Gran Premio de Sakhir de 2020


O Gran Premio de Sakhir de 2020 (oficialmente coñecido como Formula 1 Rolex Sakhir Grand Prix 2020)[1] foi unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 6 de decembro de 2020 no Circuíto Internacional de Bahrain en Sakhir, Bahrain. A carreira foi a décimo sexta rolda da tempada 2020.

Bahrain Gran Premio de Bahrain de 2020
Detalles da carreira
Carreira 16 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2020.
Trazado do circuíto exterior de Bahrain.
Trazado do circuíto exterior de Bahrain.
Data 6 de decembro de 2020
Nome oficial Fórmula 1 Rolex Sakhir Gran Prix 2020
Localización Circuíto Internacional de Bahrain
Sakhir, Bahrain
Percorrido Percorrido permanente de carreira
3´543 km
Distancia 87 voltas, 308´241 km
ClimaCarreira nocturna, 21ºC ambientais e 24ºC no asfalto, humidade relativa do 59 %. O vento sopra a 2 m/s.
Pole position
Piloto Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Tempo 0:53.377
Volta rápida
Piloto Flag of the United Kingdom.svg George Russell Mercedes
Tempo 0:55.404 na volta 80 volta récord
Podio
Primeiro Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Racing Point-BWT Mercedes
Segundo Francia Esteban Ocon Renault
Terceiro Flag of Canada.svg Lance Stroll Racing Point-BWT Mercedes

Pneus dispoñiblesEditar

Pneus dispoñibles para Bahrain/Sakhir
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
Duros (Tipo C2) Medios (Tipo C3) Brandos (Tipo C4)      
Intermedios
    
      Chuvia

AntecedentesEditar

O brasileiro Pietro Fittipaldi, neto do bicampión de Fórmula 1 Emerson Fittipaldi, debutará na "Máxima categoría" co equipo Haas F1 Team, substituíndo a Romain Grosjean, despois do grave accidente sufrido polo francés no Gran Premio anterior.[2]

Lewis Hamilton verase obrigado a perderse o Gran Premio despois de dar positivo en COVID-19.[3] George Russell, piloto de Williams, ocup0u o seu asento.[4]

Jack Aitken ocupou o asento de Russell no Williams FW43 no que foi o seu debut na Fórmula 1.[5]

Trazado do circuítoEditar

Esta carreira utilizará o trazado "Circuíto exterior", a primeira carreira de Fórmula Un que se celebra neste trazado. Con 3´543 km. é máis curto que o deseño de "Gran Premio" de 5´412 km., que se usou para o Gran Premio de Bahrain a semana anterior.[6] A carreira deberá disputarse durante 87 voltas para superar os 305 km., distancia de carreira obrigada pola normativa. [1][7] Espérase que os tempos de volta sexan inferiores a un minuto. De conseguilo, este sería só o segundo fin de semana de Gran Premio na historia en ver un tempo de volta por debixo dun minuto despois do Gran Premio de Francia de 1974 no Circuíto de Dijon-Prenois.[8][9]

O piloto de McLaren Lando Norris comparou a natureza de alta velocidade do deseño co Circuíto de Thruxton no Reino Unido, mentres que o piloto de Williams George Russell dixo que esperaba que o deseño fora para "tolear".[10] O piloto de Renault Daniel Ricciardo expresou a súa esperanza de que o circuíto proporcionase boas oportunidades de adiantamento, con Carlos Sainz de McLaren suxerindo que escoller a configuración correcta (especialmente os niveis de carga aerodinámica) sería difícil.[11]

Clasificación na cualificaciónEditar

Pos. Pilotor Construtor Tempos de cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 77   Valtteri Bottas Mercedes 53.904 53.803 53.377 1
2 63   George Russell Mercedes 54.160 53.819 53.403 2
3 33   Max Verstappen Red Bull-Honda 54.037 53.647 53.433 3
4 16   Charles Leclerc Ferrari 54.249 53.825 53.613 4
5 11   Sergio Pérez Racing Point-BWT Mercedes 54.236 53.787 53.790 5
6 26   Daniil Kvyat AlphaTauri-Honda 54.346 53.856 53.906 6
7 3   Daniel Ricciardo Renault 54.388 53.871 53.957 7
8 55   Carlos Sainz McLaren-Renault 54.450 53.818 54.010 8
9 10   Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 54.207 53.941 54.154 9
10 18   Lance Stroll Racing Point-BWT Mercedes 54.595 53.840 54.200 10
11 31   Esteban Ocon Renault 54.309 53.995 11
12 23   Alexander Albon Red Bull-Honda 54.620 54.026 12
13 5   Sebastian Vettel Ferrari 54.301 54.175 13
14 99   Antonio Giovinazzi Alfa Romeo-Ferrari 54.523 54.377 14
15 4   Lando Norris McLaren-Renault 54.194 54.693 19[12]
16 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 54.705 15
17 6   Nicholas Latifi Williams-Mercedes 54.796 16
18 89   Jack Aitken Williams-Mercedes 54.892 17
19 7   Kimi Räikkönen Alfa Romeo-Ferrari 54.963 18
20 51   Pietro Fittipaldi Haas-Ferrari 55.426 20[13]
107% tempo: 57.677
Fonte:[14][15]

CarreiraEditar

Cualificación da carreiraEditar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 11   Sergio Pérez Racing Point-BWT Mercedes 87 1:31:15.114 5 25
2 31   Esteban Ocon Renault 87 +10.518s 11 18
3 18   Lance Stroll Racing Point-BWT Mercedes 87 +11.869s 10 15
4 55   Carlos Sainz McLaren-Renault 87 +12.580s 8 12
5 3   Daniel Ricciardo Renault 87 +13.330s 7 10
6 23   Alexander Albon Red Bull Racing-Honda 87 +13.842s 12 8
7 26   Daniil Kvyat AlphaTauri-Honda 87 +14.534s 6 6
8 77   Valtteri Bottas Mercedes 87 +15.389s 1 4
9 63   George Russell Mercedes 87 +18.556s 2 3[16]
10 4   Lando Norris McLaren-Renault 87 +19.541s 19 1
11 10   Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 87 +20.527s 11
12 5   Sebastian Vettel Ferrari 87 +22.611s 13
13 99   Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 87 +24.111s 14
14 7   Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 87 +26.153s 18
15 20   Kevin Magnussen Haas-Ferrari 87 +32.370s 15
16 89   Jack Aitken Williams-Mercedes 87 +33.674s 17
17 51   Pietro Fittipaldi Haas-Ferrari 87 +36.858s 20
Ret 6   Nicholas Latifi Williams-Mercedes 54 Fuga aceite 16
Ret 33   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 0 Colisión 3
Ret 16   Charles Leclerc Ferrari 0 Colisión 4
Volta rápida:   George Russell (Mercedes) – 0:55.404 (volta 80)
Fonte:[15][17][18]

Posicións logo da carreiraEditar

  • Nota: Só os cinco primeiros postos están incluídos en ambos os grupos de clasificación.

NotasEditar

  1. A Racing Point deducíronlle 15 puntos despois de que se confirmase unha denuncia de Renault sobre a legalidade do do seu coche.[19]
  1. 1,0 1,1 "Formula 1 Rolex Sakhir Grand Prix 2020". Formula1.com. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  2. "Pietro Fittipaldi, nieto de una leyenda de la Fórmula 1, reemplazará a Romain Grosjean en el Gran Premio de Sakhir". Clarín. 30 de novembro de 2020. Consultado o 30 de novembro de 2020. 
  3. "BREAKING: Hamilton ruled out of Sakhir Grand Prix after testing positive for Covid-19". Fórmula 1 (en inglés). Formula One World Championship Limited. 1 de decembro de 2020. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  4. "George Russell to replace Hamilton at Mercedes for Sakhir Grand Prix". Fórmula 1 (en inglés). Formula One World Championship Limited. 2 de decembro de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  5. "F2 racer Jack Aitken to make F1 debut with Williams at Sakhir Grand Prix, replacing Russell". Fórmula 1 (en inglés). Formula One World Championship Limited. 2 de decembro de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  6. "Sakhir". Statsf1.com. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  7. "2020 Formula One Sporting Regulations" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 4 de novembro de 2020. p. 3. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  8. "F1 to use Bahrain’s ‘outer track’ for Sakhir Grand Prix, sub-60s laps expected". Formula1.com (en inglés). 28 de agosto de 2020. Consultado o 19 de novembro de 2002. 
  9. Cooper, Adam (28 August 2020). "The 46-year-old F1 record the Sakhir GP is set to smash". Autosport.com. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  10. "Drivers prepare for Bahrain’s “bonkers” F1 outer circuit". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 2020-11-30. 
  11. "Drivers prepare for Bahrain’s “bonkers” F1 outer circuit". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 2020-11-30. 
  12. Lando Norris foi obrigado a comezar naa parte traseira da grella por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia.
  13. Pietro Fittipaldi comezará desde a última posición por exceder a cota de elementos da unidade de potencia. A penalización non se aplicou xa que igualmente comezou a carreira desde a última posición.
  14. "Formula 1 Rolex Sakhir Grand Prix 2020 – Qualifying". Formula1.com. 5 de decembro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  15. 15,0 15,1 "Formula 1 Rolex Sakhir Grand Prix 2020 – Starting Grid". Formula1.com. 5 de decembro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  16. Inclúe un punto pola volta rápida
  17. "Formula 1 Rolex Sakhir Grand Prix 2020 – Race Result". Formula1.com. 6 de decembro de 2020. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  18. "Formula 1 Rolex Sakhir Grand Prix 2020 – Fastest Laps". Formula1.com. 6 de decembro de 2020. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  19. "Racing Point deducted 15 points and fined heavily as Renault protest into car legality upheld". formula1.com. 7 de agosto de 2020. Consultado o 7 de agosto de 2020. 

Véxase taménEditar


Carreira anterior:
Gran Premio de Bahrain de 2020
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2020
Carreira seguinte:
Gran Premio de Abu Zabi de 2020
Carreira anterior:
Non houbo
Gran Premio de Sakhir Carreira seguinte:
Non houbo