Heikki Kovalainen
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2016) |
Heikki Kovalainen, nado en Suomussalmi o 19 de outubro de 1981, é un piloto finés. Foi un piloto de F1, que correu en diferentes escuderías. Comezou en Renault no 2007. No 2008 fichou por McLaren-Mercedes, completando toda a tempada, e seguiu durante o 2009. Xa no 2010 marchou para Lotus, que despois no 2011 pasouse a chamar Caterham, e seguiu nela un ano máis.
(2010) | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (fi) Heikki Johannes Kovalainen 19 de outubro de 1981 (43 anos) Suomussalmi, Finlandia | ||||||||||||||||
Altura | 170 cm | ||||||||||||||||
Peso | 62 kg | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Páxina web | heikkikovalainen.com | ||||||||||||||||
Traxectoria
editarDesde o karting ata a Fórmula 1
editarComo moitos outros pilotos que militan na máxima categoría do automobilismo, Kovalainen comezou a súa carreira no karting en 1991, onde gañou varios campionatos, como o Elf Masters en 2001. Nese mesmo ano pilotou o coche número 4 na Fórmula Renault Británica, para posteriormente acabar na Fórmula 3 Británica onde en 2002 estivo ao volante dun coche do equipo Fortec.
Un ano despois, en 2003, chegou a súa consagración definitiva aos mandos dun coche da World Series by Nissan. Tras unha tempada de aprendizaxe en Gabord, gañou o campionato en 2004 grazas ao equipo Pons, e Arden International non dubidou en fichalo para pilotar un dos seus coches na categoría GP2, que substituía á extinta Fórmula 3000. Tras un comezo de ano espectacular, Nico Rosberg, cun ART arrebatoulle o título da GP2 de 2005.
Fórmula Un
editarRenault (2004–2007)
editar2004–2006
editarAdemais, en 2004, xa integrado no programa de novos pilotos de Renault, conseguiu gañar a Carreira de Campións, onde logrou bater nada menos que a Michael Schumacher, heptacampeón do mundo de Fórmula 1, e a Sébastien Loeb Campión do Mundo de Rally cun coche desa competición automobilística. Todos os presentes non saían do seu asombro ao ver como o mozo Kovalainen gañaba a Loeb no seu propio terreo.
Primeiro probador de Renault e salto a piloto oficial
editar2006 foi o ano de confirmación en Renault, converténdose no primeiro probador da escuadra que loitou polo Campionato do Mundo de F1 con Ferrari, saíndo finalmente vitoriosa a escuadra gala grazas aos dous últimos Grandes Premios do ano. Pouco antes do GP de Monza, Flavio Briatore confirmou que Heikki Kovalainen sería piloto oficial en 2007 xunto ao italiano Giancarlo Fisichella, tras a marcha de Fernando Alonso a McLaren-Mercedes. No debut de Kovalainen no Gran Premio de Australia non logrou sumar puntos ao chegar no 10º posto.
De momento tivo un comezo discreto cun coche discreto, aínda que non deixa de ser unha aposta de futuro na Fórmula 1.
2007
editarA tempada de F1 2007 foi a primeira na carreira de Heikki Kovalainen, o seu debut foi no Gran Premio de Australia, onde finalizo 10mo. O seu comezo foi algo frouxo, con moitos erros que lle impediron que este na zona puntos, e deste xeito ser superado polo seu compañeiro Giancarlo Fisichella, con todo o seu nivel de pilotaxe mellorou e obtivo as súas mellores producións ata o momento que foron un 4º posto no Canadá e 5º nos Estados Unidos, onde chegou a liderar a carreira por varios xiros. Kovalainen acabou adiantando a Fisichella no Mundial no GP de Turquía de 2007, onde fixo unha gran carreira acabando sexto. Máis tarde chegou o gran premio do Xapón en Fuji, onde logrou un 2º posto sendo o seu primeiro podio na fórmula 1.
McLaren (2008–2009)
editarAo final da tempada 2007 Fernando Alonso regresou a Renault e Kovalainen recibiu ofertas de Toyota e McLaren.[1][2] O 14 de decembro de 2007 confirmouse que Kovalainen substituiría a Alonso unha vez máis e pilotaría un McLaren Mercedes de F1 en 2008, xunto a Lewis Hamilton.[3][4] Kovalainen uniuse a Keke Rosberg, Mika Häkkinen e Kimi Räikkönen como pilotos finlandeses que pilotaron un McLaren.
Lotus (2010–2011)
editar2010
editarO 14 de decembro de 2009 anunciouse, que Kovalainen pilotaría para Lotus Racing en 2010, xunto a Jarno Trulli.[5] O equipo fixo o seu debut no Gran Premio de Bahrain de 2010 o 14 de marzo de 2010. O coche estaba fóra de ritmo nas probas de pretempada, debido á falta de carga aerodinámica causada pola necesidade dun deseño inicial conservador.[6] Kovalainen terminou na décimo quinta posición na carreira, dúas voltas por detrás do gañador Fernando Alonso.
En Australia, Trulli non iniciou a carreira e Kovalainen finalizou 13º. En Malaisia, Kovalainen retirouse a 10 voltas para o final, e rematou décimo cuarto na China, mentres que en España Kovalainen non puido saír debido a problemas coa caixa de cambios. Retirouse en Mónaco con problemas de dirección, e en Turquía con problemas hidráulicos. Kovalainen finalizou 16º en Canadá, a dúas voltas do gañador.
En Valencia na volta 9 o Red Bull de Mark Webber golpeou o Lotus de Kovalainen e saíu voando por encima, antes de aterrar na barreira. Kovalainen chegou aos pits, pero retirouse da carreira. Finalizou no 17º lugar en Silverstone e 14º en Hungría intercalando a súa cuarta retirada da tempada en Alemaña, debido á danos causados por unha colisión co Sauber de Pedro de la Rosa. Retirouse unha vez máis no Gran Premio de Singapur de 2010 despois de que o seu coche incendiarase na última volta, malia a súa decisión de non entrar no pit lane e deixar o coche ao carón da pista e facer el mesmo fronte ás chamas recibiu o aplauso da multitude.
2011
editarKovalainen quedou con Lotus en 2011. Na carreira de apertura en Australia, viuse obrigado a retirarse logo dunha fuga de auga, antes de lograr terminar a súa primeira carreira da tempada en Malaisia, onde terminou 15º, rematou no 16º posto na China. Terminou 19º en Turquía e estrelouse en España, logo de partir do 15º posto na grella. Terminou 14º en Mónaco e 19º no Gran Premio de Europa de 2011, retirouse en Canadá e Gran Bretaña. Kovalainen finalizou 16º no Gran Premio de Alemaña de 2011, antes doutra retirada debido a unha fuga de auga en Hungría. Kovalainen terminou cada unha das seguintes cinco carreiras, cunha mellor posición de 13º no Italia. Terminou na volta do líder, no posto 18º no Gran Premio do Xapón de 2011, e terminou por diante do Sauber de Kamui Kobayashi e Sergio Pérez en Corea, no posto 14º. Na India, Kovalainen finalizou 14º chegando a alcanzar o décimo lugar na carreira.
Durante a tempada, Kovalainen clasificouse por diante dos seus compañeiros Trulli e Karun Chandhok en 17 das 19 carreiras disputadas, e o director Tony Fernandes declarou que estaba satisfeito co rendemento de Kovalainen na tempada.[7]
Caterham (2012–2013)
editar2012
editarKovalainen foi contratado polo equipo Caterham F1 para 2012 por terceiro ano consecutivo, xunto a Vitaly Petrov. Esa tempada foi máis estable, xa que Kovalainen terminou todas as carreiras, logo do primeiro Gran Premio de Australia.
2013
editarKovalainen e Petrov fóronse en favor de Charles Pic e Giedo van der Garde antes da tempada 2013, pero Kovalainen quedou en bos termos con Caterham, e asistiu ao Gran Premio de Malaisia como invitado persoal de Tony Fernandes.[8] Antes do Gran Premio de Bahrain, o equipo anunciou que volvera a asinar a Kovalainen como un dos seus pilotos de reserva, en substitución de Ma Qing Hua e xunto a Alexander Rossi, participaran nas primeiras sesións de adestramentos libres en Bahrain e España.[9]
Lotus (2013)
editar2013
editarO 14 de novembro o ano 2013 foi confirmado por Lotus que Kovalainen substituiría a Kimi Räikkönen como piloto oficial, Räikkönen tiña que operarse das costas. Kovalainen correrá no Gran Premio dos Estados Unidos e no Gran Premio do Brasil.
Resultados completos F1
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Posto Final | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2007 | Renault | AUS
10 |
MAL
8 |
BAH
9 |
ESP
7 |
MON
13 |
CAN
4 |
USA
5 |
FRA
15 |
RU
7 |
EUR
8 |
HUN
8 |
TUR
6 |
ITA
7 |
BEL
8 |
XPN
2 |
CHN
9 |
BRA
- |
7º | 30 | |||
2008 | McLaren Mercedes | AUS 5 |
MAL 3 |
BAH 5 |
ESP Ret |
TUR 12 |
MON 8 |
CAN 9 |
FRA 4 |
RU 5 |
ALE 5 |
HUN 1 |
EUR 4 |
BEL 10 |
ITA 2 |
SIN 10 |
XPN Ret |
CHN Ret |
BRA 7 |
7º | 53 | ||
2009 | McLaren Mercedes | AUS Ret |
MAL Ret |
CHN 5 |
BAH 12 |
ESP Ret |
MON Ret |
TUR 14 |
RU Ret |
ALE 8 |
HUN 5 |
EUR 4 |
BEL 6 |
ITA 6 |
SIN 7 |
XPN 11 |
BRA 12 |
ABU 11 |
12º | 22 | |||
2010 | Lotus | BAH 15 |
AUS 13 |
MAL 18 |
CHN 14 |
ESP NTS |
MON Ret |
TUR Ret |
CAN 16 |
EUR Ret |
RU 17 |
ALE Ret |
HUN 14 |
BEL 16 |
ITA 18 |
SIN 16 |
XPN 12 |
RCO 13 |
BRA 18 |
ABU 17 |
20º | 0 | |
2011 | Lotus | AUS Ret |
MAL 15 |
CHN 16 |
TUR 19 |
ESP Ret |
MON 14 |
CAN Ret |
EUR 19 |
RU Ret |
ALE 16 |
HUN Ret |
BEL 15 |
ITA 13 |
SIN 16 |
XPN 18 |
COR 14 |
IND 14 |
ABU 17 |
BRA 16 |
22º | 0 | |
2012 | Caterham | AUS Ret |
MAL 18 |
CHN 23 |
BAH 17 |
ESP 16 |
MON 13 |
CAN 18 |
EUR 14 |
RU 17 |
ALE 19 |
HUN 17 |
BEL 17 |
ITA 14 |
SIN 15 |
XPN 15 |
COR 17 |
IND 18 |
ABU 13 |
USA 18 |
BRA 14 |
22º | 0 |
2013 | Caterham F1 Team | AUS | MAL | CHN | BHR TD |
ESP TD |
MON | CAN | GBR | ALE | HUN | BEL TD |
ITA TD |
SIN | COR | XPN TD |
IND | ABU TD |
21 | 0 | |||
Lotus | USA 14 |
BRA 14 |
* Tempada en curso
Notas
editar- ↑ "Renault thankful to Fisichella, Kovalainen". autosport.com. 2008-12-10. Consultado o 2008-11-14.
- ↑ "Kovalainen not surprised by Renault exit". autosport.com. 2008-12-11. Consultado o 2008-11-14.
- ↑ "Kovalainen to partner Hamilton at McLaren for 2008". Formula1.com. 2007-12-14. Consultado o 2007-12-14.
- ↑ BBC 31/07/08
- ↑ "Prime Minister announces Lotus F1 Racing 2010 drivers – Lotus F1 Fan Site". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2012. Consultado o 2009-12-14.
- ↑ "Kovalainen: Lotus F1 lacking downforce – but car has potential". crash.net (Crash Media Group). 2010-02-21. Consultado o 2010-02-22.
- ↑ Noble, Jonathan (27 November 2011). "Heikki Kovalainen not leaving Team Lotus any time soon, says Tony Fernandes". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 29 November 2011.
- ↑ "Kovalainen rejoins Caterham". pitpass.com (Pitpass). 2013-04-17. Consultado o 2013-04-18.
- ↑ "Kovalainen rejoins Caterham as reserve". Formula 1. 17 April 2013. Consultado o 17 April 2013.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Heikki Kovalainen |