Circuíto urbano de Valencia
O circuíto urbano de Valencia é un circuíto de carreiras urbano da cidade de Valencia, que acolleu o Gran Premio de Fórmula 1 desde 2008 a 2012, xunto coa GP2 Series. O primeiro gran premio de Europa valenciano disputouse o 24 de agosto de 2008.
Circuíto urbano de Valencia | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Nome curto | Valencia ![]() | |||
Tipo | Circuíto de carreiras urbano ![]() | |||
Epónimo | Valencia ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | |||
Provincia | provincia de Valencia | |||
Comarca da Comunidade Valenciana | Comarca de València | |||
Concello | Valencia ![]() | |||
Localización | Q6083023 ![]() ![]() | |||
Acontecementos | ||||
Gran Premio de Europa ![]() | ||||
Dimensións | ||||
Lonxitude | 5.473 m e 5.419 m ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | deportes de motor ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | valenciastreetcircuit.com… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O circuíto empezou a construírse en outubro de 2007 e ten unha lonxitude de 5.473 metros, con 25 curvas, 11 á esquerda e 14 á dereita.
O circuíto
editarO circuíto urbano de Valencia transcorre pola zona do Grau, rodea a dársena interior do porto da cidade e pola nova reordenación urbana do barrio de Nazaret que será construído entre as vías do ferrocarril, a antiga canle do Turia e do Porto. A media de anchura do circuíto é de 14 metros.
Os boxes e a recta de meta atópanse no tinglado número 4 do porto. O trazado do circuíto segue rodeando a dársena en sentido das agullas do reloxo pola vía perimetral ata chegar ao "Guindastre Cabria" onde se achega ao cantil do porto. O trazado, a continuación, atravesa o paseo do Foredek cheo de palmeiras para pasar á chaira previa á Mariña Norte, alí cunhas cantas curvas "lentas" achéganse perpendicularmente á canle de acceso á dársena para cruzalo a través dunha ponte xiratoria.
Unha vez pola Mariña Sur, o trazado discorre cerca do peirao seguindo a curva que este describe, para penetrar por onde actualmente se atopa a ponte levadiza, xa pegado ao muro que separa a mariña de lecer do porto comercial.
Tras pasar xunto á lonxa de pescadores o trazado afástase da dársena pola porta de Estaleiros, enfilando directo cara á ponte do mesmo nome, pero antes de chegar onde el, xira á dereita 90º para penetrar na nova zona urbana do Grau que se atopa en construción a día de hoxe. Aquí, o trazado bordea a antiga canle do río Turia ata chegar á vía do ferrocarril, onde cunha curva en pinza pasa xunto ao cemiterio do Grao e diríxese cara ao norte a buscar a prolongación da avenida de Francia.
Ao chegar a esta nova avenida discorre pola súa calzada dereita, cruza a glorieta que no futuro servirá de unión deste barrio co de Moreras, e transita por un xogo de curvas en "S" que sortea algúns edificios aínda en uso existentes pola zona. Finalmente, pasa a avenida Enxeñeiro Manuel Soto e cun xiro a esquerdas entra de novo na recta de saída, xa dentro do porto e preto da dársena.
Palmarés
editarTodos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Valencia
editarNº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneus. | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2008 | Felipe Massa | Ferrari | Ferrari | B | 1:35:32,339 h | 5,419 km | 57 | 194,735 km/h | 24. agosto | Europa |
2 | 2009 | Rubens Barrichello | Brawn | Mercedes | B | 1:35:51,289 h | 5,419 km | 57 | 194,094 km/h | 23. agosto | |
3 | 2010 | Sebastian Vettel | Red Bull | Renault | B | 1:40:29,571 h | 5,419 km | 57 | 184,421 km/h | 27. xuño | |
4 | 2011 | Sebastian Vettel | Red Bull | Renault | P | 1:39:36,169 h | 5,419 km | 57 | 185,981 km/h | 26. xuño | |
5 | 2012 | Fernando Alonso | Ferrari | Ferrari | P | 1:44:16.649 h | 5,419 km | 57 | 177,728 km/h | 24. xuño |
Piloto récord: Sebastian Vettel (2)
País récord: Brasil, Alemaña (ambos 2)
construtor récors: Ferrari, Red Bull (ambos 2)
Motor récord: Ferrari, Renault (ambos 2)
Rekordsieger Reifenhersteller: Bridgestone (3)