Gran Premio de Singapur de 2013

O Gran Premio de Singapur de 2013, formalmente 2013 Formula 1 SingTel Singapore Grand Prix,[1] foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 22 de setembro de 2013 no Circuíto urbano de Marina Bay de Singapur.[2] Foi a décima terceira carreira da tempada de Fórmula Un de 2013.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Singapur de 2013
Imaxe
Nome oficial2013 Formula 1 SingTel Singapore Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Singapur Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2013 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento61 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto urbano de Singapur 1°17′29″N 103°51′51″L / 1.2914, 103.86415 Editar o valor en Wikidata
PaísSingapur Editar o valor en Wikidata
Data22 de setembro de 2013 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoSebastian Vettel Editar o valor en Wikidata
Pole positionSebastian Vettel Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaSebastian Vettel Editar o valor en Wikidata

Antecedentes

editar

O trazado do circuíto foi revisado para a carreira de 2013, coa eliminación da chicane "Singapore Sling" na curva 10. A curva se reduciu a un só cambio na dirección, eliminando completamente as grandes beirarrúas que se utilizaban para marcar a chicane.[3]

Clasificación

editar

Os equipos tiveron que estabelecer unha boa estratexia de pneumáticos para a fin de semana. O vixente campión do mundo Sebastian Vettel tomou o mando nas dúas últimas sesións da práctica, mentres que Lewis Hamilton era o home máis rápido na primeira sesión. O compañeiro de equipo de Hamilton Nico Rosberg e Romain Grosjean tamén foron fortes contendentes pola pole position.

Os dous pilotos de Red Bull e Grosjean clasificaron para a seguinte sesión cos pneumáticos de composto medio, deixando os seus tres xogos de superbrandos sen utilizar para as dúas sesións seguintes. Os dous pilotos de Caterham, os dous de Marussia, Pastor Maldonado e Paul di Resta foron eliminados durante esta sesión.

A maior sorpresa da Q2 foi a eliminación do Lotus de Kimi Räikkönen. Máis tarde revelouse que o finlandés tivo un pinzamento dun nervio nas súas costas nun circuíto moi bacheado.[4] O Sauber de Esteban Gutiérrez clasificou para a Q3 por primeira vez na súa carreira na Fórmula Un. O seu compañeiro de equipo Nico Hülkenberg sufriu unha avaría no seu DRS na súa última volta lanzada, o que significou a súa eliminación. Foi a primeira vez na tempada que Hülkenberg non puido cualificar por riba do seu compañeiro de equipo. Curiosamente, ambos pilotos de Mercedes clasificaron para a Q3 co set de superbrandos usados, polo que se uniron a Vettel, Grosjean e Mark Webber pilotos que aínda tiñan dous xogos de pneumáticos novos superbrandos para a Q3.

Vettel foi o home máis rápido dese grupo, rodando en 1:42.841, máis de seis décimas que o segundo máis rápido, Rosberg. Como resultado, o campión do mundo elixiu quedar en boxes, mentres que os outros, intentaban mellorar os seus tempos, agás Esteban Gutiérrez, quen optou por gardar os seus pneumáticos para a carreira e non disputou a Q3. O que parecía ser unha pole position garantida para Vettel demostrou ser moi incerta, o alemán observou a Webber facer o tempo máis rápido do primeiro sector, seguido polos sucesivos tempos máis rápidos de Rosberg e Grosjean. O tempo de Vettel foi o mellor pero por menos dunha décima, por diante de Rosberg e Grosjean. Webber foi cuarto por diante de Hamilton. O dúo Ferrari só puido ser sexto e sétimo, con Felipe Massa por diante de Fernando Alonso. Jenson Button tivo que conformarse co oitavo, mentres que un impresionante Daniel Ricciardo logrou a novena posición. Gutiérrez comezou no décimo lugar logo de non disputar a Q3 para salvar aos seus pneumáticos para a carreira.

Carreira

editar

Sebastian Vettel comezou desde a pole por diante de Nico Rosberg. Rosberg fixo unha mellor saída que Vettel na primeira curva, pero saíu primeiro do novo logo da curva. Fernando Alonso que comezou sétimo tivo un inicio brillante pasando a terceira posición. Vettel sacou unha vantaxe de máis de 5 segundos a Rosberg nas 3 primeiras voltas e seguiu a afastarse de Rosberg que tamén se apartou de Alonso. Mark Webber superou a Romain Grosjean no inicio usando o DRS para situarse cuarto. Lewis Hamilton tivo un mal comezo quedando atrás dos dous Ferrari. Superou a Massa de novo pouco despois, pero o adiantamento considerouse ilegal polos comisarios e tivo que cederlle a posición. Logo das primeiras voltas Vettel lideraba a Rosberg, Alonso, Webber, Grosjean, Massa, Hamilton, Button, Hulkenberg e Pérez.

Kimi Räikkönen, que comezou 13 e tiña unha lesión nas costas adiantou rapidamente a Esteban Gutiérrez e Daniel Ricciardo. A carreira non tivo incidentes desde es momento, Vettel ampliou a súa vantaxe a uns 7 segundos antes de que Räikkönen convertérase no primeiro piloto en parar na volta 11. Isto provocou unha reacción en cadea. Hamilton pasou a Massa na primeira serie de paradas. Paul di Resta no cambiou os seus pneumáticos ata a volta 21 e ao facelo así freou a Alonso e permitiu a Webber, Grosjean e Rosberg a amontoarse detrás Alonso .

Räikkönen aproveitou a súa primeira parada para entrar nos puntos por diante de Hulkenberg, Pérez e Button, pero na parte dianteira Vettel estirou a vantaxe aínda máis a máis de 10 segundos ata que Ricciardo, de Red Bull, compañeiro de equipo de Vettel en 2014, bateu baixo a tribuna sacando o coche de seguridade. Isto significa que o coche de seguridade utilizouse en todas as edicións do Gran Premio de Singapur.

Cualificación

editar
Pos. Piloto Construtor Parte 1 Parte 2 Parte 3 Grella
1 1   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:45.376 1:42.905 1:42.841 1
2 9   Nico Rosberg Mercedes 1:45.208 1:43.892 1:42.932 2
3 8   Romain Grosjean Lotus-Renault 1:45.851 1:43.957 1:43.058 3
4 2   Mark Webber Red Bull-Renault 1:45.271 1:43.727 1:43.152 4
5 10   Lewis Hamilton Mercedes 1:44.196 1:43.920 1:42.254 5
6 4   Felipe Massa Ferrari 1:45.658 1:44.376 1:43.890 6
7 3   Fernando Alonso Ferrari 1:45.115 1:44.153 1:43.938 7
8 5   Jenson Button McLaren-Mercedes 1:45.009 1:44.497 1:44.282 8
9 19   Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 1:45.379 1:44.407 1:44.439 9
10 12   Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:45.483 1:44.245 Sen tempo 10
11 11   Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 1:45.381 1:44.555 11
12 18   Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 1:45.657 1:44.588 12
13 7   Kimi Räikkönen Lotus-Renault 1:45.522 1:44.658 13
14 6   Sergio Pérez McLaren-Mercedes 1:45.164 1:44.752 14
15 15   Adrian Sutil Force India-Mercedes 1:45.960 1:45.185 15
16 17   Valtteri Bottas Williams-Renault 1:45.982 1:45.388 16
17 14   Paul di Resta Force India-Mercedes 1:46.121 17
18 16   Pastor Maldonado Williams-Renault 1:46.619 18
19 20   Charles Pic Caterham-Renault 1:48.111 19
20 21   Giedo van der Garde Caterham-Renault 1:48.320 20
21 22   Jules Bianchi Marussia-Cosworth 1:48.830 21
22 23   Max Chilton Marussia-Cosworth 1:48.930 22
Tempo 107%: 1:51.489
Fonte:[5]

Carreira

editar
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1   Sebastian Vettel Red Bull-Renault 61 1:59:13.132 1 25
2 3   Fernando Alonso Ferrari 61 +32.6 7 18
3 7   Kimi Räikkönen Lotus-Renault 61 +43.9 13 15
4 9   Nico Rosberg Mercedes 61 +51.1 2 12
5 10   Lewis Hamilton Mercedes 61 +53.1 5 10
6 4   Felipe Massa Ferrari 61 +1:03.8 6 8
7 5   Jenson Button McLaren-Mercedes 61 +1:23.3 8 6
8 6   Sergio Pérez McLaren-Mercedes 61 +1:23.8 14 4
9 11   Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 61 +1:24.2 11 2
10 15   Adrian Sutil Force India-Mercedes 61 +1:24.6 15 1
11 16   Pastor Maldonado Williams-Renault 61 +1:28.4 18
12 12   Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 61 +1:37.8 10
13 17   Valtteri Bottas Williams-Renault 61 +1:45.161 16
14 18   Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 61 +1:53.512 12
15 2   Mark Webber Red Bull-Renault 60 Caixa de cambios/Presión auga[6] 4
16 21   Giedo van der Garde Caterham-Renault 60 +1 lap 20
17 23   Max Chilton Marussia-Cosworth 60 +1 volta 22
18 22   Jules Bianchi Marussia-Cosworth 60 +1 volta 21
19 20   Charles Pic Caterham-Renault 60 +1 volta 19
20 14   Paul di Resta Force India-Mercedes 54 Accidente 17
Ret 8   Romain Grosjean Lotus-Renault 37 Pneumáticos 3
Ret 19   Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 23 Accidente 9
Fonte:[7][8]

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
  1. "2013 Formula 1 SingTel Singapore Grand Prix". Formula1.com. Formula One Administration. Consultado o 8 September 2013. 
  2. "FIA Formula One calendar". FIA.com. Fedération Internationale de l'Automobile. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2013. Consultado o 8 September 2013. 
  3. "Track modifications to lower lap times in Singapore". Formula1.com. Formula One Administration. 12 September 2013. Consultado o 13 September 2013. 
  4. "Injured Räikkönen vows to start race". GPupdate.net. GP Update.net. 21 September 2013. Consultado o 21 September 2013. 
  5. "2013 Singapore Grand Prix qualifying results". Formula One Administration. 21 September 2013. Consultado o 21 September 2013. 
  6. Mark Webber non puido terminar a carreira debido a problemas coa caixa de cambios e a presión da auga e retirouse na volta final, pero clasificouse porque completou máis do 90% da carreira.
  7. "2013 Singapore Grand Prix Results". BBC (British Broadcasting Corporation). 22 September 2013. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2013. Consultado o 22 September 2013. 
  8. "2013 Singapore Grand Prix Results". Formula One Administration. 22 September 2013. Consultado o 22 September 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 2013
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2013
Carreira seguinte:
Gran Premio de Corea de 2013
Carreira anterior:
Gran Premio de Singapur de 2012
Gran Premio de Singapur Carreira seguinte:
Gran Premio de Singapur de 2014