Gran Premio de Singapur
Gran Premio de Singapur | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Anos disputados | 18 (10 oficiais) |
Primeira disputa | 1966 (2008 oficial) |
Última disputa | 2017 |
Localización | Marina Bay, Singapur |
Patrocinador principal | Singapore Airlines |
Lonxitude | 308´828 km en 61 voltas |
Marca de volta | 1:45.008 Lewis Hamilton (Mercedes) |
Piloto récord | Sebastian Vettel (5) |
Escudería récord | Ferrari Red Bull Mercedes (3 cada un) |
Poles récord | Sebastian Vettel (4) |
Vista do Circuíto | |
O Gran Premio de Singapur é unha carreira de coches, do actual calendario do Campionato do Mundo da FIA de Fórmula Un. Actualmente dispútase en Marina Bay en Singapur. Tras a resurrección da carreira en 2008, a primeira carreira foi tamén a primeira carreira nocturna, foi gañada polo piloto español Fernando Alonso do equipo Renault F1.
A terceira carreira nocturna de Singapur celebrouse en setembro de 2010, xunto cun programa completo de entretemento de 10 días. Coñecido como o Gran Premio de Singapur de 2010, a carreira inclúe festas, eventos temáticos de carreiras, concertos musicais, exposicións e experiencias gastronómicas e de compras.
Historia
editarOrixes
editarOrganizada por primeira vez en 1961, a carreira foi inicialmente coñecida como o Orient Year Grand Prix (Gran premio anual de oriente). Ao ano seguinte, a carreira recibiu o nome de Gran Premio de Malaisia. Logo de que Singapur alcanzara a súa independencia en 1965, a carreira no circuíto Thomson Road foi renomeado como o Gran Premio de Singapur. A carreira suspendeuse a partir de 1973 por varias razóns, o aumento do tráfico, as molestias de ter que pechar as estradas para a carreira e os accidentes mortais durante as carreiras de 1972 e 1973, o aumento dos prezos do petróleo.
Fórmula Un
editarSingapore GP Pte Ltd, Turismo de Singapur e Bernie Ecclestone asinaron un acordo para un contrato de cinco anos. En novembro de 2007 anunciouse que a empresa de telecomunicacións Singapore Telecommunications (SingTel) patrocinará a carreira. O nome oficial da carreira será a Formula 1 SingTel Singapore Grand Prix. A carreira foi co-financiada polo Goberno de Singapur , 60% do total da factura, ou 90 millóns de $ SGD, dun total de 150 millóns de $ SGD.
Ao redor de 110.000 entradas foron postas a venda para a primeira carreira de Fórmula Un do país.
A primeira carreira celebrada no novo Circuíto urbano de Singapur foi a décimo quinta carreira do Campionato do mundo de 2008 da FIA, e tamén foi a primeira carreira nocturna da historia da Fórmula Un . O horario nocturno significaba que podía ser transmitida en directo a unha hora conveniente para a audiencia televisiva de Europa. A pista iluminabase por unha serie de proxectores que adaptaban a súa produción para que coincida coa carreira. A carreira foi gañada por Fernando Alonso do equipo Renault, con todo, o resultado foi empañado polo accidente de Renault.
Para a carreira de 2009, o circuíto foi lixeiramente redeseñado, incluíndo as modificacións dás curvas 1, 2 e 3 para axudar aos adiantamentos, e tamén na curva 10 onde os bordos altos causaron moitos accidentes en 2008.
Gañadores
editarPor tempada
editarAs carreiras, que non formaban parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un indícanse cun fondo de cor rosa.
Gañadores múltiples (pilotos)
editar- Pilotos que están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
- Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Nº de vitorias | Piloto | Anos |
---|---|---|
5 | Sebastian Vettel | 2011, 2012, 2013, 2015, 2019 |
Lewis Hamilton | 2009, 2014, 2017, 2018 | |
3 | Graeme Lawrence | 1969, 1970, 1971 |
2 | Fernando Alonso | 2008, 2010 |
Gañadores múltiples (construtores)
editar- Escudarías que están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
- Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Nº de vitorias | Construtor | Ano |
---|---|---|
4 | Mercedes | 2014, 2016, 2017, 2018 |
Ferrari | 1970, 2010, 2015, 2019 | |
3 | Red Bull | 2011, 2012, 2013 |
2 | McLaren | 1969, 2009 |
Sponsors
editar- 2008-2013: SingTel Singapore Grand Prix'
- 2014–presente: Singapore Airlines Singapore Grand Prix
Galería
editar-
Vista aérea do Circuíto urbano de Singapur, coa construción do Resort integrado no fondo
-
Tramo da Esplanada no Circuíto urbano de Singapur
-
Kimi Räikkönen pilotando para Ferrari
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Notas e referencias
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Singapur |