Gran Premio de Malaisia de 2009
O Gran Premio de Malaisia de 2009 (formalmente o XI Gran Premio de Malaisia Petronas) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 5 de abril de 2009 no Circuíto Internacional de Sepang en Sepang, Malaisia. Foi a segunda carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009. A duración da carreira era de 56 voltas, pero polas chuvias torrenciais que caeron esta foi detida despois de completar 31. Jenson Button gañou para o equipo Brawn GP, saíndo da pole position. Nick Heidfeld quedou segundo co equipo BMW Sauber e Timo Glock terceiro para Toyota. Xa que non se alcanzou a distancia mínima do 75% (neste circuíto, 42 voltas), a repartición dos puntos foi a metade da normal, converténdose na quinta carreira na historia da Fórmula 1 en rematar desde xeito (con só 171.833 km percorridos)[1], sendo ademais a primeira desde o Gran Premio de Australia de 1991[2][3]. Brawn GP volveuse o segundo construtor en gañar os seus dous primeiros Grandes Premios do Campionato do Mundo desde que Alfa Romeo o fixera en 1950[4].
Nome oficial | XI Petronas Malaysian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Malaisia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009 |
Distancia do evento | 31 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Internacional de Sepang (Selangor) 2°45′38″N 101°44′15″L / 2.7605555555556, 101.7375 |
Lonxitude | 2,706 km |
País | Malaisia |
Data | 5 de abril de 2009 |
Competición | |
Primeiro posto | Jenson Button |
Pole position | Jenson Button |
Volta máis rápida | Jenson Button |
Resumo
editarVista xeral
editarO Gran Premio foi disputado por 20 condutores, repartidos en 10 equipos de dous[5]. Os equipos, tamén coñecidos como "construtores" ou "escuderías", foron Ferrari, McLaren–Mercedes, Renault, Brawn, Force India, BMW Sauber, Toyota, Red Bull Racing, Williams e Toro Rosso[5].
Tras o Gran Premio de Australia, Jenson Button adiantárase dous puntos de Rubens Barrichello e catro de Jarno Trulli no campionato de pilotos[5]. Asemade, Brawn GP lideraba o de construtores con 7 puntos de diferenza sobre Toyota e con 14 sobre Renault[5].
O comezo da carreira foi movido desde as 15:00 hora local (07:00 UTC) ás 17:00 hora local (09:00 UTC). Este traslado foi levado a cabo para facer a retransmisión da carreira a unha hora máis accesible para os europeos, lugar onde hai unha maior audiencia do evento. Non obstante, os organizadores desbotaron a posibilidade de celebrar unha carreira nocturna, na liña do Gran Premio de Singapur de 2008, por motivos de orzamentos[6].
Adestramentos libres e clasificación
editar"Esta mañá tivemos un problema co KERS, o que nos custou un pouco de tempo, pero intentamos arranxalo para a tarde. Tiñamos a esperanza de que aquí a situación podería ser diferente á de Melbourne, pero aínda é demasiado cedo para dicir onde estamos con respecto aos opoñentes. Do que si podemos ter a certeza é de que cando o coche roda sen problemas somos competitivos. Agardamos poder facer un bo traballo na clasificación de mañá." —Kimi Räikkönen, despois do seu accidente na primeira sesión libre, e tras conseguir a volta rápida na segunda sesión[7]
|
Houbo tres sesións de práctica antes da carreira; a primeira foi o venres pola mañá e a segunda no serán do mesmo día. Ambas as sesións tiveron unha duración dunha hora e 30 minutos, con tempo seco. A terceira sesión celebrouse á mañá do sábado e durou tan só unha hora, tamén con condicións climatolóxicas secas[8]. Nico Rosberg e Kazuki Nakajima quedaron primeiro e segundo con Williams na primeira sesión con tempos de 1:36.260 e 1:36.305 minutos respectivamente. Na segunda, Kimi Räikkönen e Felipe Massa de Ferrari fixeron os mellores tempos de 1:35.707 e 1:35.832 minutos. Despois de 18 voltas, a cabina de Räikkönen comezou a botar fume, e aínda que Ferrari non deu unha declaración oficial, hai informes que apuntan a un requecemento do sistema KERS[9].
Jenson Button obtivo para Brawn a segunda pole consecutiva por diante do Toyota de Jarno Trulli[10]. O outro Brawn, conducido por Rubens Barrichello, clasificou cuarto (terceiro se se considera a penalización de Vettel) pero foi atrasado cinco posicións ata a 8ª por mudar a súa caixa de cambios[11]. Por outra banda, un erro de estratexia significou o fracaso de Massa, que non conseguiu pasar o corte da Q1. Nunha entrevista a Globo TV, o piloto dixo que el e mais o equipo pensaran que o tempo inicial era suficiente para pasar á segunda sesión, e non saíu para melloralo nun intento de conservar o motor. Non obstante, non foi o caso e Massa quedou na 16ª praza[12][13].
Carreira
editarNa liña de saída produciuse unha escapada limpa de todos os pilotos, agás de Robert Kubica, que tivo que retirarse tras a primeira volta por problemas co seu motor. O Williams de Nico Rosberg adiantou desde o cuarto posto da grella ata a cabeza de carreira na primeira curva, seguido de Jarno Trulli e Fernando Alonso, o cal usou o seu sistema KERS cun bo resultado deixando atrás a súa décima posición de saída; pola súa banda, Jenson Button non saíu ben e o seu Brawn quedou atrasado ata a cuarta praza. Na volta cinco, o McLaren de Heikki Kovalainen pasou por riba de fragmentos de goma de pneumático degradados e realizou un trompo que o obrigou a retirarse, incrementando a mala sorte que o equipo sufrira desde os días previos á carreira.
Despois dunha saída lenta, Button alcanzou e pasou o Renault de Alonso, que ía máis pesado, na volta trece, ocupando agora a terceira praza e poñéndose detrás de Trulli. Rosberg e Trulli foron recargar antes ca Button, así que este conseguiu pasalos durante a súa primeira parada no pit stop liderando agora a carreira. A evidencia de chuvia era vagamente notoria, pero Kimi Räikkönen arriscouse a cambiar as súas rodas de seco por unhas de mollado. No entanto, a súa aposta non deu resultado xa que a chuvia non chegou tan cedo como estaba previsto, e foi forzado a baixar o rendemento para atrasar o rápido desgaste deste tipo de rodas[14].
Ao redor da volta 19, a chuvia empezou a caer sobre o circuíto e a meirande parte dos pilotos foron trocar a rodas de mollado. Non obstante, neses intres non había auga abondo na pista, polo que as rodas comezaron a consumirse moi rápido. Timo Glock estivera usando pneumáticos intermedios que ían mellor nesas condicións e subiu axiña ata o terceiro posto. Os demais pilotos seguiron o exemplo e mudaron tamén as súas rodas ata que na volta 31 o chuvasco chegou a todo o asfalto e os condutores tiveron que cambiar a rodas de mollado unha vez máis.
Debido ás chuvias torrenciais a carreira tivo que ser detida na volta 33[3] e os resultados foron tomados da clasificación á fin da volta 31 (a penúltima completada, segundo a norma 42.8 do regulamento[15]). En consecuencia, repartiuse a metade dos puntos aos oito primeiros. Button conseguiu a súa segunda vitoria consecutiva da temporada (a terceira da súa carreira deportiva) e cinco puntos. A vitoria significou tamén que Brawn GP fose o primeiro equipo desde Alfa Romeo en 1950 en gañar os seus dous primeiros Grandes Premios[4]. O resto do podio formárono Nick Heidfeld e Timo Glock.
Tras a carreira
editarXeralmente os condutores respaldan a decisión de abandonar a carreira, citando a diminución de visibilidade (debido ao tarde que comezou) así como á gran cantidade de chuvia[16].
Nestas condicións é imposible conducirSebastian Bourdais, antes de perder o control do seu coche debido ás malas condicións do tempo
Era imposible conducir aí fóra, era moi, moi perigoso. Son as condicións máis perigosas nas que teño corrido.Lewis Hamilton
A visibilidade é nula, podemos ter un accidente serio se volvemos saír.Fernando Alonso antes de que a suspensión fose oficial[4]
Todo estaba moi húmito aí fóra e a decisión de suspendela foi acertada. Obviamente gustaríame ter obtido os 10 puntos, pero isto era o mellor que se podía facer, penso eu, e realísticamente era a cousa máis razonable. Estou seguro de que algunhas persoas dirán 'non vimos a carreira completa e é decepcionante' pero ás veces hai que pensar na seguridade.Jenson Button
Ás sete é noite así que foi bo non recomezarMark Webber, un dos directores da Grand Prix Drivers' Association
Os organizadores do evento tamén confirmaron que revisarán a hora de comezo do Gran Premio de Malaisia de 2010 para que isto non se repita. Mokhzani Mahathir, presidente do Circuíto Internacional de Sepang, dixo que o consultara con Bernie Ecclestone despois da carreira e estaban de acordo en miralo. Porén, Ecclestone revelou que non tiña remorsos sobre o horario, declarando:
Só teño pesar pola chuvia, non vexo nada malo coa hora de inicio, non sabiamos nada da chuvia[17].
Mahathir suxeriu a posibilidade de incluír un sistema de iluminación (similar ao usado no Gran Premio de Singapur) para alumear o circuíto en carreiras futuras[17].
Clasificación
editar- Os monoprazas que empregaron o sistema KERS están marcados cun "‡".
Cualificación
editarPos | Nº | Nome | Construtor | Parte 1 | Parte 2 | Parte 3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 22 | Jenson Button | Brawn-Mercedes | 1:35.058 | 1:33.784 | 1:35.181 | 1 |
2 | 9 | Jarno Trulli | Toyota | 1:34.745 | 1:33.990 | 1:35.273 | 2 |
3 | 15 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:34.935 | 1:34.276 | 1:35.518 | 131 |
4 | 23 | Rubens Barrichello | Brawn-Mercedes | 1:34.681 | 1:34.387 | 1:35.651 | 82 |
5 | 10 | Timo Glock | Toyota | 1:34.907 | 1:34.258 | 1:35.690 | 3 |
6 | 16 | Nico Rosberg | Williams-Toyota | 1:35.083 | 1:34.547 | 1:35.750 | 4 |
7 | 14 | Mark Webber | Red Bull-Renault | 1:35.027 | 1:34.222 | 1:35.797 | 5 |
8 | 5 | Robert Kubica | BMW Sauber | 1:35.166 | 1:34.562 | 1:36.106 | 6 |
9 | 4‡ | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:35.476 | 1:34.456 | 1:36.170 | 7 |
10 | 7‡ | Fernando Alonso | Renault | 1:35.260 | 1:34.706 | 1:37.659 | 9 |
11 | 6‡ | Nick Heidfeld | BMW Sauber | 1:35.110 | 1:34.769 | 10 | |
12 | 17 | Kazuki Nakajima | Williams-Toyota | 1:35.341 | 1:34.788 | 11 | |
13 | 1‡ | Lewis Hamilton | McLaren-Mercedes | 1:35.280 | 1:34.905 | 12 | |
14 | 2‡ | Heikki Kovalainen | McLaren-Mercedes | 1:35.023 | 1:34.924 | 14 | |
15 | 11 | Sébastien Bourdais | Toro Rosso-Ferrari | 1:35.507 | 1:35.431 | 15 | |
16 | 3‡ | Felipe Massa | Ferrari | 1:35.642 | 16 | ||
17 | 8‡ | Nelsinho Piquet | Renault | 1:35.708 | 17 | ||
18 | 21 | Giancarlo Fisichella | Force India-Mercedes | 1:35.908 | 18 | ||
19 | 20 | Adrian Sutil | Force India-Mercedes | 1:35.951 | 19 | ||
20 | 12 | Sébastien Buemi | Toro Rosso-Ferrari | 1:36.107 | 20 |
- Nota 1. Sebastian Vettel sufriu unha penalización de 10 posicións na grella de saída por causarlle un accidente evitable a Robert Kubica no Gran Premio de Australia[18].
- Nota 2. Rubens Barrichello recibiu unha penalización de 5 prazas por mudar a súa caixa de cambios[11].
Carreira
editar- A carreira deteuse na volta 33, a clasificación tómase da orde na que os pilotos ían tras 31 voltas. Outorgouse a metade dos puntos dado que non se completou o 75% da carreira.
- Esta carreira foi a quinta en ser suspendida antes de completar o 75% da distancia: as outras foron os Grandes Premios de España de 1975, Austria de 1975, Mónaco de 1984 e Australia de 1991 (o GP máis curto da historia).
- Ademais, esta foi a primeira carreira desde o Gran Premio de Italia de 2005 que Ferrari non puntúa en dúas carreiras consecutivas.
Campionato tras a carreira
editar
|
|
- Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións. Outorgouse a metade dos puntos dado que non se completaron as tres cuartas partes da carreira.
Notas
editar- ↑ "Statistics: Kms, The less". statsf1.com. 05-04-2009. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ Baldwin, Alan (05-04-2009). Thomas Reuters Corporate, ed. "Button wins Malaysian GP cut short by rain". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 19-09-2020. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ 3,0 3,1 Times Newspapers Ltd, ed. (05-04-2009). "Jenson Button wins abandoned Malaysian Grand Prix". Times Online. Consultado o 05-04-2009.[Ligazón morta]
- ↑ 4,0 4,1 4,2 BBC, ed. (05-04-2009). "Classy Button wins abandoned race.". BBC Sport. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Fédération Internationale de l'Automobile, ed. (05-04-2009). "Championship Classification". Arquivado dende o orixinal o 30-07-2009. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ Bennett Coleman & Co. Ltd, ed. (28-09-2009). "Malaysia rules out night race next year". AFP, The Times of India. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ "Friday practice - selected team and driver quotes". formula1.com. 03-04-2009. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ FIA, ed. (24-03-2009). "2009 Formula One Sporting Regulations" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07-04-2009. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ BBC, ed. (03-04-2009). "Raikkonen tops Malaysia practice". BBC Sport. Consultado o 03-04-2009.
- ↑ Button storms to another pole Arquivado 05 de abril de 2009 en Wayback Machine. ITV-F1.com 04-04-2009. Consultado o 04-04-2009
- ↑ 11,0 11,1 Haymarket Publications, ed. (03-04-2009). "Barrichello gets 5 place penalty". autosport.com. Consultado o 03-04-2009.
- ↑ globoesporte.com, ed. (04-04-2009). "Erro de estratégia deixa Massa em 16º" (en portugués).
- ↑ BBC, ed. (04-04-2009). "Massa admits qualifying error". BBC Sport. Consultado o 05-04-2009.
- ↑ Se os pneumáticos de mollado non rodan sobre superficies con auga, estes non son quen de manter a súa integridade estrutural a altas velocidades, degradándose rapidamente nunhas poucas voltas.
- ↑ Fédération Internationale de l'Automobile, ed. (24-03-2009). "2009 Formula One Sporting Regulations" (PDF). 2009 Formula One Sporting Regulations. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07-04-2009. Consultado o 05-04-2009.
Se a carreira non pode ser reanudada os resultados serán tomados da fin da penúltima volta completada antes de que o sinal de suspensión sexa dado.
- ↑ BBC, ed. (05-05-2009). "Drivers back Malaysia abandonment". BBC Sport. Consultado o 05-05-2009.
- ↑ 17,0 17,1 BBC, ed. (06-04-2009). "Malaysia start time under review". BBC Sport. Consultado o 06-04-2009.
- ↑ BBC, ed. (29-03-2009). "Vettel gets 10-place grid penalty". BBC Sport. Consultado o 03-04-2009.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Malaisia de 2009 |
- Resultados oficiais do Gran Premio de Malaisia
Carreira anterior: Gran Premio de Australia de 2009 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2009 |
Carreira seguinte: Gran Premio da China de 2009 |
Carreira anterior: Gran Premio de Malaisia de 2008 |
Gran Premio de Malaisia | Carreira seguinte: Gran Premio de Malaisia de 2010 |