Lotus-Renault
Nome completo Lotus F1 Team Limited
Bandeira Reino Unido Reino Unido
Baseada en Enstone, Oxfordshire, Reino Unido
Tempadas en activo 4 (2012-2015)
Número de pilotos Finlandia Kimi Räikkönen
Francia Romain Grosjean
Bélxica Jérôme d'Ambrosio
Finlandia Heikki Kovalainen
Pastor Maldonado
Debut Gran Premio de Australia de 2012
Carreiras 77
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 2
Pole positions 0
Voltas Rápidas 4
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de Abu Zabi de 2015

Lotus F1 Team é un equipo de carreiras británico de Fórmula Un. O equipo competirá baixo o nome de Lotus por primeira vez na tempada de Fórmula Un de 2012, tras o cambio de nome do ex equipo Renault con sede en Enstone, en Oxfordshire. Isto sucedeu logo da adquisición dunha participación maioritaria no equipo do grupo de capital risco con sede en Luxemburgo Genii Capital e a adquisición por parte de Lotus Cars dun vinte e cinco por cento participación no equipo.

Antecedentes editar

Orixes editar

A historia do equipo de Fórmula Un comezou en 1981 como o equipo Toleman Motorsport, con sede en Witney, Oxfordhire, Inglaterra. En 1986 o equipo foi renomeado como Benetton Formula, tras a compra en 1985 pola familia Benetton. En 1992/3 o equipo trasladouse a poucos quilómetros a unha nova base en Enstone. Michael Schumacher gañou o campionato de pilotos co equipo, en 1994 e 1995. En 1995, o equipo tamén gañou o campionato de construtores, con Johnny Herbert pilotando xunto a Shumacher. Renault adquiriu o equipo en 2000, e en 2002 cambióuselle o nome a Renault F1. En 2005 e 2006 Fernando Alonso gañou o campionato de pilotos co equipo, e o equipo gañou o campionato de construtores (con Giancarlo Fisichella como o seu outro piloto). A finais de 2009, Renault vendeu unha participación maioritaria do equipo a Genii. Para o 2011, Lotus Cars volveu a implicarse co equipo e pasou a chamarse, primeiro Lotus Renault GP, e logo para o ano 2012 a "Lotus F1 Team".

Lotus na Fórmula Un editar

Team Lotus, unha compañía irmá de Lotus Cars, competiu na Fórmula Un entre 1958 e 1994, gañando seis títulos de pilotos e sete títulos de construtores entre 1963 e 1978. O nome de Lotus regresou á Fórmula Un no 2010 a través do equipo de Tony Fernandes Lotus Racing, que utilizou o nome coa licenza do Grupo Lotus. O Grupo Lotus extinguiu a licenza, pero Fernandes adquiriu a propiedade do nome "Team Lotus" e utilizouno na tempada 2011. Para 2012, o Team Lotus cambiou o seu nome a Caterham F1 Team, despexando o camiño para a Lotus Renault GP equipo que pasará a denominarse como "Lotus F1 Team".

Historia editar

2012 editar

O 29 de novembro de 2011, o equipo anunciou que Kimi Raikkonen correría para eles en 2012 regresando dun período de dous anos afastado da Fórmula Un, que pasou competindo no World Rally Championship, fichou por dous anos (e unha opción dun terceiro ano). O 9 de decembro de 2011 o equipo anunciou que o campión das GP2 Series Romain Grosjean pilotaria xunto a Räikkönen.

2013 editar

O 29 de outubro de 2012, Lotus F1 Team confirmou que Räikkönen correra co equipo en 2013. A noticia produciuse logo de varias semanas de especulacións de que Räikkönen tivo varias opcións para o 2013, incluíndo outras formas de deportes de motor. Romain Grosjean será o seu compañeiro na tempada 2013. O Lotus 2013, o E21, foi presentado o 28 de xaneiro na sede do equipo en Enstone, Oxfordshire, Reino Unido. As cores son un pouco diferente á do ano anterior, este ano Lotus conta cunha cor negra, dourada e vermella, con máis vermello visible nos pontóns laterais, toma de aire, o alerón traseiro e o alerón dianteiro teñen vermello nelas.

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Puntos Pos
2015 E23 Hybrid Mercedes PU106B Hybrid 1.6 V6 t P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN AUT GBR HUN BEL ITA SIN XPN RUS USA MEX BRA ABU 78
  Romain Grosjean Ret 11 7 7 8 12 10 Ret Ret 7 3 Ret 13† 7 Ret Ret 10 8 9
  Pastor Maldonado Ret Ret Ret 15 Ret Ret 7 7 Ret 14 Ret Ret 12 8 7 8 11 10 Ret
2014 Lotus E22 Renault Energy F1-2014 P AUS MAL BHR CHN ESP MON CAN AUT RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR USA BRA ABU 10
  Romain Grosjean Ret 11 12 Ret 8 8 Ret 14 12 Ret Ret Ret 16 13 15 17 11 17† 13
  Pastor Maldonado Ret Ret 14 14 15 NTS Ret 12 17† 12 13 Ret 14 12 16 18 9 12 Ret
2013 Lotus E21 Renault RS27-2013 P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN RU ALE HUN BEL ITA SIN COR XPN IND ABU USA BRA 315
  Kimi Räikkönen 1 7 2 2 2 10 9 5 2 2 Ret 11 3 2 5 7 Ret
  Heikki Kovalainen 14 14
  Romain Grosjean 10 6 9 3 Ret Ret 13 19‡ 3 6 8 8 Ret 3 3 3 4 2 Ret
2012 Lotus E20 Renault RS27-2012 P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 303
  Kimi Räikkönen 7 5 14 2 3 9 8 2 5 3 2 3 5 6 6 5 7 1 6 10
  Romain Grosjean Ret Ret 6 3 4 Ret 2 Ret 6 18 3 Ret 7 19 7 9 Ret 7 Ret
  Jérôme d'Ambrosio 13

‡ O piloto non terminou a carreira, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia da carreira
* Tempada en curso.

Monoprazas editar

A seguinte galería mostra os diferentes modelos que usou Lotus F1 na Fórmula 1.

  • 2012-2015

Notas editar

Ligazóns externas editar