Circuíto urbano de Singapur
Circuíto urbano de Singapur | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
![]() | |
Datos | |
Inauguración | 31 de agosto de 2008 |
Outros nomes | Circuíto de Marina Bay |
Carreiras | FIA Fórmula 1 |
Localización | ![]() |
Capacidade | 90.000 espectadores |
Lonxitude | 5´065 km. |
Curvas | 23 |
Volta rápida (2016) | 1:47.187 |
Piloto récord | ![]() |
Escudería récord | Red Bull |
Coordenadas | 1°17′29.05″N 103°51′50.93″L / 1.2914028, -103.8641472 |
Vista do Circuíto | |
![]() |
O Marina Bay Street Circuit ou circuíto urbano de Singapur é un circuíto de carreiras urbano que hospeda o Gran Premio de Singapur de Fórmula 1 a partir da tempada 2008, entrando así á lista de Grandes Premios de Fórmula 1. O Gran Premio celebrase no trazado urbano da cidade-estado de Singapur, transcorrendo a través das rúas desta. As obras para a construción do trazado comezaron en setembro de 2007.
CircuítoEditar
Do mesmo xeito que os circuítos de Mónaco e Valencia, a cidade e as súas rúas serán o escenario do Gran Premio.
O trazado mide 5,2 quilómetros, e ten 23 curvas, sendo a carreira no sentido contrario ás agullas do reloxo. Pódense alcanzar altas velocidades no circuíto, en rectas como a de Esplanade Drive ou Raffles Boulevard. A pista pasa por baixo dunha das bancadas do circuíto, creando así un túnel como Mónaco. Neste ciruito córrense un total de 61 voltas, a marca de volta é de 1:45.976 por parte do finlandés Kimi Räikkönen co equipo Ferrari no ano 2008.[1]
En 2013 produciuse un cambio no circuíto desaparecendo as chicanes "Singapore Sling" (Curvas 10, 10a, 10b)e converteuse nunha única curva cara á esquerda de media-alta velocidade que desemboca nas curvas 11 e 12. Este cambio produciuse polas queixas dos equipos que decian que era unha zona perigosa e por ese motivo suprimiuse.[2]
CaracterísticasEditar
- Capacidade espectadores: 90.000
- Lonxitude do circuíto: 5´065 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 61 voltas = 308´082 quilómetros. 23 curvas en total. (10 dereitas, 13 esquerda)
- Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada 305 km/h con DRS, 290 km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 45% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 21% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: kg por volta.
- Cambio de marchas por volta:
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: moi alto
- Desgaste dos pneumáticos: medio
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 29 segundos
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´37 segundos.
- Marca volta: Sebastian Vettel Red Bull, 1.48.574 en 2013
InstalaciónsEditar
O circuíto conta cunha capacidade para máis de 80.000 espectadores, e en canto á parte técnica conta cunha zona de boxes permanente con instalacións de luxo, o paddock que está situada xunto ao complexo de Singapore Flyer.[3]
PolémicaEditar
Tras o anuncio de que Singapur hospedaría o primeiro Gran Premio nocturno na historia da Fórmula 1, iniciouse unha polémica debido ao potencial risco para os pilotos que podería supor a realización dunha carreira nocturna. Con todo, a FIA decidiu que o evento manteríase tras realizar dúas probas de iluminación cuxos resultados foron positivos.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de SingapurEditar
Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2019 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:58:33,667 h. | 5´065 km | 61 | 156´226 km/h | 22. setembro | Singapur |
2018 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:51:11.611 h. | 5´065 km | 61 | 166´578 km/h | 16. setembro | |
2017 | Lewis Hamilton | Mercedes | 2:03:23,543 h. | 5´065 km | 58[4] | 142´780 km/h | 17. setembro | |
2016 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:55:48.950 h. | 5´065 km | 61 | 159´993 km/h | 18. setembro | |
2015 | Sebastian Vettel | Ferrari | 2:01:22.118 h. | 5´065 km | 61 | 152´672 km/h | 20. setembro | |
2014 | Lewis Hamilton | Mercedes | 2:00:04.795 h. | 5´065 km | 60[4] | 151´780 km/h | 21. setembro | |
2013 | Sebastian Vettel | Red Bull | 1:59:13.132 h. | 5´065 km | 61 | 155´426 km/h | 22. setembro | |
2012 | Sebastian Vettel | Red Bull | 2:00:26.144 h. | 5´073 km | 59[4] | 149´044 km/h | 23. setembro | |
2011 | Sebastian Vettel | Red Bull | 1:59:06,757 h. | 5´073 km | 61 | 155,810 km/h | 25. setembro | |
2010 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:57:53.579 h | 5´067 km | 61 | 157´422 km/h | 26. setembro | |
2009 | Lewis Hamilton | McLaren-Mercedes | 1:56:06,337 h | 5´067 km | 61 | 159´656 km/h | 27. setembro | |
2008 | Fernando Alonso | Renault | 1:57:16,304 h | 5´067 km | 61 | 158´139 km/h | 28. setembro |
GaleríaEditar
Tramo do circuíto Esplanade, unha semana antes da carreira de 2008
NotasEditar
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto urbano de Singapur |
- Official F1 Singapore Grand Prix website
- BBC's circuit guide
- Google Maps hybrid view of the circuit
- Google Earth placemark of the circuit
- Official Circuit Map
- Information at the Official Formula 1 site with sectors shown
- Circuit simulation preview with commentary by Mark Webber
- Asian Festival of Speed results