Robert Kubica
Robert Józef Kubica, nado o 7 de decembro de 1984, é un piloto de carreiras polaco. Foi o primeiro piloto polaco en competir na Fórmula Un.
(2023) | ||||||||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de decembro de 1984 (40 anos) Cracovia, Polonia | |||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | |||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Polonia | |||||||||||||||||||||||||
Deporte | rally | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Premios | ||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Andaina nas carreiras
editarDebutou no 2006 nesta categoría, entre 2006 e 2009 pilotou para o equipo BMW Sauber F1 team, promovido desde piloto de probas a piloto de carreiras durante o 2006. En xuño de 2008, Kubica obtivo a súa primeira vitoria na Fórmula 1 no Gran Premio do Canadá, converténdose no primeiro piloto polaco a gañar unha carreira de Fórmula Un. Naquela tempada liderou o campionato nunha etapa, antes de rematar a cuarto na xeral, a súa mellor posición na súa carreira. Kubica pilotou para Renault en 2010 e continuou co equipo en 2011. Varios anos despois Kubica confirmou que asinara un pre-contrato para a tempada 2012 con Ferrari, un movemento que finalmente cancelouse polo seu grande accidente de rally no inverno de 2011.[1]
O 6 de febreiro de 2011, Kubica resultou gravemente ferido nun accidente no rally Ronde di Andora, no que o seu antebrazo dereito resultou parcialmente cortado.[2] Participaba no rally por goce persoal.[3] Kubica declarou ao xornal italiano La Gazzetta dello Sport nunha entrevista no hospital que podía sentir os dedos da man dereita e estaba decidido a facer un rápido retorno á Fórmula Un en 2011.[4][5] Logo da súa curación, afirmou inicialmente que o regreso á Fórmula Un sería "case imposible" debido á súa lesión.[2][6] Desde entón, participou en probas con Renault e Williams, admitindo que era posible o retorno á Fórmula Un nun futuro próximo.[7] O 16 de xaneiro de 2018 anunciouse que Kubica converteríase no piloto de reserva de Williams para a tempada 2018.[8] Kubica volveu ás carreiras en setembro de 2012, gañando un rally menor en Italia.[9][10] Kubica foi nomeado "The Men of the Year 2012" pola revista Top Gear pola súa volta ás carreiras de automóbiles. En 2013 pilotou un Citroën nos campionatos de rally de Europa e World Rally-2.[11][12]
Pasou a gañar o título inaugural do WRC-2 e trasladouse ao campionato WRC a tempo completo no 2014, pilotando un Ford Fiesta RS WRC preparado por M-Sport.[13]
O 22 de novembro de 2018, anunciouse que Kubica sería o piloto de carreiras de Williams para o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019.[14]
O 19 de setembro de 2019, durante unha conferencia de prensa celebrada antes do Gran Premio de Singapur, Kubica anunciou a súa decisión de deixar Williams despois de rematar a tempada de Fórmula Un de 2019. É posible que a carreira de Kubica nas carreiras non remate, esta en conversacións co Campionato Mundial de Endurance e co Campionato Mundial de Rallyes.
Volta á Fórmula 1
editarVolta a Renault
editar2017: probas
editarO 5 de xuño de 2017, anunciouse que Kubica pilotaría nunha proba organizada por Renault no seu coche de 2012, o Lotus E20, no circuíto Ricardo Tormo, o seu primeiro evento de Fórmula 1 desde o seu accidente en 2011.[15]
Renault organizou unha nova proba, o xefe Renault Cyril Abiteboul afirmou que "aínda era rápido, aínda máis consistente e o máis importante aínda ten o entusiasmo que sempre levou ao equipo". Engadiu que non había "obstáculos obvios" para o seu retorno á F1, e dixo a NBC Sports que Kubica podería ser unha opción para 2018.[7]
O 24 de xullo de 2017, anunciouse que Kubica participaría na proba de Renault, que tería lugar trala conclusión do Gran Premio de Hungría. Abiteboul, o xefe do equipo de Renault, dixo que a proba permitiralle ao equipo avaliar plenamente as capacidades actuais de Kubica, e que probabilidade podería ter de "volver á competición nos próximos anos".[16] Kubica completou 142 voltas en Hungaroring ao seu regreso, terminando o cuarto máis rápido case 1,5 segundos detrás de Sebastian Vettel.[17]
Williams
editar2017: probas e aspirantes a un asento de carreira para 2018
editarO 11 de outubro de 2017, Kubica completou unha proba dun día con Williams en Silverstone pilotando o FW36 de 2014.[18][19] O 17 de outubro de 2017, Kubica tivo un segundo día de probas con Williams en Hungaroring.[20]
Despois de que Felipe Massa anunciase a súa retirada por segunda vez do deporte,[21] Kubica converteuse nun dos principais candidatos a tomar o asento do Williams Martini Racing.[22] El probouno no Circuíto de Yas Marina despois do Gran Premio de Abu Zabi de 2017,[23] completando 100 voltas na súa primeira proba co 2017 FW40.[24][25] Completou 28 voltas adicionais ao día seguinte e terminou sendo o sétimo máis rápido,[26] co xefe técnico de Willams Paddy Lowe informando de que "non hai problemas coás súas feridas,[27] aínda que pronto xurdiron dúbidas sobre se algúns factores fixeron que os tempos parecesen mellores.[28]
Tempada de 2018: piloto de reserva para Williams
editarO 16 de xaneiro de 2018 anunciouse que Kubica converteríase no piloto de reserva de Williams para a tempada 2018. Participou na súa primeira fin de semana do Gran Premio desde a última rolda do 2010, na primeira sesión de adestramento do venres no Gran Premio de España de 2018, superou ao seu compañeiro de equipo Lance Stroll.[29]
Tempada de 2019: asento de carreira a tempo completo
editarAntes da última rolda da tempada 2018, Williams anunciou que Kubica competiría a tempo completo para o equipo no 2019 onde é compñeiro de George Russell. Elixiu o nº 88 como o seu número de piloto de Fórmula Un, usado por última vez por Rio Haryanto no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016.[30]
Rexistro de carreiras
editarTraxectoria profesional
editar† Como Kubica era un piloto invitado, non podía puntuar.
* Tempada en progreso.
Resultados completos na Fórmula 3 Euro Series
editar(clave) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2003 | Prema Powerteam | Dallara F303/022 | Spiess-Opel | HOC 1 |
HOC 2 |
ADR 1 |
ADR 2 |
PAU 1 |
PAU 2 |
NOR 1 1 |
NOR 2 2 |
LMS 1 27 |
LMS 2 7 |
NÜR 1 9 |
NÜR 2 6 |
A1R 1 11 |
A1R 2 Ret |
ZAN 1 7 |
ZAN 2 24 |
HOC 1 24 |
HOC 2 10 |
MAG 1 4 |
MAG 2 8 |
12º | 31 |
2004 | Mücke Motorsport | Dallara F302/032 | HWA-Mercedes | HOC 1 6 |
HOC 2 7 |
EST 1 9 |
EST 2 23 |
ADR 1 17 |
ADR 1 Ret |
PAU 1 3 |
PAU 2 2 |
NOR 1 19 |
NOR 1 4 |
MAG 1 9 |
MAG 2 5 |
NÜR 1 5 |
NÜR 2 2 |
ZAN 1 8 |
ZAN 2 5 |
BRN 1 10 |
BRN 2 8 |
HOC 1 4 |
HOC 2 7 |
7º | 53 |
Resultados completos nas Fórmula Renault 3.5 Series
editar(clave) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2005 | Epsilon Euskadi | ZOL 1 3 |
ZOL 2 1 |
MON 1 5 |
VAL 1 2 |
VAL 2 16 |
LMS 1 3 |
LMS 2 2 |
BIL 1 1 |
BIL 2 8 |
OSC 1 1 |
OSC 2 1 |
DON 1 3 |
DON 2 6 |
EST 1 2 |
EST 2 3 |
MNZ 1 Ret |
MNZ 2 Ret |
1º | 154 |
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
† Non terminou a carreira, pero clasificouse xa que completou máis do 90% da distancia da carreira.
* Tempada en progreso.
Resultados completos do Campionato do Mundo de Rallies
editarAno | Equipo | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | Robert Kubica | Citroën DS3 RRC | MON | SWE | MEX | POR 19 |
ARx | GRE 11 |
ITA 9 |
FIN 9 |
ALE 5 |
AUS | FRA 9 |
ESP 9 |
13º | 18 | ||
Abu Zabi Citroën Total WRT | Citroën DS3 WRC | GBR Ret |
||||||||||||||||
2014 | RK M-Sport World Rally Team | Ford Fiesta RS WRC | MON Ret |
SWE 24 |
MEX Ret |
POR Ret |
ARX 6 |
ITA 8 |
POL 20 |
FIN 34 |
ALE Ret |
AUS 9 |
FRA Ret |
ESP 17 |
GBR 11 |
16º | 14 | |
2015 | Robert Kubica | Ford Fiesta RS WRC | MON Ret |
SWE 20 |
MEX 18 |
ARX | POR 9 |
ITA 30 |
POL 8 |
FIN Ret |
ALE 35 |
AUS | FRA 22 |
ESP 11 |
GBR 8 |
12º | 11 | |
2016 | BRC Racing Team | Ford Fiesta RS WRC | MON Ret |
SWE WD |
MEX | ARX | POR | ITA | POL | FIN | ALE | CHN | FRA | ESP | GBR | AUS | NC | 0 |
Resultados completos do Campionato Mundial de Rallyes-2
editarAno | Equipo | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | Robert Kubica | Citroën DS3 RRC | MON | SWE | MEX | POR 6 |
ARX | GRE 1 |
ITA 1 |
FIN 2 |
ALE 1 |
AUS | FRA 1 |
ESP 1 |
GBR | 1º | 143 |
Resultados completos do Campionato Europeo de Rallyes
editarAno | Equipo | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | PH Sport | Citroën DS3 RRC | JÄN | LIE | CAN Ret |
AZO 6 |
COR Ret |
YPR | ROM | CZE | POL Ret |
CRO | SAN | VAL | 29º | 17 |
2014 | RK M-Sport WRT | Ford Fiesta RRC | JÄN 1 |
LIE | ROM | ACR | IRE | AZO | YPR | EST | CZE | CYP | VAL | COR | 13º | 39 |
Notas
editar- ↑ Mitchell, Scott (11 de xullo de 2018). "Robert Kubica says he had signed F1 deal with Ferrari for 2012". Autosport. Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Robert Kubica to miss start of 2012 season". BBC Sport (BBC). 23 de novembro de 2011. Consultado o 23 de novembro de 2011.
- ↑ "Kubica undergoes emergency surgery after rally crash in Italy". CNN (Turner Broadcasting System). 6 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de febreiro de 2011.
- ↑ "F1 ace Kubica 'much better' after rally crash in Italy". CNN (Turner Broadcasting System). 7 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de febreiro defebreiro de 2011.
- ↑ "Formula 1 driver Kubica targets quick return". The Sydney Morning Herald (Fairfax Media). 11 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de febreiro de 2011.
- ↑ "F1 return 'nearly impossible' – Kubica". ESPN F1. 12 de novembro de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2014.
- ↑ 7,0 7,1 Green, Jonathan. "Robert Kubica has no 'obvious roadblocks' to F1 return, says Renault boss Cyril Abiteboul". Sky Sports F1. Consultado o 14 de xullo de 2017.
- ↑ Barretto, Lawrence (16 de xaneiro de 2018). "Robert Kubica gets Williams Formula 1 development role for 2018". Autosport.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2018.
- ↑ Beer, Matt. "Robert Kubica wins domestic rally on return to competition". Autosport. Consultado o 12 de marzo de 2013.
- ↑ "Kubica Victorious, But Physically Limited on Return". Crash.net. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2013.
- ↑ "Robert Kubica will star in rallying, according to Petter Solberg". Autosport. Consultado o 12 de marzo de 2013.
- ↑ "Kosciuszko surprised at Kubica WRC decision". WRC. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2013.
- ↑ Beer, Matt (13 de decembro de 2013). "Robert Kubica commits to 2014 WRC with M-Sport". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 13 de decembro de 2013.
- ↑ "Williams Martini Racing Confirms Robert Kubica as Race Driver for 2019". www.williamsf1.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2018.
- ↑ Chinchero, Roberto (5 de xuño de 2017). "Robert Kubica set for first F1 test since accident in 2012 Lotus". Autosport.com. Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ "Kubica to drive 2017 Renault in F1's post-Hungary test". formula1.com. 24 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2023. Consultado o 24 de xullo de 2017.
- ↑ "Kubica fourth fastest on return as Vettel sets testing pace". formula1.com. Consultado o 9 de setembro de 2017.
- ↑ "Kubica completes 'successful' test with Williams". formula1.com. Consultado o 12 de outubro de 2017.
- ↑ "Kubica completes 'successful' Williams test". GPUpdate.net. Consultado o 12 de outubro de 2017.
- ↑ "Kubica completes 'productive' second test with Williams". formula1.com. Consultado o 18 de outubro de 2017.
- ↑ "Massa to retire at end of 2017 F1 season". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 25 de novembro de 2017.
- ↑ GMM (26 de novembro de 2017). "Robert Kubica still needs FIA clearance for F1 return". Autoweek. Crain Communications. Consultado o 28 de novembro de 2017.
Toto Wolff, who is pushing Williams to take Mercedes junior Pascal Wehrlein, insists that Kubica is the clear favorite.
- ↑ Gilboy, James. "Williams F1 Confirms Robert Kubica Will Drive Abu Dhabi Test". The Drive. Consultado o 25 de novembro de 2017.
- ↑ Barretto, Lawerence (28 de novembro de 2017). "Kubica logs 100 laps in first test with 2017 Williams". Motorsport.com. Motorsport Network. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ Barretto, Lawerence (28 de novembro de 2017). "Kubica: "I'm not driving one-handed"". Motorsport.com. Motorsport Network. Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ "Vettel finishes F1 tyre test on top, Kubica seventh". Motorsport.com. Motorsport Network. 29 de novembro de 2017. Consultado o 29 de novembro de 2017.
- ↑ Saunders, Nate (29 de novembro de 2017). "Williams says there are 'no issues' with Robert Kubica limitations". ESPN UK. ESPN Internet Ventures. Consultado o 29 de novembro de 2017.
- ↑ "Doubts emerging to derail the Kubica F1 comeback 'hype train'". nbcsports.com. 5 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2018. Consultado o 8 de marzo de 2018.
- ↑ "Robert Kubica: 2018 Williams F1 car not enjoyable to drive in Spain FP1". Autosport.com. Autosport. Consultado o 11 de maio de 2018.
- ↑ "Robert Kubica: Polish driver to make F1 comeback with Williams in 2019". BBC Sport. 22 de novembro de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2018.
- ↑ "2003 Macau Formula 3 Grand Prix Entry List". macau.grandprix.gov.mo. Macau Grand Prix. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 5 de febreiro de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Kubica |
Bibliografía
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Kubica |