Gran Premio de Italia de 2013
O Gran Premio de Italia de 2013, formalmente coñecido como o 2013 Gran Premio Santander d'Italia é unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 8 de setembro de 2013, no Autódromo Nazionale Monza en Italia. Foi a décimo segunda carreira do campionato de 2013, e o sesaxésimo segundo Gran Premio de Italia celebrado en Monza.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 12 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013. | ||
![]() Trazado do circuíto de Monza. | ||
Data | 8 de setembro 2013 | |
Nome oficial | Gran Premio de Italia | |
Localización | Circuíto de Monza, Monza,Italia | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5´793 km | |
Distancia | 53 voltas, 306,720 km | |
Clima | Seco | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Red Bull-Renault |
Tempo | 1:23.755 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Mercedes |
Tempo | 1:25.849 na volta 51 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Red Bull-Renault |
Segundo | ![]() |
Ferrari |
Terceiro | ![]() |
Red Bull-Renault |
Informe Editar
Clasificación Editar
O provedor de pneumáticos Pirelli levou os seus dous compostos máis duros. A mesma asignación de pneumático que en Gran Premio de Italia de 2012. Sebastian Vettel e Red Bull mostráronse moi fortes nas tres sesións de práctica antes da cualificación. As dúas maiores ameazas para a pole Vettel , ademais do seu compañeiro de equipo Mark Webber, eran Lewis Hamilton e, sorprendentemente, Fernando Alonso de Ferrari, que tiña bo ritmo a unha volta o sábado pola mañá. O tres veces ganador da pole en 2013 Nico Rosberg tiña pouco quilometraxe na sesión de práctica final debido a un sobrequecemento,[1] e era pouco probable que loitara pola pole debido a isto.
Q1 Editar
Foron eliminados na primeira sesión de clasificación os pilotos de Caterham e Marussia, Valtteri Bottas de Williams e Esteban Gutiérrez de Sauber. Varios pilotos saíron á pista desde o principio con pneumáticos brandos, como o campión de 2007 Kimi Räikkönen e Jean-Eric Vergne.
Q2 Editar
A segunda sesión de cualificación foi o escenario dalgunhas sorpresas. En primeiro lugar, os dous pilotos de Lotus foron eliminados ao final da sesión de 15 minutos. A clasificación nunca foi o forte do E21 esta tempada, sobre todo na pista de carga aerodinámica máis baixa da tempada. A maior decepción da sesión foi a eliminación de Hamilton no Mercedes. O cinco veces gañador da pole na tempada 2013 foi obstaculizado por Adrian Sutil na curva Parabólica. O alemán foi máis tarde sancionado cunha penalización de tres posicións para a carreira[2] foi a primeira vez que Hamilton non puido clasificar para a Q3 desde o Gran Premio de Malaisia de 2010. Como resultado, Hamilton rompeu a racha de 66 clasificacións consecutivas na Q3.
Q3 Editar
Vettel foi o máis rápido dese grupo cun tempo de 1:23.859. Webber quedou segundo detrás de Vettel. Nico Hülkenberg acadou un impresionante terceiro lugar, especialmente comparado co seu compañeiro de equipo, que quedou eliminado na Q1. A táctica do rebufo de Ferrari non fixo ningún ben aos coches vermellos que só puideron ser cuarto e quinto, con Felipe Massa diante de Alonso. Rosberg foi sexto, tendo en conta a súa desgraza da mañá do sábado. Ricciardo volveu mostrar un bo ritmo de clasificación quedando sétimo. O dúo McLaren só puido ser oitavo e noveno, con Sergio Pérez Mendoza diante, mentres que Vergne tivo que conformarse co décimo posto.
Carreira Editar
O Red Bull de Sebastian Vettel liderou a carreira desde a pole position con Massa na segunda posición por diante de Webber e Alonso. O Lotus de Kimi Raikkonen tocou á parte traseira do McLaren de Sergio Pérez na Variante de Rettifilo. Raikkonen viuse obrigado a entrar en boxes para cambiar o alerón dianteiro. O Force India Paul di Resta bloqueou os freos na Variante della Roggia e quedou fóra da carreira cunha roda dianteira rota.
Alonso pasou a Webber e Massa para desafiar a Vettel no liderado. O Mercedes de Lewis Hamilton tivo problemas de radio e o equipo necesitou para usar as carteis de boxes para dicirlle que parara por unha picada lenta. Vergne de Toro Rosso retiraríase cun fallo de motor.
O Red Bull de Sebastian Vettel gañou o Gran Premio de Italia por diante do Ferrari de Fernando Alonso e do Red Bull de Mark Webber.
Clasificación Editar
Cualificación Editar
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:24.319 | 1:23.977 | 1:23.755 | 1 |
2 | 2 | Mark Webber | Red Bull-Renault | 1:24.923 | 1:24.263 | 1:23.968 | 2 |
3 | 11 | Nico Hülkenberg | Sauber-Ferrari | 1:24.776 | 1:24.305 | 1:24.065 | 3 |
4 | 4 | Felipe Massa | Ferrari | 1:24.950 | 1:24.479 | 1:24.132 | 4 |
5 | 3 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:24.661 | 1:24.227 | 1:24.142 | 5 |
6 | 9 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:24.527 | 1:24.393 | 1:24.192 | 6 |
7 | 19 | Daniel Ricciardo | Toro Rosso-Ferrari | 1:24.655 | 1:24.290 | 1:24.209 | 7 |
8 | 6 | Sergio Pérez | McLaren-Mercedes | 1:24.635 | 1:24.592 | 1:24.502 | 8 |
9 | 5 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:24.739 | 1:24.563 | 1:24.515 | 9 |
10 | 18 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Ferrari | 1:24.630 | 1:24.575 | 1:28.050 | 10 |
11 | 7 | Kimi Räikkönen | Lotus-Renault | 1:24.819 | 1:24.610 | 11 | |
12 | 10 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:24.589 | 1:24.803 | 12 | |
13 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1:24.737 | 1:24.848 | 13 | |
14 | 15 | Adrian Sutil | Force India-Mercedes | 1:25.030 | 1:24.932 | 17[3] | |
15 | 16 | Pastor Maldonado | Williams-Renault | 1:24.905 | 1:25.011 | 14 | |
16 | 14 | Paul di Resta | Force India-Mercedes | 1:25.009 | 1:25.077 | 15 | |
17 | 12 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1:25.226 | 16 | ||
18 | 17 | Valtteri Bottas | Williams-Renault | 1:25.291 | 18 | ||
19 | 21 | Giedo van der Garde | Caterham-Renault | 1:26.406 | 19 | ||
20 | 20 | Charles Pic | Caterham-Renault | 1:26.563 | 20 | ||
21 | 22 | Jules Bianchi | Marussia-Cosworth | 1:27.085 | 21 | ||
22 | 23 | Max Chilton | Marussia-Cosworth | 1:27.480 | 22 | ||
107% tempo:1:30.221 | |||||||
Fonte:[4] |
Carreira Editar
Posicións logo da carreira Editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Véxase tamén Editar
Notas Editar
- ↑ "Vettel leads Alonso on Saturday Morning at Monza". The Checkered Flag.co.uk. Consultado o 7 September 2013.
- ↑ "Italian GP: Adrian Sutil penalised for blocking Lewis Hamilton". AutoSport.com. Consultado o 7 September 2013.
- ↑ Adrian Sutil foi penalizado con tres posicións por bloquear a Lewis Hamilton.
- ↑ "2013 Italian Grand Prix qualifying results". Formula One Administration. 7 September 2013. Consultado o 7 September 2013.
- ↑ "2013 Italian Grand Prix Results". BBC (British Broadcasting Corporation). 8 September 2013. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2013. Consultado o 8 September 2013.
- ↑ "2013 Italian Grand Prix Results". Formula One Administration. 8 September 2013. Consultado o 8 September 2013.
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 2013 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 2013 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2013 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Singapur de 2013 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 2012 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 2014 |