distancia 56 voltas, 305´066 km
ClimaCuberto
Pole position
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:31.678
Volta rápida
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:35.378 na volta 44
Podio
Primeiro Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Terceiro Flag of the Netherlands.svg Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer

A carreira estivo marcada por dificultades nas sesións de adestramentos do venres, cando o clima en Xangai provocou que o helicóptero médico estivese dispoñible e só puidéronse disputar 20 minutos de carreira. Lewis Hamilton logrou a súa sexta pole consecutiva no Gran Premio de China, diante de Sebastian Vettel e o seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas. A carreira comezou coa pista mollada, pero non houbo choiva durante a carreira, e Hamilton liderou a carreira de principio a fin e estableceu a volta rápida. Vettel entrou en boxes para cambiar de pneumáticos intermedios a slick durante un coche virtual da seguridade, caendo á sexta posición, pero recuperou ao segundo lugar. O piloto do día foi Max Verstappen que comezou 16º e adiantou a nove coches na primeira volta, logrou chegar ata a segunda posción pero acabou terceiro.

ResumoEditar

CarreiraEditar

A FIA tomou medidas para asegurar que o acceso ao helicóptero médico de urxencia que provocou á cancelación da maior parte da práctica do venres non impedira o funcionamento da carreira mesma. Unha escolta da policía púxose a disposición para facilitar o transporte terrestre rápido, e un equipo neurolóxico especialista foi trasladado a un hospital situado a cinco quilómetros da pista[1] Isto incluíu amañarse "para que un equipo completo de neurocirurxía do Hospital Huashan estivese presente no hospital de Ruijin o domingo" deixando así ao equipo médico da FIA "satisfeito de que o Hospital de Ruijin non só será facilmente accesible en todas as condicións climáticas, senón tamén será capaz de proporcionar a atención necesaria".[2]

Choveu de maneira considerable na mañá da carreira, pero a saída realizaouse seguindo o procedemento estándar. Todos excepto Sainz optaron por comezar con pneumáticos intermedios en lugar de slicks. Vettel foi investigado por estar fóra de posición ao principio, mentres o seu coche estaba fóra da súa caixa de boxes cara a Hamilton, pero finalmente non recibiu ningunha sanción. As primeiras voltas viron unha colisión entre Pérez e Stroll deixando Stroll chantado nunha trampa de grava e provocando un coche de seguridade virtual durante o cal Vettel entrou a poñer slicks.[3] Pouco despois Giovanizzi sufriu un accidente importante na liña de meta, que provocou a saída do coche de seguridade que permitiu á maioría dos pilotos entrar en boxes a cambiar a slicks.[4] Hülkenberg recibiu unha penalización de cinco segundos por adiantar a Grosjean baixo o coche virtual de seguridade, e unha penalización de dez segundos por superar a Ericsson baixo o safety car.[5]

No momento en que o coche de seguridade entrou, Hamilton lideraba diante de Ricciardo e Verstappen, que fixera unha serie de adiantamentos en condicións resbaladizas, cos Ferraris cuarto e quinto.[6] Verstappen superou a Ricciardo na volta 11 para o segundo lugar, logo de comezar 16º, demostrando novamente a súa habilidade en condicións difíciles (similares ao Gran Premio do Brasil de 2016). Cos Ferraris incapaces de adiantar a Ricciardo, Hamilton e Verstappen sacaron unha vantaxe significativa, con Hamilton catro segundos por diante de Verstappen e nove segundos por diante de Ricciardo na volta 20, volta na que Vettel superou a Räikkönen. Dúas voltas despois, Vettel alcanzou a Ricciardo e pechou rápidamente a distancia con Verstappen. Na volta 27, Hamilton construíra unha vantaxe de 8,5 sobre Verstappen con Vettel preto de 1,5 segundos máis atrás, e Ricciardo e Räikkönen a 2 e 4 segundos detrás de Vettel. Verstappen cometeu un erro na volta 29, bloqueando e permitindo a Vettel poñerse segundo,[6] 10´6 segundos detrás de Hamilton a falta de 27 voltas. Verstappen detívose para poñer pneumáticos novos na volta seguinte, volvendo á pista 6º detrás de Bottas.

Verstappen mostrou unha gran mellora cos seus pneumáticos novos, adiantando rápidamente a Bottas, o que levou a paradas en boxes para Vettel (que estaba perdendo tempo ante Hamilton) e logo para Hamilton na volta 37, que volveu á pista con pneumáticos brandos xusto por diante de Räikkönen. Räikkönen foi o último dos seis mellores pilotos en parar para cambiar os pneumáticos malia as súas repetidas queixas de problemas cos pneumáticos, probablemente porque o pitting provocoulle pasar de segundo a sexto, detrás dos dous coches de Red Bull.[3] Na volta 42 os cinco primeiros eran Hamilton, Vettel, Verstappen, Ricciardo e Räikkönen. Os Red Bulls loitaron pola última posición no podio nas últimas voltas, pero Ricciardo non logrou superar ao seu compañeiro de equipo, e a orde mantívose sen cambios durante as últimas 15 voltas. Sainz, Magnussen, Pérez e Ocon completaron os dez primeiros.

A carreira foi a 54ª vitoria de Hamilton na Fórmula 1, a súa quinta vitoria no Gran Premio de China (anteriormente gañou no Gran Premio de China de 2008, 2011, 2014, e 2015), e a 65ª vitoria para Mercedes na súa 150ª carreira na F1. Con Hamilton gañando a carreira e Vettel en segundo lugar, os dous chegaran á terceira carreira do campionato en Bahrain empatados no Campionato Mundial de pilotos con 43 puntos, pero con Mercedes diante de Ferrari no Campionato de Construtores.[6] A volta rápida da carreira estableceuna Lewis Hamilton na volta 44 nun tempo de 1:35.378, máis de catro segundos máis rápido que a volta rápida de Nico Hülkenberg de 1:39.824 na carreira de 2016.[7] Hamilton converteuse no segundo piloto, logo de Schumacher, en gañar cinco ou máis veces en tres pistas diferentes. E igualou a marca de Alain Prost de 106 podios. A carreira foi o seu terceiro "grand slam" (pole, vitoria, volta rápida e liderar todas as voltas da carreira). Hamilton tamén igualou o récord de Jim Clark de 11 "hat-tricks" (carreiras gañadas logrando tamén a pole mentres e a volta rápida.

ClasificaciónEditar

CualificaciónEditar

Pos. Piloto Construtor Tempos
cualificación
Grella
Final
Q1 Q2 Q3
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:33.333 1:32.406 1:31.678 1
2 5   Sebastian Vettel Ferrari 1:33.078 1:32.391 1:31.864 2
3 77   Valtteri Bottas Mercedes 1:33.684 1:32.552 1:31.865 3
4 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:33.341 1:32.181 1:32.140 4
5 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1:34.041 1:33.546 1:33.033 5
6 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:34:205 1:33.759 1:33.507 6
7 27   Nico Hülkenberg Renault 1:34.453 1:33.636 1:33.580 7
8 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:34.657 1:33.920 1:33.706 8
9 26   Daniil Kvyat Toro Rosso 1:34.440 1:34.034 1:33.719 9
10 18   Lance Stroll Williams-Mercedes 1:33.986 1:34.090 1:34.220 10
11 55   Carlos Sainz Toro Rosso 1:34.567 1:34.150 11
12 20    Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:34.942 1:34.164 12
13 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1:34.499 1:34.372 13
14 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:34.892 1:35.046 14
15 36   Antonio Giovinazzi Sauber-Ferrari 1:34.963 sen tempo 18[8]
16 2   Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1:35.023 15
17 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:35.223 19[9]
18 30   Jolyon Palmer Renault 1:35.279 20[9]
19 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1:35.433 16
20 31   Esteban Ocon Force India-Mercedes 1:35.496 17
107% tempo límite: 1:39.593
Fonte:[10]

CarreiraEditar

Pos. Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 56 1:37:36.158  1 25
2 5   Sebastian Vettel Ferrari 56 +6.250 2 18
3 33   Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 56 +45.192 16 15
4 3   Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 56 +46.035 5 12
5 7   Kimi Räikkönen Ferrari 56 +48.076 4 10
6 77   Valtteri Bottas Mercedes 56 +48.808 3 8
7 55   Carlos Sainz Toro Rosso 56 +1:12.893 11 6
8 20    Kevin Magnussen Haas-Ferrari 55 +1 volta 12 4
9 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 55 +1 volta 8 2
10 31   Esteban Ocon Force India-Mercedes 55 +1 volta 17 1
11 8   Romain Grosjean Haas-Ferrari 55 +1 volta 19
12 27   Nico Hülkenberg Renault 55 +1 volta 7
13 30   Jolyon Palmer Renault 55 +1 volta 20
14 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 55 +1 volta 6
15 9   Suecia Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 55 +1 volta 14
Ret 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 33 palier 13
Ret 26   Daniil Kvyat Toro Rosso 18 Hidráulica 9
Ret 2   Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 17 Presión combustible 15
Ret 36   Antonio Giovinazzi Sauber-Ferrari 3 Accidente 18
Ret 18   Lance Stroll Williams-Mercedes 0 Colisión 10
Fonte:[11]

Posicións logo da carreiraEditar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

NotasEditar

  1. Cooper, Adam (8 April 2017). "FIA takes steps to ensure Chinese GP will run on time". motorsport.com (Motorsport Network). Consultado o 8 April 2017. 
  2. Noble, Jonathan (9 de abril de 2017). "Chinese GP: FIA makes special arrangements at nearby hospital". Autosport. Consultado o 9 de abril de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "F1 – Hamilton wins Chinese Grand Prix ahead of Vettel and Verstappen". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 9 de abril de 2017. Consultado o 9 de abril de 2017. 
  4. Khorounzhiy, Valentin (9 de abril de 2017). "Chinese GP: Hamilton wins as wet start causes fireworks". motorsport.com (Motorsport Network). Consultado o 9 de abril de 2017. 
  5. Collantine, Keith (9 de abril de 2017). "Hulkenberg given two penalties for Safety Car errors". f1fanatic.co.uk. Consultado o 9 de abril de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Galloway, James (9 de abril de 2017). "Chinese GP: Lewis Hamilton and Mercedes back to winning ways". Sky Sports F1. Consultado o 9 de abril de 2017. 
  7. "2016 Chinese Grand Prix Race – Official Classification". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 17 April 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 9 April 2017. 
  8. Antonio Giovinazzi recibiu unha penalización de cinco posicións na grella por un cambio da caixa de cambios non programado.
  9. 9,0 9,1 Romain Grosjean e Jolyon Palmer recibiron cinco postos de penalización por ignorar as bandeiras amarelas durante a cualificación.
  10. "2017 Formula 1 Heineken Chinese Grand Prix – Qualifying". formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 8 de abril de 2017. Consultado o 8 de abril de 2017. 
  11. "2017 Chinese Grand Prix Race – Official Classification". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 9 de abril de 2017. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2017. Consultado o 9 de abril de 2017. 


Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio de Bahrain de 2017
Carreira anterior:
Gran Premio da China de 2016
Gran Premio da China Carreira seguinte:
Gran Premio da China de 2018