O KERS (acrónimo de Kinetic Energy Recovery Systems, que significa "sistema de recuperación de enerxía cinética") é un sistema de freado, empregado no mundo do automobilismo, que recupera unha parte da enerxía cinética xerada pola deceleración, no canto de "perdela" en forma de calor.

O método máis usual de almacenar enerxía é mediante a electricidade gardada en baterías ou ben en supercondensadores. Outro é gardar a enerxía mecánica nun sistema de volante de inercia.

Uso en Fórmula 1 editar

No Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009, a FIA autorizou o uso do KERS nos monoprazas durante as competicións.

O obxectivo é mellorar as prestacións enerxéticas dos coches, obtendo un dobre beneficio, ambiental e prestacional. O regulamento da FIA para o 2009 autoriza a recuperación dun máximo de 400 kJ, que achegan unha potencia máxima de 60 kW (aproximadamente uns 80 CV) durante 6,67 segundos[1][2]. Estes 60 kW que o KERS achega en cada volta representan o equivalente a un aforro de 0,021 litros por volta, uns 1,47 litros por Gran Premio[3]. Debido ao seu peso (30 quilos) e ao custo do seu desenvolvemento e construción, algúns equipos optaron por non equipar os seus coches co sistema. Para o 2010, a FIA quere implantar un KERS que potencie entre 120 e 180 kW, e que sexa mecánico e estandarizado[3] (un modelo igual para todos).

Notas editar

  1. 2009 Formula One Technical Regulations. Consultado o 29-04-2009.
  2. Gizmag: Formula One KERS explained. Consultado o 29-04-2009.
  3. 3,0 3,1 Patrick Camus, "Guide F1 2009", Auto Hebdo n° 1688, 18 de febreiro de 2009, p. 29.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar