Opel
Adam Opel AG (popularmente Opel) é unha empresa alemá que se dedica á fabricación de automóbiles e desde 2021 é unha filial de Stellantis.
Opel | |
---|---|
Wir leben autos (Vivimos os coches) | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 21 de xaneiro de 1862 |
Matriz | General Motors |
Localización | Rüsselsheim, Alemaña |
Fundador | Adam Opel |
Persoas clave | Karl-Friedrich Stracke, CEO |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbil motores |
Número de empregados | 39.958 (31 de decembro de 2011) |
Na rede | |
https://www.opel.com/, https://www.opel.de/, https://www.opel.no/, https://www.opelrent.de/, https://www.opel.it/, https://www.opel.nl/ e https://www.opel.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarComezos
editarA empresa foi fundada por Adam Opel na cidade de Rüsselsheim no ano 1862 para fabricar máquinas de coser. En 1886 a empresa comezou a fabricar tamén bicicletas, tendo éxito tamén neste mercado, de xeito que á morte de Adam Opel en 1895 a empresa era a líder na fabricación dos dous produtos no país.
Os fillos de Adam Opel colleron a empresa, e no ano 1899 fabricaron o seu primeiro coche, que non tivo moito éxito. A pesar diso a empresa insistiu, asinando contratos con outras empresas do sector automobilístico para fabricar con licenza modelos alleos. O Opel 4/8 saíu en 1909 e vendeu moitas unidades, a maioría entre o gremio dos médicos, no cal se fixo moi popular. A pesar de que o lume queimou a fábrica en 1911, Opel era en 1914 o maior fabricante de automóbiles de Alemaña.
General Motors
editarO imperio General Motors, admirado polos resultados comerciais de Opel, comprou o 80% da empresa en 1929 e o resto 2 anos despois. A familia Opel acadou coa venda 33'3 millóns de dólares. Unha das primeiras decisións da empresa norteamericana foi crear unha segunda fábrica en Brandeburgo no ano 1935. Ese mesmo ano Opel converteuse na primeira empresa alemá en fabricar 100.000 coches.
En 1939 saíu á rúa o Opel Kapitän, que tivo un enorme éxito, e vendeu 25.374 unidades antes de comezar a segunda guerra mundial. Durante a guerra Opel seguiu fabricando coches con normalidade ata que tamén comezou a fabricar camións e pezas para tanques. En 1945 Opel non fabricou ningunha unidade, e as fabricas foron desfeitas polos exércitos aliados. A factoría de Brandeburgo foi levada a Rusia, e a factoría de Rüsselsheim estaba esnaquizada nun 47%.
Cando remataron os combates, os antigos traballadores da fábrica de Rüsselsheim comezaron a súa reconstrución, e en 1946 saíu á rúa o primeiro novo Opel Blitz, un camión que xa fora fabricado nos anos da guerra. Non obstante, neses anos da posguerra non sempre estivo claro o apoio a longo prazo da GM en Opel, froito das dúbidas que nos Estados Unidos había sobre a recuperación da economía de Alemaña.
Nos anos 50 a crise da empresa rematou, Opel atopou o seu sitio no mercado alemán entre os prezos baixos dos Volkswagen e os prezos altos dos Mercedes-Benz, e en 1953 a empresa fabricaba de novo máis de 100.000 vehículos e xa tiña máis de 20.000 traballadores.
Galería
editarModelos históricos
editar-
Opel Darracq de 1902.
-
Opel Laubfrosch de 1924.
-
Opel Oympia de 1936.
-
Opel Kapitän de 1939.
-
Opel Rekord de 1955.
-
Opel Kadett de 1964.
-
Opel Kadett de 1990.