Red Bull Powertrains
Red Bull Powertrains é unha empresa de fabricación de unidades de potencia da Fórmula Un propiedade da compañía austríaca Red Bull GmbH. A compañía formouse en 2021 para facerse cargo da construción das unidades de potencia de Fórmula Un desenvolvidas por Honda a partir de 2022, tras a retirada do fabricante xaponés do deporte despois de 2021.
Red Bull Powertrains | |
---|---|
Fundación | 15 de febreiro de 2021 |
Matriz | Red Bull Racing |
Localización | ![]() |
Fundador | ![]() ![]() ![]() |
Persoas clave | Dietrich Mateschitz, Christian Horner e Ben Hodgkinson |
Industria | Automoción |
Na rede | |
https://www.redbullpowertrains.com/int-en | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2022 Honda ensamblará as unidades de potencia e proporcionará soporte para as operacións en pista e carreiras, antes de que Red Bull Powertrains asuma a total responsabilidade do seu funcionamento a partir de 2023. As unidades de potencia seguen sendo propiedade intelectual de Honda e, debido a unha conxelación do desenvolvemento, Red Bull Powertrains non os desenvolverá.[1]
Historia Editar
En febreiro de 2021, Red Bull Advanced Technologies asinou un acordo de distribución exclusiva de motores de Fórmula Un con Honda para comezar na tempada 2022 despois de que o fabricante de automóbiles xaponés abandonase a Fórmula Un ao final da tempada 2021.[2] Os motores serán adquiridos e renomeados por Red Bull, e subministrados aos seus dous equipos que compiten actualmente na Fórmula Un, Red Bull Racing e Scuderia AlphaTauri, a partir de 2022.
O 23 de abril de 2021, anunciouse a contratación de Ben Hodgkinson como director técnico de Red Bull Powertrains[3] Hodgkinson foi o xefe de enxeñería mecánica de Mercedes AMG High Performance Powertrains desde 2017, e traballou na fábrica de Brixworth durante 20 anos. O 6 de maio, Red Bull anunciou a contratación de cinco importantes empregados de Mercedes: Steve Blewett (que será o director de produción da unidade de potencia Red Bull), Omid Mostaghimi (xefe de motor, electrónica e recuperación de enerxía), Pip Clode (xefe de deseño mecánico para a recuperación de enerxía), Anton Mayo (xefe de deseño de unidades de potencia de combustión) e Steve Brodie (líder de operacións de motores de combustión).[4]
Resultados do motor de Fórmula Un Editar
Ano | Participante | Chasis | Motor | Pneumáticos | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Ptos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2023 | Oracle Red Bull Racing | RB | RBPTH 1.6 V6 t | P | BHR |
SAU |
AUS |
ACE |
MIA |
EMI |
MON |
ESP |
CAN |
AUT |
GBR |
HUN |
BEL |
NED |
ITA |
SIN |
XAP |
QAT |
USA |
MEX |
BRA |
LVG |
ABU |
0 | -º | ||
Max Verstappen | |||||||||||||||||||||||||||||||
Sergio Pérez | |||||||||||||||||||||||||||||||
Scuderia AlphaTauri | AT | P | Yuki Tsunoda | 0 | -º | ||||||||||||||||||||||||||
Nyck de Vries | |||||||||||||||||||||||||||||||
2022 | Oracle Red Bull Racing | RB18 | RBPTH001 1.6 V6 t | P | BAH |
SAU |
AUS |
EMI |
USA |
ESP |
MCO |
AZE |
CAN |
GBR |
AUT |
FRA |
HUN |
BEL‡ |
NED |
ITA |
SGP |
XAP |
USA |
MEX |
BRA |
QAT |
759 | 1º | |||
Max Verstappen | 19† | 1 | Ret | 11 | 1 | 1 | 3 | 1 | 1 | 7 | 21 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 7 | 1 | 1 | 1 | 64 | 1 | |||||||||
Sergio Pérez | 18† | 4 | 2 | 23 | 4 | 2 | 1 | 2 | Ret | 2 | Ret5 | 4 | 5 | 2 | 5 | 6 | 1 | 2 | 4 | 3 | 75 | 3 | |||||||||
Scuderia AlphaTauri | AT03 | P | Pierre Gasly | Ret | 8 | 9 | 12 | Ret | 13 | 11 | 5 | 14 | Ret | 15 | 12 | 12 | 9 | 11 | 8 | 10 | 18 | 14 | 11 | 14 | 14 | 35 | 9º | ||||
Yuki Tsunoda | 8 | NTS | 15 | 7 | 12 | 10 | 17 | 13 | Ret | 14 | 16 | Ret | 19 | 13 | Ret | 14 | Ret | 13 | 10 | Ret | 17 | 11 |
Notas Editar
- ↑ "Red Bull agrees Honda engine IP use, reveals post-2021 plan". The Race (en inglés). 7 de outubro de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ Pryson, Mike (15 de febreiro de 2021). "Red Bull F1 Forms Powertrain Company, Will Keep Honda Technology". Autoweek (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "Red Bull hire Ben Hodgkinson from Mercedes to lead new powertrains division in sign of 'long-term intent'". Sky Sports (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "Red Bull poach five key figures from Mercedes in technical shake-up". The Independent (en inglés). 6 de maio de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2021.