General Motors Company, polo xeral denominada General Motors (GM), é unha empresa multinacional estadounidense con sede en Detroit que deseña, fabrica, comercializa e distribúe vehículos, e pezas, e mais tamén vende servizos financeiros. GM produce automóbiles e camións en 35 países. A compañía fundouna William C. Durant o 16 de setembro de 1908, e foi o meirande fabricante de automóbiles de 1931 a 2007.[1]

General Motors Company

Sede de General Motors en Detroit.
Fundación16 de setembro de 1908
LocalizaciónDetroit, Míchigan, Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorWilliam C. Durant
Charles Stewart Mott
Frederic L. Smith
IndustriaAutomotriz
Número de empregados180 000 (decembro de 2017)
Na rede
https://www.gm.com/ e https://www.gm.ca/
Facebook: generalmotors Twitter: GM Instagram: generalmotors Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

No ano 2008 vendeu 8.350.000[2] vehículos, acadando os 10 millóns en 2016.[3]. As marcas actuais que comercializa son Baojun, Buick, Cadillac, Chevrolet, GMC, Holden e Wuling. No pasado tamén comercializou Daewoo, McLaughlin, Oakland, Oldsmobile, Pontiac, Hummer, Saab, Saturn, así como Vauxhall e Opel (esta última mercada polo Grupo PSA en 2017).

As partes e accesorios de vehículos comercialízanse baixo as marcas GM Performance Parts, GM Goodwrench e ACDelco nos concesionarios de General Motors a través de GM Service and Parts Operations. Os motores e transmisións subminístraos GM Powertrain. GM tamén conta cunha sección comercial para créditos e seguros por medio do GMAC Financial Services; tamén ofrece un servizo de seguridade, información e seguridade a través da súa filial OnStar.

A actual compañía, General Motors Company ("nova GM") formouse en 2009 logo da creba de General Motors Corporation ("vella GM"), que se converteu en Motors Liquidation Company. A nova empresa mercou a maioría dos activos da vella GM, incluíndo "General Motors".

  1. Marr, Kendra (22 de xaneiro de 2009). "Toyota Passes GM as World's Largest Automaker". The Washington Post. 
  2. Media.gm.com, ed. (21 de xaneiro de 2009). "GM Media Online". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o June 1, 2009. 
  3. Isidore, Chris. CNN, ed. "GM sells 10 million cars for first time thanks to China". Consultado o A 3 de abril de 2018.