Gran Premio de Bélxica de 2015

O Gran Premio de Bélxica de 2015, oficialmente 2015 Formula 1 Shell Belgian Grand Prix, foi unha carreira de Fórmula Un que que se celebrou o 23 de agosto de 2015, no Circuíto de Spa-Francorchamps de Spa., Bélxica. Foi a undécima rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 e o 71º Gran Premio de Bélxica.

Bélxica Gran Premio de Bélxica de 2015
Detalles da carreira
Carreira 11 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Data 23 de agosto 2015
Nome oficial Gran Premio de Bélxica
Localización Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa, Bélxica
Percorrido Percorrido permanente de carreira
7´004 km
Distancia 43 voltas, 301´048 km
ClimaSeco, asollado
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 01:47.197
Volta rápida
Piloto Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Tempo 1ː52.416 na volta 34
Podio
Primeiro Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Terceiro Francia Romain Grosjean Lotus -Mercedes

Lewis Hamilton de Mercedes chegou á carreira como líder do campionato de pilotos, 21 puntos por diante do seu compañeiro de equipo Nico Rosberg e 42 puntos por diante do piloto de Ferrari Sebastian Vettel. Mercedes lideraba o Campionato de Construtores con 146 puntos sobre Ferrari, mentres que Williams chegou ao evento terceiro, outros 85 puntos por detrás. Logo de gañar a edición de 2014, Daniel Ricciardo era o defensor da carreira.

Esta carreira marcou a 900º participación da Scuderia Ferrari nun Gran Premio, mentres que McLaren marcou unha nova marca na Fórmula Un con 105 postos de penalización logo dunha multitude de cambios na unidade de potencia dos seus Honda.[1]

A Nico Hulkenberg parouselle o coche antes da saída polo que se abortou e acortouse 1 volta a carreira. Logo tamén parouselle o coche a Carlos Sainz e saíu desde boxes cunha volta perdida.

Resumo editar

Antecedentes editar

Pirelli forneceu aos dez equipos con catro compostos de pneumáticos para o evento. As dúas seleccións de seco foron os compostos medios de bandas brancas como o pneumático prime, mentres que o composto brando de banda de cor amarela foi a elección option.[2] O pneumático intermedio de banda verde e o composto de mollado de banda azul están presentes en todos os eventos. Como consecuencia do accidente de Konstantin Tereshchenko nunha carreira de GP3 Series en 2014, asfaltouse de novo o interior da última curva, en substitución da zona de herba que había antes.[3] Ademais, engadiuse unha nova beirarrúa na saída da famosa curva de Eau Rouge, no vértice da curva catro. Con todo, a beirarrúa retirouse o sábado logo dunha discusión entre os pilotos e a FIA. Na primeira curva, na horquilla La Source, a beirarrúa de saída foi acurtada para que sexa máis fácil volver á pista no caso de que un piloto se saía.[4]

Cambios no Regulamento editar

Nun intento de limitar a influencia dos enxeñeiros sobre os seus pilotos durante as saídas de carreira, foron introducidas novos regulamentos para o procedemento de arranque a partir do Gran Premio de Bélxica. Os pilotos son agora os únicos que poden axustar o nivel de embrague logo de saír do box, na grella de saída.[5] A resposta dos pilotos foi variada, Nico Rosberg comentou que o novo procedemento de arranque sería difícil,[6] mentres Fernando Alonso opinou que os cambios non serán significativos, e Daniel Ricciardo esperaba que o novo procedemento podería axudar ao seu equipo.[7]

Lotus problemas legais editar

O equipo Lotus tivo dificultades legais na fin de semana en Spa, a causa dunha batalla legal co expiloto de probas Charles Pic, en relación co tempo que o equipo outorgara a Pic ao volante do seu coche en 2014. Co caso ante o tribunal de arbitraxe, Lotus enfrontouse á ameaza da incautación dos coches e a non poder participar na celebración do Gran Premio.[8]

Práctica libre editar

Na primeira sesión de adestramentos libres do venres pola mañá, Nico Rosberg foi o máis rápido logo de problemas iniciais coa súa unidade de potencia, por diante do seu compañeiro en Mercedes Lewis Hamilton. Daniel Ricciardo (Red Bull) foi terceiro, só cinco centésimas de segundo máis lento que Hamilton, con Kimi Räikkönen outra décima detrás no cuarto. Na sesión de cincuenta minutos, sacouse unha bandeira vermella cando Pastor Maldonado perdeu a parte traseira do seu Lotus E23 híbrido á saída da curva Les Combes, danando a parte dianteira dereita do seu coche. A sesión interrompeuse durante dez minutos co fin de reparar as barreiras de pneumáticos[9] Ao falar do seu accidente, Maldonado dixo: "Foi moi mala sorte porque case salvei o coche. Pero de todos os xeitos, sucedeu. Esta pista é sempre moi difícil cando tes un momento ou o que sexa, sobre todo nese punto no segundo sector é bastante estreito, pero isto pode suceder... . Xa non podemos cambiar iso. Temos que mirar cara a adiante"[10] No segundo Lotus. Romain Grosjean foi substituído novamente por Jolyon Palmer, quen terminou a práctica 17º.

{{{1}}}
Nico Rosberg, falando sobre a súa volta nos adestramentos libres 2.[11]

Outro accidente alterou a segunda sesión de adestramentos o sábado pola tarde, cando o pneumático traseiro do Mercedes de Nico Rosberg explotou, o que lle fixo trompear na zona previa á curva Blanchimont. O alemán foi capaz de evitar chocar contra a barreira de pneumáticos, pero a sesión foi interrompida por unha bandeira vermella co fin de despexar a pista dos restos do coche. Antes deste incidente, Rosberg marcou o mellor tempo da sesión con 1m 49.687s, tres décimas de segundo máis rápido que o seu compañeiro de equipo. Ricciardo foi de novo terceiro, outros 0,4 segundos por detrás, por diante do seu compañeiro de Red Bull, o piloto Daniil Kvyat, un segundo por detrás de Rosberg. O Williams de Valtteri Bottas e Felipe Massa foron 14º e 16º, respectivamente, por diante dos dous McLaren, que soamente foron máis rápidos que os dous Manor Marussia.[12] O fallo do pneumático de Rosberg considerouse máis tarde o resultado dun "corte externo", excluíndo a posibilidade de "todas as cuestións de integridade estrutural"[13] O piloto de Mercedes con todo mantívose preocupado pola fiabilidade dos pneumáticos para a carreira do domingo, dicindo: "O problema é que realmente non entendo que pasou. Hai teorías, pero non hai evidencia real, así que é un pouco preocupante para a seguridade".[14]

O campión do mundo Lewis Hamilton recuperouse na terceira sesión da mañá do sábado, sendo o máis rápido, case medio segundo máis rápido que Rosberg. En "unha sesión sen incidentes", os dous Ferrari foron terceiro e cuarto, con Vettel diante de Räikkönen. Mentres tanto, os pilotos de Force India Sergio Pérez Mendoza e Nico Hülkenberg terminaron a sesión no quinto e oitavo posto, respectivamente, separados polos Red Bull. O único contratempo na terceira práctica ocorreu cando Romain Grosjean case trompeou cando tivo que pasar a Kimi Räikkönen, queixándose ao seu equipo acerca dunha manobra "moi, moi perigosa".[15]

Cualificación editar

As eliminatorias constaron de tres quendas de, 18, 15 e 12 minutos de duración, respectivamente, con cinco pilotos eliminados da competición logo de cada unha das dúas primeiras quendas. Na primeira parte da cualificación (Q1), quedaron excluídos os dous Manor Marussias, os dous McLaren e o Sauber de Felipe Nasr. Max Verstappen logrou pasar á Q2 malia queixarse dunha perda de potencia no seu coche.[16]

A segunda quenda da cualificación viu o abandono de Kimi Räikkönen debido a unha perda de presión de aceite. A sesión viu unha bandeira vermella brevemente, os dous pilotos de Mercedes decidiron non saír de novo, xa que os seus primeiros tempos eran suficiente para pasar á Q3. Max Verstappen non participou na Q2 debido aos problemas no seu coche, quedando 14º na provisional e Räikkönen en décimo quinta posición da grella.[17] Os outros tres pilotos eliminados foron Marcus Ericsson de Sauber, Daniil Kvyat e Nico Hülkenberg. O tempo do alemán foi tan só tres décimas de segundo máis lento que o de Sebastian Vettel na décima posición e converteuse no único piloto cun coche con motor Mercedes que non competiu pola pole position.

Lewis Hamilton foi o primeiro piloto de Mercedes en establecer unha volta rápida na Q3, sendo case medio segundo máis rápido que Rosberg na Q2. Aínda que Rosberg logrou mellorar os seus tempos, con todo, terminou 0´458 sg. detrás do seu compañeiro e segundo na grella. Lewis Hamilton logrou a súa décima pole da tempada en só once carreiras, o que significa que se asegurou o Trofeo Pole Position da FIA na primeira parte da tempada.[17] O seguinte coche máis rápido foi o de Valtteri Bottas con Williams a 1´3 segundos do tempo de Hamilton de 1m 47´197 sg. O cuarto máis rápido foi Grosjean, que declarou na BBC que fora unha volta "incriblemente impresionante". Sergio Pérez tamén foi unha sorpresa, terminando quinto no Force India. Mentres tanto Sebastian Vettel, que gañara a carreira anterior en Hungría, só logrou o noveno posto logo dun erro na chicana final.[18]

Sancións editar

McLaren, que esperaba beneficiarse dos cambios na saída, comezaron a carreira desde o fondo da grella. Despois de que foran autorizados a utilizar unha unidade de potencia adicional na tempada 2015, o equipo utilizara a súa sexta unidade de potencia no Gran Premio de Hungría,[19] e agora equipou os dous coches cunha sétima, unha versión revisada da súa unidade de potencia para Bélxica. McLaren fixo outro cambio da unidade de enerxía o sábado,[20] xa que o cambio a metade de tempada nos regulamentos significa que as sancións xa non poderían afectar as seguintes carreiras, o que significa que o equipo tería dúas unidades de enerxía dispoñibles para o resto da tempada, sen temor a máis repercusións.[21][22]

Max Verstappen recibiu unha penalización de dez posicións despois de utilizar a súa sexta unidade de enerxía o venres.[23] Logo de que Lotus cambiara a caixa de cambios no coche de Romain Grosjean o sábado, o francés recibiu unha penalización de cinco posicións, pasando da cuarta á novena posición da grella.[24]

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 1:48.908 1:48.024 1:47.197 1
2 6   Nico Rosberg Mercedes 1:48.923 1:47.955 1:47.655 2
3 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:49.026 1:49.044 1:48.537 3
4 8   Romain Grosjean Lotus-Mercedes 1:49.353 1:48.981 1:48.561 9[25]
5 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:49.006 1:48.792 1:48.599 4
6 3   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:49.664 1:49.042 1:48.639 5
7 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 1:49.688 1:48.806 1:48.685 6
8 13   Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 1:49.568 1:48.956 1:48.754 7
9 5   Sebastian Vettel Ferrari 1:49.264 1:48.761 1:48.825 8
10 55   Carlos Sainz Jr. Toro Rosso-Renault 1:49.109 1:49.065 1:49.771 10
11 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:49.499 1:49.121 11
12 26   Daniil Kvyat Red Bull-Renault 1:49.469 1:49.228 12
13 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:49.523 1:49.586 13
14 7   Kimi Räikkönen Ferrari 1:49.288 Sen tempo 16[26]
15 33   Max Verstappen Toro Rosso-Renault 1:49.831 Sen tempo 18[27]
16 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:49.952 14
17 22   Jenson Button McLaren-Honda 1:50.978 19[28]
18 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 1:51.420 20[29]
19 28   Will Stevens Marussia-Ferrari 1:52.948 15
20 98   Roberto Merhi Marussia-Ferrari 1:53.099 17
107% tempo: 1:56.531
Fonte:[30]

Carreira editar

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Pts.
1 44   Lewis Hamilton Mercedes 43 1:23'40.387 1 25
2 6   Nico Rosberg Mercedes 43 +2.058 2 18
3 8   Romain Grosjean Lotus-Mercedes 43 +37.988 9 15
4 26   Daniil Kvyat Red Bull-Renault 43 +45.692 12 12
5 11   Sergio Pérez Force India-Mercedes 43 +53.997 4 10
6 19   Felipe Massa Williams-Mercedes 43 +55.283 6 8
7 7   Kimi Räikkönen Ferrari 43 +55.703 6 6
8 33   Max Verstappen Toro Rosso-Renault 43 +56.076 18 4
9 77   Valtteri Bottas Williams-Mercedes 43 +1'01.040 3 2
10 9   Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 43 +1'31.234 17 1
11 12   Felipe Nasr Sauber-Ferrari 43 +1'42.311 18
12 5   Sebastian Vettel Ferrari 42 +1 volta 8
13 14   Fernando Alonso McLaren-Honda 42 +1 volta 20
14 22   Jenson Button McLaren-Honda 42 +1 volta 19
15 98   Roberto Merhi Manor-Ferrari 42 +1 volta 17
16 28   Will Stevens Manor-Ferrari 42 +1 volta 15
Ret 55   Carlos Sainz Jr. Toro Rosso-Renault 32 Unidade de potencia 10
Ret 3   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 19 Eléctrico 5
Ret 13   Pastor Maldonado Lotus-Mercedes 2 Unidade de potencia 7
Ret 27   Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 0 Unidade de potencia 11

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas editar

  1. Benson, Andrew (22 August 2015). "Belgian Grand Prix: McLaren given 105-place grid penalty". BBC Sport (BBC). Consultado o 22 August 2015. 
  2. "Pirelli opt for aggressive tyre choice for Italy". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 18 June 2015. Consultado o 16 August 2015. 
  3. Collantine, Keith (20 August 2015). "Drivers prefer Spa’s old ‘Bus Stop’ chicane". F1Fanatic. Consultado o 21 August 2015. 
  4. Collantine, Keith (22 August 2015). "FIA removes new kerb from Eau Rouge/Raidillon". F1Fanatic. Consultado o 22 August 2015. 
  5. "Pre-Spa analysis - McLaren the big winners of start changes?". formula1.com. FIA. 21 August 2015. Consultado o 21 August 2015. 
  6. Anderson, Ben (17 July 2015). "New Formula 1 grand prix start rules 'a big change' - Nico Rosberg". autosport.com. Consultado o 21 August 2015. 
  7. "Exclusive Daniel Ricciardo Q&A: Start changes could help Red Bull". formula1.com. FIA. 20 August 2015. Consultado o 21 August 2015. 
  8. Rencken, Dieter; Parkes, Ian (21 August 2015). "Lotus facing threat of F1 cars being impounded following Belgian GP". autosport.com. Consultado o 22 August 2015. 
  9. Roberts, James (21 August 2015). "Belgian GP: Nico Rosberg leads Lewis Hamilton in first Spa practice". autosport.com. Consultado o 21 August 2015. 
  10. Barretto, Lawrence; Parkes, Ian (21 August 2015). "Belgian GP: Pastor Maldonado says F1 practice crash 'very unlucky'". autosport.com. Consultado o 22 August 2015. 
  11. Collantine, Keith (21 August 2015). "‘Just lucky’ I didn’t hit the wall – Rosberg". F1Fanatic. Consultado o 22 August 2015. 
  12. Barretto, Lawrence (21 August 2015). "Belgian GP: Mercedes' Nico Rosberg tops practice before tyre blows". autosport.com. Consultado o 21 August 2015. 
  13. Parkes, Ian (22 August 2015). "Belgian GP: 'External cut' caused Nico Rosberg tyre blow - Pirelli". autosport.com. Consultado o 22 August 2015. 
  14. Barretto, Lawrence; Beer, Matt (22 August 2015). "Belgian F1 GP: Nico Rosberg not reassured over tyres after blowout". autosport.com. Consultado o 22 August 2015. 
  15. Collantine, Keith (22 August 2015). "Hamilton to the fore in final practice". F1Fanatic. Consultado o 22 August 2015. 
  16. Collantine, Keith (22 August 2015). "Hamilton storms to pole as Ferrari falter at Spa". F1Fanatic. Consultado o 22 August 2015. 
  17. 17,0 17,1 Rose, Gary (22 August 2015). "How Belgian GP qualifying unfolded". BBC. Consultado o 22 August 2015. 
  18. Benson, Andrew (22 August 2015). "Lewis Hamilton on Belgian GP pole ahead of Nico Rosberg". BBC. Consultado o 22 August 2015. 
  19. Barretto, Lawrence (23 July 2015). "McLaren F1's Alonso and Button get 'free' new Hondas for Hungary". autosport.com. Consultado o 21 August 2015. 
  20. Parkes, Ian (22 August 2015). "Belgian F1 GP: McLaren's Button and Alonso have second Honda change". autosport.com. Consultado o 22 August 2015. 
  21. "McLaren set to start at rear of Spa grid". formula1.com. FIA. 21 August 2015. Consultado o 21 August 2015. 
  22. Barretto, Lawrence (20 August 2015). "McLaren to make double engine changes on both F1 cars at Spa". autosport.com. Consultado o 21 August 2015. 
  23. Collantine, Keith (21 August 2015). "Verstappen set for engine penalty, Kvyat reprimanded". F1Fanatic. Consultado o 22 August 2015. 
  24. Barretto, Lawrence (22 August 2015). "Belgian F1 GP: Romain Grosjean handed penalty for gearbox change". autosport.com. Consultado o 22 August 2015. 
  25. Romain Grosjean recibiu unha penalización de cinco posicións por cambiar a caixa de cambios.
  26. Kimi Räikkönen recibiu unha penalización de cinco posicións por cambiar a caixa de cambios.
  27. Max Verstappen recibiu unha penalización de dez posicións por usar a súa sexta unidade de enerxía durante a tempada
  28. Jenson Button recibiu unha penalización de cincuenta posicións por varios cambios realizados na súa unidade de enerxía.
  29. Fernando Alonso recibiu unha penalización de cincuenta e cinco posicións por unha serie de cambios realizados na súa unidade de potencia.
  30. "Qualifying". Formula1.com. Formula One Administration. 22 August 2015. Consultado o 22 August 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio de Hungría de 2015
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2015
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 2015
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 2014
Gran Premio de Bélxica Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 2016